Blogia

vgomez

AS 5 PLANTAS MÁIS INVASORAS DE ESPAÑA III

Continúo coa serie adicada as plantas invasoras no noso país, que representan máis do 35 % das especies reguladas polo Ministerio de Transición Ecolóxica e que poden provocar impactos graves e de maior magnitude que moitas especies animais, ao actuar con ritmo lento e de forma pouco aparatosa, son ignoradas polo groso da sociedade.

3. Bandeira española

O nome vulgar deste arbusto procedente de toda a área tropical de América, “bandeira española” (Lantana camara), vén dado pola cor característica das súas flores. Na súa variedade máis común, as que ocupan o centro da inflorescencia locen unha cor amarela intensa, mentres que as que forman o anel exterior son de cor vermella. Con todo, hoxe atópanse variedades de xardinería con outras cores.

Esta planta resulta moi apreciada en xardinería pola facilidade coa que se cultiva e o rechamante das súas inflorescencias. Esa facilidade para o seu cultivo é o que a converte nunha invasora poderosa. Ademais de colonizar zonas perturbadas e espazos abertos, consegue penetrar nas marxes dos bosques e desprazar ás especies nativas que alí se desenvolven.

A través das raíces emite substancias alelopáticas, que son toxinas que se difunden polo chan e que inhiben o crecemento doutras plantas. É velenosa para o gando, sobre todo para cabalos e asnos, e reportáronse casos de intoxicacións mortais en nenos ao consumir accidentalmente os seus froitos.

A pesar de que esta especie non aparece recollida no catálogo español de especies exóticas invasoras, é considerada pola UICN como unha das 100 especies invasoras máis perigosas do mundo.

Mañá a segunda planta invasora!

FONTE: Vary (Álvaro Bayón)/muyinteresante.es

ENERXÍA ESCURA

 

En cosmoloxía física, a enerxía escura é unha forma de enerxía​ que estaría presente en todo o espazo, producindo unha presión que tende a acelerar a expansión do universo, resultando nunha forza  gravitacional  repulsiva.​ Considerar a existencia da enerxía escura é a maneira máis frecuente de explicar as observacións recentes de que o universo parece estar en expansión acelerada desde hai uns 6.000 millóns de anos. A causa sería que a densidade da materia seguiu diminuíndo, mentres que a enerxía escura permaneceu constante. No modelo estándar da cosmoloxía, a enerxía escura achega practicamente o 68 % da masa-enerxía total do universo.

No vídeo superior tedes unha explicación sinxela do que este tipo de enrexía.

#DígochoEu: Cal é a orixe da gheada?

 

Como e por que se comezou a utilizar a gheada? Pois hai varias teorías sobre a súa orixe. Toma nota!

#DígochoEu

AS 5 PLANTAS MÁIS INVASORAS DE ESPAÑA II

Continúo coa serie adicada as plantas invasoras no noso país, que representan máis do 35 % das especies reguladas polo Ministerio de Transición Ecolóxica e que poden provocar impactos graves e de maior magnitude que moitas especies animais, ao actuar con ritmo lento e de forma pouco aparatosa, son ignoradas polo groso da sociedade.

2. Rabogato

Orixinaria do nordeste de África, o rabogato (Pennisetum setaceum) atopou o seu lugar óptimo de invasión no arquipélago canario.

Actualmente está presente en todas as illas, aínda que nalgunhas conseguiuse erradicar case por completo.

Dispérsase facilmente polas marxes das estradas, aproveitando as correntes de aire que xera o paso de vehículos. En Canarias, esta especie compite fortemente coa vexetación nativa, ata chegar a desprazala.

Isto pode ser realmente problemático en ecosistemas insulares, onde existen moitos  endemismos e unha elevada sensibilidade ás perturbacións.

Actualmente atópase tamén nalgunhas localidades da costa mediterránea (Almería, Granada e Málaga) e na costa atlántica (Cádiz).

A prevención volve ser prioridade contra esta especie. A eliminación manual debe realizarse cando a planta non está en floración, e repetirse varias veces ao ano para que sexa efectiva, e eliminar os xuvenís que vaian  germinando tras as primeiras pasadas.

Mañá a terceira planta invasora!

FONTE: Vary (Álvaro Bayón)/muyinteresante.es e juntadeandalucia.es/agriculturaypesca

ACTITUDE E PERSEVERANZA: DÚAS CLAVES PARA IR SEMPRE ADIANTE


Un inesperado e fatídico accidente cambiou a súa vida para sempre. Tiña 18 anos cando participaba na Copa de Europa de 1985, como integrante do equipo español de esquí alpino. Nunha baixada en pista, un xuíz de competición cruzou a liña de meta xusto no momento no que el chegaba. O impacto entre ambos foi devastador. O resultado para Albert Llovera foron dous  vértebras dorsais rotas. E en diante, unha vida en cadeira de rodas aprendendo a convivir coa discapacidade. A pesar diso, este home positivo e optimista soubo demostrar que o seu afán de superación pode bater calquera obstáculo. “Un debe loitar en por si e polo que quere, acompañado dos seus seres queridos, porque estar nesta vida xa é un milagre”, afirma. Lonxe de afundirse, lanzouse ao mundo do automobilismo para competir en categorías profesionais con coches adaptados. Para obter a súa licenza, insistiu durante dous anos sen parar no empeño, ata que o conseguiu. Na súa primeira competición, subiu ao podio como gañador.

A día de hoxe, Albert Llovera participou en sete campionatos mundiais do Dakar, a competición máis dura e esixente do automobilismo mundial. Tamén participou en numerosas ocasións no Campionato de España de Rallys de Terra, no Intercontinental Rally Challenge e no Campionato Mundial de Rallys. O seu espírito de loita e superación conduciulno a ser o único piloto do mundo con discapacidade que, conducindo única e exclusivamente coas mans, subiu ao podio como gañador xunto a pilotos sen ningún tipo de minusvalía. A súa mensaxe é claro: “Son un tipo con sorte. A sorte ás veces vén buscarte, pero tamén hai que pelexala”. No ano 2005 estreouse un documental chamado "As ás do fénix", que relata o seu espírito de loita tras o seu accidente, e en 2011 publicou a súa autobiografía, baixo o título ‘Non limits’.

AS 5 PLANTAS MÁIS INVASORAS DE ESPAÑA

AS 5 PLANTAS MÁIS INVASORAS DE ESPAÑA

Os medios de comunicación adoitan enfocarse nos animais cando tratan sobre especies invasoras. As plantas apenas ocupan unha de cada dez noticias sobre o tema, a pesar de que representan máis do 35 % das especies reguladas polo Ministerio de Transición Ecolóxica.

As plantas invasoras son as grandes esquecidas que, aínda que poden provocar impactos graves e de maior magnitude que moitas especies animais, ao actuar con ritmo lento e de forma pouco aparatosa, son ignoradas polo groso da sociedade.

Imos ver cales son as 5 plantas máis invasoras que hai no noso país. Comezamos!

1. Plumeiro da Pampa




O plumeiro da Pampa (Cortaderia selloana), tamén coñecida como cortadeira ou carrizo da Pampa, é unha  herbácea procedente de Arxentina que se comezou a plantar como especie ornamental, polo atractivo das súas inflorescencias en forma de plumeiro branco brillante. Nas súas follas presenta unhas diminutas agullas de sílice que a protexe do ataque dos herbívoros. Se se manexa coas mans espidas, pode provocar cortes na pel.

É amante dos chans con gran cantidade de nutrientes, como os bordos de camiños e estradas e as ribeiras dos ríos. Neste tipo de ambiente atopa ademais a gran vantaxe do movemento de persoas, animais, vehículos ou da auga, que xeran correntes de aire que arrastran as sementes a quilómetros de distancia. Unha vez aséntase, forma macollas (conxunto de talos, flores ou espigas que nacen do mesmo pé dunha planta) densas e perennes.

Pode chegar a invadir noiros, ribeiras, dunas e colas de esteiros.

É unha planta difícil de erradicar. Unha vez cortada a parte aérea con motoserra, é necesario arrincar as raíces para evitar o rebrote. A eliminación manual das macollas debe realizarse con equipos de protección individual que protexan mans, cara e ollos.

Esta operación debe realizarse antes da floración, pois pola contra, remover a planta podería provocar, mediante as sacudidas, que as sementes se desprendan e libérense ao vento.

Mañá a segunda planta invasora!

FONTE: Vary (Álvaro Bayón)/muyinteresante.es e gl.wikipedia.org

DígochoEu: Vai de Peixe! Nomes de peixes e mariscos curiosos

 

Hoxe falamos de nomes de peixes e mariscos curiosos! Coñecíalos?

#DígochoEu

BOLBORETAS XVII (FIN)

Remato coa galería das bolboretas máis fascinantes e bonitas do mundo. As bolboreta, eses insectos lepidópteros fáciles de observar no campo.

16. Bolboreta verde

A bolboreta verde (Papilio palinurus), chamada tamén o pavo real esmeralda, é unha bolboreta nativa de illas do sueste asiático como Borneo ou Sumatra. O seu corpo mostra un fondo negro no que destacan unhas franxas de cor verde iridiscente. A súa espectacular coloración non se debe a pigmentos, senón á composición estrutural das súas ás e a como refractan a luz solar. A súa envergadura adoita alcanzar os 8-10 centímetros.

FONTE: muyinteresante.es/naturaleza      Imaxe: Gerd W. Zinke/commons.wikimedia.org