Blogia

vgomez

DINOSAUROS AFRICANOS V

Continúo coa serie adicada aos dinosauros africanos, xa que este gran continente ten moitas especies deles.

Se onte falamos do Afrovenator, hoxe tócalle ao...

5. Aardonyx

Aardonyx celestae é a única especie coñecida do xénero extinto Aardonyx de dinosauro sauropodomorfo, que viviu a comezos do período Xurásico, hai aproximadamente 195 millóns de anos durante o Hettangiense, no que hoxe é África. Foi achado nos arredores dunha granxa no pobo Rosendal, Provincia do Estado Libre, Sudáfrica, en sedimentos da Formación Elliot Superior.

Aardonyx celestae medía 7 metros de lonxitude e 1.8 de altura, aínda que algunhas estimacións son de ata 9 metros. O seu peso roldaba os 350 quilogramos.

 

Paleoreconstrución do Aardonyx, por Matthew Bonnan/es.wikipedia.org

Sobre a base da estrutura das extremidades traseiras e cintura  pélvica do Aardonyx, pódese inferir que o dinosauro normalmente trasladouse en forma bípeda pero podía cambiar ao movemento cuadrúpedo similar ao Iguanodon. Comparte algúns atributos cos xigantes saurópodos cuadrúpedos como Apatosaurus.

Mañá outro dinosauro africano!

FONTE: dinosaurpictures.org e es.wikipedia.org    Imaxe: dinosaurpictures.org

PRIMEIRO VÍDEO DUNHA TORMENTA DE VENTO E PO EN MARTE

 

As tormentas de vento e po en Marte son un fenómeno usual do que tiñan constancia os científicos. Con todo, ata o de agora non se puideron filmar. Foi o rover Perseverance, da NASA, o encargado de levar a cabo a primeira película na que se ve a superficie real do Planeta Vermello azoutada por remuíños de po que se elevan no aire.

Un artigo publicado en Science Advances explica todos os fenómenos meteorolóxicos observados polo rover nos primeiros 216 días ou soles marcianos. Os novos achados permiten aos científicos comprender mellor os procesos do po en Marte e contribuír a un corpo de coñecemento que algún día podería axudalos a predicir as famosas tormentas de po marcianas, e que representan unha ameaza para os futuros exploradores humanos e  robóticos.

Perseverance realizou estas observacións coas cámaras do rover e un conxunto de sensores pertencentes ao Mars Environmental Dynamics Analyzer (MEDA), un instrumento científico dirixido polo Centro de  Astrobioloxía de España en colaboración co Instituto Meteorolóxico de Finlandia e o Laboratorio de Propulsión a Reacción da NASA. MEDA inclúe sensores de vento, sensores de luz (que poden detectar remuíños a medida que dispersan a luz solar ao redor do rover) e unha cámara orientada cara ao ceo para capturar imaxes de po e nubes.

Perseverance amarizou no cráter Jezero, o 18 de febreiro de 2021, no Syrtis Major, que no pasado albergou un lago.

DINOSAUROS AFRICANOS IV

Continúo coa serie adicada aos dinosauros africanos, xa que este gran continente ten moitas especies deles.

Se onte falamos do Carcharodontosaurus, hoxe tócalle ao...

4. Afrovenator

Afrovenator abakensis é a única especie coñecida do xénero extinto Afrovenator de dinosauro terópodo  megalosáurido, que viviu a mediados do período Xurásico, hai aproximadamente 167 a 161 millóns de anos, nos períodos Bathoniense e Calloviense, no que hoxe é África.

Foi un predador  bípedo, cunha gran cantidade de dentes agudos na súa boca e tres garras en cada pata dianteira. Xulgando polo único esqueleto coñecido, estímase que a súa lonxitude roldaba os 8 metros de longo, desde o fuciño ata a punta da cola, e tiña un peso de ata 1 tonelada.

Mañá outro dinosauro africano!

FONTE: dinosaurpictures.org e es.wikipedia.org    Imaxe: Franko Fonseca/es.wikipedia.org  e mundopre-historico.blogspot.com

#DígochoEu: Cales son os paus da baralla en galego?

 

Hoxe aprendemos o nome dos paus da baralla española e da inglesa/francesa!

#DígochoEu

#DigochoEu: #ApuntamentoLusófono 44

Dez anos despois de que a RAE eliminase do seu dicionario as definicións pexorativas da palabra "gallego", descubrimos que nos dicionarios portugueses aínda aparece o termo "galego" con significados despectivos. No programa de hoxe, Esther e Rodrigo aprenderon ademais as grandes diferenzas que hai entre galego e portugués a nivel fonético. O galego ten 7 vogais e o portugués ten o dobre!

#DigochoEu

DESCOBREN A PLANTA MÁIS GRANDE DO MUNDO EN AUSTRALIA: MIDE 200 QUILÓMETROS CADRADOS E 4.500 ANOS

Un exemplar de Posidonia Australis / DAVID HARASTI

A planta máis grande do mundo, un organismo mariño duns 200 quilómetros cadrados, (máis de tres veces a illa de Manhattan) foi achada no oeste de Australia por científicos que determinan que ten uns 4.500 anos de antigüidade, segundo un estudo publicado onte.

Os investigadores atopábanse colleitando plantas para un proxecto de restauración cando, a través do uso de ferramentas de estudo xenético, descubriron que os 18.000 marcadores colleitados na Baía Shark pertencían a un único espécime.

"Deixounos pampos", recoñeceu Jane Edgeloe, líder desta investigación publicada na revista científica Proceedings of the Royal Society B, nun comunicado da UWA, onde realiza estudos doutorais.

"Os 200 quilómetros cadrados existentes de praderías mariñas parecen expandirse a partir dunha soa planta colonizadora", apunta Edgeloe.

Esta enorme planta é unha especie da herba mariña Posidonia australis, tamén coñecida como herba bóla de fibra ou herba cinta, común en augas do sur de Australia.

Ata a data, a colonia clonal Pando (Populus tremuloides), no estado de Utah, considerábase o organismo coñecido máis grande do mundo ao conectar a través das raíces 47.000 arboles de álamo xeneticamente idénticos ao longo de 43 hectáreas.

Ademais do seu enorme tamaño, a quilométrica planta descuberta en Australia distínguese doutras herbas da súa mesma familia por ser poliploide, é dicir que ten o dobre de cromosomas que os seus parentes oceánicos, segundo explicou a bióloga Elizabeth Sinclair, experta en evolución da UWA e coautora do estudo.

As plantas poliploides, característica xenética que comparte esta herba mariña coas patacas ou bananas, adoitan residir en lugares con condicións ambientais extremas e a miúdo son estériles, aínda que poden seguir medrando como o fixo este espécime.

"Mesmo sen a floración nin a produción de sementes, parece ser realmente resistente, xa que (esta herba mariña) experimenta unha ampla gama de temperaturas e salinidades, ademais de condicións de luz extremadamente altas, que en conxunto serían tipicamente moi estresantes para a maioría das plantas", precisou Sinclair, na revista científica The Conversation.

A pesar das condicións hostís da Baía de Shark pola abundancia de luz, baixos niveis de nutrientes, grandes fluctuacións de temperatura e alta salinidade, esta planta logrou sobrevivir durante séculos.

Este especimen, que medra ao redor de 35 centímetros ao ano, tería uns 4.500 anos de antigüidade, segundo estima o estudo, no que tamén participan científicos da Universidade de Flinders.

Os científicos sospeitan que a enorme planta, que afrontou temperaturas que varían entre os 17 aos 30 graos e diversos niveis de salinidade, ten un pequeno número de mutacións que a axudan a persistir nas condicións locais, segundo apuntaron en The Conversation.

As praderías mariñas que existen na Baía Shark formáronse en augas pouco profundas mediante a creación e a captura de sedimentos, o que fixo que a auga sexa máis salgada, despois de que se asolagasen as dunas areosas desta zona patrimonial hai máis de 8.500 anos.

FONTE: elmundo.es/ciencia

UNHA MENSAXE DE SABIDURÍA



Cada persoa é unha viaxe, que a viaxe sexa única”, di aos 91 anos o psicólogo Ramón Bayés. E engade: “Que a vida sexa unha viaxe consciente. A vida é procura, a vida é camiño”. Sabias palabras dun home que dedicou toda a súa vida a investigar a alma humana, indagando en cuestións como o paso do tempo, o  afrontamiento da morte, a identidade, a felicidade, o duelo ou a perda.

Ramón Bayés dedicou máis de seis décadas a axudar ás persoas para afrontar a enfermidade, a despedirse da vida con acougo e a soportar as perdas. A finais dos 70 especializouse no campo da Psicoloxía da Saúde, traballando con pacientes de cancro, VIH e unidades de coidados paliativos. É doutor en Filosofía e Letras pola Universidade de Barcelona e diplomado en Psicoloxía Clínica pola mesma universidade. Desde o ano 2002 exerce como profesor emérito na Universidade Autónoma de Barcelona. En 1995 recibiu o ‘Premio Pavlov’ da Sociedade Catalá de Análise e Terapia do Comportamento polo conxunto da súa obra. É autor de máis de 700 publicacións especializadas e de divulgación. Tamén escribiu numerosos libros, entre os que destacan ‘Afrontando a vida, esperando a morte (2006), ‘Vivir: guía para unha xubilación activa’ (2009), ‘O psicólogo que buscaba a serenidade’ (2010), ‘O reloxo emocional: sobre o tempo e a vida (2018) e ‘Unha longa viaxe pola vida (2019).


DINOSAUROS AFRICANOS III

Continúo coa serie adicada aos dinosauros africanos, xa que este gran continente ten moitas especies deles.

Se onte falamos do Spinosaurus, hoxe tócalle ao...

3. Carcharodontosaurus

Carcharodontosaurus é un xénero de dinosauros carnívoros carcharodontosáuridos que existiron durante a etapa cenomaniense da metade do período Cretáceo. Coñécense dúas especies: C. saharicus e C. iguidensis, que están entre os meirandes terápodos, chegando a ter o mesmo tamaño ou aínda maior que o Tyrannosaurus, Giganotosaurus e o Espinosaurus.

Comparación dos terópodos máis grandes, C. saharicus en lila.

As diferentes estimacións de lonxitude e peso da especie  C. saharicus oscilan entre 12 e 13,3 metros de lonxitude e entre as 4,5 e as 8 toneladas de peso. Tiña un dos maiores cranios dos observados ata o de agora en animais terrestres, de aproximadamente 1,6 metros de longo.

Mañá outro dinosauro africano!

FONTE: dinosaurpictures.org e gl.wikipedia.org    Imaxe:bbc.co.uk/nature e es.wikipedia.org