Blogia

vgomez

CANTO SABES SOBRE OS OCÉANOS? XIII

Continúo coa serie Canto sabes sobre os océanos. Eles desempeñan un papel fundamental nas nosas vidas, xa que nos provén de boa parte do osíxeno que respiramos, absorben o dióxido de carbono que día tras día emitimos á atmosfera, regulan a temperatura e dannos para comer.

A contestación correcta á pregunta de onte é Atlántico. Trátase da catarata do estreito de Dinamarca, tamén chamada “a bomba de  Groenlandia”. Atópase debaixo da auga entre  Groenlandia e Islandia. Calcúlase que ten 3.500 metros de caída.

E imos coa pregunta de hoxe!

13. A que animal corresponde esta imaxe?

- Quenlla balea

- Cachalote

- Balea azul

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es/naturaleza e fundacionaquae.org

#DígochoEu: #ApuntamentoLusófono Capítulo 7: duchas, gustos e acentos

 

Rodrigo e Esther aproveitaron que estamos na semana do Orgullo para falar sobre vocabulario relacionado con el. Pero o #ApuntamentoLusófono sempre dá para moito, así que Rodrigo tamén tivo que adiviñar se as persoas que lle ía propoñendo Esther estaban a falar en galego ou en castelán, e algunha sorpresa levou el!

 #DígochoEu

SOLUCIÓN ENCRUCILADO LXXVIII

VERTICAIS: 1. Arcea 2. Conturbar 3. Kampala 5. Roca 6. Viveiro 7. Ganges 9. Lira.

HORIZONTAIS: 4. Nafta 6. Vichelocrego 8. Palleta.

Máis cultura xeral!

LETRAS GALEGAS 2022:FLORENTINO DELGADO GURRIARÁN

A Real Academia Galega decidíu onte dedicaralle o Día das Letras Galegas 2022 ao autor ourensán Florencio Delgado Gurriarán, cuxo labor literario e activismo político e cultural constitúen un dos capítulos máis destacados das letras galegas da diáspora.

Florencio Manuel Delgado Gurriarán, nado en Córgomo (Vilamartín de Valdeorras) o 27 de agosto de 1903 e finado en Fair Oaks (California) o 14 de maio de 1987, avogado de formación, foi poeta, articulista, pioneiro da tradución poética interlingüística, editor literario e home ponte entre a Galicia exiliada en México e a Galicia interior, capaz de tecer asemade vínculos coa intelectualidade doutras orixes.

Polo traballo de seu pai, perito agrónomo, viviu desde que tiña seis anos continuos traslados, primeiro Ourense, despois Palencia, onde estudou o bacharelato e finalmente Valladolid. Fixo estudos superiores na Universidade de Valladolid, onde se licenciou en Dereito, pasando a exercer como avogado no Barco de Valdeorras. En 1933 ingresou no Partido Galeguista. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 logrou escapar da represión iniciada en Valdeorras polos sublevados, ata chegar a Porto, desde onde puido trasladarse a Bordeos (Francia) para chegar á Barcelona republicana en xaneiro de 1938. Nese mesmo ano accedeu á executiva do PG como Secretario de Propaganda; trala guerra civil marchou ao exilio a México, país no que se estableceu definitivamente. Realizou diversos traballos ata que se asentou na empresa farmacéutica Queralt Mir onde traballou ata a súa xubilación. Foi un dos fundadores da revista Vieiros.

Volveu temporalmente a Galiza en 1968, 1976 e 1981. Foi membro correspondente da Real Academia Galega. Utilizou, en escritos de prensa ou revistas, varios pseudónimos: Korgomófilo, Nadel, Porto do Río, Xan do Sil, Sil e R. Miño.

As súas cinzas foron trasladadas a Córgomo o 12 de xullo de 1987.

Na súa obra poética destaca: Bebedeira (1934, Editorial Nós), Galicia infinda (1963, Colección Salnés, Editorial Galaxia), Cantarenas (Bebedeira, Valdeorresas, Dionisias) (1981, Ediciós do Castro) e O soño do guieiro (1986, Colección Opúsculos de poesía, Edicións do Castro).

FONTE: academia.gal e gl.wikipedia.org           Imaxe: academia.gal

ENCRUCILADO LXXVIII

VERTICAIS: 1. Ave limícola da orde dos caradriformes, de peteiro longo e recto, pescozo e patas curtas, ás arredondadas, ollos grandes situados moi atrás, plumaxe de tons pardos, negros e amarelos no dorso e marrón claro con listas pardas escuras nas partes inferiores, e de nome científico no Scolopax rusticola 2. Facerlle perder a serenidade a alguén 3. Capital de Uganda, na África Central 5. Cabo situado en Portugal, o punto máis occidental da Europa continental e coñecido polos romanos como Promontorium Magnum 6. Concello da provincia de Lugo, situado na comarca da Mariña occidental, onde a súa Semana Santa está declarada de interese turistico internacional 7. Río internacional do subcontinente indio que flúe a través de India e Bangladesh, sendo o máis importante dos sete ríos sacros do hinduismo,​ no que millóns de fieis báñanse para purificarse 9. Lira.

HORIZONTAIS: 4. Fracción de hidrocarburos obtida por destilación do petróleo cru que se emprega como materia prima na petroquímica ou como disolvente 6. Paxaro da familia dos oriólidos, de cor amarela, con ás e rabo negros, peteiro rosado e ollos vermellos, o macho, e de cor verdosa nas partes superiores, parda nas ás e no rabo e abrancazada con raias pardas nas inferiores, a femia 8. Peza de metal ou de cana que se coloca na embocadura de certos instrumentos de vento e produce o son ao vibrar.

CANTO SABES SOBRE OS OCÉANOS? XII

Continúo coa serie Canto sabes sobre os océanos. Eles desempeñan un papel fundamental nas nosas vidas, xa que nos provén de boa parte do osíxeno que respiramos, absorben o dióxido de carbono que día tras día emitimos á atmosfera, regulan a temperatura e dannos para comer.

A contestación correcta á pregunta de onte é Verdadeiro. As redes pantasmas son redes de pesca perdidas ou abandonadas durante a pesca, en ocasións en prácticas ilegais. Segundo un informe de Greenpeace, ao redor de 640.000 toneladas de equipos pantasmas terminan nos océanos cada ano. Unha cifra que se corresponde ao 10% dos plásticos que se atopan no mar e que poden provocar a morte de moitos animais marítimos.

E imos coa pregunta de hoxe!

12. En que océano se atopa a catarata de auga máis grande da Terra?

- Océano Atlántico

- Océano Pacífico

- Océano Ártico

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es/naturaleza,  elagoradiario.com e fundacionaquae.org

#DígochoEu: Non digas *frente

 

Este é outro castelanismo! En galego non temos *frente, nin *en frente, nin *de frente...

#DígochoEu

CANTO SABES SOBRE OS OCÉANOS? XI

Continúo coa serie Canto sabes sobre os océanos. Eles desempeñan un papel fundamental nas nosas vidas, xa que nos provén de boa parte do osíxeno que respiramos, absorben o dióxido de carbono que día tras día emitimos á atmosfera, regulan a temperatura e dannos para comer.

A contestación correcta á pregunta de onte é O Punto Nemo, situado no océano Pacífico. A primeira vez que se visitou foi a bordo dun barco que tardou en chegar desde terra firme 15 días 10 horas e 37 minutos, sendo iste o modo máis rápido de viaxar á zona. O Punto Nemo é usado como vertedoiro espacial.  

E imos coa pregunta de hoxe!

11. Unhas 640.000 toneladas de redes pantasmas acaban cada ano no océano, o cal equivale ao peso de máis de 50.000 autobuses de dous pisos.

- Verdadeiro

- Falso

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es/naturaleza elagoradiario.com        Imaxe: worldwildlife.org