Blogia

vgomez

SOLUCIÓN AO LABIRINTO LÓXICO II

Auí tes a solución ao labirinto lóxico de Friedman, proposto onte. lembrrás que o obxectivo era atopar o ciclo hamiltoniano; é dicir, un loop que pasa por todos os puntos unha única vez.

Espero que che gustasen estes pasatempos matemáticos e labirintos lóxicos!

FONTE: bbvaopenmind.com/ciencia

LABIRINTO LÓXICO II

Aquí tes ouro exemplo de labirinto lóxico proposto por Erich Friedman en 2009. 

Neste caso, atopa o ciclo hamiltoniano; é dicir, un loop que pasa por todos os puntos unha única vez.

Mañá a solución!

FONTE: bbvaopenmind.com/ciencia

PROTEUS, UNHA VERSIÓN SUBACUÁTICA DA EEI

O acuanauta, documentalista e ambientalista do océano Fabien Cousteau, neto do famoso explorador e investigador do mar Jacques Cousteau, vive segundo o principio de que “non existe unha cousa que sexa imposible” e agora disponse a facer realidade uno deses soños utópicos: a maior estación de investigación submarina de todos os tempos.

Durante anos, Fabien soñou con construír un xigantesco e moderno hábitat submarino, unha versión subacuática da Estación Espacial Internacional (EEI), que orbita a Terra a uns 400 quilómetros de altura, e que neste caso instalaríase a unha profundidade de 60 pés (18,28 metros), baixo unha presión equivalente a tres veces a da atmosfera.

O futuro laboratorio, que leva o nome dun deus do mar da mitoloxía grega, Proteus (Proteo), sen dúbida merecería estar no Olimpo da investigación e a arquitectura submarinas, pois o proxecto será catro veces máis grande que as actuais instalacións dese tipo e podería transformar a investigación subacuática para sempre.

Cousteau está a recadar os 135 millóns de dólares que farán falta para construír a estación, segundo a revista estadounidense ’Forbes’. Proteus consistirá, basicamente, en dúas plantas con forma de cilindros grosos e de pouca altura, unidos por unha rampla en espiral, das cales xurdirán unha serie de recintos ou cápsulas habitables con forma de ovo, e será construída cos mesmos metais e compostos dos cascos dos barcos.

A estación será unhas dez veces máis grande que Aquarius, o anterior laboratorio submarino de  Fabien  Cousteau, aínda en funcionamento e que ten unhas dimensións equivalentes ás dun autobús escolar, segundo a revista Fast Company. Isto significa que Proteus mediría ao redor de 370 metros cadrados.

Proteus, composta por unha instalación científica e un hábitat para investigadores, será a estación submarina máis avanzada destinada a investigar os problemas globais máis perentorios, segundo os seus deseñadores do Centro de Aprendizaxe Oceánica  Fabien  Cousteau (FCOLC) e o estudo do deseñador Yves Béhar.

Esta xigantesca instalación albergará laboratorios de última xeración equipados con conxeladores, microscopios e a tecnoloxía máis avanzada, co fin de desenvolver en cuestión de días investigacións que normalmente levaría anos completar utilizando os métodos e equipos convencionais.

Tamén poderá aloxar ata 12 persoas durante máis de 31 días, o cal supera a capacidade de calquera estación submarina xamais construída, e incluirá a primeira instalación de produción de vídeo a gran escala para transmitir programación educativa continuamente e en vivo, incluíndo tecnoloxías de realidade virtual e realidade aumentada, contando con colaboradores de todo o mundo, segundo FCOLC.

Esta ‘EEI baixa a auga’ será unha plataforma para que os principais investigadores, académicos, axencias científicas e corporacións colaboren para aplicar a ciencia en beneficio do futuro do planeta, abordando cuestións críticas para a humanidade como os achados medicinais, a sustentabilidade alimentaria e os impactos do cambio climático.

O océano é o noso sistema de soporte vital e resulta indispensable para resolver os maiores problemas do planeta, que representan un risco multimillonario para a economía mundial, como o cambio climático, o aumento do nivel do mar, as tormentas extremas e os virus”, sinala Cousteau.

Cousteau considera esta estrutura subacuática “a primeira nunha rede de hábitats submarinos que permitirán efectuar descubrimentos e adquirir coñecementos baixo a auga que cambiarán a vida das futuras xeracións”.

A estación incluirá un invernadoiro submarino que permitirá aos seus habitantes producir plantas comestibles mediante hidroponía (cultivo sen terra) e estará alimentada por fontes de enerxía sostible, como a eólica, a solar e a conversión térmica oceánica (Otec), que aproveita as diferenzas de temperatura entre as distintas capas da auga para xerar electricidade.

FONTE: boyacaradio.com  Imaxe: elmundo.es

RIQUEZA NATURAL E PAISAXÍSTICA DE ESPAÑA VI

Continúo coa serie Riqueza natural e paisaxística de España, na que facemos un pequeno percorrido polas marabillas que a natureza esculpíu ao longo dos anos e aqueles espazos que son o resultado do traballo e enxeño do ser humano.

Hoxe imos a...

6. Xardín Nazarí de Vélez de Benaudalla (Andalucía)

No mesmo centro urbano e administrativo de Vélez de Benaudalla (Granada) atópase un lugar paradisiaco, acondicionado para o descanso, e ideal para os momentos reflexivos e contemplativos. Este lugar é o Xardín Nazarí de Vélez de Benaudalla.

Catalogado pola Xunta de Andalucía como Xardín Histórico,  tamén é coñecido como xardín dos Sentidos ou o Generalife chico, non sufriu grandes transformacións estruturais ao longo da súa dilatada historia.

A pesar de ser considerado como un claro exemplo de xardín hispano-musulmán, os estudos de 1995 puxeron de manifesto que, tanto o xardín como as vivendas que aquí quedan son obras do século  XVI, realizadas a partir dunha adaptación das hortas preexistentes, e mantendo o sistema hidráulico árabe.

Esta leira de recreo está delimitada por unha cerca perimetral, a excepción do flanco que dá ao tallo natural de Vélez de Benaudalla. Presenta dous elementos ben diferenciados, por unha banda unha vivenda, desenvolta en tres corpos ao redor dun patio central e por outro un amplo xardín, con hortas, muíño e grutas.

Mañá outro lugar alucinante!

FONTE: Idea orixinal abc.es/viajar, rinconesdegranada.com   Imaxe: turismo.velezdebenaudalla.es

#DígochoEu: Moito ollo cos listados!

 

Listado si que existe en galego, pero estalo empregando correctamente? A solución, no capítulo de hoxe, da man de Esther Estévez Casado!

#DígochoEu

SOLUCIÓN AO LABIRINTO LÓXICO I

Aquí tes a solución ao labirinto lóxico proposto por Erich Friedman en 2009. Lembrarás que o obxectivo era atopar no labirinto o ciclo hamiltoniano; é dicir, un loop que pasase por todos os puntos unha única vez.

Mañá outro exemplo de labirinto lóxico de Friedman.

FONTE: bbvaopenmind.com/ciencia

UBICACIÓN DA GUARDA HAI 240 MILLÓNS DE ANOS

Así estaría situada A Guarda hai 240 millóns de anos / dinosaurpictures.org

A Terra non sempre tivo o aspecto ao que hoxe estamos afeitos. Os continentes, en efecto, móvense continuamente, uníndose e separándose a medida que os millóns de anos transcorren, para dar forma a masas continentais e océanos que nada teñen que ver cos actuais. O  supercontinente Panxea, hai 250 millóns de anos, xunto ao océano global Panthalassa, son só os exemplos máis coñecidos desa lenta pero continua transformación.

Pescudar como era o "rostro" do noso planeta no pasado non resulta fácil, pero os  xeólogos conseguiron facerse unha idea bastante clara de como o noso mundo foi cambiando de aspecto durante o últimos mil millóns de anos.

Nun exercicio de divulgación científica sen precedentes, o paleoxeógrafo Christofer Scotese lanzou hai uns anos unha interesantísima web chamada Ancient Earth Globe, na que se combinan os mapas desenvolvidos ao longo de moitos anos polo proxecto PALEOMAPS cos datos de GPlates, un repositorio de datos xeolóxicos moi utilizado polos científicos.

O resultado é un mapa interactivo do mundo no que é posible coñecer, entre outras cousas, onde estaba a nosa cidade hai 100, 200, 400 e ata 750 millóns de anos. "Sorprendeume que os xeólogos xa recompilasen datos suficientes como para saber onde estaba a miña casa hai 750 millóns de anos -escribe o científico-, así que pensei que todos vostedes tamén o gozarían. A pesar de que os modelos de  tectónica de placas arroxan resultados precisos, as gráficas resultantes deben considerarse aproximadas".

Se queres seguir indagando a situación concreta da nosa localidade, A Guarda, ao longo do tempo, ou calquera outra localidade, preme AQUÍ.

Interesante!

FONTE: dinosaurpictures.org e José Manuel Nieves/abc.es/ciencia

#DígochoEu: Non digas *cauce

 

Nin *cauce nin *encauzar valen en galego. Esther Estévez Casado danos as alternativas capítulo de hoxe!

#DígochoEu