Blogia

vgomez

AS 21 MARABILLAS NATURAIS DE ESPAÑA QUE HAI QUE VER UNHA VEZ NA VIDA (XVI)

Continúo coa serie adicada as 21 marabillas naturais que España alberga na súa gran variedade de paisaxes e ecosistemas, algunhas, recomendadas por expertos do Ilustre Colexio Oficial de Xeólogos (ICOG) e outras porque son as máis visitadas e eloxiadas polos que xa pasaron por aí.

Se onte falamos dos Mallos de Riglos, hoxe tócalle o turno a...

16. Bardenas Reais (Navarra)

As Bardenas Reais é un Parque Natural de 42.500 hectáreas, declarado Reserva da Biosfera pola UNESCO. A súa fauna e a súa flora son máis propias do continente africano que do norte da Península Ibérica chegando a ser paraíso outrora de crocodilos e tartarugas.

As súas formacións rochosas, compostas de arxila, xeso e arenisca e modeladas pola erosión do vento, son o principal atractivo. Entre as máis coñecidas están a Pisquerra, un conxunto de mesetas de diferentes tamaños localizadas na Bardena branca; e Castildetierra, unha enorme cabeza onde se gravaron numerosos anuncios e series de televisión.

Hoxe día, aguias, voitres, bufos, avutardas, raposos, gatos monteses, xenetas, anfibios e réptiles campan entre matogueiras, sisallares, saladares e espartais. É como atopar un oasis en metade do deserto... Só que ao revés.

Continuará...

FONTE: Idea orixinal Cristina Acebal/expansión.com e es.wikipedia.org

TAL DÍA COMO HOXE: 27 DE SETEMBRO...

1590: En Roma, o papa Urbano VII morre 13 días despois de ser elixido papa. É o papado máis curto da historia.

1822: En Francia, Jean-François Champollion anuncia que descifrou a pedra Rosetta.

1905: O diario científico Annalen der Physik reciben o tratado de Albert Einstein «A inercia dun corpo depende do seu contido enerxético?», onde introduce a ecuación E=mc².

1955: España, baixo a ditadura franquista, solicita o ingreso na ONU.

1998: Nos Estados Unidos empeza a funcionar na internet o motor de procura de Google.

2003: No porto espacial de Kourou (Guayana Francesa) a Axencia Espacial Europea lanza a sonda lunar SMART-1.

2007: Desde Estados Unidos, a NASA lanza a sonda Dawn para explorar o asteroide Vesta e o planeta anano Ceres.

FONTE: es.wikipedia.org      Imaxes: es.wikipedia.org, businessinsider.es e elpais.com

SOLUCIÓN SOPA DE LETRAS CCV

GARCILASO DE LA VEGA (103-1536)

MIGUEL DE CERVANTES SAAVEDRA (1547-1616)        

FRANCISCO GÓMEZ DE QUEVEDO Y SANTIBÁÑEZ CAVALLOS (1580-1645)

PEDRO CALDERÓN DE LA BARCA Y DE HENAO(1600-1681)

PÍO BAROJA Y NESSI (1872-1956)          

JOSÉ DE ESPRONCEDA Y DELGADO (1808-1842)

BENITO PÉREZ GADÓS (1843-1920)                 

LOPE DE VEGA Y CAPRPIO (1562-16359)                   

LUIS DE GÓNGORA Y ARGOTE (1561-1627)

GUSTABO ADOLFO CLAUDINO DOMÍNGUEZ BASTIDA (BÉCQUER) (1836-1870)     

MIGUEL DE UNAMUNO  Y JUGO (1864-1936)        

FEDERICO GARCÍA LORCA (1898-1936)

Figuras célebres da literatura española!

CINE: A BOLA NEGRA

Esta fin de semana a película A bola negra, inspirada na obra inacabada homónima de Federico García Lorca, da que o escritor granadino redactou apenas catro páxinas antes de ser asasinado en 1936, e na peza teatral A pedra escura de Alberto Conejero. Esta é a súa ficha técnica:

Título orixinal: La bola negra

Ano: 2026

Duración: 155 min.

País: España España

Xénero: Drama

Dirección: Javier Calvo, Javier Ambrossi

Guión: Javier Calvo, Javier Ambrossi. 

Música: Raül Refree

Fotografía: Gris Xordana

Montaxe: Alberto Gutiérrez

Coprodución: España-Francia; Suma Content, Movistar Plus+, O Desexo, Le Pacte, Atresmedia Cine.

Distribuidora: Elastica Films, Movistar Plus+

Reparto: Guitarricadelafuente, Carlos González, Milo Quifes,  Miguel Bernardeau, Lola Dueñas, Penélope Cruz, Glenn Close...

Sinopse: O título alude á práctica de rexeitar a solicitude de ingreso dun mozo homosexual nun club social de Granada mediante unha bóla negra. As vidas interconectadas de tres homes en tres épocas distintas (1932, 1937 e 2017). Tres existencias intimamente ligadas pola sexualidade e o desexo, a dor e a herdanza.

SOPA DE LETRAS CCV

GARCILASO          CERVANTES          QUEVEDO

CALDERÓN            BAROJA                ESPRONCEDA

GADÓS                   LOPE                      GÓNGORA

BÉCQUER              UNAMUNO             LORCA

TAL DÍA COMO HOXE: 26 DE SETEMBRO...

1580: No porto de Plymouth (Reino Unido), o británico Francis Drake e os seus 59 mariños finalizan o seu circunnavegación do mundo na goleta Golden Hind, sendo a terceira expedición en conseguilo tras Magallanes/Elcano e García Jofre de Loaisa.

1905: Publícase o primeiro artigo de Albert Einstein sobre a Teoría da Relatividade Especial.

1934: En Clydebank (Escocia) bótase en transatlántico Queen Mary.

1957: Nos Estados Unidos estréase o musical West Side Story, de Leonard Bernstein.

1973: En Francia, o avión Concorde fai o seu primeiro cruzamento do Atlántico sen escalas, en tempo marca.

1980: Na Unión Soviética, regresa o cosmonauta cubano Arnaldo Tamayo (38) da súa viaxe ao espazo.

2007: Bungie Studios, xunto a Microsoft, saca á venda Halo 3 para XBOX 360.

FONTE: es.wikipedia.org       Imaxes: es.wikipedia.org, oceanliners.fandom.com e elsolweb.tv

AS 21 MARABILLAS NATURAIS DE ESPAÑA QUE HAI QUE VER UNHA VEZ NA VIDA (XV)

Continúo coa serie adicada as 21 marabillas naturais que España alberga na súa gran variedade de paisaxes e ecosistemas, algunhas, recomendadas por expertos do Ilustre Colexio Oficial de Xeólogos (ICOG) e outras porque son as máis visitadas e eloxiadas polos que xa pasaron por aí.

Se onte falamos da Selva de Irati, hoxe tócalle o turno a...

15. Os Mallos de Riglos (Huesca)

Este monumento natural, os Mallos de Riglos, está situado a beiras do río Gállego e xunto á localidade do mesmo nome (Riglos). Son paredes de verticalidade mítica (acadando os los 275 metros de altura máxima, no espolón norte del Pisón) que foron levantadas pola oroxenia alpina, iniciada hai uns 65 millóns de anos, cando se formaron os Pireneos.

A posterior erosión da auga foinos illando e modelando, dando lugar ás actuais paredes rochosas xigantes que se reparten polo cara sur das serras exteriores do Prepirineo. Son os máis famosos, pero nesta mesma zona atoparás os de Agüero, Vadiello, Murillo de Gállego e o Salto de Roldán, entre outros.

Continuará...

FONTE: Idea orixinal Cristina Acebal/expansión.com e es.wikipedia.org

O CAN MÁIS RARO DO MUNDO

Coñecido como cans vinagre ou cans veados, este cachorro recentemente nado forma parte da especie Speothos venaticus, unha das menos comúns do mundo.

A fotografía foi tomada no zoolóxico de Chester, Reino Unido, onde se rexistrou o nacemento de cinco pequenos que pesaron menos de 150 gramos.

A especie é orixinaria de Sudamérica, pero como a súa poboación é moi vulnerable ante a perda de hábitad, en Europa existen programas de conservación. Este pequeno cachorro pronto converterase nun hábil nadador de extraordinarias destrezas para a caza.

Uns datos: O seu corpo mide entre 23 e 30 cm de altura e 60 e 75 cm de lonxitude, xeralmente uns 65 cm; a súa cola ten apenas 12 a 14 cm. O seu peso é de 5 a 8 kg.

FONTE: Pedro Molina/nationalgeographic.com.es e es.wikipedia.org