Blogia

vgomez

CANTO SABES DE BRASIL? VI

Continúo coa serie adicada a Brasil, o país máis grande de suramérica. Un país de contrastes, de xunglas de aceiro e selvas inexploradas, de favelas e rañaceos, de ondas salvaxes e centros históricos onde pasear é puro pracer, de picanha e caipirinha, de verde, azul e amarelo.

A contestación correcta á pregunta de onte é Salvador de Bahía. Foi fundada en 1549 co nome de Cidade de São Salvador da Bahia de Todos os Santos. Foi a primeira capital do Brasil, de 1549 ata o 1763. Despois dela foron capital Río de Xaneiro ata 1.960, sendo a actual, como xa dixemos, Brasilia.

E imos coa pregunta de hoxe!

6. Que forma de goberno ten Brasil?

- República Federal

- República Federal Representativa

- República Federal Pesidencialista

   Representativa

Mañá a soluvión e unha nova pregunta!

FONTE: es.wikipedia.org               Imaxes: es.wikipedia.org

SOLUCIÓN SOPA DE LETRAS CXLI

SOLUCIÓN SOPA DE LETRAS CXLI

Algúns premios Nobel da historia en Física e Medicina e Fisioloxía!

SABIAS QUE... DYSANIA E CLINOMANÍA

Segundo a mitoloxía grega o encargado de inducirnos o sono é Morfeo, fillo de Hipnos, que personificaba o sono, e de Nix, a noite. Morfeo é representado con ás que se baten rápida e silenciosamente, o cal permítelle desprazarse con gran celeridade creando un mundo onírico. Ademais, o deus grego ten a capacidade de adoptar unha aparencia humana para aparecer nos soños, especialmente a dos seres queridos. Tivo un final tráxico, xa que foi fulminado por Zeus por revelar segredos divinos aos mortais a través das fantasías.

Cada un de nós temos unhas necesidades de descanso nocturno, polo que o tempo de sono ten enormes variacións individuais, nas que intervén de forma directa o ritmo biolóxico do sono. En ocasións temos dificultes para saír da cama polas mañás, entramos nun estado de confusión ou aturdimiento, especialmente cando entra en xogo cambios do ritmo do sono, ben sexa por traballo ou por capricho, necesidade de madrugar en exceso, cambios no ritmo do sono… En calquera caso, bastan uns 10 minutos para que alcancemos o estado de alerta adecuado. Nalgunhas persoas este tempo prolóngase en exceso, existindo unha dificultade extrema que se dilata máis aló dos trinta minutos. Dise que sofren dysania .

A dysania consiste nun trastorno do sono que pode ser producido por insomnio (inicial ou terminal) ou por unha alteración do patrón do sono, e que conduce a un estado de confusión tras espertarnos. Nas persoas con dysania o corpo pídelles seguir durmindo a pesar de que son conscientes de que chegou o momento de levantarse. Ademais, a dysania adoita ir acompañada de irritabilidade ou “mal humor”, provocados pola imposibilidade de espertar.

En si mesma a dysania non pode ser considerada unha enfermidade senón como un síntoma de que “algo” non funciona de forma correcta no organismo. Traduce que o corpo non durmiu o suficiente. Esta alteración do sono garda unha relación máis estreita cos hábitos e horarios de sono, ou cunha situación de estrés persoal, que cun trastorno hereditario ou xenético. O que sucede ao longo do día ten a súa tradución durante a noite.

Por outra banda, esta alteración da conciencia pode ser unha manifestación dunha enfermidade, como sucede nalgúns pacientes con síndrome de fatiga crónica ou depresión .

Existe outro trastorno relacionado co soño que se chama clinomanía, unha palabra que deriva do grego kline, que significa leito, e teima, tolemia. As persoas que o sofren están obsesionadas co sono, con pasarse o día tombados na cama, nunca recoñecen descansar o suficiente e non queren levantarse. Estas persoas, a diferenza das que teñen dysania, poden permanecer na cama sen importarlle as obrigacións que están a abandonar, polo que en moitas ocasións a clinomanía desemboca en verdadeiros problemas persoais. Aínda que a priori poida parecer o mesmo a clinomanía é diferente á preguiza, e a primeira pode requirir axuda médica, xa que pode estar asociada a outras doenzas.

En 1981 o grupo español Mecano lanzou o seu primeiro sinxelo titulado “Hoxe non me podo levantar” do que chegaron a vender trinta e cinco mil copias. Seguramente a maioría dos lectores lembran a pegadiza letra dunha das súas cancións:

Hoxe non me podo levantar o fin de semana deixoume fatalt oda a noite sen durmir bebendo, fumando e sen parar de rir. Hoxe non me podo levantar

Os compoñentes de Mecano sufrían clinomanía ou dysania? Habería que preguntarllo a Morfeo.

FONTE: Pedro Gargantilla/abc.es

SOPA DE LETRAS CXLI

SOPA DE LETRAS CXLI

AGOSTINI (Pierre)               FLEMING (Alexander)  

ENTHOVEN (Guillermo)          HESS (Walter Rudolf)

OCHOA (Severo)                    EULER (Ulf von)

KARIKÓ (Katalín)                 MONTAGNIER (Luc)

CURIE (Marie e Pierre)          MARCONI (Guglielmo)

EINSTEIN (Albert)               BOHR (Aage)

CANTO SABES DE BRASIL? V

Continúo coa serie adicada a Brasil, o país máis grande de suramérica. Un país de contrastes, de xunglas de aceiro e selvas inexploradas, de favelas e rañaceos, de ondas salvaxes e centros históricos onde pasear é puro pracer, de picanha e caipirinha, de verde, azul e amarelo.

A contestación correcta á pregunta de onte é 1.822. A Independencia de Brasil comprende unha serie de eventos políticos ocorridos entre 1821 e 1824, a maioría dos cales incluíron conflitos entre Brasil e Portugal. Dando así paso á proclamación de independencia presentada polo Imperio de Brasil o 7 de setembro de 1822. Foi un período importante na historia do país e diferénciase do resto de guerras de independencia hispanoamericanas en que foi un proceso independentista menos violento e ademais foi dirixido por un membro da familia real, o príncipe herdeiro Pedro I, que se convertería en emperador. O réxime resultante foi o Imperio de Brasil, unha monarquía constitucional que perdurou ata 1889 sendo así o réxime monárquico independente máis duradeiro de América. Curiosamente Portugal non a reconoceu ata 1.825.

E imos coa pregunta de hoxe!

5. Cal foi a primeira capital de Brasil?

- Brasilia

- Río de Xaneiro

- Curitiba

- Salvador de Bahía

- São Paulo

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: es.wikipedia.org               Imaxes: es.wikipedia.org

CINE: O CORNO

 

Esta fin de semana chega os cines a película O corno, recentemente premiada coa Concha de Ouro á mellor película no Festival de San Sebastián. Esta é a súa ficha técnica:

Título orixinal: O corno

Ano: 2023

Duración: 103 min.

País: España

Xénero: Drama

Produción: Coprodución España-Portugal-Belxica

Distrubuidora: Elastica Films

Dirección e Guión: Jainoe Camborda

Música: Camilo Sanabria

Fotografía: Rui Poças

Reparto: Janet Novás, Diego Anido, Julia Gómez, Siobhan Fernades, Carla Rivas, Nuria Lestegás, Maria Lado, Daniela Hernán, Darío Fernández, Filomena Gigante, Pamela Vidal, Belén Merino, Nino Preto

Sinopse: A película sitúase na Illa de Arousa no ano 1971. María é unha muller que gaña a vida recollendo marisco. Tamén é coñecida na illa por axudar a outras mulleres no parto con especial dedicación e coidado. Tras un suceso inesperado, vese obrigada a fuxir e emprende unha perigosa viaxe que a fará loitar pola súa supervivencia. En busca da súa liberdade, María decide cruzar a fronteira por unha dos roteiros de contrabandistas entre Galicia e Portugal.

Unha película galega e en galego sobre un tempo xa pasado pero que a directora empéñase en traer ao presente reivindicando a capacidade das mulleres de decidir sobre os seus propios corpos.

Merece a pena vela!

CANTO SABES DE BRASIL? IV

Continúo coa serie adicada a Brasil, o país máis grande de suramérica. Un país de contrastes, de xunglas de aceiro e selvas inexploradas, de favelas e rañaceos, de ondas salvaxes e centros históricos onde pasear é puro pracer, de picanha e caipirinha, de verde, azul e amarelo.

A contestación correcta á pregunta de onte é São Paulo. Segundo o censo de 2022, São Paulo é a cidade máis poboada de brasil con 11.451.245 habitantes. A segunda cidade é Río de Xaneiro con 6.211.423 habitantes, sendo a terceira con 2.8017.068 habitantes.

E imos coa pregunta de hoxe!

4. En que ano se declarou a imdepencia de Brasil?

- 1.822

- 1.832

- 1.845

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: es.wikipedia.org               Imaxes: es.wikipedia.org

#DígochoEu: Non digas *pestillo

 

En galego non botamos o *pestillo porque é un castelanismo!

#DígochoEu