Blogia

vgomez

CASTROS DE GALICIA X

 

Continúo coa serie OS CASTROS DE GALICIA. Hoxe tócalle ao castro de Borneiro.

O castro de Borneiro ou da Cibdá é un castro datado a finais da Idade de Bronce, pertencente á coñecida como Cultura castrexa. Sitúase na parroquia de Borneiro (Cabana de Bergantiños-A Coruña).

Foi o primeiro castro en ser datado cientificamente co método do carbono-14 en Galicia. Estivo habitado entre os séculos VI a.C. e o I d.C., pero non se observaron sinais de romanización. A súa localización é un tanto atípica, nunha ladeira orientada ao leste que baixa cara a un regato, a unha altura de 200 metros.

Presenta escavadas un total de 36 construcións, case as tres cuartas partes da súa extensión total. As vivendas son circulares e cuadrangulares coas esquinas redondeadas, de gran tamaño en comparación coas doutros castros.

A acrópole está rodeada por un foxo e dous muros defensivos en todo o seu perímetro, excepto no lado leste onde a acentuada pendente do terreo actúa como defensa natural, cunha extensión de 90 metros de longo por 55 de largo.

Ademais do recinto principal hai unha zona coñecida como o Barrio Extramuros, no lado leste, coincidindo coa entrada principal do poboado. É un conxunto formado por unha gran casa ovalada, dúas fontes con desaugadoiro e un forno circular que debeu estar cuberto cunha bóveda.

Os seus habitantes eran agricultores (cereais, legumes) e gandeiros (vacas, cabalos, porcos, ovellas), como o demostra o descubrimento de varias pezas cerámicas e de bronce que utilizaban no seu labor diario. Debido á proximidade do mar é moi probable tamén que realizasen actividades de pesca e marisqueo. Home e muller repartíanse as tarefas e os bens nunha sociedade onde a idade era un dos maiores rangos.

Mañá outro castro!

#DígochoEu: Moito ollo cos duelos!

 

En galego existe o duelo e o ! Pero moito ollo cos seus significados! Dó non é exactamente o mesmo que loito. E tampouco é o mesmo que duelo.

#DígochoEu

POR QUE OS PNEUMÁTICOS SON NEGROS?

Se hai algo negro, negro no mundo do automóbil é un pneumático. Pero sería fantástico que fosen de cores. Por que non o son? A clave da súa negritude está nun dos compoñentes que se utilizan no proceso de fabricación. Negro de carbono.

Esta especie de feluxe que se obtén queimando derivados de petróleo é o responsable de que os pneumáticos sexan negros. Trátase dun compoñente necesario para dar consistencia e durabilidade ao caucho da roda. Pero non sempre foi ese o obxectivo do fume negro de carbono nas rodas.

O negro de carbono empezouse a utilizar en 1885 para ennegrecer uns pneumáticos que ata ese momento eran marróns. A idea era escurecelos para disimular a sucidade que ían collendo coas rodaduras. Foi BFGoodrich, hoxe propiedade de Michelin, a que primeiro recorreu a este ardido «cosmético». Os seus responsables pronto se deron conta de que os pneumáticos con fume negro de carbono eran cinco veces máis resistentes. 

Pero o descubrimento non chegou á produción en masa ata os anos 30 do século XX. Ata ese momento, a maioría dos pneumáticos seguíanse facendo con caucho natural, un material esbrancuxado e pouco resistente. É neses anos cando se poñen de moda as rodas co flanco branco.  En realidade, levaban unha banda de rodadura negra, esta vez si realizada con negro de carbono, para darlle resistencia.

O material alzouse enseguida como a panacea de todos os problemas de durabilidade das rodas. Inicialmente, utilizouse só nos coches máis luxosos. Levar gomas negras era sinónimo de status.

A día de hoxe, non se atoparon substitutos que poidan exercer a mesma función que o negro de carbono. O sector leva tempo dándolles voltas ao asunto, pero de momento as iniciativas que se tomaron son irrelevantes ou  inconsistentes.

O proceso químico para dar cor a unha goma pasa por engadir unha serie de pigmentos aos polímeros durante o proceso de fabricación. O problema é que esta fabricación nin é sinxela nin é barata, dous inconvenientes que, polo menos de momento, están  retrayendo aos fabricantes de ir por ese camiño.

De cando en vez, volve xurdir a noticia dun pneumático de cor pero, aínda no caso de que algún día lográsese, quedaría por resolver como evitar que se ennegrecieran ao rodar por un asfalto que a día de hoxe segue estando fabricado fundamentalmente de alcatrán e pedras.

FONTE: Marta García Fernández/quo.eldiario.es

O CEO DO MES: MARZO 2022

Chega a primavera / Imaxe: significados.com

2 de marzo: Lúa Nova

10 de marzo: Cuarto Crecente

18 de marzo: Lúa Chea

20 de marzo: Comeza a primavera

25 de marzo: Cuarto Minguante

27 de marzo: Cambio de hora: Horario de verán

Chuvia de meteoros: Nada reseñable.

#DígochoEu: #ApuntamentoLusófono 32

 

No directo de Twitch desta semana falamos con Sofía Fondo, Leo e Olaxonmario sobre o Festival da Canção e houbo votación de videoclips! 

#DígochoEu

CASTROS DE GALICIA IX

 

Continúo coa serie OS CASTROS DE GALICIA. Hoxe tócalle ao castro de Meixón.

No lugar de Cespón, Concello de Boiro (A Coruña), atópase unha punta natural na que se localizan os Castros de Neixón. Trátase dun espazo situado en pártea norte da Ría de Arousa, ao carón da ensenada formada pola desembocadura dos ríos Grande e Beluso. Constitúen en si mesmos, un dos conxuntos arqueolóxicos da época castrexa de maior antigüidade de Galicia, datados entre o s.V a.C. e o s.IV d.C; motivo polo cal foron declarados Ben de Interese Cultural no ano 2011 pola Xunta de Galicia.

Os coñecidos como Castros de Punta Neixón son dous poboados contiguos: Castro Pequeno e Castro Grande, cuxo período de ocupación transcorre desde finais da Idade de Bronce até a época tardorromana.

O chamado Castro Pequeno está situado nunha pequena península e ten os testemuños máis antigos de ocupación debido á unión entre os indíxenas Oestrimnios  con pobos chegados desde o noroeste europeo a finais do s.VI a.C. Constátase o paso dunha arquitectura feita con materiais perecedoiros a outra constituída por cabanas de planta circular con zócalos de pedra, parapetos de barro e madeira e cubertas de palla: época castrexa.

O Castro Grande, a escasos 100 metros do anterior, foi fundado a finais do século V a. C. posiblemente cando o Castro Pequeno estaba xa abandonado ou en proceso de abandono. Foi unha pequena aldea delimitada cunha serie de elementos defensivos como son os fosos e terrapléns. Os seus habitantes cultivaban cereais, colleitaban froitos silvestres, coidaban o gando e completaban a súa dieta coa pesca e as actividades marisqueiras. Ademais, practicaban a metalurxia, e pola súa situación estratéxica, desenvolveron un importante comercio co mediterraneo, tanto na época do comercio púnico como no romano.

Mañá outro castro!

A SOCIEDADE NECESITA MÚSICA, POESÍA, LENTITUDE E SILENCIO

 

Con ton pausado, lento e sereno, propio dun sabio erudito doutros tempos, Ramón Andrés sentencia: “Creo que a sociedade de hoxe necesita música, poesía, lentitude e silencio”. É un dos maiores expertos do mundo en musicoloxía, a disciplina que se encarga de estudar a relación do ser humano coa música ao longo da historia. Pero Ramón Andrés tamén é un pensador, un gran poeta e unha sorte de filósofo contemporáneo. Alguén capaz de desentrañar as vicisitudes e contradicións da sociedade actual, sempre desde unha serenidade que convida á reflexión: “Deterse a pensar, parar para reflexionar, é un acto de rebeldía e unha actitude revolucionaria nestes tempos”, explica.

Ramón Andrés foi o gañador en 2021 do Premio Nacional de Ensaio pola súa obra ‘Filosofía e consolo da música’. Recibiu numerosos premios pola súa contribución á cultura desde unha perspectiva musical. É autor de máis dunha decena de ensaios sobre a historia da música, o pensamento e a filosofía; e tamén de numerosos títulos de poesía. En 2020 recibiu o Premio da Crítica de poesía polo libro ’As árbores que nos quedan’ e en 2015 o Premio Internacional Príncipe de Viana da Cultura. O seu ensaio ‘Pensar e non caer’ (2016) é unha lúcida e profunda reflexión sobre a nosa sociedade e a nosa época. Para el, a música e a poesía son “unha forma de orde e consolo”.

CASTROS DE GALICIA VIII

Continúo coa serie OS CASTROS DE GALICIA. Hoxe tócalle ao castro de Castromao.

É un castro situado no concello de Celanova, no sueste da provincia de Ourense. Suponse que foi habitado polo pobo dos coelernos. En 2018 foi declarado Ben de Interese Cultural.

Está situado nun outeiro de 732 metros de altura, desde o que se domina o curso do río Arnoia e os castros de Novelle, Trelle, Merca e Berredo. Ten unhas dimensións de 150 metros no eixo norte-sur e 130 no leste-oeste. O interior da parte amurallada ocupa uns 20.000 m². O terreo presenta un forte desnivel, salvo na súa parte noroeste, onde é bastante menos pronunciado. Polas súas inmediacións discorría unha calzada secundaria da Vía XVIII do itinerario de Antonino, relacionada coa ponte do Freixo.

Foi habitado durante a época castrexa, remontando ó século VI a.C. e mantívose poboado ata o século III. Desta época data o nome de Castromao (castro malo) polo lugar de Vilanova (que máis tarde foi bautizada como Vilanova dos Infantes por ter sido lugar de residencia temporal dunha infanta), debido, segundo fontes medievais, ó seu mal emprazamento para o aproveitamento agrícola.

Mañá outro castro!