Blogia

vgomez

SOLUCIÓN Á SOPA DE LETRAS CXIV

SOLUCIÓN Á SOPA DE LETRAS CXIV

Cores!

CANTO SABES SOBRE O IMPERIO ROMANO? XII

Continúo coa serie adicada a o Imperio Romano. A civilización romana é considerada unha das máis influentes da historia. Definiu a historia e os costumes de boa parte da humanidade e a súa influencia perdura aínda con forza nos nosos días.

A contestación correcta á pregunta de onte é Denario. Aquí tes as equivalencias destas moedas:

        EQUIVALENCIAS
 

Denario

Quinario

Sestercio

Ás

 

Denario (símbolo X)

1

2

4

10

Quinario (símbolo V)

1/2

1

2

5

Sestercio (símbolo IIS)

1/4

1/2

1

2,5

Ás (símbolo I)

1/10

1/5

2/5

1

E imos coa pregunta de hoxe!


13. Moitos emperadores coidábanse de non exercer o seu poder dun modo despótico, xa que os romanos sentían unha gran aversión pola monarquía. Pero houbo algúns que quixeron exercer un poder sen límites e por iso son lembrados como tiranos; un en particular mesmo quixo nomear cónsul ao seu cabalo preferido. De que emperador falamos?

- Calígula

- Caracalla

- Nerón

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE:  es.wikipedia.org          Imaxe: elespanol.com/cultura/historia

#DígochoEu: Na neve

 

#DígochoEu na neve ❄️☃️

SOBRE O PEGAMENTO

A historia do pegamento e a historia da humanidade sempre viaxaron da man. Hai algúns anos un grupo de científicos descubriu a evidencia máis antiga do uso de pegamento, un adhesivo que foi usado polos neandertais hai uns 200.000 anos para deseñar as súas lanzas. Parece ser que aquel primeiro pegamento estaba fabricado a partir de alcatrán elaborado con cortiza de bidueiro.

Tamén existen sospeitas de que Otzi, o home de xeo, leva pegamento na súa ’equipaxe’ cando foi asasinado. Entre as súas pertenzas atopáronse un machada de cobre e dúas frechas con puntas de sílex, unha delas con restos dun pegamento orgánico: brea.

Se avanzamos na liña do tempo e penetramos na Historia, un dos pegamentos máis utilizados foi, sen dúbida, a cola animal, que se preparaba con tendóns, pel e ósos de diferentes animais. A mezcolanza cocíase nunha pota e removíase ata conseguir unha xelatina viscosa que, a temperatura ambiente, solidificábase.

Noutros casos os pegamentos realizábanse con caseína (proteína procedente do leite), amidón, caucho ou, mesmo, coa vexiga natatoria dalgúns peixes. En todos os casos conseguíanse substancias compactas que se introducían nos poros das superficies para fixar. En xeral, estas substancias adhesivas eran pouco duradeira, sufrían os efectos nocivos dos microorganismos e tiñan demasiadas impurezas.

A situación cambiou en 1912 cando o químico alemán Fritz Klatte descubriu o polivinilacetato, un composto químico que revolucionou o mundo dos pegamentos. Tratábase dunha substancia liquida e de fácil aplicación, que baseaba a súa adherencia na formación de ligazóns químicas.

E é que entre o adhesivo e o substrato establécense ligazóns de tipo iónico e/ou covalente, motivo polo cal debe existir entre ambos certa afinidade química. Cando isto non é posible hai que recorrer a aditivos parellos a ambos e que permita a selaxe firme das pezas.

Cando as forzas intermoleculares desenvólvense entre moléculas iguais dise que existen forzas de cohesión, mentres que se se desenvolven entre moléculas diferentes denomínanse forzas de adherencia.

Os pegamentos de fraguado rápido son monómeros de cianoacrilato, unha substancia que necesita entrar en contacto coa auga da atmosfera ou outra substancia rica en hidróxeno para polimerizarse, o cal permite, finalmente, unir as dúas superficies. Para evitar que esta reacción teña lugar dentro do tubo, na súa fabricación introdúcese osíxeno en forma de aire seco, para que inhiba a polimerización.

Na natureza tamén temos exemplos de pegamentos resistentes. Así, por exemplo, os gecos, eses lagartos de hábitos nocturnos que son capaces de camiñar polo teito, teñen nas súas patas numerosas microvellosidades que lles permiten adherirse ás porosidades de calquera superficie mediante forzas de Van der Waals, que son, á súa vez, o suficientemente débiles para que se poida despegar e seguir camiñando.

Moi posiblemente o pegamento máis forte xamais empregado atópese na natureza, concretamente nos balánidos ou landras do mar, unha das pragas máis frustrantes para a industria marítima, xa que se adhiren ao casco dos barcos e dificultan a súa navegación.

O seu «poder magnético», que xa foi descrito por Charles Darwin, débese a unha substancia formada por dous compoñentes, un líquido aceitoso e outro adhesivo en si mesmo -unha fosfoproteína- que se robustece ata formar un material resistente. Ao parecer, o elemento aceitoso actúa como unha capa hidrofóbica que permite á fosfoproteína asentarse sobre a superficie.

Este achado abre a xanela ao descubrimento de novos adhesivos, máis potentes e con capacidade de actuar en situacións extremas.

FONTE: Pedro  Gargantilla/abc.es/ciencia

SOPA DE LETRAS CXIV

SOPA DE LETRAS CXIV

MEGRO          LARANXA          VERMELLO

ROSA             AMARELO          PÚRPURA

AZUL              MARRÓN           VERDE

GRIS

CANTO SABES SOBRE O IMPERIO ROMANO? XI

Continúo coa serie adicada a o Imperio Romano. A civilización romana é considerada unha das máis influentes da historia. Definiu a historia e os costumes de boa parte da humanidade e a súa influencia perdura aínda con forza nos nosos días.

A contestación correcta á pregunta de onte é Legado. Cada lexión, baixo o mando dun legatus, constaba de infantería e de cabalería. Inmediatamente baixo o seu mando había sete tribunos militares, dos cales seis eran oficiais procedentes do ordo equester, 5 tribuni angusticlavii con mando sobre dúas cohortes e un tribunus sexmestris ao mando da cabalería lexionaria, e un era membro do ordo senatorius como tribunus laticlavius, e era un novo senador que exercía de segundo do Legado. Por baixo, atopábase o Praefectus Castrorum, un antigo Primus Pilus que no canto de xubilarse ascendera a este posto e ingresado no ordo equester. Era o encargado da loxística, do mantemento do campamento e do mando da artillería e maquinaria de asedio en combate. A infantería constaba de dez cohortes, das que a primeira era especial. Estaba formada por cinco centurias de oitenta homes, cada unha delas baixo o mando dun centurión, sendo o centurión da primeira centuria chamado Primus Pilus, e por tanto o cuarto home da unidade, con acceso directo ao Legado. Ademais incluía un corpo de seiscentos homes que non participaba na batalla formado por escribanos e comerciantes. En total uns mil homes. As nove cohortes restantes eran iguais. Cada unha destas cohortes, de catrocentos oitenta homes, dividíase en seis centurias baixo o mando de senllos centuriones. A cabalería estaba integrada por uns cento vinte homes, en catro turmae de 30 xinetes ao mando de senllos centurións. Por baixo dos centurións atopábanse os suboficiais, chamados principais, de entre os que destacaban o optio ou lugartenente do centurión, o signifer ou porta estandare ou signum dunha centuria, o aquilifer, portaestandarte maior da Lexión, o tesserarius ou suboficial de seguridade, e outros moitos cargos especializados, como o veterinarius. Aínda por baixo estaban os inmunes, exentos de traballos pesados, formados por algúns especialistas e por todos os xinetes, con dobre paga ou paga e media. Por último, estaban os soldados rasos.

E imos coa pregunta de hoxe!


11. Destas moedas romanas, cal é a de maior valor?

- As

- Sestercio

- Denario

- Quinario

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE:  es.wikipedia.org  Imaxe: es.wikipedia.org

#DígochoEu: Non digas *copos de neve!

 

Nada de *copos de neve en galego! Toma nota porque temos moitas formas de dicilo.

#DígochoEu

MODIFICACIÓN XENÉTICA DE SEMENTES E PLANTAS

 

Continúo cos novos episodios de Órbita Layka, programa de divulgación científica divertido e sorprendente, cheo de curiosidades e de sentido do humor, presentado polo matemático e profesor de Linguaxes e Sistemas Informáticos Eduardo Sáenz de Cabezón Irigaray.

Grazas á xenética, é posible modificar plantas e sementes para paliar as deficiencias alimentarias dalgúns países do mundo. A investigadora, licenciada en Bioloxía, Bioquímica e doutora en Biomedicina, Helena González-Burón comparte algúns exemplos de como isto pode levar a cabo, como é o caso da incorporación de vitamina A ao arroz.

Pura xenética!