Blogia

vgomez

CANTO SABES SOBRE AS RELIXIÓNS DO MUNDO?

A palabra relixión provén do latín religio, que á súa vez se definiu como "reverencia por Deus ou os deuses, unha meditación coidadosa das cousas e da piedade".

Das moitas definicións que hai sobre ela, das que escollin dúas:

A primeira, do teólogo canadense Bernard Joseph Francis Lonergan (1904-1984): “conxunto de experiencias, significados, conviccións, crenzas e expresións dun grupo, a través das cales os seus participantes responden as súas dialécticas de autotrascendencia e relación coa divindade”.

A segunda, do dicionario da RAG: “Conxunto de crenzas e prácticas propias dun grupo social, que atinxe ás súas relación”.

Son moitas as relixións do mundo e moitos millóns de persoas que as practican.

Propóñoche averiguar cando sabes sobre elas. Anímaste?

Pois empezamos!

 

1. Cal é a relixión máis antiga do mundo aínda en práctica?

- Xudaísmo

- Islam

- Hinduísmo

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: es.wikipedia.org

#DígochoEu: Non digas *sombrilla

 

 En galego non levamos *sombrillas á praia! Sabes cal é a palabra correcta? Atende ben ás indicacións de Esther Estévez!

 #DígochoEu

CAMPAMENTO ROMANO AQUIS QUERQUENNIS A VISTA DE DRON



O campamento romano e a mansión-viaria de Aquis Querquennis, coñecido popularmente como A cidá, garda a pegada dun pasado que se remonta dous milenios no tempo. Permaneceu ocupado entre o último cuarto do século I e ata os anos 20 do II, durante a construción da Vía XVIII ou Vía Nova, calzada que comunicaba Bracara Augusta e Asturica Augusta

Está situado na parroquia de Baños (Bande-Ourense) á beira do río Limia no encoro de As Conchas, que se atopa ao 49,5% da súa capacidade máxima, segundo os datos da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS).



O encoro das Conchas, onde se atopa o campamento romano, está actualmente ao 49,5% / BRAIS LORENZO

Durante unha parte do ano o xacemento, un Ben de Interese Cultural desde 2018, non pode ser visitado. Cando sobe o nivel de auga do encoro os restos arqueolóxicos quedan asolagados. Coa seca baixou a presa e os restos do asentamento son máis visibles.

Desde o século XVI había xa noticias destes restos arqueolóxicos, coñecidos na zona como A Cidá, aínda que non foi ata o século XX cando se realizaron as primeiras intervencións arqueolóxicas, dirixidas por Florentino López Cuevillas a comezos dos anos 20. Naqueles momentos pensaban que se trataba dunha mansión romana, non dun campamento militar. Foi na década dos anos 80, grazas a novos achados e fotografías aéreas, cando se expuxo a verdadeira natureza do recinto.

Atravesa o lugar unha ruta de peregrinación a Santiago de Compostela, coñecida como Ruta da Raíña Santa, nome debido á peregrinación realizada por Isabel de Portugal, no século XIV e seguida nos séculos posteriores por numerosos camiñantes. Tal ruta coincide coa citada calzada romana Vía Nova no seu tramo inicial ata Bande e está a ser reivindicada como "camiño xacobeo" por diversas asociacións da comarca.

No lugar atópase o moderno Centro de Interpretación Aquae Querquennae-Vía Nova, que alberga un museo e varias salas explicativas do complexo arqueolóxico.

Un lugar que merece a pena visitalo!

FONTE: J.F./farodevigo.es e gl.wikipedia.org

SOLUCIÓN ENCRUCILLADO CVIII

VERTICAIS: 1. Zézere 2. Conguito 3. Marxa 5. Guatemala 9. Ripo.

HORIZONTAIS: 4. Treviño 6. Liubliana 7. Vimieiro 8. Gazprom 10. Pol.

Máis cultura xeral!

ENCRUCILLADO CVIII

VERTICAIS: 1. Nome do río portugués, afluente do Texo pola dereita, segundo máis importante de portugal, que nace na Serra da Estrela e confúe co Texo preto de Constância 2. Crustáceo, semellante á nécora, ainda que máis pequeno, de cor vermello intenso, con puntos morados, tamén coñecido como xaiba e de nome cientíifico Liocarcinus corrugatus 3. Mancha pequena de cor parda que sae na cara ou noutras partes do corpo 5. País da América Central, limitado ó oeste e ó norte por México, ó leste por Belize, polo Golfo de Honduras e por Honduras, e ó sur polo Salvador e polo océano Pacífico 9. Instrumento semellante a un peite cos dentes de ferro ou de madeira, que se chanta na terra ou se encaixa nunha mesa ou banco, sobre o que se pasa o liño para quitarlle a baga.

HORIZONTAIS: 4. Enclave burgalés (Castela e León) situado no interior da provincia de Áraba (País Vasco) cuxas terras a rodean completamente 6. Capital e maior cidade de Eslovania 7. Arbusto caducifolio da familia das salicáceas de ata dez metros de altura, con pólas delgadas e flexibles, follas lanceoladas alternas, froito en cápsula e de nome científico Salix viminalis  8. Empresa gasística rusa, o maior extractor de gas natural no mundo, da que temos oido falar ultimamente en Europa polos cortes de suministro pola guerra 10. Concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca de Meira, cuxa capitalidade é Mosteiro, famoso polas súas mámoas e castros.

#DígochoEu: Non digas *platillos

 

 Seguimos aprendendo vocabulario coa axuda da Federación Galega de Bandas de Música. Desta vez, Esthter Estévez, tráenos a palabra *platillos.

#DígochoEu

SABÍAS QUE... HAI GRAVIDADE EN MARTE?

O rover Curiosity da NASA, sobre a superficie de Marte / NASA

A gravitatoria é unha das forzas fundamentais da natureza, xunto coa forza nuclear débil, a forza nuclear forte e a forza electromagnética. A gravidade é propia dos corpos que teñen masa. Como Marte tena, obviamente, alí hai gravidade.

A forza de gravidade entre dous corpos fai que se atraian. É proporcional á masa dos dous corpos, sendo a constante de proporcionalidade, a constante de gravitación universal, G, e é inversamente proporcional ao cadrado da distancia que os separa. No caso da Terra, como ten unha masa de seis cuatrillones de quilos, para unha persoa cunha masa de 70 quilos, a forza gravitatoria sería de algo máis de 380 newtons, o que sería o seu peso. Coloquialmente, tendemos a utilizar a unidade de masa (quilogramo) para referirnos ao peso, o que non é estritamente correcto.

En Marte, como a súa masa é bastante menor que a da Terra, a súa gravidade tamén é menor, aproximadamente unha terceira parte que a do noso planeta. Algo similar ocorre coa Lúa, cuxa gravidade vén ser un 16% da terrestre.

Seguro que lembra as imaxes dos astronautas que chegaron á Lúa, nas que daban saltos moi grandes. Eses saltos son posibles pola diferenza de masas entre o satélite e o planeta. É dicir, na Lúa ou en Marte pesamos moito menos que na Terra. Na Lúa, unha dezaseisava parte, e en Marte, a terceira parte.

O Sistema Solar está composto, na súa área máis próxima ao Sol, polos planetas que chamamos rochosos: Mercurio, Venus, a Terra e Marte. E na zona máis afastada, polos xigantes gaseosos: Xúpiter, Saturno, Urano e Neptuno. Entre os rochosos, Mercurio ten unha gravidade parecida á de Marte e Venus máis parecida á da Terra. E nos xigantes, Xúpiter ten un pouco máis do dobre da gravidade terrestre, Saturno ten máis ou menos a da Terra, Urano un pouquiño menos e Neptuno algo máis. Como che explicaba ao principio, a gravidade está relacionada coa masa. Estes planetas teñen tamaños moito maiores que a Terra, pero como son gaseosos, a súa densidade é moito menor que a dos rochosos e por iso a súa gravidade é, tamén, moito menor.

O Sol é o elemento máis masivo do Sistema Solar. A súa masa é máis de 300.000 veces a da Terra. Por tanto, a súa gravidade é a maior e fai que o resto dos corpos do sistema orbiten ao seu ao redor.

Se volvemos a Marte, trátase dun planeta moi parecido á Terra e, con todo, envelleceu moito máis rapidamente. Está a uns 227 millóns de quilómetros do Sol, mentres que a Terra está só a 150 millóns de quilómetros. Esa distancia adicional, e que sexa un pouco máis pequeno que o noso, fixo que perdese a súa atmosfera e o seu campo magnético, que é fundamental para a vida porque serve de pantalla para a radiación solar. Esas características deixaron o planeta como o coñecemos, con ese aspecto desértico. Pero tamén é moi interesante porque ten, por exemplo, os campos volcánicos máis impresionantes do Sistema Solar. O Monte Olimpo, que é un volcán e a montaña máis alta de Marte, e de todo o Sistema Solar, ten 25 quilómetros de altura, moito máis que o Everest.

FONTE: María Díaz Michelena/elpais.com/ciencia

SINTONÍA OFICIAL DA VOLTA 2022

Aquí tes a sintonía oficial da Volta 2022. Interpretada por Lorena Medina (Mexico, 1992), o tema ten moito ritmo e un son moi bailable, a melodía e a letra do tema reflicten a alegría e a ilusión que se vivirá a partir do próximo 19 de agosto na saída oficial desde Holanda, e, posteriormente, por toda España. Nesta ocasión, o anuncio combina pasado, presente e futuro a través dunha mestura de imaxes retro e vangardista.