Blogia

vgomez

O EIXO DA TERRA INCLÍNASE CASE 80 CENTÍMETROS POLA EXTRACCIÓN DE AGUA SUBERRÁNEA

O ser humano extraeu unha masa de auga tan grande que o eixo de rotación da Terra inclinouse case 80 centímetros cara ao leste no período comprendido entre 1993 e 2010. É a conclusión principal dunha nova investigación publicada na revista  Geophysical Research Letters.

Os científicos basearon os seus cálculos en estudos previos onde se estimaba que o ser humano bombeara 2.150 xigatoneladas de auga subterránea entre 1993 e 2010, o que equivale a un aumento do nivel do mar de máis de 6 milímetros.

Unha das premisas dos investigadores ten que ver co polo de rotación, é dicir, o punto en torno ao cal vira a Terra. O planeta móvese durante un proceso denominado movemento polar, que é cando a posición do polo de rotación da Terra varía con respecto á cortiza terrestre. Como se se engadise un pouco de peso a unha buxaina, a Terra vira de forma lixeiramente diferente a medida que a auga se despraza, explican os expertos.

O polo de rotación da Terra cambia moito”, indica Ki-Weon Seo, xeofísico na Universidade de Seúl que lidera o estudo. “A nosa investigación demostra que, entre as causas relacionadas co clima, a redistribución das augas subterráneas é a que máis inflúe na desviación do polo de rotación”.

A capacidade da auga para cambiar a rotación da Terra descubriuse en 2016, e ata o de agora, non se contemplou a influencia que exerce a auga presente baixo a superficie terrestre sobre estes cambios rotacionais.

Durante o estudo, os investigadores modelaron os cambios observados na inclinación do polo de rotación da Terra, e por tanto, do movemento da auga: en primeiro lugar, considerando só as capas de xeo e os glaciares, despois, tiveron en conta diferentes escenarios de redistribución das augas subterráneas.

É dicir, compararon o movemento polar observado cos resultados do modelo con e sen redistribución da masa de auga subterránea. O modelo só coincidiu coa variación polar observada ao incluír 2.150 xigatoneladas de redistribución das augas subterráneas. Sen ela, o modelo desviábase 78,5 centímetros ou 4,3 centímetros ao ano.

Seo recoñeceu atopar unha resposta á “causa inexplicable da desviación do polo de rotación”, pero, doutra banda, sorprendeuse ao descubrir que a extracción de augas subterráneas pode ser “outra causa para o aumento do nivel do mar”.

 


Os investigadores comparan o movemento polar observado (frecha vermella, “OBS”) cos resultados do modelo sen redistribución da masa de auga subterránea (frecha azul descontinua) e con redistribución da masa de auga subterránea (frecha azul continua) / Geophysical Research Letters

Cabe sinalar que a posición das augas subterráneas é importante polo feito de que podería cambiar a rotación polar; e en efecto, a redistribución da auga das latitudes medias ten un maior impacto no polo de rotación.

Durante o período estudado, a maior cantidade de auga redistribuíuse no oeste de América do Norte e o noroeste da India, ambos en latitudes medias, segundo unha nota difundida pola Unión Xeofísica Americana.

Os intentos dos países por retardar as taxas de esgotamento das augas subterráneas, especialmente naquelas rexións sensibles, en teoría poderían alterar o cambio de inclinación, pero só se esas formulacións se manteñen durante décadas, segundo sostén o autor do estudo.

Normalmente, o polo de rotación varía varios metros nun ano, polo que os cambios debidos ao bombeo de augas subterráneas non corren o risco de alterar as estacións. Con todo, a escala de tempo xeolóxica, esta desviación pode repercutir no clima, segundo os científicos.

Observar os cambios no polo de rotación da Terra é útil para comprender as variacións no almacenamento de auga a escala continental”, explica Seo.

Dado que se dispón de datos sobre o movemento polar desde finais do século XIX, o experto afirma que se pode usar esa información para “comprender as variacións do almacenamento de auga continental durante os últimos 100 anos”.

Así mesmo, anota unha reflexión final: “Producíronse cambios no réxime hidrolóxico como consecuencia do quecemento global? O movemento polar podería ter a resposta”.

FONTE:gciencia.com/medioambiental

CANTO SABES DE ALEMAÑA? II

Continúo coa serie, que onte comezamos, sobre Alemaña, ese país situado no corazón de Europa, membro da Unión Europea e o motor da economía e a industria do vello continente.

A contestación correcta á pregunta de onte é 2. A actual bandeira de Alemaña (Bundesflagge) é tricolor: negro, vermello e ouro, e consta de tres franxas horizontais de igual tamaño. Estas cores representan as do uniforme que levaban os soldados alemáns, chamados Freikorps, durante as guerras napoleónicas.

 

E imos coa pregunta de hoxe!

2. Cal é a capital de Alemaña?

- Múnic

- Nürnberg

- Berlín

- Frankfurt

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: es.wikipedia.org         Imaxe: es.wikipedia.org

#DígochoEu: The Rapants e o galego normativo

 

No Son do Camiño coñecemos a The Rapants e falamos do galego normativo e da gheada.

#DígochoEu

SOLUCIÓN SOPA DE LETRAS CXXIII

SOLUCIÓN SOPA DE LETRAS CXXIII

Localidades de Cantabria!

SOPA DE LETRAS CXXIII

SOPA DE LETRAS CXXIII

 

SANTANDER          LAREDO          TORRELAVEGA

COMILLAS             REINOSA         SANTOÑA

SOBA                      CARTES           CAMARGO

POTES                    ASTILLERO      LIÉRGANES

#DígochoEu: #CiberEsther (Non esquezas reiniciar!)

 

Se o teu ordenador ou unha aplicación che pide unha actualización… actualiza! E non esquezas reiniciar!  

#DígochoEu

CANTO SABES DE ALEMAÑA?

Situada no corazón de Europa, Alemaña, membro da Unión Europea, é o motor da economía e a industria do vello continente. Terra de fronteiras durante o imperio romano, a historia conferiulle desde entón un lugar destacado para entender a evolución da construción do proxecto europeo. Algúns dos músicos máis recoñecidos do mundo naceron en Alemaña, así como científicos e filósofos.

Sobre este país comezamos hoxe esta serie para coñecelo polo miúdo. Anímaste? Pois alá imos!

1. Cal destas bandeiras é a de Alemaña?

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: es.wikipedia.org      Imaxes: es.wikipedia.org

SABÍAS QUE... POR QUE A AUGA É TRANSPARENTE?

Todos os alimentos que consumimos teñen unha cor, un sabor e un cheiro específico debido aos seus diversos aromas naturais e colorantes. Por exemplo, a Coca-Cola é de cor negra debida a que na súa composición atópase un determinado colorante alimentario: o E150d, coñecido como cor caramelo.

A cor escura das cervexas negras é debido ao emprego de maltas na súa elaboración, as cales, á súa vez, obteñen a súa cor durante o proceso de toste, debido a que é o grao de queimado da malta o que determina a cor final da bebida.

O mojito é de cor azulado debido ao curazao azul, que se elabora a partir da destilación alcohólica de cascas de laranxas amargas, variedade Curazao, mesturadas con finos alcois e xarope de azucre refinado.

A luz consiste en ondas electromagnéticas, baseadas na influencia que teñen unhas partículas eléctricas sobre outras. Se movemos un electrón créase unha onda que se transmite polo espazo e é, precisamente, esa onda o que coñecemos como «luz».

Se a vibración da onda é moi lenta (baixa frecuencia) falamos de microondas, de ondas de radio ou de ondas infravermellas; se a frecuencia da luz é máis alta entramos no chamado espectro visible (o que percibimos cos nosos ollos) pero se a frecuencia segue subindo penetrámonos no espectro da luz ultravioleta, os raios X ou os raios gamma.

Se un corpo deixa pasar luz azul dicimos que é transparente ao azul, mentres que, se non a deixa pasar e absórbea, dicimos que ese corpo é «opaco» á cor azul.

A auga é unha molécula formada por tres átomos, dous de hidróxeno e un de osíxeno que están unidos por ligazóns covalentes. Un descubrimento que se produciu no ano 1.781 grazas aos experimentos do científico Henry Cavendish (1731-1810), xa que ata ese momento pensábase que era unha soa substancia química a responsable da composición da auga.

A diferenza doutros líquidos e bebidas, a auga carece de pigmentos que absorben certa lonxitude de ondas de luz e que reflicten outras, o cal proporcionaríalle unha cor determinada. Aínda que é certo, que a auga reacciona de forma moi diferente ante as distintas ondas electromagnéticas.

Así, por exemplo, se sometemos a auga á acción das ondas de baixa frecuencia (microondas) as súas moléculas axítanse e rotan rapidamente dun lado para outro a enorme velocidade (2.400 millóns de veces por segundo). Nese movemento chocan coas que hai na contorna e transmítenlles enerxía, de forma que a auga é opaca para este tipo de ondas.

Se aumentamos a frecuencia e pasamos á luz visible, leva demasiada enerxía como para excitar os movementos das moléculas, pero insuficiente como para mover os electróns dos átomos, por este motivo pasa a través da auga e fai que a luz visible sexa transparente. Se seguimos subindo en frecuencia, a luz ultravioleta excita os electróns dos átomos. Os raios X e gamma teñen tanta enerxía que poden arrincar electróns dos átomos, sendo a auga novamente opaca.

En conclusión, poderiamos dicir que a auga é transparente á luz visible, pero non á luz que os nosos ollos non poden captar.

FONTE: Pedro Gargantilla/abc.es/ciencia