Blogia

vgomez

ENCRUCILLADO CXVII

VERTICAIS: 1. Actividade, acción encamiñada cara a un determinado fin 2. Apelido do escritor ourensán, membro da xeración Nós, autor do relato O lobo da xente, publicado en 1925 na revista-editorial Lar 4. Parte da medicina que se ocupa do estudo da pel e das súas enfermidades 6. Disposición do espírito que leva a actuar ou a acometer calquera empresa sen temor aos perigos ou dificultades.

HORIZONTAIS: 3. Capital e cidade máis grande de Belarús 5. Superficie plana ou levemente inclinada, orixinada pola erosión dunha rexión montañosa 7. Elemento químico do grupo dos gases nobres, que se encontra no aire en pequenas cantidades e cuxo símbolo é Xe 8. Trompeta mourisca, recta e moi longa 9. Tira de tecido longa e estreita que serve para atar, prender ou adornar algunha cousa 10. Apelido do compositor galego, que puxo música ao Himno de Galicia.

SABÍAS QUE... A SERPE MÁIS GRANDE

A anaconda común (Eunectes murinus) rivaliza co pitón reticulado (Python reticulatus) polo título de serpe máis grande.

Anaconda verde (Eunectes murinus) e Pitón reticulado (Python reticulatus)

A anaconda verde (Eunectes murinus) é unha serpe constritora da especie das boas. Cunha lonxitude que nas femias pode superar os sete metros de lonxitude, e un grosor que pode acadar os trinta centímetros, este animal pode chegar a pesar ata douscentos cincuenta quilogramos. Cunha alimentación estritamente carnívora, pode chegar a engulir caimáns de talle medio, capibaras adultas (o roedor máis grande que existe, con ata sesenta quilos de peso), felinos etc. Habita á beira das augas ou mergullada en ríos e lagos, primordialmente nas cuncas do Amazonas e do Orinoco, pois ten unha grande habilidade natatoria. Animal ovovivíparo ten niñadas de 20 ou 40 exemplares que nacen en febreiro ou marzo.

O pitón reticulado (Python reticulatus) é unha cobra pertencente á familia Pythonidae, propia do Sueste asiático e a Wallacea. Hai estudos xenéticos que afirman que o xénero Python é parafilético e que esta especie debe pertencer a un xénero novo, Malayopython. É a cobra cos exemplares de máis lonxitude que se coñecen, podendo exceder algúns os 8 m e 135 kg de peso, pero en catividade raramente superan os 6,5 metros.

Existe un debate aínda sobre cal é a meirande. Algúns están a favor da pitón e outros da anaconda. A anaconda é a serpe máis pesada; porén, os exemplares máis longos atopados foron de pitón reticulado.

FONTE: gl.wikipedia.org              Imaxes: gl.wikipedia.org


CANTO SABES SOBRE PORTUGAL? V

Continúo coa serie CANTO SABES SOBRE PORTUGAL, onde poñemos a proba os teus coñecementos sobre o país veciño e os seus habitantes.

A contestación correcta á pregunta de onte, que era moi fácil, é Arquipélagos das Azores e de Madeira. O primeiro, está formado por nove illas divididas en tres grupos: O oriental, de San Miguel e Santa María. O central, de Terceira, Graciosa, San Jorge, Pico e Fayal. O occidental, de Flores e Corvo. O segundo, consta de dúas illas habitadas, Madeira e Porto Santo, tres illas menores non habitadas, chamadas colectivamente Illas Desertas, e as Illas Salvaxes. Ámbolos dous son rexións autónomas portuguesas.

E imos coa pregunta de hoxe!

5. Cal é a forma de goberno de Potugal?

- Monarquía Parlamentaria

- República Parlamentaria

- República Semipresidencialista

- República Presidencialista

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal flooxernow.com e gl.wikipedia.org 

O BILLETE QUE ARDE... E NON SE QUEIMA!

Este divertido experimento ilustra o proceso de combustión e a inflamabilidade de alcohol.

Que necesitas?

- 1 vaso con auga

- 1 vaso con etanol (alcohol de farmacia)

- 1 vaso baleiro para facer a mestura

- 3 anacos de papel do tamaño dun billete

- 1 billete de 5 € (non vaia a ser…)

- Un chisco de sal

- Unhas pinzas de cociña (ou de laboratorio se es máis ‘pro’, a finalidade é non queimarse ao acender o billete)

- Acendedor
   
Pasos a seguir:

Coa axuda das pinzas, colle un anaco de papel e introdúceo primeiro no vaso de auga. Colle o chisqueiro e tenta prenderlle lume. Como verás, non hai combustión. Iso débese a que a auga impide que o papel chegue á temperatura de ignición necesaria para arder. Pero, que ocorre se engadimos unha substancia inflamable ao xogo?

Repite o paso anterior introducindo o papel primeiro no vaso de auga e logo no do alcohol (coas pinzas eh!, que nos coñecemos). Ao prenderlle lume verás que esta vez si arde. O primeiro que prende é o etanol (ignición a 78º C) que é inflamable. A auga é o que se encarga de ‘protexer’ ao papel (impide que chegue a unha temperatura superior a 100º C e saia ardendo).

Para darlle máis emoción ao asunto, utiliza agora o vaso baleiro e o billete de 5 €. Fai unha mestura ao 50% de auga e alcol e engádelle un chisco de sal (para que a labarada sexa máis laranxa e máis vistosa). Impregna o papel dese líquido, cólleo coas pinzas e lume! O billete debería arder ata que se consuma o alcol e despois quedar intacto.

Explicación:

A mestura que preparamos fai que a auga se evapore a medida que o alcohol se queima, polo que nunca chega a arder. Isto é grazas ao gran poder de enfriamento que ten a auga ao evaporarse, facendo que o billete non alcance a temperatura suficiente para queimarse.

Iso si, coidadiño! E se eres un nen@ coa presenza dun adulto!

FONTE: quo.eldiario.es/ciencia

CANTO SABES SOBRE PORTUGAL? IV

Continúo coa serie CANTO SABES SOBRE PORTUGAL, onde poñemos a proba os teus coñecementos sobre o país veciño e os seus habitantes.

A contestación correcta á pregunta de onte, que era moi fácil, é 10 millóns. Segundo os datos do ine.pt, Potugal en 2021 tiña 10.344.802 habitantes.

E imos coa pregunta de hoxe!

4. Portugal é un país transcontinental, é dicir que está fotmado pola maior parte do seu territorio no continente e parte fóra del, concretamente...

- Arquipélagos das Azores

- Arquipélagos das Azores e de Madeira

- Arquipélagos das Azores, de Madeira e Cabo Verde

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal flooxernow.com e gl.wikipedia.org          Imaxe: gl.wikipedia.org

#DígochoEu: A que nos referimos con flocos de millo?

 

Cantas dúbidas hai sempre no TikTok do #DígochoEu! Hoxe explicamos a que nos referimos cando falamos de flocos de millo.

SABÍAS QUE... O REPTIL MÁIS PEQUENO

Crese que o réptil máis pequeno é o mini camaleón de Madagascar (Brookesia micra), que case non chega aos 3 centímetros (29 mm) na súa forma adulta.

Brookesia micra é un camaleón do xénero Brookesia. É endémico da illa Nosy Hara (norte de Madagascar). Os machos desta epecie acadan unha lonxitude fuciño-cloaca máxima de 16 mm, e a lonxitude total do corpo de ambos os sexos é menos de 30 mm, o que lle converte nun dos vertebrados amniotas máis pequenos de todo o mundo. As femias son significativamente máis grandes que os machos, case o dobre. Isto débese a que teñen que desenvolver e poñer os ovos. O seu tamaño é consecuencia do seu hábitat, debido ao efecto do  enanismo insular (proceso evolutivo que tenden a sufrir as especies animais en contornas pechadas de pequeno tamaño, como as illas, e polo que tenden a desenvolver unha diminución de tamaño para se adaptar á limitación de recursos). Este camaleón é de cor marrón e verde. Normalmente atópanse entre a follaxe durante o día, e soben a ramas ata 10 cm de altura pola noite para durmir.

Brookesia micra foi descuberto e nomeado por un equipo de investigadores dirixidos polo herpetólogo alemán Frank Glaw da Zoologische Staatssammlung München.

FONTE: es.wikipedia.org                 Imaxe: muyinteresante.es/naturaleza/fotos

ATOPAN COMPOSTOS ORGÁNICOS EN CERES

Imaxe da cadea montañosa dentro do cráter Urvara, en Ceres. No seu flanco sur (esquerda) pódese atopar un material brillante en forma de manchas brancas que foi identificado como depósitos de sal / NASA/JPL-Caltech/UCLA/MPS/DLR/IDA.

Un cráter situado no planeta anano Ceres, o corpo máis grande do cinto de asteroides, presenta estrañas manchas brancas: os astrónomos sosteñen que se trata de depósitos de sal e materia orgánica. A presenza destes compostos reforza a posibilidade de que Ceres estea atravesado por un océano subterráneo, parte do cal aínda podería estar líquido.

Unha investigación liderada polo Instituto Max Planck para a Investigación do Sistema Solar (MPS), en Alemaña, logrou determinar a presenza de sal e material orgánico na rexión do cráter Urvara, no planeta anano Ceres. O descubrimento foi posible grazas a unha análise detallada de imaxes obtidas na última fase da misión Dawn da NASA, que revelan estruturas xeolóxicas de só uns poucos metros de tamaño.

Ceres é considerado como o obxecto astronómico máis grande do cinto de asteroides, unha zona do Sistema Solar que se atopa entre as órbitas de Marte e Xúpiter. O planetoide posúe un diámetro de aproximadamente 945 quilómetros, en tanto que a súa superficie presenta numerosos cráteres e crese que estivo xeológicamente activo, polo menos unha vez e moitos millóns de anos despois da súa formación.

Segundo unha nota de prensa, do mesmo xeito que se determinou previamente no cráter Occator, a área do cráter Urvara en Ceres pode ser escenario de actividade criovolcánica. Un criovolcán é un volcán extraterrestre dominado por xeo e auga. Máis aló das baixas temperaturas e dos materiais que expulsan, os criovolcáns son estruturas moi similares aos volcáns de rocha derretida que se poden atopar na Terra.

Con todo, o máis transcendente é a presenza de materiais orgánicos: previamente, os investigadores acharan evidencias de compostos orgánicos expostos en forma de grandes puntos brancos, no cráter Ernutet. Isto indica que Ceres é escenario dunha química moi complexa. Agora, os investigadores centraron a súa atención no cráter Urvara, localizado no hemisferio sur do planeta anano e que presenta un diámetro de 170 quilómetros.

Nesa rexión, os especialistas identificaron exposicións concentradas a escala dun metro de material brillante, manchas brancas que corresponden a sales e material orgánico ao longo da crista central superior do cráter. Ao parecer, os sales orixínanse a grandes profundidades, posiblemente como parte dun reservorio de sal ou salmoira asentado no corazón de Ceres. A materia orgánica descuberta na área do cráter Urvara difire notablemente da achada previamente na rexión do cráter Ernutet.

Unha posibilidade analizada polos científicos é que o impacto que formou o cráter Urvara podería transportar sales desde o interior do planeta anano á superficie. Con todo, non está claro aínda se a salmoira chegou á superficie ou se simplemente acumulouse xusto debaixo. Ademais, os científicos destacaron que existen evidencias de actividade xeolóxica na zona en distintas etapas históricas, algunhas das cales poderían ser relativamente recentes.

O novo estudo, publicado recentemente na revista Nature Communications, apoia a idea de que un océano salino global estendíase debaixo da cortiza de Ceres, parte do cal aínda pode ser líquido na actualidade. Os investigadores sosteñen que o planeta anano é e foi un mundo xeológicamente activo mesmo en épocas recentes, con sales e material rico en materia orgánica xogando un papel importante na súa evolución.

Estas capas salinas, dispostas en varios niveis de profundidade, estarían relacionadas cun océano subterráneo anterior que tamén contiña compostos orgánicos, segundo os científicos. A pesar da gran distancia de Ceres ao Sol, os sales disoltos farían posible que esta salmoira aínda poida sobrevivir na actualidade, en forma de grandes depósitos líquidos a profundidades aproximadas duns 40 quilómetros. 

FONTE: Pablo Javier Piacente/farodevigo.es