Blogia

vgomez

TRES VIRTUDES PARA UNHA VIDA MÁIS PLENA

 

Cando se fala de “carácter”, a miúdo confúndese este concepto con “temperamento”. Pero segundo explica Rosa Rabbani, doutora en Psicoloxía Social, o carácter vai moito máis alá: “O carácter é aquilo que definen os nosos trazos, tanto positivos como negativos”. Que podemos facer para mellorar o noso carácter e ter unha vida máis plena? Segundo conta Rabbani, a clave está “en coñecernos a nós mesmos”. Coñecer as nosas fortalezas e debilidades permitiranos mellorar a autoestima e ampliar a nosa mirada interior. Fortalecer as “virtudes do carácter” é a chave que nos conduce a forxar unha identidade, asentando as bases da nosa personalidade.

Pódese educar o carácter? Para Rabbani, o carácter “non só se pode, senón que se debe educar”. E é que se non aprendemos a coñecernos desde nenos, “como saberemos cales son nosas mellores virtudes, pero tamén os trazos que debemos puír?”. Psicoloxía e ciencia únense no traballo de Rosa Rabbani: “Grazas ao concepto de neuroplasticidadr do cerebro, hoxe sabemos que o carácter está en constante evolución. E que ata o noso último alento podemos traballar en mellorar o carácter e, por tanto, a nosa vida”, conclúe.

Rosa Rabbani é doutora en Psicoloxía Social, psicóloga clínica e terapeuta familiar. É autora dos libros ‘Maternidade e traballo. Conflitos por resolver’ (2010) e ‘O bo carácter: claves para sacar partido á túa forma de ser’ (2021). Tamén forma parte do ‘Proxecto Virtudes’, un programa internacional para a educación do carácter, galardoado por Nacións Unidas como un modelo educativo apto para todas as culturas. Un dos alicerces deste programa, o manual ‘Guía de Virtudes’, foi patrocinado pola UNESCO.

SABÍAS QUE... FILTRO DO CAFÉ

Debémoslle o filtro de café á inventora e emprendedora alemá Melitta Bentz quen desenvolveu este invento en 1908. A principios do século XX, o método habitual para facer café era atar os pousos nunha pequena bolsa de tea e colocar a bolsa nunha pota con auga fervendo; o resultado era unha bebida amarga e arenosa. Bentz, probando diversas alternativas, terminou usando papel secante do libro de exercicios escolares do seu fillo Willi e un tarro de latón perforado, vertendo o café a través deste dispositivo de dúas partes, que atrapaba os pousos e permitía que o líquido se filtrase e goteara nunha cunca. Ao obter un café libre de impureza e de sabor menos amargo que obtivo gran éxito, decidiu montar un negocio dedicado a iso.

A Amalie Auguste Melitta Bentz (Dresde, 31 de xaneiro de 1873 – Holzhausen, 29 de xuño de 1950), ama de casa alemana, concedeuselle a patente o 20 de xuño de 1908 e o 15 de decembro a compañía foi matriculada no rexistro comercial con 73 Pfennig baixo o nome de "M. Bentz".

Os seus netos aínda continúan dirixindo a empresa que ela fundou: Grupo Melitta KG.

FONTE: Sarah Romero/muyinteresante.es e es.wikipedia.org                   Imaxe: mujeresconciencia.com

#DígochoEu: Un par de dúbidas como se di 'catalejo'? E 'emoticono'?

 

O #DígochoEu continúa resolvendo as dúbidas dos seguidores da conta de TikTok! Como se di en galego ’catalejo’? E ’emoticono’?

WASP-76b: O PLANETA INFERNAL NO QUE CHOVE FERRO

Recreación do exoplaneta ardente WASP-76b / ESO/M. Kornmesser

Imaxinade un planeta tan quente que o ferro evapórase, condénsase e logo cae do ceo coma se fose chuvia. Aterrador? Pois en realidade as cousas son aínda peores.

Este mundo xigantesco e peor que un inferno, considerado un Xúpiter ultraquente, chámase WASP-76b e atópase a uns 640 anos luz da Terra. Descuberto en 2016, orbita tan preto da súa estrela (un tipo F, un pouco máis ardente que o noso Sol), que o seu ano non chega sequera a dous días terrestres.

O planeta ten dúas caras fixas xa que, como a Lúa ao redor da Terra, tarda o mesmo en rotar sobre o seu eixo que en dar a volta ao redor da súa estrela. Segundo un estudo anterior no que participaba o Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), na cara diúrna as temperaturas poden superar os 2.400ºC, mentres que na nocturna, sumida na escuridade perpetua, os fortes ventos transportan o vapor férreo ata caer en forma de pingas.

O lado diúrno recibiría miles de veces máis radiación da súa estrela que a que chega á Terra desde o Sol. É tan sufocante que as moléculas se dividen en átomos e metais, como o ferro, e evapóranse cara á atmosfera. Pero poida que os 2.400ºC estimados polos investigadores quedáronse curtos.

Coa axuda do observatorio Gemini North en Hawai, un equipo internacional acaba de descubrir calcio ionizado no planeta, o que suxire que a súa temperatura atmosférica é aínda máis alta do que se pensaba anteriormente ou que ventos diabólicos azoutan a súa atmosfera superior. O achado foi publicado na revista Astrophysical Journal Letters e presentado na reunión anual da División de Ciencias Planetarias da Sociedade Astronómica de Estados Unidos.

"Estamos a ver moito calcio; é unha característica realmente forte", afirma Emily Deibert, da Universidade de Toronto e primeira autora do estudo. Segundo explica, "esta firma espectral podería indicar que o exoplaneta ten ventos na atmosfera superior moi fortes. Ou que a temperatura atmosférica é moito máis alta do que pensamos".

Os resultados da investigación son os primeiros dun proxecto de varios anos chamado ExoGems, dirixido pola Universidade de Cornell, que explora a diversidade de atmosferas planetarias.

"A medida que fagamos a detección remota de ducias de exoplanetas, que abarcan un rango de masas e temperaturas, desenvolveremos unha imaxe máis completa da verdadeira diversidade de mundos extraterrestres, desde aqueles o suficientemente quentes como para albergar chuvia de ferro ata outros con climas máis moderados; desde aqueles máis pesados que Xúpiter a outros non moito máis grandes que a Terra", di Ray Jayawardhana, profesor de astronomía en Cornell.

"É notable que cos telescopios e instrumentos de hoxe en día xa podamos aprender moito sobre as atmosferas, os seus constituíntes, propiedades físicas, presenza de nubes e mesmo patróns de vento a gran escala, de planetas que orbitan estrelas a centos de anos luz de distancia", engade.

FONTE: abc.es/ciencia

CANTO SABES SOBRE COGOMELOS? XVII (FIN)

Remato coa serie CANTO SABES SOBRE COGOMELOS, na que pos a proba os teus coñecementos sobre istes fungos que adoitan medrar en lugares húmidos e pouco soleados.

A contestación correcta a proposta de onte, e última da serie, é Suillus bovinus. Fundo da orde Boletales tamén coñecido como Boletus bovinus.

Sombreiro normalmente de entre 5 e 10 cm de diámetro, ocasionalmente algo máis, de forma convexa a plano-convexa, só na súa última etapa permanece plano. A súa cor é o ocre dentro dunha gama de matices que ás veces se aproxima aos amarelos, pero nunca obscurece cara a tons pardos. Cutícula só brillante en tempo seco, pero vólvese un pouco viscosa coa choiva, sendo ademais dificilmente separable da carne do sombreiro. Marxe involuto e excedente nos exemplares novos, ademais de ser fino e de cor máis clara que o resto do sombreiro.

Tubos decurrentes e curtos, subdivididos e tabicados, de consistencia un tanto elástica e inseparables da carne do sombreiro. Son de cor amarela pálido mate de mozos, despois vólvense dun ton ocre oliváceo bastante feo.

Poros anchos e angulosos, de cor olivácea con matiz pardo ou ocre.

Pé cheo e sólido, de tamaño proporcionado ao sombreiro, cilíndrico aínda que na base se atenúa moito. É de cor similar ao do sombreiro salvo na base que é avermellada, na maioría das ocasións móstrase curvado.

Carne espesa pero fofa, esponxosa e demasiado tenra, de cor amarelada polo xeral, ás veces algo ocrácea. O seu sabor é doce e suave, pouco destacado, así como o seu cheiro.

E así remato esta serie, que só é uha pequena entrega e que tera continuidade!

Ata a próxima!

FONTE: Idea orixinal de es.educaplay.com e fungipedia.org      Imaxe: francini-mycologie.fr

AS ENSINANZAS DE VIDA DUN AVÓ AO SEU NETO

 

A mellor herdanza que un avó pode deixar aos seus netos é explicarlles que aprendeu da vida”, sentencia o creativo barcelonés Luís Bassat. Para este mítico publicitario español, a clave da existencia resúmese en que “o verdadeiramente importante é axudar aos demais, especialmente a aqueles que non coñeces”. Aos 79 anos, Luís Bassat está considerado un dos maiores expertos mundiais en creatividade e unha das persoas máis influentes no ámbito da publicidade en España, onde recibiu máis de 400 premios e distincións, entre eles o ‘Premio ao Mellor Publicitario español do século XX’ e o ‘Premio Nacional de Publicidade’ en 2008. A pesar de todo o seu éxito, asegura: “Os valores humanos, como a lealdade e a honestidade, tamén son esenciais na vida profesional”.

En 1975, Luís Bassat Coen fundou a axencia de publicidade Bassat & Asociados, que anos máis tarde convertiríase no importante grupo de comunicación ‘Bassat Ogilvy’. É coleccionista e promotor de arte contemporánea, doutor ‘Honoris Causa’ pola Universidade Europea de Madrid e autor de case unha decena de libros de cabeceira sobre publicidade e marcas, como ‘O libro vermello da publicidade’ (1993) ou ‘Confesións persoais dun publicista’ (2008). En 2020 publicou o libro inspiracional ‘Soña como Luther King, fala como Obama, manda sen mandar e se ti mesmo’.

CANTO SABES SOBRE COGOMELOS? XVI

Continúo coa serie CANTO SABES SOBRE COGOMELOS, na que pos a proba os teus coñecementos sobre istes fungos que adoitan medrar en lugares húmidos e pouco soleados.

A contestación correcta a proposta de onte é Lycoperdon perlatum . É un cogomelo coñecido como fungato e tamén chamado fungón, fungo de sapo, bufo de vella. É un tipo de cogomelo dos chamados peidos de lobo, fungos da familia das licoperdáceas de corpo frucífero globoso, abrancazados por fóra ao principio cheos dunha gleba branca, maciza (comestiblel) que ao madurar se transforma nun po pardo formado polas esporas. Membrana exterior recuberta de gránulas ou perlas, facilmente desprendibles. Ao desenterrarse o pé, toma aspecto de pera.

E imos coa última proposta da serie!

16. Identifica:

- Xerocomus chrysenteron

- Suillus bovinus

- Hygrophoropsis aurantiaca

- Lepista inversa

Mañá a solución e fin da serie!

FONTE: Idea orixinal de es.educaplay.com e micoex.org      Imaxe: francini-mycologie.fr


#DígochoEu: #ApuntamentoLusófono Capítulo 15

 

O #ApuntamentoLusófono segue na nosa canle de Twitch! No último directo Rodrigo e Esther trouxeron unha convidada moi especial para falar sobre Cabo Verde. E coma sempre, tamén houbo tempo para cantar e bailar!

#DígochoEu