Blogia

vgomez

PRESUMINDO: OS MUIÑOS DO FOLÓN E DO PICÓN

 

Os muíños do  Folón e do  Picón están declarados pola Xunta de Galicia como ben de interese cultural por ser parte do patrimonio etnográfico da noas comarca do Baixo Miño. Son un total de 60 muíños de fervenza e atopámolos dentro do concello do Rosal, na ladeira do monte Campo do Couto desde onde podemos observar tanto o val do Rosal como a desembocadura do río Miño, así como o monte de Santa Trega.

Reciben estes muíños o nome de O Folón e O Picón xustamente por discorrer polos río do mesmo nome, sendo os de  Folón 36 construcións e 24 os de  Picón.

Datan dos séculos XVIII e XIX aínda que os máis antigos son os número 11 e 17, datados respectivamente en 1702 e en 1715 ano de 1702

A maioría deles teñen unha estrutura de dúas plantas, na inferior chamada sarteio pódese ver aínda a maquinaria na que actúa a forza da auga; no termiñado ou planta superior é onde se atopan as moas de moer o gran comunmente feitas de pedra.

#DígochoEu: Como se di *pernocta?

 

Como nos podemos referir en galego ao número de *pernoctas nun hotel? Esther Estévez resólvenos a dúbida!

#DígochoEu

ENCRUCILLADO CI

VERTICAIS: 1. Título da obra poética, publicada en 1934, de Florencio Delgado Gurriarán, a quen se lle adica este ano o Día das Letras Galegas 2. Planta ornamental da familia das xeraniáceas, da que existen distintas especies, con flores brancas, vermellas ou rosas, moi cultivada en xardíns e balcóns 3. Peixe da familia dos clupeidos, duns quince centímetros e cor azulada no lombo e prateada no ventre, que ten as escamas da zona ventral dispostas a modo de quilla e de nome científico Sprattus sprattus 5. País no que se atopa o monte Kilimanjaro, o punto máis alto de África, con 5.895 m. 7. Abertura longa e estreita que se fai nun terreo para levantar un valado, pór os cimentos, conducir a auga etc. 8. Nome da maior lúa de Saturno e a segunda maior de todo o Sistema Solar, despois de Ganímedes (lúa de Xúpiter) 10. concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca da Mariña Occidental, a media distancia entre Viveiro e Ribadeo.

HORIZONTAIS: 4. Parte reprodutora masculina da flor  6. Territorio separatista de Moldavia situado principalmente entre o río Dnister e a fronteira oriental da República de Moldavia con Ucraína, que ten por capital Tiráspol 9. Nome do maior lago de América do Sur, situandose a 3.821 m por enriba do nivel do mar, é o lago máis alto comercialmente navegable do mundo.

BOLBORETAS III

Continúo coa galería das bolboretas máis fascinantes e bonitas do mundo. As bolboreta, eses insectos lepidópteros fáciles de observar no campo.

2. Bolboreta transparente

A imaxe da bolboreta transparente (Greta oto) fala por si mesma. Esta especie pertence á familia Nymphalidae e é orixinaria de América Central, podéndose atopar en Ecuador, Paraguay, Colombia, Bolivia, Perú e Venezuela.

Esta bolboreta de ás transparentes é popularmente chamada «bolboreta dos espellos». Presenta uns comportamentos especiais como longas migracións (de México a Panamá) e lek (agrupación de machos que competirían polo apareamento con femias).

A súa envergadura oscila entre 5,5 e 6 cm. O tecido entre as veas das súas ás parece de vidro ao carecer de escalas de cor.​ O bordo das súas ás é de cor marrón escura, ás veces tinguidas de vermellos ou laranxa e o seu corpo de cor escura.

FONTE: muyinteresante.es/naturaleza  e  es.wikipedias.org    Imaxe: Eddy Van 3000, wikimedia/muyinteresante.es

#DígochoEu: A creación audiovisual (Concurso)

 

Esther Estévez estivo nunha rodaxe do IES Virxe do Mar para aprendermos vocabulario relacionado coa creación audiovisual!

#DígochoEu

UN CANTO AGRADECIDO Á VIDA

 

Soledad Bravo é a voz viva que tende pontes entre España e Latinoamérica. Rioxana de nacemento e venezolana de adopción, a súa traxectoria vital e musical está intimamente relacionada coa historia das últimas décadas. "O meu pasado é meu e perténceme. Forma parte do meu sangue, do meu ADN e da miña maneira de ver a vida", reflexiona a cantante e compositora. 

Filla dun mestre que lle fixo amar a poesía, pronto atopou na música, a linguaxe para comunicarse. Desde os seus inicios, vinculados ao folclore e a canción reivindicativa, a súa extraordinaria voz e a súa guitarra deron corpo a palabras de poetas como León Felipe, Rafael Alberti ou Mario Benedetti, e a grandes compositores e cantautores latinoamericanos, como Pablo Milanés e Silvio Rodríguez. 

«Cheos de tantas falsas palabras como andamos, entre ofertas e slogans e ritmos traizoeiros, por amor á miña fe e á vida que vén, canto á poesía dos meus compañeiros», entoa a artista.

Con máis de catro décadas de traxectoria e 30 álbums publicados, eloxiados por público e crítica, Soledad Bravo é o estandarte da nova canción latinoamericana, cun amplo rexistro musical que vai desde o cancioneiro popular aos cantos sefardís, pasando por boleros, rancheiras e mesmo canción urbana contemporánea.

BOLBORETAS II

Comezo, como dixemos onte, cunha galería das bolboretas máis fascinantes e bonitas do mundo. As bolboreta, eses insectos lepidópteros fáciles de observar no campo.

1. Bolboreta monarca

É, sen dúbida, a raíña. A bolboreta monarca (Danaus plexippus), orixinaria do centro e o norte de América, desde o século  XIX foi introducida en Nova Zelandia e en Australia.​ No Atlántico é residente nas Illas Canarias, Azores, Madeira e Andalucía, e atópase como unha ocasional migrante en Europa Occidental. É coñecida polo seu gran tamaño e polas súas espectaculares migracións, das máis longas descritas no mundo dos insectos.

As súas ás son de cor laranxa con liñas negras e é facilmente reconocible. A xeración de outono posúe unha gran resistencia e a lonxevidade de ata nove meses, mentres que outras xeracións poden vivir ata 24 días. Grazas a estas características pode viaxar ata 4.000 quilómetros desde Canadá e o norte de Estados Unidos ata os bosques de oyamel (Abies religiosa) no centro de México e de regreso.

 Ten unha envergadura de entre 8,9 e 10,2 cm.​ A femia ten veas negras, grosas nas súas ás;​ as do macho, ademais de ser máis delgadas teñen unha mancha escura no centro dunha vea de cada á posterior; é unha  glándula que produce feromonas,​ e ademais, é lixeiramente máis grande. Os adultos pesan ao redor de medio gramo.

En xeral a bolboreta monarca vive 4 días como ovo, 2 semanas como eiruga, 10 días como crisálide e de 2 a 6 semanas como adulto ou imago. Reprodúcese principalmente en zonas abertas, pasteiros, campos de cultivo, etc., onde medran as asclepias (ou algodoeiros) que necesita para o desenvolvemento da larva.

FONTE: muyinteresante.es/naturaleza  e  es.wikipedias.org    Imaxe:Derek Ramsey e Cyanocorax/es.wikipedia.org

#DígochoEu: Non digas durmir coma un *lirón

 

En galego non durmimos coma *liróns! Esther Estévez cóntanos como é a expresión correcta.

#DígochoEu