SOPA DE LETRAS XLIV

DUBHE ACAMAR MIZAR CASTULA CERVANTES
DENEB ELECTRA GUMALA HADAR FORMOSA
IZAR KEID

DUBHE ACAMAR MIZAR CASTULA CERVANTES
DENEB ELECTRA GUMALA HADAR FORMOSA
IZAR KEID
Cantabamos ou cantábamos? As dúas son variedades dialectais, pero no #DígochoEu sempre falamos do galego normativo, así que Esther Estévez Casado cóntanos cal das dúas formas se escolleu como estándar!
Lume e fogo son palabras correctísimas do galego, pero non significan o mesmo. Coñeces a diferenza? Esther Estévez Casado explícanola!
Por primeira vez na historia, na vida das persoas conviven dúas circunstancias: as reais e as virtuais. “Ata que punto están a condicionar unhas ás outras?”, pregúntase Xosé Carlos Ruiz, doutor en Filosofía. Como investigador da chamada ‘Hipermodernidade’, a este profesor universitario preocúpalle o impacto das novas tecnoloxías nas mentes do século XXI: “As redes sociais permítennos crear un avatar de nós mesmos, cunha vida totalmente idealizada”. E engade: “Para moitas persoas, especialmente para os adolescentes, é moi duro desconectarse das redes e descubrir que a súa vida real non se parece en nada á súa vida virtual”.
Crítico coa sociedade contemporánea, para el a felicidade do século XXI “converteuse nun instrumento de tortura” baseado nunha “check list”: “Sentimos que debemos consumir a última novidade do mercado, visitar o país de moda e practicar o deporte en boga”. Unha lista de experiencias interminable que sentimos obrigados a cumprir, e que nos leva a buscar estímulos emocionais permanentemente. Como experto en filosofía contemporánea, advirte: “Todo isto estase convertendo nunha trampa que nos conduce a ser incapaces de parar e reflexionar”. O antídoto, segundo asegura, está no pensamento crítico: “O pensamento crítico filosófico permítenos cuestionar a realidade do mundo no que vivimos, e tamén as súas mensaxes”.
Xosé Carlos Ruiz doutorouse en Filosofía Contemporánea cunha tese sobre o ‘Hiperindividualismo’. É especialista en ‘Pensamento Crítico’ e dirixiu varios cursos sobre o uso do pensamento crítico na aula e ‘Educación crítica visual’. Como investigador, os seus intereses céntranse na filosofía da cultura, a análise da sociedade hipermoderna e a aproximación da filosofía ao cotián. É autor dos títulos ‘De Platón a Batman: manual para educar con sabedoría e valores” (2017), ‘A arte de pensar’ (2018) e ‘A arte de pensar para nenos’ (2019). Tamén é colaborador habitual de prensa e exerce como asesor filosófico na Cadea SER.
Remato coa serie Canto sabes sobre a Segunda Guerra Mundial, o conflito conflito militar con maior número de mortos na historia da humanidade, que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945, involucrando directamente a máis de 100 millóns de persoas de máis de 30 países. A contestación á pregunta de onte, e última, é Rudolf Hess.

Rudolf Walter Richard Hess, (Alexandría, 26 de abril de 1894-Spandau, 17 de agosto de 1987). Nomeado lugartenente (Stellvertreter deas Führer), segundo na xerarquia do partido, por Adolf Hitler en 1933, ocupou ese cargo ata 1941, cando voou en solitario a Escocia nun intento de negociar a paz co Reino Unido durante a Segunda Guerra Mundial. Feito prisioneiro, finalmente condenado por crimes contra a paz. Cumpriu cadea perpetua na prisión de Spandau. Mentres aínda estaba detido nesa prisión, aforcouse en 1987 á idade de 93 anos. Despois da súa morte, o cárcere foi demolida para evitar que se convertese nun santuario neonazi.
Seguramente quedan moitas máis preguntas, pero serán motivo doutra serie. Ata a próxima!
FONTE: Idea orixinal historia.nationalgeographic.com.es e wikipedia.org Imaxe: lavanguardia.com
Exemplar de D. hatcheri, unha das tres especies nomeadas diste ceocodilo / Daderot
A finais do Cretácico existiu un mar interior na actual América do Norte. Un lugar no que os dinosauros que se achegaban á beira corrían un enorme risco. Un terror indescritible axexaba nas profundidades, esperando o seu momento para atacar: o seu nome é Deinosuchus, o crocodilo do terror, unha criatura que foi o maior carnívoro daquela contorna semi-acuático. Os seus dentes, do tamaño de plátanos, podían cravarse nos dinosauros máis incautos e provocar danos masivos. O seu corpo, similar ao dun aligator actual, alcanzaba os 10 metros de longo.
Os fósiles do xénero Deinosuchus foron estudados desde 1850. Pero unha nova investigación, publicada en Vertebrate Paleontology e levada a cabo por científicos da universidade de Iowa, Estados Unidos, reeavaliou agora moitas das evidencias. Grazas a iso, concluíron que existen tres especies deste grupo e non dúas, como se pensaba antes. Trátase de D. riograndensis, D. hatcheri e unha nova, D. schwimmeri.
"Deinosuchus foi un xigante que debeu aterrorizar aos dinosauros que se achegaban ao bordo da auga para vivir", dixo o director do estudo e investigador no Instituto Tecnolóxico de Nova York (Estados Unidos), para Sciencealert.com. "Ata o de agora, o tamaño completo desta criatura era descoñecido. Pero cos especímenes que examinamos, revelamos a existencia dun estraño e monstruoso depredador, con dentes do tamaño de plátanos".
Segundo iste investigador, as tres especies de Deinosuchus xurdiron despois de que un proceso xeolóxico dividise o mar interior de América do Norte pola metade, inaugurando tres ambientes diferentes nos que co tempo desenvolvéronse as tres especies.

Fósiles do cranio de Deinosuchus schwimmeri / Cossette&Brochu, Journal of Vertebrate Paleontology, 2020)
Para o coautor do traballo, a existencia destas tres especies mostra que "os crocodilos non son "fósiles viventes" que non cambiaron desde a época dos dinosauros, senón que evolucionaron tan dinámicamente como calquera outro grupo".
Os investigadores concluíron que D. riograndensis e D. hatcheri viviron ao oeste de América do Norte, entre Montana e a parte norte de México, mentres que D. schwimmeri viviu na costa atlántica, entre New Xersei e Mississippi.
Os fósiles mostran que foron os reis do seu tempo.
FONTE: abc.es/ciencia
Esther Estévez Casado ensínanos que en galego temos dedos... e dedas! E a maiores, este capítulo ten escondido un trazo dialectal de varias zonas de Galicia, sabedes cal?
Continúo coa serie Canto sabes sobre a Segunda Guerra Mundial, o conflito conflito militar con maior número de mortos na historia da humanidade, que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945, involucrando directamente a máis de 100 millóns de persoas de máis de 30 países. A contestación á pregunta de onte é Na Conferencia de Yalta. Ás veces chamada Conferencia de Crimea ou co nome en clave de Conferencia dos Argonautas, foi o encontro en tempo de guerra entre o 4 e o 11 de febreiro de 1945 mantido polos xefes de goberno dos Estados Unidos de América, o Reino Unido, e a Unión Soviética: Franklin D. Roosevelt, Winston Churchill, e Iosif Stalin, respectivamente. Nela houbo un acordo de que a prioridade debería ser a rendición incondicional da Alemaña nazi. Trala guerra, Alemaña debería ser dividida en catro zonas de ocupación, así como unha ocupación cuadripartita de Berlín.
E imos coa última pregunta desta serie!

15. Os Xuízos ou Procesos de Núremberg é o nome que recibiron os xuízos levados a cabo polos aliados contra algunhas das principais figuras do réxime nazi, trala fin da Segunda Guerra Mundial. Realizáronse entre o 20 de novembro de 1945 e o 1 de outubro de 1946 na cidade alemá de Nuremberg. De 4.850 peticións de procesamentos individuais, foron acusadas 611 persoas. As condenas foron en moitos casos de morte, prisión perpetua, varios anos de cárcere e absolución. Os condenados a cadea perpetua cumpriron a súa pena na Prisión de Spandau, ata a morte do último deles, en 1987. Como se chamaba iste preso?
- Franz von Papen
- Erich Raeder
- Rudolf Hess
Mañá a solución!
FONTE: Idea orixinal historia.nationalgeographic.com.es e wikipedia.org