Blogia

vgomez

UN LIBRO PARA OS PEREGRINOS DO CAMIÑO DE SANTIAGO

UN LIBRO PARA OS PEREGRINOS DO CAMIÑO DE SANTIAGO

Niste Ano Xacobeo, chega as librarías a novela, en castelán, Santiago en el fin del mundo, de Jesús Bastante Liébana (Madrid, 1976).

"O mellor Santiago é o Santiago inventado, por iso agradécese que Jesús Bastante nos regale esta entretida novela e deixe claro que o camiño é produto da súa imaxinación e que os feitos non son feitos; son ficción".

Del desmentido histórico de Nieves Concostrina

Hispania, século I. Tres estranxeiros camiñan, sen rumbo coñecido, pola península. Un deles, quen os dirixe, non é outro que Santiago, o fillo do Zebedeo, irmán de Xoán e discípulo de Xesús.

Jesús Bastante recreou a vida e milagres do Apóstolo durante a súa estancia en Hispania; tamén a de quen os guía e a dos seus perseguidores. Bruxas, magos, mercenarios, asasinos… ata a Virxe María. Por primeira vez novélase a vida do home cuxa tumba, en Compostela, configurou a maior peregrinación da historia da humanidade.

Un libro para o camiño!

#DígochoEu: Non digas *descuartizar

 

Este verbo tan truculento é outro castelanismo! Sabes como se di correctamente en galego? Esther Estévez cóntanolo neste episodio!

 #DígochoEu

CANTO SABES SOBRE A ENERXÍA NUCLEAR? XXII (FIN)

Remato coa seria adicada á enerxía nuclear, xerada nun proceso físico do interior dos átomos e das partículas máis pequenas que os forman: os protóns e os electróns, e na que se depositan as esperanzas nesta fonte de enerxía como apoio para deixar atrás aos perigosos combustibles fósiles, para abrir camiño a unha transición enerxética da man das coñecidas como enerxías renovables (eólica, solar...); pero que debido á súa mala fama herdada dos horrores das armas nucleares, e dalgúns accidentes de centrais nucleares primitivas (que pouco teñen que ver coas actuais), a información que rodea á enerxía nuclear continúa infestada de medos e mitos.

Á resposta á pregunta de onte é Depende da quen llo preguntes. Moitos expertos cuéstionanse se o planeta ten a capacidade suficiente como para albergar residuos nucleares de maneira indefinida; ademais das consecuencias negativas da mineraría de uranio, por exemplo. Doutra banda, outros científicos cren que a enerxía nuclear non só é esencial para deixar atrás os combustibles fósiles, senón que é completamente limpa, segura e renovable a escala humana. Persoalmente estou cos primeiros.

E así remato esta serie. Ata a próxima!

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es/ciencia

CANTO SABES SOBRE A ENERXÍA NUCLEAR? XX

Continúo coa seria adicada á enerxía nuclear, xerada nun proceso físico do interior dos átomos e das partículas máis pequenas que os forman: os protóns e os electróns, e na que se depositan as esperanzas nesta fonte de enerxía como apoio para deixar atrás aos perigosos combustibles fósiles, para abrir camiño a unha transición enerxética da man das coñecidas como enerxías renovables (eólica, solar...); pero que debido á súa mala fama herdada dos horrores das armas nucleares, e dalgúns accidentes de centrais nucleares primitivas (que pouco teñen que ver coas actuais), a información que rodea á enerxía nuclear continúa infestada de medos e mitos.

Á resposta á pregunta de onte é Si. A resposta máis realista, que avalan moitos científicos, parece ser afirmativa. O obxectivo da humanidade, para mitigar os efectos do cambio climático, é deixar de usar os combustibles  fósiles, pero isto non pode facerse da noite á  mañá. Por iso, debemos usar a enerxía nuclear para reducir ao mínimo a cantidade de enerxía que obtemos mediante estas fontes contaminantes.

E imos coa pregunta de hoxe!

20. A enerxía nuclear ten a súa parte negra. A bomba lanzada sobre Hiroshima, chamada Little Boy, foi construída con uranio-235, un isótopo do uranio. En que fecha foi lanzada?

- 6 de xuño de 1945

- 6 de xullo de 1945

- 6 de agosto de 1945

- 6 de setembro de 1945

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es/ciencia e es.wikipedia.org      Imaxe: milenio.com

CANTO SABES SOBRE A ENERXÍA NUCLEAR? XXI

Continúo coa seria adicada á enerxía nuclear, xerada nun proceso físico do interior dos átomos e das partículas máis pequenas que os forman: os protóns e os electróns, e na que se depositan as esperanzas nesta fonte de enerxía como apoio para deixar atrás aos perigosos combustibles fósiles, para abrir camiño a unha transición enerxética da man das coñecidas como enerxías renovables (eólica, solar...); pero que debido á súa mala fama herdada dos horrores das armas nucleares, e dalgúns accidentes de centrais nucleares primitivas (que pouco teñen que ver coas actuais), a información que rodea á enerxía nuclear continúa infestada de medos e mitos.

Á resposta á pregunta de onte é 6 de agosto de 1945. A mañá do luns 6 de agosto de 1945, a bomba Little Boy foi lanzada ás 08:15 da mañá de Hiroshima e alcanzou en 55 segundos a altura determinada para a súa explosión, aproximadamente 600 metros sobre a cidade. Debido a ventos laterais fallou o branco principal, a ponte Aioi, por case 244 metros, explotando xusto encima da Clínica cirúrxica de Shima. A detonación creou unha explosión equivalente a 16 quilotóns de TNT.​ Estímase que instantaneamente a temperatura elevouse a máis dun millón de graos centígrados, o que incendiou o aire circundante, creando unha bóla de lume de 256 metros de diámetro aproximadamente.

E imos coa última pregunta da serie!

21. A enerxía nuclear é limpa e renovable.

- Si

- Non

- Depende da quen llo preguntes

Mañá a solución e remate da serie!

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es/ciencia

#DígochoEu: Un par de dúbidas: 'asemade' é igual a 'ademais'?; como se di 'abrazo'?

 

Seguimos resolvendo as dúbidas dos seguidores da conta de TikTok do #DígochoEu! É o mesmo ’asemade’ que ’ademais’? Como se di ’abrazo’?

OCÉANO AUSTRAL

 

National Geographic recoñeceu o quinto océano do planeta Terra que pasou a chamarse Océano Austral e súmase aos catro coñecidos: Océano Atlántico, Océano Pacífico, Océano Índico, Océano Ártico.

Nun artigo titulado Hai un novo océano agora, podes nomear os 5? explica que os cartógrafos de National Geographic din que as distintas rápidas correntes de auga que rodean a Antártida son dignas de chamarse Océano Austral.

"O Océano Austral foi recoñecido polos científicos durante moito tempo, pero como nunca houbo un acordo internacional, nunca o recoñecemos oficialmente", di Alex Tait, xeógrafo da National Geographic Society.

Desde que National Geographic comezou a facer mapas en 1915, recoñeceu catro océanos: o Atlántico, o Pacífico, o Índico e o Ártico. A partir do 8 de xuño, Día Mundial dos Océanos, recoñece ao Océano Austral como o quinto océano do mundo e como tal terá que aparecer nos mapas e atlas.

Os xeógrafos debateron se as augas ao redor da Antártida tiñan suficientes características únicas para merecer o seu propio nome como océano ou se eran simplemente extensións frías do sur dos océanos Pacífico, Atlántico e Índico.

Alex Tait e o comité de política de mapas da National Geographic Society consideraron o cambio a océano durante anos mentres os científicos e a prensa usaban cada vez máis o termo Océano Austral.

O cambio alíñase, ademais, coa iniciativa da Sociedade de conservación dos océanos do mundo, poñendo o foco nesta rexión.

"Sempre o habemos etiquetaxe, pero habémolo etiquetaxe de maneira lixeiramente diferente [a outros océanos]", di  Tait. "Este cambio é o último paso para dicir que queremos recoñecelo pola súa singularidade ecolóxica".

FONTE: elmundo.es

Engadiría, a título persoal, que eu sempre estudei, ata agora que o quinto era o océano Glaciar Antártico. É dicir cambio de nome e unha delimitación máis concreta, no mellor dos casos.

SOLUCION ENCRUCILLADO LXXVII

VERTICAIS: 1. Mustallar 4. Ciprés 6. Anticiclón 7. Volanta 8. Lerma.

HORIZONTAIS: 2. Asemade 3. Ulla 5. Tegucigalpa 9. Montes 10. Anxioloxía.

Máis cultura xeral!