Blogia

vgomez

CANTO SABES DE BRASIL? III

Continúo coa serie adicada a Brasil, o país máis grande de suramérica. Un país de contrastes, de xunglas de aceiro e selvas inexploradas, de favelas e rañaceos, de ondas salvaxes e centros históricos onde pasear é puro pracer, de picanha e caipirinha, de verde, azul e amarelo.

A contestación correcta á pregunta de onte é Brasilia. É a capital federal do Brasil e sede do goberno do Distrito Federal. Está situada na Rexión Centro-Oeste, case no centro xeográfico do Brasil. Ten unha poboación ao redor dos 3 millóns de habitantes.

E imos coa pregunta de hoxe!

3. Cal é a cidade máis poboada de Brasil?

- Brasilia

- Río de Xaneiro

- Fortaleza

- São Paulo

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: gl.wikipedia.org               Imaxes: ia.wikipedia.org

SOLUCIÓN ENCRUCILLADO CXLII

VERTICAIS: 1. Leucemia 2. Lápida 4. Criptografía 5. Madeira 9. Nobel.

HORIZONTAIS: 3. Bacoreta 6. Mascate 7. Baio 8. Leiro 10. Chorima.

Máis cultura xeral!

A NENA QUE OBSERVABA AS ESTRELAS E CONQUISTOU A FÍSICA

 

"Non lle digas a ninguén que che gustan a física ou as matemáticas", escoitaba Deborah Berebichez na súa nenez. Ás agachadas buscaba explicacións ao mundo que a rodeaba. E grazas á ciencia di non entender o aburrimento. A científica usa as que chama “lentes da física” para a vida diaria. Detrás dun biscoito ve unha complexa cadea de acontecementos físicos e mesmo se expón que poden ter en común cousas tan dispares como o Sol, o océano e unha orquestra sinfónica: as ondas, segundo a súa mirada. “Para min é tan apaixonante o que sucede aquí fóra de nós, tan incrible, que eu me podo quedar pensando horas”, recoñece a investigadora.

Empuxada por unha contorna que non concibía ás mulleres nas carreiras de ciencias, Berebichez comezou os seus estudos de Filosofía. Pero seguindo o seu propio lema: “Non deixes que ninguén che diga que non podes lograr os teus soños”, acabou estudando Física, a súa paixón. Foi a primeira muller mexicana en obter un doutoramento en Física na prestixiosa Universidade de Stanford. Hoxe, a científica posicionouse como unha das principais figuras desta disciplina no ámbito internacional.

Cun extenso currículo vinculado á ciencia de datos, a computación cuántica e a intelixencia artificial, o traballo de Berebichez destaca tamén nos ámbitos da educación e a divulgación científica, sendo referente e defensora da incorporación das mulleres e as minorías na ciencia. ”O único que non che poden quitar é a educación”, sentenza Berebichez.

CANTO SABES DE BRASIL? II

Continúo coa serie, que onte comezamos, adicada a Brasil, o país máis grande de suramérica. Un país de contrastes, de xunglas de aceiro e selvas inexploradas, de favelas e rañaceos, de ondas salvaxes e centros históricos onde pasear é puro pracer, de picanha e caipirinha, de verde, azul e amarelo.

A contestación correcta á pregunta de onte é 2. A saber...

E imos coa pregunta de hoxe!

2. Cal é a capital de Brasil?

- São Paulo

- Brasilia

- Río de Xaneiro

- Baía

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: gl.wikipedia.org               Imaxes: gl.wikipedia.org

A ORIXE DAS PALABRAS: DOURAR A PÍLULA

Dourar a pílula vén significar cando se describe unha situación na que un individuo tenta obter o favor doutro facéndose o simpático con el ou engatusándolo para obter un beneficio e tamén disimular un dano ou prexuízo; mitigar ou dulcificar dalgún modo unha mala noticia.

Antigamente as medicinas ou os remedios contra as enfermidades do día a día confeccionábanas os chamados boticarios. Na actualidade son desenvoltas por grandes multinacionais farmacéuticas que preparan os fármacos para os cidadáns. Estes boticarios, non só estudaban e buscaban a maneira de curar o mal da persoa que lles pedía unha solución á súa enfermidade, tamén buscaban que o sabor fose bo para a persoa que o tomaba.

Como non existían a cantidade de excipientes que podemos atopar na actualidade, os boticarios facían as mil e unha para mesturar eses remedios con sabores que os fixesen máis comestibles e así atenuar o sabor das pílulas que vendían.

O normal era mergullar as pastillas en concentrados doces que se mesturaban en sabor para que así absorbesen o mellor posible o concentrado doce. Despois secábano a lume lento ata que estes compoñentes doces producían unha capa que envolvía a estes compoñentes máis desagradables para o padal dos pacientes.

Por isto comezou a utilizarse esta expresión de maneira literal porque os boticarios o que facían era dourar a pílula para facela máis comestible.

FONTE E IMAXE: Fernando Burgos/okdiario.com

#DígochoEu: Cinco palabras nivel pro na aula

 

Nin *pizarras, nin *lápices, nin *estuches, nin *libretas, nin *asignaturas. Ningunha destas palabras é correcta en galego

#DígochoEu

UNHA NOVA ESPECIE DE DINOSAURO ACOIRAZADO

Holotipo do Vectipelta barretti exposto no Museo Dinosaur / IsleEotyrannu5/Wikimedia e Reconstrución do fósil atopado na illa de Wight / Pond, S. et al. 2023

Levamos centos de anos descubrindo dinosauros na illa de Wight, na costa sur de Inglaterra. A variedade dos fósiles achados vai desde grandes herbívoros de pescozo longo e depredadores como os espinosaurios a pequenos dinosauros e aves rapaces que evolucionaron dos terópodos carnívoros como Tyrannosaurus rex ou Velociraptor.

A estes especímenes hai que sumarlle un novo descubrimento: Vectipelta barretti, un dinosauro acoirazado que viviu Hai 140 millóns de anos.

Os anquilosaurios son un clado diverso de dinosauros caracterizados por ter un corpo ancho, extremidades curtas e o corpo recuberto dunha armadura dérmica desde a cabeza á cola. Acháronse restos fósiles destes animais en todos os continentes, pero, a pesar da cantidade e diversidade de dinosauros atopados na illa de Wight, os acoirazados apenas apareceron, pois ata o de agora só atopáronse restos dunha especie chamada Polacanthus foxii, descuberto a principios de 1865.

Con todo, desde iste ano 2023 xa non é o único anquilosaurio da illa. Stuart Pond, do Museo de Historia Natural de Londres, encabezou un equipo de investigación que se encargou de analizar un fósil nun estudo cuxos resultados publicáronse na revista Journal of Systematic Palaeontology, onde describiron unha nova especie: Vectipelta barretti, que recibiu este nome en honra a Paul Barrett, un dos maiores expertos de dinosauros do mundo, asociado ao museo londinense.“Este é o primeiro anquilosaurio da Illa de Wight nuns 142 anos, que foi cando se describiu oficialmente o último. Foi bastante emocionante. O espécime foi escavado a principios dos anos 90 e finalmente foi ingresado no Museo Dinosaur Isle, que é onde comezamos a traballar nel”.

Vectipelta barretti viviu hai uns 125 millóns de anos, cando o supercontinente Panxea xa se separou en varias illas e a temperatura media do planeta era maior á que temos na actualidade. Este dinosauro habitou un territorio que debeu ter un clima similar ao do Mediterráneo de hoxe día, cunha illa cuberta de bosques húmidos de coníferas e fentos.“Nestes bosques viviría unha ampla gama de animais, desde o insecto máis pequeno ata o dinosauro máis grande. Os cursos de auga albergaban ras, peixes, tartarugas e crocodilos, mentres que pequenos lagartos e mamíferos que andaban polas beiras. Os pterosaurios estarían revoloteando polo aire, mentres grandes dinosauros terópodos depredadores axexaban ás súas presas entre as árbores”.

Este ambiente do Cretácico no que hoxe é a illa de Wight pódese imaxinar e reconstruír grazas ao fabuloso rexistro fósil que se conservou na zona. Segundo explicou Stuart Pond:“A Illa de Wight era en realidade parte dunha chaira aluvial atravesada por un sistema fluvial serpenteante. Lonxe, cara ao norte, ao redor de onde está Cornwall, había unha cadea de montañas que alimentaban todo isto. A chaira aluvial estivo suxeita a incendios forestais ocasionais e tamén a inundacións catastróficas de gran magnitude. Isto significou que periodicamente enormes volumes de auga xurdían a través da paisaxe, arrastrando masas de vexetación e calquera animal desafortunado ata formar charcos de curta duración que se formaban en áreas baixas. Estes leitos de entullos de materia orgánica quedaron cubertos de sedimentos e selaxes durante máis de 140 millóns de anos”.

Un escenario temible para a vida do momento, pero excepcional para a conservación de fósiles ao momento de facer da illa de Wight uno dos mellores lugares do mundo para estudar aos dinosauros.

FONTE: Fran Navarro/muyinteresante.es/ciencia

CANTO SABES DE BRASIL?



Brasil é o país máis grande de suramérica. Un país de contrastes, de xunglas de aceiro e selvas inexploradas, de favelas e rañaceos, de ondas salvaxes e centros históricos onde pasear é puro pracer, de picanha e caipirinha, de verde, azul e amarelo.

Queres coñecer máis sobre iste fastinante país? Si?

Pois comezamos!

1. Cal é a bandeira de Brasil?

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: gl.wikipedia.org         Imaxes: gl.wikipedia.org