#DígochoEu: Non digas *percance
Remato coa serie adicada á India, ese país alucinante da Ásia meridional.
A contestación correcta á pregunta de onte é Draupadi Murmu (Mayurbhanj, 1958) é a persoa que está no cargo da Presidencia da India dende o 25 de xullo de 2022. O vicepresidente é Jagdeep Dhankhar (Jhunjhunu, 1951) e o Primeiro Ministro é Narendra Modi (Vadnagar, 1950).

E así remato esta serie espereando que servise para coñecer algo millor este fascinante país
Ata apróxima serie!
FONTE: es.wikipedia.org Imaxe: es.wikipedia.org
Continúo coa serie adicada á India, ese país alucinante da Ásia meridional.
A contestación correcta á pregunta de onte é…
- Ese punto vermello que levan na fronte tanto mulleres como homes, chámase bindi (nas mulleres) e tilaka (nos homes). V
- O traxe típico hindú dos homes chámase Sari e o das mulleres Dhoti. F, é ao revés Sari mulleres e Dhoti homes.
- A vaca é o animal sagrado da India. V
- Igual que ocorre na cultura occidental, o movemento xestual que se utiliza para a negación é movendo a cabeza de lado a lado. F, O movemento de lado a lado indica Si, ao contrario da cultura occidental.
- Os Sadhus son monxes que seguen a súa vida polo camiño da austeridade para obter a iluminación e a felicidade. V
- O deporte rei, e case único, é o Criquet. V
- É o mesmo dicir hindú que indio. F, o Hindú é o practicante do hinduísmo (lembremos que en India hai varias relixións) e o indio é o habitante da India.

E imos coa pregunta de hoxe e última da serie!

18. Que persoa esta no cargo da Presidencia da India?
- Narendra Modi
- Jagdeep Dhankhar
- Draupadi Murmu
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: es.wikipedia.org e saoviajes.es Imaxe: saoviajes.es e ecommerceguide.com/es
No derradeiro #ApuntamentoLusófono enfrontáronse Amadeu e Joselito. Ademais, contamos con Shirley, Kian e Márcia como xurado. Para despedirse do programa uniuse Rodrigo Paganelli.
#DígochoEu

Chegaron as vacacións! Os de Primaria coas notas baixo o brazo e os de Secundaria... en capela!
Pero quedan uns meses de folgar e disfrutar!
Pero o próximo curso 2023-2024 está preto. E cando comeza? E cando son as vacacións? Esto último é moi importante!
O curso académico abranguerá desde o día 1 de setembro de 2023 ata o 31 de agosto de 2024.
As actividades lectivas nas ensinanzas de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria, de bacharelato e de formación profesional realizaranse desde o día 11 de setembro de 2023 ata o 21 de xuño de 2024, ambos incluídos. Para o segundo curso de bacharelato a impartición efectiva das clases rematará de acordo coas datas previstas para a avaliación de bacharelato para o acceso á universidade (en diante, ABAU).
Os períodos de vacacións escolares no curso académico 2023/24 serán os seguintes:
– Nadal: desde o día 22 de decembro de 2023 ata o día 7 de xaneiro de 2024, ambos
incluídos.
– Entroido: os días 12, 13 e 14 de febreiro de 2024.
– Semana Santa: desde o día 25 de marzo ata o día 1 de abril de 2024, ambos incluídos.
Días non lectivos:
- Día do Ensino: 7 de decembro de 2023
- Dúas festas locais: 23 de setembro 2023 e outra a determinar polo Consello Escolar.
Para máis información preme AQUÍ.
FONTE: DOG/edu.xunta.gal
“Hoxe existe unha moda do non sentir, do non involucrarme demasiado, de medir todo o que digo e o que fago… un xogo moi estratega afastado da humanidade e do que o ser humano debe desenvolver. Eu creo que o espazo da vulnerabilidade, do arriscarme a perder nese sentir, do arriscarme á dor e dicir estou triste ou estou cansa é un dereito básico que hai que recuperar”. Para a psicóloga e escritora Pilar Xordo, a vida é unha viaxe en continua remodelación desde a pausa, a honestidade e a observación. Permitirnos ser e recoñecer como estamos é un desafío nunha sociedade na que se positiviza todo demasiado, e á súa vez, un requisito fundamental para aumentar os niveis de conciencia.
A experta sente que a psicoloxía como ciencia xa non dá abasto para explicar o que lle pasa ao ser humano, “quedou moza”: “Os psicólogos temos que estudar algo que na facultade non nos ensinaron, que é agregar á psicoloxía como ciencia o tema do propósito da vida. Reencontrarnos coa espiritualidade como unha forma de coñecemento é reencontrarnos connosco mesmos. É volver ao ser e deixar de mirar só o ter e o facer que son as grandes dúas fontes que nos ensinaron como causas de identidade”, afirma.
Pilar Xordo é psicóloga clínica, divulgadora e investigadora e ao longo da súa prolífica carreira penetrouse en temas como a educación, a familia, a sexualidade, os estereotipos de xénero ou a crise de valores entre outros. Ademais, é autora dunha extensa obra, imparte charlas por todo o mundo e colabora con diversos medios de comunicación. Xordo foi elixida unha das cen mulleres líderes de Chile e é creadora e presidenta da Fundación Cancro Vida que dá soporte e visibiliza a realidade da enfermidade.

Hoxe, 21 de xuño, ás 11:44 horas, comeza o VERÁN 2023. Durará ata o 23 de setembro (día de Santa Trega) ás 8:50 horas.
Hoxe tamén se producirá o Solsticio de Verán, o día máis longo e a noite máis pequena do ano.
Pola contra no hemisferio sur comezará o inverno.
Bo verán a tod@s!
Continúo coa serie adicada á India, ese país alucinante da Ásia meridional.
A contestación correcta á pregunta de onte é Thar. O deserto de Thar, tamén coñecido como o gran deserto indio, é unha extensa rexión de deserto arenoso situada ao noroeste de India e ao leste de Paquistán. Este deserto limita ao noroeste co río Sutlej, ao leste coa cordilleira Aravalli, ao sur co pantano de auga salgada coñecido como Rann de Kutch e ao oeste coa chaira do río Sind (ou Ιndo). Situado principalmente no estado de Rāyasthān, na India, o deserto de Thar ten unha lonxitude de ao redor de 805 km e unha anchura de 485 km aproximadamente. O terreo fórmano outeiros de area onduladas, entre as que hai vexetación dispersa e elevacións rochosas.

E imos coa pregunta de hoxe!

17. Das seguintes afirmacións cales son V (verdadeiras) ou F (falsas):
- Ese punto vermello que levan na fronte tanto mulleres como homes, chámase bindi (nas mulleres) e tilaka (nos homes).
- O traxe típico hindú dos homes chámase Sari e o das mulleres Dhoti.
- A vaca é o animal sagrado da India.
- Igual que ocorre na cultura occidental, o movemento xestual que se utiliza para a negación é movendo a cabeza de lado a lado.
- Os Sadhus son monxes que seguen a súa vida polo camiño da austeridade para obter a iluminación e a felicidade.
- O deporte rei, e case único, é o Criquet.
- É o mesmo dicir hindú que indio.
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: es.wikipedia.org e saoviajes.es Imaxe: ishtarshorizons.com e significados.com.br