Blogia

vgomez

ENCRUCILLADO LXXX

ENCRUCILLADO LXXX

 

 

VERTICAIS: 2. Aldea da parroquia de Abanqueiro, no concello coruñés de Boiro, co mesmo nome dun país do nordés africano, pero neste caso sen pirámides 3. Feito pouco atinado ou pouco razoable 4. País da UE,situado ao sueste de Europa, na península dos Balcáns, cuxa capital é Sofía 5. Nome da montaña máis alta de Canadá e a segunda máis alta de toda América do Norte despois do monte Denali, en Alaska 7. Planta da familia das umbelíferas de talo delgado, follas fendidas en tiras finas coma fíos e flores amarelas en umbela, de cheiro agradable e gusto doce, moi abundante en Galicia e utilizada en medicina e como condimento, cuxo nome científico é   Foeniculum vulgare.

HORIZONTAIS: 1. Instrumento músico de vento formado por un tubo de madeira dividido en tres partes, con seis furados, dez chaves e dobre palleta, que emite un son semellante ao do clarinete 6. Peixe mariño da orde dos angüiliformes, de corpo alongado e cilíndrico, boca grande coa maxila superior saínte, pel viscosa sen escamas e cor cincenta ou negra no dorso e abrancazada no ventre, que ten por nome científico  Conger conger 8. Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura 9. Nome do río do suroeste de Galicia e último afluente do Miño, que nace na serra de Argallo pertencente ao macizo da Groba no  Concello de Oia e que a partir do muíño das Aceñas xa preto da desembocadura toma o nome de Tamuxe. 10. Nome do río portugués, o máis longo que percorre exclusivamente terras de Portugal, que nace a 1.425 m de altitude na serra da Estrela, concello de  Gouveia e que despois de percorrer 234 km desemboca no océano Atlántico na localidade de Figueira da Foz.

#DígochoEu: Non digas *manzanilla

 

Non digas *manzanilla se o que queres é tomar unha cunca da famosa infusión! Esther Estévez danos as alternativas.

#DígochoEu

CANTO SABES SOBRE OS RÍOS? XXIV (FIN)

Remato coa serie Canto sabes sobre os ríos, na que a través de preguntas refrescaremos os coñecementos sobre os ríos do mundo e de España, que aprendemos en xeografía.

A contestación correcta á pregunta de onte, e última da serie, é Arabia Saudita. É un país situado na Península de Arabia. É o segundo meirande dos países árabes, detrás de Alxeria, cunha área de 2.150.000km2 que abrangue case toda a Península Arábiga. Fai fronteira con Iraq e Xordania polo norte, Kuwait polo noroeste, Qatar, Bahrain e os Emiratos Árabes Unidos polo leste, Omán polo sueste e Iemen polo sur. É o único país con costa no Mar Vermello e no Golfo Pérsico. Ten, en 2021, unha poboación estimada de preto de 36 millóns de habitantes.

Non é o único país sen ríos, xa que outros 18 e outras dependencias e territorios de ultramar tampouco os teñen.

E así remato esta serie que espero que servise para que se pretendía como obxectivo: refrescar os coñecementos sobre os ríos do mundo e de España, que aprendemos en xeografía.

Ata a próxima serie!

FONTE: Idea orixinal fundacionaquae.org, viajes.nationalgeographic.com.es e gl.wikipedia.org     Imaxe: gl.wikipedia.org e blog.redbus.pe

A PERFECCIÓN DE SER IMPERFECTO


Cando a xornalista Jessica Grose empezou a publicar artigos sobre maternidade propúxose dous retos: escribir con base científica e conseguir que os seus textos non fixesen sentir peor aos pais que os lesen. Con esta premisa asina unha das columnas sobre crianza máis exitosas do xornal The New York Times, onde alterna estudos, análises e entrevistas a expertos coa súa experiencia como nai de dúas nenas.

"Chorar no coche conta como autocoidado" foi un dos seus artigos máis comentados, porque todo tipo de lectores, pais e non pais, sentiron identificados co desafogo ás agachadas en época de tensión e incerteza. O autocoidado, a intelixencia emocional e os estereotipos ou clichés sobre a maternidade son algúns dos temas recorrentes nos seus textos, que ampliará no seu próximo libro ’All powerful and totally useless: The creation of the ideal American mother’.

"Ás nais diríalles que fosen comprensivas coas súas amigas que tamén son nais. Non sabemos polo que está a pasar, non sabemos que ocorre na súa mente nin no seu fogar. Quizá estea espertando ás tres da mañá con ansiedade polo seu bebé. E en canto a elas mesmas, diríalles que sentirse desgraciadas non é bo nin para elas, nin para as súas familias. Non é unha competición por ver quen sofre máis", conclúe a autora.

#DígochoEu Non digas *formigueo

 

Ese proído ou cóxegas que sentes nas extremidades non se chama *formigueo! Esther Estévez danos a alternativa!

 #DígochoEu

CANTO SABES SOBRE OS RÍOS? XXIII

Continúo coa serie Canto sabes sobre os ríos, na que a través de preguntas refrescaremos os coñecementos sobre os ríos do mundo e de España, que aprendemos en xeografía.

A contestación correcta á pregunta de onte é Río Chagres, no océano Atlántico e o Pacífico. Iste río é unha corrente de auga continua de Panamá que desemboca ao noroeste no mar Caribe. Está localizado entre as provincias de Panamá e Colón. No seu curso medio atópase a  represa de Gatún, coa cal formouse o lago artificial Gatún, que conforma a canle de Panamá. As súas augas por tanto desaguan en dous océanos distintos. Foi descuberto en 1502 por Cristóbal Colón, quen lle deu o nome de Río dos Lagartos polos crocodilos que alí atopou.

E imos coa pregunta de hoxe e última da serie!

23. Nesta lista hai un país que non ten ningún río. Cal é?

- Mauritania

- Tailandia

- Arabia Saudita

- Ecuador

Mañá a solución e temate da serie!

FONTE: Idea orixinal fundacionaquae.org, viajes.nationalgeographic.com.es e gl.wikipedia.org         Imaxe: gifex.com

SOBRE OS ANOS BISESTOS



Falamos do particular ano que se produce unha vez cada catro e que posúe 366 días grazas ao 29 de febreiro.

A Terra tarda aproximadamente 365,242189 días, ou 365 días, 5 horas, 48 minutos e 45 segundos, en dar unha volta ao redor do Sol. É o que denominamos ano tropical e mídese a partir do equinoccio de primavera (marzo).

Con todo, o calendario gregoriano ten só 365 días nun ano, polo que se non engadísemos un día hábil o 29 de febreiro case cada catro anos (tendo entón 366 días), perderiamos practicamente seis horas do noso calendario anualmente. Parece pouca cousa, pero despois de 100 anos, o noso calendario perdería 24 días! Así as cousas, cada catro anos no calendario gregoriano, engadimos un día adicional ao calendario para sincronizalo co ano solar.

Como curiosidade, no calendario Xuliano, aínda hai unha discrepancia de 11 minutos e 14 segundos cada ano.

Ocorre en cada ano que é divisible por catro e só en anos dun século que están divididos por 400. Por exemplo, os anos 800, 1.200 e 2.000 foron bisestos, pero 1.700 e 1.900 non o foron porque non son divisibles por 400, a pesar de que son divisibles por catro. Así mesmo, o 2.400 é ano bisesto, mentres que 2.100, 2.200, 2.300 e 2.500 non o son.

A práctica de incluír un día adicional arrinca coa creación do calendario Xuliano e un decreto do emperador romano Xulio César. A expresión ’ano bisesto’ deriva, por tanto, do latín bis sextus dies ante calendas martii, que correspondía a un día extra intercalado entre o 23 e o 24 de febreiro.

(O calendario Xuliano creou a directiva de engadir un día adicional cada catro anos pero non seguía a regra do século  divisible por 400). E é que o Xuliano posuía esa única regra: calquera ano divisible por catro sería un ano bisesto.

Esta fórmula produciu demasiados anos bisestos, pero non se corrixiu ata a introdución do calendario gregoriano máis de 1.500 anos despois.

Así as cousas, a discrepancia de 11 minutos no calendario Xuliano chega a que para o ano 1.582 d. C. perdéronse ata 10 días no calendario.

Como curiosidade, nos Estados Unidos, o ano bisesto coincide cos anos de eleccións presidenciais

Para solucionalo, o papa Gregorio XIII crea o calendario  gregoriano, fai saltar 10 días do mes de outubro de 1582 e establece o 29 de febreiro como o día oficial a incluír durante un ano bisesto, acuñando o termo ano bisesto e creando as normas para anexar o mesmo, con obxecto de dar por finalizado o axuste por desfasamento de horas.

Cando foi o último ano  bisiesto? En 2.020 (e anteriormente en 2.016).

Estes son os próximos 10 anos  bisestos: 2.024, 2.028, 2.032, 2.036, 2.040, 2.044, 2.052, 2.056.

FONTE: Srah Romero/muyinteresante.es        Imaxe: elperiodico.com

CANTO SABES SOBRE OS RÍOS? XXII

Continúo coa serie Canto sabes sobre os ríos, na que a través de preguntas refrescaremos os coñecementos sobre os ríos do mundo e de España, que aprendemos en xeografía.

A contestación correcta á pregunta de onte é Tinto. É un pequeno río andaluz pertencente á vertente atlántica da Península Ibérica. A súa lonxitude é de aproximadamente 98 quilómetros. Circunscrito á provincia de Huelva, nace na Serra do Padre Caro, un dos cordais da Serra Morena, a 420 metros de altura, cerca de Nerva. Logo de atravesar as comarcas mineiras da provincia, desemboca entre a cidade de Huelva, na beira dereita, e Palos da Fronteira, na esquerda, onde se lle une o río Odiel, que vén pola dereita, conformando entre ambos os dous a denominada ría de Huelva. O río é coñecido pola cor avermellada das súas augas, de aí o seu nome. A coloración ten a súa orixe na  meteorización de minerais que conteñen  sulfuros de metais pesados achados nos xacementos ao longo do río. Estes xacementos son depósitos hidrotermais compostos en gran medida por rocas de pirita (sulfuro de ferro II) e calcopirita (disulfuro de ferro e cobre).

E imos coa pregunta de hoxe e última da serie!

22. Cal é o único río do mundo que, ademais de ser navegable, desemboca en dous océanos?

- Río San Lorenzo, no océano Atlántico e o Pacífico

- Río Chagres, no océano Atlántico e o Pacífico

- Río Mississipi, no océano Pacífico e Atlántico

- Río Negro, no océano Índico e o Pacífico

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal fundacionaquae.org, viajes.nationalgeographic.com.es e gl.wikipedia.org