Blogia

vgomez

A TEORÍA DA CONSPIRACIÓN SOBRE O COROAVIRUS

Autoridades fronteirizas cabalgan a través da neve para informar os residentes sobre a epidemia de coroavirus nunha rexión montañosa de Altay, en Xinjiang, China, o pasado 19 de febreiro / EFE

Descoñécese cal é a orixe do coroavirus SARS-CoV-2, causante dunha doenza de nome COVID-19, que xa matou a 2.239 persoas e infectou a polo menos 75.567 en todo o mundo (74.415 delas en China). Pero una das hipóteses é que proviría do mercado de Huanan, na cidade de Wuhan, China, onde se comercializaban todo tipo de animais salvaxes. Pero, realmente o brote orixinouse alí?

Mentres se segue traballando en esclarecelo e en contrarrestar ao patóxeno, as redes sociais e algúns medios difundiron a idea de que o virus podería provir duns laboratorios de máxima seguridade situados na cidade de Wuhan, a escasos 300 metros do mercado de Huanan. Coméntase a posibilidade de que o virus fose creado  adrede ou de que houbese algún tipo de accidente e ata dous investigadores publicaron un suposto artigo suxeríndoo.

Esta mesma semana un grupo de 27 relevantes investigadores especializados en saúde pública, publicaron un manifesto en The Lancet negando estas teorías e denunciando o perigo desta desinformación.

"Estamos xuntos para condenar fortemente as teorías da conspiración que suxiren que COVID-19 non ten unha orixe natural", escriben os autores do manifesto. O seu rexeitamento baséase nas evidencias científicas e no feito de que estes "rumores e desinformación" poñen en perigo "A publicación rápida, aberta e transparente de datos sobre esta epidemia", segundo din.

A hipótese de que o SARS-CoV-2 provén dos laboratorios da cidade non encaixa coa información proporcionada sobre as secuencias xenéticas dos virus cos que alí se traballa. A pegada dactilar xenética destes está tan afastada do SARS-CoV-2 "que se necesita un transmisor intermedio onde este virus evolucionase significativaente". Iso si, a condición de que se coñecesen todas as secuencias coas que se traballan nos laboratorios. Ata o momento, barallouse as hipóteses de que o transmisor intermedio sexan cervos, serpes ou  pangolinos, sen que se puido confirmar.

Á marxe disto, os investigadores Botao Xiao e Lei Xiao, da Universidade de Ciencia e Tecnoloxía de Wuhan, son supostamente os autores dun artigo que apareceu en Research Gate, onde especulaban coa posibilidade de que o virus procedese dos laboratorios de alta seguridade de Wuhan, tal como informou Sciencemag.org. Este estudo desapareceu da devandita páxina máis tarde.

Ambos comentan no artigo que a secuencia xenética do SARS-CoV-2 ten unha similitude do 89% coa secuencia do coronavirus Bat CoV ZC45, un virus atopado en morcegos da especie Rhinolophus affinis. E lembran que estes animais capturáronse algunha vez na provincia de Zhejiang, que se atopa a máis de 900 quilómetros de distancia do mercado de Wuhan, un das posibles orixes do brote.

Con todo, consideran que hai algo moito máis preto do mercado de Wuhan que merece ser tido en conta como posible foco do coronavirus: trátase do Centro de Control e Prevención de Enfermidades de Wuhan (WHCDC), unhas instalacións de investigación, situadas a só 280 metros do mercado, onde se traballa con morcegos e coronavirus.

"Hai outro posible roteiro (á parte dos morcegos procedentes de  Zhejiang)?", pregúntanse os autores nun estudo de apenas 680 palabras que non foi revisado por pares nin publicado nunha revista científica. "Estudamos a zona ao redor do mercado de marisco e identificamos dous laboratorios que levan a cabo investigacións con coronavirus de morcegos". Ademais do WHCDC, nesa mesma zona está o Instituto de Viroloxía de Wuhan.

O certo é que o Instituto de Viroloxía de Wuhan conta con laboratorios onde se traballa baixo o máximo nivel debioseguridade existente, o nivel 4 (BSL-4), reservado para microorganismos extremadamente perigosos. E unha das tarefas que levan a cabo alí é a recollida e identificación de  patóxenos.

En apoio das súas ideas, os investigadores citan sondaxes que descartan que os morcegos Rhinolophus affinis vendésense ou se consumisen no mercado de Huanan e tamén consideran como improbable que os morcegos poidan  migrar 900 quilómetros. Por outra banda, non teñen en conta a posibilidade de que persoas infectadas puidesen viaxar desde estas zonas nin falan sobre a posible existencia de hospedadores intermedios.

"É plausible que o virus se liberase e que algúns contaxiasen aos pacientes iniciais desta epidemia", apuntan os autores no suposto estudo.

Os autores do manifesto publicado en The Lancet insisten en que, ata o de agora, unha eficaz colaboración internacional permitiu facerse unha idea aproximada da orixe do COVID-19: "Os estudos conclúen abrumadoramente que este coroavirus orixinouse no medio natural, como fixeron moitos outros patóxenos emerxentes".

Por iso, manifestaron o seu apoio aos investigadores e médicos que combaten a epidemia en China: "Queremos que vós, os profesionais da ciencia e a saúde de China, saibades que estamos convosco na vosa loita contra o virus".

Fronte a iso, consideraron que "As teorías da conspiración só crean medo, rumores e prexuízos que poñen en perigo a nosa colaboración global".
 

FONTE:Gonzalo López Sanchez/abc.es/ciencia

SOPA DE LETRAS XXXIII

SOPA DE LETRAS XXXIII

 

MONALISA         KENNEBEC       SPUNTA           SANTE

AGRIA                RED                  BARACA           CAESAR

DESIREÉ            ÁGATA

RECOÑECEMENTO INTERMODAL DAS ABELLAS

Unha abella resolvendo a tarefa de recoñecer a mesma forma (unha esfera) na escuridade cando podía sentila pero non vela / Lars Chittka

Os seres humanos somos capaces de atopar obxectos co tacto na escuridade grazas á complexidade do noso cerebro, que almacena información de tal maneira que pode ser recuperada por diferentes sentidos. Esta integración multisensorial permítenos formar imaxes mentais do mundo e apontoa a nosa conciencia. É unha habilidade bastante excepcional, xa que este recoñecemento visión-tacto só compartímolo con simios, monos e ratas, mentres que os golfiños utilizan a visión e o oído e algúns peixes, a visión e o sentido eléctrico.

Pois resulta que semellante fazaña cognitiva está presente no pequeno cerebro dun insecto.

Investigadores da Universidade Queen Mary de Londres e a Universidade Macquarie en Sydney descubriron que as abellas tamén poden atopar obxectos na escuridade que antes só viran.

Á luz, pero sen poder tocar os obxectos, os abellóns foron adestrados para atopar auga azucrada nun tipo de obxecto (cubos ou esferas) e unha solución de quinina amarga na outra forma. Cando foron postos a proba na escuridade, preferiron o obxecto que anteriormente era gratificante, e pasaron máis tempo explorándoo.

As abellas tamén resolveron a tarefa ao revés. Despois de que aprendesen a atopar unha forma particular na escuridade, foron postas a proba á luz e novamente preferiron a forma que aprenderan que era gratificante só co tacto.

Esta capacidade chámase recoñecemento intermodal e permítenos percibir unha imaxe completa do mundo con ricas representacións, explican os autores na revista Science.

"Hai moito que sabemos que as abellas poden lembrar as formas das flores. Pero un teléfono intelixente pode recoñecer a súa cara, por exemplo, e faio sen ningunha forma de conciencia. O noso novo traballo indica que algo está a suceder dentro da mente das abellas que é completamente diferente dunha máquina, que as abellas poden evocar imaxes mentais de formas", indican os autores do estudo.

Para os investigadores "esta é unha fazaña incrible se se considera o tamaño minúsculo do cerebro dunha abella. Investigacións futuras dos circuítos neuronais subxacentes a esta habilidade nas abellas poden algún día axudar a revelar como nosos propios cerebros imaxinan o mundo".

FONTE:abc.es/ciencia

CANTO SABES DE GALICIA VII

Continúo coa serie Canto sabes sobre Galicia, que pretende facer un percorrido sobre cousas que tod@s deberiamos de coñecer sobre a nosa Comunidade Autónoma. A resposta a pregunta do día anterior é Oestrinmios. O coñecemento dos elementos étnicos dos primeiros poboadores de Galicia é unha tarefa difícil pola escaseza de vestixios. Só coñecemos os textos antigos de autores gregos nos que identifican a estes habitantes como  oestrymnios. No poema de Rufo Festo Avieno, ora  maritima, alúdese aos "tola et arva Oestrymnios habitantibus", describindo a aqueles como homes fortes e valerosos, comerciantes e moi mariñeiros, que sucaban o mar en barcos de coiro. Os Oestrymnios habitaban na costa occidental  galáico-portuguesa dende o período eneolítico. Son os “mouros” da tradición galega e cuxo nome aparece, aínda hoxe en día, vinculado a multitude de dolmens e mámoas da nosa xeografía. Podemos cualificalos como os primeiros galegos, xa que tiñan unha cultura distinta da dos iberos e demais pobos da península, e que era compartida por outros pobos atlánticos europeos.

E imos coa pregunta de hoxe!

7. De todas as rutas do Camiño de Santiago, cal é a máis longa?

- Camiño Francés

- Camiño do Norte

- Vía da Prata

- Camiño de Inverno

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal blog.galiciamola.es, portalgalicia.com e gal.wikipedia.org Imaxe: es.aleteia.org

 

ENTROIDO, CARNAVAL...

Entroido, antroido, entruido, entrudio, entrudo e carnaval. Son estas as palabras que aparecen no dicionario da Real Academia Galega como denominacións da festa que fai vibrar todo o país nestes días.

Imos reflexionar sobre esta festa a través destas fráses:

A primeira é da figura capital da música popular brasileira contemporánea: Marcus Vinícius da Cruz de Melo Moraes (1913-1980):

- A felicidade do pobre parece a gran ilusión do carnaval, a xente traballa o ano enteiro por un momento, un soño para facer a fantasía de rei, de pirata ou xardineiro. Para todo acabarse o mércores.

A segunda é un Anonimo:

- O entroido permítenos por un momento ser outra persoa, dar renda solta aos nosos instintos, para logo, volver ser o que somos, o que fomos.

A terceira é de do escritor e  periodista británico Gilbert Keith Chesterton (1874-1936):

- A algúns homes os disfraces non os disfrazan, senón revélanos. Cada un disfrázase daquilo que é por dentro.

Para rematar, parte dunha canción de Úrsula Hilaria Celia de la Caridad De La Santísima Trinidad Cruz Alfonso (1925-2003), acantante cubana máis coñecida como Celia Cruz:

- Ai! non hai que chorar, que a vida é un carnaval e as penas vanse cantando.

Disfrutade do Entroido!

Imaxe: lacasainfantil.com

SOLUCIÓN AO CRUCIGRAMA DO ENTROIDO

 

VERTICAIS: 1. Vellaróns 3. Felos 4. Troiteiros 7. Peliqueiros

HORIZONTAIS: 2. Pantallas 5. Charrúas 6. Boteiros 8. Meco 9. Vergalleiros 10. Cigarróns

Figuras do Entroido galego!

CANTO SABES SOBRE GALICIA VI

Continúo coa serie Canto sabes sobre Galicia, que pretende facer un percorrido sobre cousas que tod@s deberiamos de coñecer sobre a nosa Comunidade Autónoma. A resposta a pregunta do día anterior é 18. Tomando como refrencia O cabo Fisterra cara arriba, temos as denominadas Rías altas: Ría de Camariñas, Ría de Corme e Laxe, Ría da Coruña (ou do Burgo), Ría de Betanzos, Ría de Ares, Ría de Ferrol, Ría de Cedeira, Ría de Ortiguera, Ría do Barqueiro, Ría de Vivero, Ría de Foz e Ría de Ribadeo. Do cabo Fiterra cara abaixo temos as denominadas Rías baixas: Ría de Corcubión e Cee, Ría de Muros e Noia, Ría de Arousa, Ría de Pontevedra, Ría de Aldán e Ría de Vigo.

E imos coa pregunta de hoxe!

6. Como se chamaba os primeiros poboadores, considerados como os primeiros galegos, que habitaron en Galicia?

- Celtas

- Vetóns

- Íberos

- Oestrymnios

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal blog.galiciamola.es, portalgalicia.com e gal.wikipedia.org Imaxe: sobreleyendas.com

ESTAMOS DE ENTROIDO

O Entroido está aquí na semana forte desta festa tan apegada no nosos país. A viñeta que vedes na parte superior vaille ao pelo. É do xenial humorista gráfico Luis Davila (Pontevedra, 1972) e está tomada do seu Twitter e publicada no xornal Faro de Vigo.

Que o pasedes de medo!