Blogia

vgomez

ESPECIES ENDÉMICAS DE ANIMAIS DE ESPAÑA IV

Continúo coa serie adicada as especies endémicas de animais de España. A maioría delas están en risco, e merece a pena coñecelas para poder protexelas mellor.

4. TRITÓN ALPINO ESPAÑOL

Este tritón non é un réptil senón un anfibio, parente das ras, aínda que neste caso é urodelo comoa as pintegas. A pesar diso o seu nome (Ichthyosaura alpestris) significa lagarto de auga, porque a súa forma lembra á dos réptiles. É un animal duns 10 centímetros que se atopa en arroios de montaña do norte de España, onde se alimentan pequenos cangrexos, miñocas, vermes de auga e, ás veces, de pequenos vertebrados.

Mañá, outra especie endémica animal de España!

FONTE: Idea orixinal Amina Jover/quo.eldiario.es/ciencia

#DígochoEu: É correcto dicir... non cho podes permitir?

 

Moito ollo con traducir frases literalmente do castelán! Non sempre é posible! O verbo permitir non se pode usar de calquera maneira. Esther Estévez acláranolo!

#DígochoEu

ESPECIES ENDÉMICAS DE ANIMAIS DE ESPAÑA III

Continúo coa serie adicada as especies endémicas de animais de España. A maioría delas están en risco, e merece a pena coñecelas para poder protexelas mellor.

 
3. CABRA MONTESA

A cabra montesa (Capra pirenaica) atópase nas zonas montañosas do Sueste español, onde atopa rochas inaccesibles onde protexerse dos seus depredaores. É capaz de rubir alí onde non chega ninguén máis, e aliméntase de todo tipo de herbas, incluíndo as ramas madeireiras dos arbustos. Está en perigo pola caza.

É unha especie con forte dimorfismo sexual, do mesmo xeito que moitos outros bóvidos. As femias miden uns 1,20 metros de longo e 60 cm de altura na cruz, pesando entre 30 e 45 quilos de peso. Teñen cornos bastante curtos e parécense bastante a unha cabra doméstica. Os machos, en cambio, poden chegar aos 148 centímetros de longo e ter unha altura de 77 centímetros na cruz, acadando un peso máximo de 110 quilos. Os cornos dos machos son notablemente grosos e poden chegar a ser o triplo de longos que os das femias. Están máis separados entre si cós cornos doutras especies do xénero Capra. Os machos adultos teñen tamén unha cara máis alongada e a típica barba de chivo escura baixo a mandíbula.

Mañá, outra especie endémica animal de España!

FONTE: Idea orixinal Amina Jover/quo.eldiario.es/ciencia e es.wikipedia.org   Imaxe: RaMaOrli

O INVENTO DO RETROVISOR DOS AUTOMÓBILES

Dorothy Levitt e o automobil Gladiator de 12 hp que conduciu en 1903 en varias probas de resistencia / es.wikipedia.org

Dorothy Elizabeth Levitt (Hackney, Londres; 5 de xaneiro de 1882 – Marylebone, Londres; 18 de maio de 1922) foi unha pioneira do automobilismo feminino e a primeira muller en gañar unha carreira de coches en 1903. Unha das súas vantaxes competitivas baseábase en utilizar o espello dunha polveira de prata para ver a que distancia seguíanlle os seus rivais.

Os espellos retrovisores non se inventaran aínda, o que obrigaba a virar a cabeza para comprobar o tráfico traseiro. Hoxe soa arriscado, pero a principios do século XX as posibilidades de que un automóbil te adiantara eran case inexistentes debido ás poucas unidades que había.

Outra cousa era o mundo da competición. Aí o risco era maior e controlar aos adversarios que se achegaban pola retagarda terminaba sendo unha das claves para determinar unha ou outra estratexia en carreira.

Os coches do momento eran rudimentarios e inseguros e biplazas. O ter dous asentos permitía levar un copiloto-mecánico capaz de reparar as avarías sobre a marcha e, de paso, vixiar se se achegaba un adversario.

Levitt, con todo, corría soa. Estudouse a fondo os segredos a competición e do coche que conducía, un DDion-Bouton. O automóbil estaba realizado por un antigo fabricante francés de coches que viu en Levitt a oportunidade de chamar a atención do mercado poñendo a unha muller ao volante dun dos seus automóbiles de carreiras. E foi esta desvantaxe competitiva de Levitt, a de non contar cun copiloto, a que determinou que agudizase o seu enxeño e recorrese á súa polveira para controlar aos seus seguidores. Por certo,  polveira que lle regalou Camille du Gast, unha corredora francesa.

A misión da figura do copiloto-mecánico en carreira durou pouco. En 1910, para alixeirar o peso dos vehículos, os coches de competición pasaron a ser monoplazas. Os pilotos xa non contaban coa inestimable axuda do seu mecánico para avisarlle da posición dos seus competidores. Naceu o espello retrovisor tal como coñecémolo hoxe, aínda que vibraba tanto que case non se vían as imaxes que nel reflectíanse.

Aos poucos os retrovisores fóronse mellorando e sofisticando, con escurecimento progresivo do cristal, diferentes posicións… Ultimamente, en lugar de espellos son pantallas que recollen as imaxes do que vai pasando polos laterais do coche, como ocorre no Audi e-Tron, o Fonda e e o Hyundai Tucson. Pero todos eles teñen a súa orixe na habilidade dunha muller para poder gañar grazas á súa polveira de prata.

FONTE: Mata García Fernández/quo.eldiario.es e es.wikipedia.org

SOLUCIÓN ENCRUCILLADO XCVIII

VERTICAIS: 1. Protozoos 2. Teixidelo 3. Seúl 6. Abeleira.

HORIZONTAIS: 4. Lugrís 5. Lambecricas 7. Agulla 8. Malvinas 9. Grivna 10. Graña.

Maís cultura xeral!

CAMBIO DE HORA: HORARIO DE VERÁN

Na madrugada de hoxe, sabado 26 de marzo, ao domingo, 27 de marzo, producirase o cambio de hora para entrar no horario de verán.

Ás 2:00 adiantaremos os reloxos ata as 3:00, polo que teremos unha hora menos para durmir.

A modificación horaria de primavera aplícase en todos os países da Unión Europea (UE), coa intención de axustar a xornada laboral ás horas de luz natural. A partir de hoxe, amencerá e anoitecerá máis tarde, ata outono. 

ESPECIES ENDÉMICAS DE ANIMAIS DE ESPAÑA II

Continúo coa serie adicada as especies endémicas de animais de España. A maioría delas están en risco, e merece a pena coñecelas para poder protexelas mellor.

2. LOBO IBÉRICO 

O lobo ibérico (Canis lupus signatus) tamén é unha especie que se atopa gravemente ameazada. Se antes estendíase por toda a península ibérica, hoxe a caza indiscriminada por parte dos gandeiros reduciu o seu hábitat ao norte do Douro. Son lobos de tamaño mediano, que se alimentan principalmente corzos e cervos, e en ocasións xabarís.

O seu tamaño é medio, algo máis pequeno que outros lobos europeos. De longo miden dende 130 ata 180 cm os machos, e dende 130 ata 160 cm as femias. A altura de cruz pode chegar aos 70 cm. Os machos adultos pesan xeralmente entre 30 e 40 kg, e as femias pesan de 20 a 35 kg. Presentan testa grande e maciza, orellas triangulares relativamente pequenas e ollos oblicuos de cor amarelenta. O fociño presenta unhas manchas brancas nos belfos denominadas bigoteiras. A súa pelaxe é heteroxénea, de tal xeito que se describen unhas franxas lonxitudinais escuras ou negras cubrindo a parte anterior das súas dúas patas dianteiras, unha mancha escura ao longo da cola, e outra mancha escura ao redor da cruz á que se lle coñece como cadeira de montar.

O conxunto destas marcas ou manchas escuras, son as que lle deron o nome "signatus" a esta subespecie de lobo, posto que "signatus" (en latín) significa "signado" ou "marcado".

Mañá, outra especie endémica animal de España!

FONTE: Idea orixinal Amina Jover/quo.eldiario.es/ciencia e es.wikipedia.org

ENCRUCILLADO XCVIII

VERTICAIS: 1. Organismos unicelulares eucariotas, en xeral microscópicos, que poden vivir na auga ou na terra, algúns deles parasitos, e que pertencen ao reino dos protistas 2. Nome da praia singular, por ser unha das poucas praias de area negra non  volcánica do mundo, que se atopa no concello de Cedeira (A Coruña) 3. Capital de Corea do Sur 6. Arbusto da familia das betuláceas, de tres a oito metros de altura, con moitas pólas, follas anchas e cordiformes e madeira dura, que dá como froito a abelá e ten por nome científico Corylus avellana.

HORIZONTAIS: 4. Apelido do pintor galego (A Coruña, 1908 ​-Vigo, 1973), tamén coñecido conocido polo seudónimo Ulises Fingal 5. Persoa que adula a outra para conseguir un favor 7. Peixe mariño da superorde dos teleósteos, de ata noventa centímetros de lonxitude, corpo alongado e algo comprimido, mandíbulas afiadas e provistas de dentes aguzados, cor azul verdosa no lombo e prateada no ventre e espiñas e escamas verdes. 8. Illas situadas no Mar Arxentino a unos 600 km, aproximadamente, da costa patagónica, cunha superficie de 11.718 km2 e que en 1982 desatou un conflicto armado entre Arxentina e Reino Unido disputando a súa soberanía 9. Moeda de curso lega en Ucraína 10. Apelido do escritor galego (Cangas do Morrazo-Pontevedra, 1932), autor do libro de narrativa xuvenil O gaiteiro e o Rato Pérez, co que gañou o premio Merlín en 1994.