Blogia

vgomez

FAUNA EN PERIGO DE EXTINCIÓN EN GALICIA VII

En Galicia, segundo o catálogo da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, hai máis dunha vintena de especies en perigo de extinción. Inicio o apartado dos moluscos, dos que catro corren perigo.

Ameixa perlífera de río / Ministerio de Alimentación, Agricultura e Medio Ambiente e Caracol de Quimper / Gilles San Martin/Wikimedia Commons

13. Ameixa perlífera de río (Margaritifera margaritifera)

Un deles é a ameixa perlífera de río (Margaritifera margaritifera), que habita os tramos superior e medios dos ríos de augas limpas nas provincias de Pontevedra, A Coruña e Lugo. De feito, Galicia acolle as mellores poboacións desta especie de toda a península ibérica. Malia ser tan característica do noso territorio, está ameazada e é “altamente necesario” facer un seguimento das súas poboacións. A solución sería mellorar a contorna dos ríos.

14. Caracol de Quimper (Elona quimperiana)

A segunda especie de molusco ameazada é o caracol de Quimper (Elona quimperiana), que habita exclusivamente en zonas de clima oceánico e atlántico. A súa presenza é moi localizada e céntrase, sobre todo, no litoral cantábrico. Todo apunta a que as súas principais ameazas son as repoboacións forestais e os incendios. En Europa, de feito, xa se extinguiu no suroeste de Francia.

Continuará!

FONTE: gciencia.com/medioambiental

PRIMEIRAS IMAXES DO JAMES WEBB

PRIMEIRAS IMAXES DO JAMES WEBB

 

O día de hoxe pon fin a meses de espera. O Telescopio James Webb marcou unha nova etapa na historia da astronomía. O resultado de décadas de esforzo. Para empezar, apuntou a múltiples obxectos cósmicos espectaculares. Os obxectivos foron seleccionados por un equipo de representantes da NASA, a Axencia Espacial Europea, a Axencia Espacial Canadense e o Instituto de Ciencias do Telescopio Espacial.

A NASA publicou as esperadas imaxes este 12 de xullo, as observacións inaugurais da "primeira luz" do telescopio espacial e un momento potencialmente innovador para o campo da astronomía.

 

Nebulosa de Carina: É a nebulosa que posúe a estrela máis luminosa da Vía Láctea e hoxe podemos ver novos detalles xamais vistos anteriormente. Situada a 7.500 millóns de anos luz de distancia de nós, presenta dúas das estrelas máis masivas e máis luminosas na Vía Láctea.

Nebulosa planetaria do Anel Sur: Coñecida tamén como NGC 3132, está localizada na constelación de Vela, a 3 000 anos luz de distancia de nós e cun tamaño aparente de 12 segundos de arco.

Seguir o resto das imaxes premendo AQUÍ.

FONTE: Sarah Romero/muyinteresante.es

UN LIBRO PARA O VERAN 2022: "ALÉN DA DESVENTURA"

O verán tamén e tempo para ler e disfrutar dun bo libro! Esta é a miña proposta para este veran 2022.

Alén da desventura, recolle os relatos dun mariño inglés, Isaac Moore, e dun misioneiro español, o padre Sineiro, e achéganos intrigas e aventuras por terras e mares ignotos na época da Ilustración, xentes e pobos arrastrados polos conflitos entre as grandes potencias navais e debates aínda hoxe non resoltos.

Unha trepidante historia trazada con paixón polo narrador de Xavier Alcalá (Miguelturra-Cidade Real, 1947), acompañada coas ilustracións dos personaxes máis representativos, realizadas polo recoñecido debuxante Siro (Ferrol, 1943), que completan o pracer da lectura dun libro especial que cativa coa fascinación dunha prosa viva e actual. Sen dúbida, unha gran novela.

Que a disfrutedes!

#DígochoEu: Sabes o que é ter terrexío?

 

Canto terrexío nos dan certas cousas! Pero sabes o que significa?

#DígochoEu

FAUNA EN PERIGO DE EXTINCIÓN EN GALICIA VI

En Galicia, segundo o catálogo da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, hai máis dunha vintena de especies en perigo de extinción. Remato co apartado das aves, que supón a metade desas especies en perigo de extinción.

Millafre real (Milvus milvus) / Hans Hillewaert/Wikimedia Commons e Sisón (Tetrax tetrax) / Veroni/Flicker/Wikimedia Commons

11. Millafre real (Milvus milvus)

A área de distribución do millafre real (Milvus milvus) é pouco coñecida e segundo a Xunta, en Galicia poderían aparecer parellas escasas en certos puntos de Lugo e Ourense. É unha especie que aproveita as zonas abertas con soutos e bosques nas marxes. O envelenamento e a modificación dos seus hábitats, sobre todo a causa da intensificación agraria, son as súas principais ameazas.

12. Sisón (Tetrax tetrax)

O sisón (Tetrax tetrax) non supera o medio centenar de parellas en Galicia, con poboacións reprodutoras na marxe da área de distribución. De igual modo que acontece con outras especies, a intensificación agrícola e o cambio nos tipos de cultivo son as principais ameazas.

Continuará!

FONTE: gciencia.com/medioambiental

FAUNA EN PERIGO DE EXTINCIÓN EN GALICIA V

En Galicia, segundo o catálogo da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, hai máis dunha vintena de especies en perigo de extinción. Continuo co apartado das aves, que supón a metade desas especies en perigo de extinción.

Furabuchos balear (Puffinus mauretanicus) / Mar Cabrera/Wikimedia Commons e Mazarico real (Numenius arquata) / MPF/Wikimedia Commons

9. Furabuchos balear (Puffinus mauretanicus)

O furabuchos balear (Puffinus mauretanicus) é unha especie endémica das illas Baleares, onde hai arredor de 2.000 parellas. En verán e outono son moitos os exemplares que migran fronte ás costas galegas, onde permanecen continuamente no mar, onde se alimentan de peixes e descansan. A súa principal ameaza é a predación de ratas e gatos durante a súa época de cría, así como a presión turística nos seus hábitats. En Galicia achéganse varios centos de exemplares, tamén afectados pola morte accidental en artes de pesca e pola contaminación mariña.

10. Mazarico real (Poboación nidificante) (Numenius arquata)

Galicia conta coa única poboación reprodutora actual da península de mazarico real (Numenius arquata). Son menos de cinco parellas que ocupan pasteiros de sega e matogueiras na Terra Chá entre os meses de febreiro e xullo. A súa principal ameaza, como na meirande parte das especies, é a destrución dos seus hábitats.

Continuará!

FONTE: gciencia.com/medioambiental

#Dígocho Eu: Xián ou Xian?

 

Esther Estévez responde a unha pregunta que fixeron en Instagram:Xián ou Xian!

#DígochoEu

LETRAS GALEGAS 2023: FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO

Francisco Fernández del Riego / lavozdegalicia.es

A Real Academia Galega (RAG) dedicará o Día dás Letras Galegas 2023 a Francisco Fernández del Riego (Vilanova de Lourenzá, 1913 - Vigo, 2010). Así o decidiu o pleno da institución reunido o pasado sábado en sesión ordinaria. Segundo detallou a RAG, o pleno acordou homenaxear a Fernández del Riego o próximo 17 de maio, coincidindo coa celebración do 60 aniversario do primeiro Día dás Letras Galegas, do que foi inspirador, e os 110 anos do seu nacemento.