Blogia

vgomez

EVIDENCIA DA CRISE CLIMÁTICA: O XEO DO ÁRTICO

Composición de imaxes creadas a partir de datos de satélites da Nasa (NASA)

O verán de 2020 no hemisferio norte aínda ten percorrido por diante, de calor, sen dúbida, pero polo que sabemos de momento, o xeo do océano Ártico está a vivir os seus peores momentos, polo menos desde que se dispoñen de datos fiables en tempo real.

A Nasa, a través do seu servizo especializado no estudo da superficie terrestres (Earth Observatory) presentou, o pasado 6 de agosto, como Imaxe do Día, unha fotomontaxe no que se comparan imaxes captadas desde satélites nestas mesmas datas do verán nos anos 2000, 2010 e 2020. Mesmo para os neófitos en clima, xeos árticos e radares espaciais, a comparativa non deixa lugar a dúbida de que a situación empeora de forma notable e rápida. A crise climática está máis que clara no rexión do Polo norte.

En xullo diste ano, a capa de xeo que se estende polo océano Ártico alcanzou un nivel récord baixo para esta época do ano”, concreta a Nasa na súa páxina web.

Os mapas comparados, que vedes na parte superior, mostran a extensión do xeo mariño no océano Ártico nos meses de 2020. A extensión defínese como a área total na que a concentración de xeo é de polo menos o 15%: cantidade mínima á que as medicións baseadas no espazo proporcionan unha medición fiable, especifica a Nasa desde o punto de vista técnico. O contorno amarelo de cada mapa mostra a extensión media de 30 anos para os meses de xullo.

En xullo de 2020, a extensión do xeo promedio 7,28 millóns de quilómetros cadrados, polo que é a máis baixa para xullo desde o inicio das medicións satelitales en 1979. A extensión de xullo de 2020 é 2,19 millóns de quilómetros cadrados por baixo da media de 1981-2010 para o mes de xullo, e 310.000 quilómetros cadrados por baixo do mínimo récord anterior, establecido en 2019. Por contexto, a extensión do xeo en xullo de 2000 foi próxima á media de 1981-2010, e xullo de 2010 mediu 1,4 millóns de quilómetros cadrados por baixo da media.

As temperaturas do aire inusualmente cálidas en maio e xuño sobre Siberia prepararon o escenario para un rápido derretimento nos mares Siberia Oriental e Laptev, mentres que as correntes oceánicas axudaron a eliminar o xeo da costa ártica rusa, abrindo o Roteiro do Mar do Norte. En contraste, o xeo mariño nos mares de Chukchi e Bering estivo máis preto do normal en xullo, segundo o Earth Observatory da Nasa.

As variacións de temperaturas e masas de xeo no Ártico son habituais dun ano para outro pero, como mostran os datos da Nasa, os datos realmente importantes desde o punto de vista climático son as tendencias a medio e longo prazo. Neste caso, parece claro que a tendencia no Ártico é constante e acelerada, en consonancia coa indicada nos modelos de cambio climático.

FONTE: Joaquim El Cacho/lavanguardia.com

CANTO SABES SOBRE A SEGUNDA GUERRA MUNDIAL? XII

Continúo coa serie Canto sabes sobre a Segunda Guerra Mundial, o conflito conflito militar con maior número de mortos na historia da humanidade, que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945, involucrando directamente a máis de 100 millóns de persoas de máis de 30 países. A contestación á pregunta de onte é O 6 de xuño de 1944. Este desembarco, co nome en clave Operación Overlord, foi unha batalla crave para a derrota final de Alemaña na Segunda Guerra Mundial. Un asalto aerotransportado levado a cabo por mil duascentas aeronaves precedeu ao desembarco anfibio, que involucrou a cinco mil barcos. O 6 de xuño, cento sesenta mil soldados cruzaron a canle da Mancha de Inglaterra a Francia e cara a finais de agosto as tropas aliadas en chan francés eran máis de tres millóns.

E imos coa pregunta de hoxe!

12. En que cidade lanzouse primeiro a bomba atómica?

- Nagasaki

- Hiroshima

- Pearl Harbour

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal historia.nationalgeographic.com.es e wikipedia.org

#DígochoEu: Non digas 'a man que *mece a *cuna'

 

Nin *mecer nin *cuna valen en galego! Son dous castelanismos. Esther Estévez Casado explícanos como os podes corrixir!

#DígochoEu

SOLUCIÓN ENCRUCILLADO XLVII

SOLUCIÓN ENCRUCILLADO XLVII

 

VERTICAIS: 2. Embraer 4. Luftwaffe 5. Boeing 7. Harrier.

HORIZONTAIS: 1. Iberia 3. Airbus 6. Túpolev 8. Concorde 9. Blériot 10. Ryanair.

Un de avións!

CANTO SABES SOBRE A SEGUNDA GUERRA MUNDIAL? XI

Continúo coa serie Canto sabes sobre a Segunda Guerra Mundial, o conflito conflito militar con maior número de mortos na historia da humanidade, que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945, involucrando directamente a máis de 100 millóns de persoas de máis de 30 países. A contestación á pregunta de onte é A política das tres frontes. Esta posición estándar que tomou o goberno español durante a Segunda Guerra Mundial era pro-nazi na guerra que sostiña Alemaña coa URSS, estritamente neutral na guerra entre Alemaña e as potencias occidentais; e proaliada na guerra que sostiña Estados Unidos contra Xapón.

E imos coa pregunta de hoxe!

11. O Desembarco en Normandía, coñecido historicamente como o día D, as tropas aliadas cruzan a Canle da Mancha desde Inglaterra e desembarcan nas costas da praia de Normandía en Francia, lugar que nese entón estaba baixo dominio alemán. Os aliados, que sumaban tropas do Reino Unido, Estados Unidos, e Canadá, querían liberar a Francia ocupada para logo seguir a súa conquista ata Alemaña. A que día nos estamos a referir?

- O 17 de decembro de 1944

- O 6 de xuño de 1944

- O 16 de abril de 1945

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal historia.nationalgeographic.com.es e wikipedia.org

#DígochoEu: Non digas *olvidar

 

Hoxe Esther Estévez Casado está nas verzas, pero non *olvida nada porque en galego non *olvidamos!

#DígochoEu

ENCRUCILLADO XLVII

ENCRUCILLADO XLVII

 

VERTICAIS: 2. Empresa Brasileira de Aeronaútica, compañía fabricante de avións, fundada en 1969 e terceira produtora de avións do mundo 4. Forza aérea integrante da Wehrmacht (forzas armadas) de Alemaña na época nazi 5. Orixinalmente chamada "B&W", é un dos principais fabricantes de avións e equipos aeroespaciais do mundo, tendo  a súa sede central na cidade de Chicago 7. Avión a reacción militar de deseño británico capaz de realizar despegues e aterraxes verticais/cortos, mediante empuxe vectorial.

HORIZONTAIS: 1. Aerolínea bandeira de España, fundada en 1927, que dende 2009 está fusionada con British Airways, creándose International Airlines Group, aínda que ambas empresas seguen a manter o seu propio nome 3. Empresa europea que deseña, fabrica e vende avións civís, sendo o principal fabricante de aeronaves do mundo, con sede en Blagnac, unha localidade de Toulouse, Francia 6. Empresa de defensa e aeronáutica rusa, liderada polo famoso enxeñeiro aeroespacial soviético Andréi N. Túpolev 8. Avión supersónico utilizado para o transporte de pasaxeiros ata o 2003, construído a partir do conxunto dos traballos dos fabricantes British Aircraft Corporation británico e Aérospatiale francés 9. Pionero da aviación francesa nas facetas de piloto, fabricante e diseñador de aeronaves, creador do primeiro monoplano en cruzar o Canal da Mancha e que tamén foi usado en misións militares, primeiro polos italianos en Libia e posteriormente nos inicios da I Guerra Mundial 10. Aeroliña irlandesa con sede social en Irlanda, sendo a maior transportista de baixo custo de Europa.

LAURA LAMONTAGNE & PICOAMPERIO

 

Laura Lamontagne (Lugo, 1993) e Pedro Cuntín, PicoAmperio, (Os Tilos, 1995) espeleólogos musicais pioneiros na recontextualización da herdanza folclórica galega a través da fibra electrónica e as ondas do loop.

Laura LaMontagne & PicoAmperio, abordan campos musicais diferentes que oscilan entre a tradición galego-portuguesa das «cantigas de amigo», ritmos electrónicos e ambientes íntimos provocados pola evolución de superficies de loops musicais. Poesía propia e adaptacións de Rosalía de Castro, Lorca, Pessoa, Martín Codax; rabia e desasosego dunha viaxe turbulenta como a vida. Mesturando a tradición e a realidade maquinal e tecnolóxica para contar historias, simplemente, porque o necesitamos.

No vídeo, interpreta "Bailemos nós já todas" que é unha adaptación da cantiga do trovador Airas Nunes de Santiago (clérigo e trobador do século XIII) "Bailemos nós ja todas tres, ay amigas ou Bailada das Avelaneiras", renovada e mellorada pola man de PicoAmperio.

Que o disfrutedes!