Blogia

vgomez

CRUCIGRAMA DO ENTROIDO

VERTICAIS: 1. AntigaS máscaraS do entroido de Castrelo de Cima no concello de Riós (Ourense), consistente nunha carauta de cartón duro, onde resaltan un afiado nariz con bigote e barba feitos de la de ovella de cor negra; cellas mestas; dentamia branca e unhas grandes orellas de papel; o traxe leva unha camisa de algodón con lazos de once cores e un calzón con flocos das mesmas cores; os complementos son un pano branco, faixa, botas, pololos e un pau chamado farrampo, ademais das fundamentais campás ao cinto  3.  Máscaras de xesto autoritario e sorriso socarrón, coroada pola ilustración dun animal ou ave rapaz representativa de Maceda (Ourense) 4. Mascaradas do Entroido de Bande (Ourense), na que a indumentaria non era especial, pero o normal era envolverse nun cobertor ou unha saba, con caretas feitas na casa de cartón, con  campanillas ao redor e unha vara; corrían polos camiños meténdose coas mulleres e os vellos 7. Máscaras característica do entroido de Laza (Ourense), na que a cabeza vai cuberta con carauta de madeira pintada de cores rechamantes, que se prolonga nunha especie de mitra de metal cun motivo zodárico (león, lobo, boi); detrás leva unha pelica de can, noutro tempo de gato montés, raposo ou lobo; desta pelica venlle o nome.

HORIZONTAIS: 2.  Mascaradas do Entroido de Xinzo de limia (Ourense), cunha vestimaneta consistente nunha camisa e calzón brancos, capa vermella ou negra,  pañoleta (case sempre vermella), polainas e zapatos negros, unha faixa tamén vermella leva na cintura campaiñas, unha careta (que lle  dá o nome ao conxunto) feita de cartón, papel periódico, fariña, auga e pintura; para rematar as vexigas nas mans que se van golpeando 5. Personaxes do entroido de Allariz (Ourense), que leva roupa vella, careta e unhas bandoleiras con campaíñas 6. Personaxes do Entroido de Viana do Bolo (Ourense), que leva unha máscara de peso considerábel feita de pel de cabra ou de cartón, de cor rosa con barba e bigote, tallada en madeira de bidueiro e de cor negra; as dúas coroadas por unha gran pantalla de formas xeométricas adubiadas con fitas de moitas cores 8. Boneco que se queima ao acabar o Entroido 9. Personaxes do Entroido de Sarreaus (Ourense), cun traxe que leva unha camisa de liño con tres cintas entrelazadas de cor verde, negra e vermella; un chaleco de feltro negro e  polainas tamén negras con borlas vermellas, que van desde o xeonllo aos pés; faixa tamén vermella, colgando chócalas ou  campaiñas pequenas e borlas negras; unha careta feita de pasta de papel cun debuxo dunha cabeza dun touro no seu frontal, e con motivos diversos, principalmente celtas no seu parte posterior; un corno de vaca é imprescindible para chamar co seu son á festa  10. Personaxes característicos do Entroido de Verín (Ourense), na que cabeza cuberta con carauta de madeira pintada de cores rechamantes, que se prolonga nunha especie de mitra de metal cun motivo zodárico (león, lobo, boi), levando detrás unha pelica de can, noutro tempo de gato montés, raposo ou lobo, cun traxe composto por unha camisola branca, gravata e unha chaquetiña curta da que colgan flocos dourados que van atados con lazos de tres cores, levando sobre os ombreiros unha panoleta despurundada á chaqueta e unha gran faixa vermella enrolada á cintura suxeita o pantalón, lebando enriba o cinto do que colgan as chocas.

Mañá a solución!

Estamos de Entroido!

CANTO SABES SOBRE GALICIA V

Continúo coa serie Canto sabes sobre Galicia, que pretende facer un percorrido sobre cousas que tod@s deberiamos de coñecer sobre a nosa Comunidade Autónoma. A resposta a pregunta do día anterior é Pena Trevinca. Iste pico da serra do Eixe, no macizo de Pena Trevinca, que fai fronteira entre as provincias de Ourense e Zamora, é o maior punto de altitude do territorio galego pois está a 2.127 m de altitude. O segundo punto máis alto, preto do anterior é Pena Negra con 2.121 m.

E Imos coa pregunta de hoxe!

5. Cuantas Rías hai en Galicia?

- Hai 14

- Só 2: Rías Altas e Rías Baixas

- Hai 18

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal blog.galiciamola.es, portalgalicia.com e gal.wikipedia.org

A TERRA, A NOSA CASA

 

Un é aventureiro como outro é poeta, porque ten unha visión romántica da existencia e pensa que a vida ten que ser algo máis que simplemente pasar polo mundo”. O naturalista e aventureiro Nacho Dean foi a primeira persoa da historia en dar a volta ao mundo a pé e en solitario, completando un total de 31 países e 33.000 quilómetros en tres anos. “O meu obxectivo non foi facer unha paréntese na miña vida, senón abrazala máis intensamente ca nunca”, asegura. Anos despois propúxose outro reto: unir nadando os cinco continentes co obxectivo de lanzar unha mensaxe de conservación dos océanos. Un fito que completou na chamada ‘Expedición Nemo’: “O mar é o gran esquecido, atopouse lixo onde non chega nin a luz solar”, advirte.

Fillo de mariño e amante da natureza, de neno Nacho Dean medrou lendo a Xulio Verne e vendo os documentais de Félix Rodríguez de la Fuente. Deles aprendeu a súa paixón pola exploración e a visión do mundo como un todo. “A natureza é o lugar ao que pertencemos, o que lle facemos a ela facémonolo a nós mesmos”, reflexiona. As súas expedicións servíronlle para visibilizar a degradación do planeta e incidir na nosa responsabilidade ante o cambio climático.

Para el, camiñar, viaxar e observar son escolas de vida porque nos ensinan que as cousas poden ser de moitas maneiras diferentes. O seu inquebrantable compromiso coa natureza é o seu motor de inspiración e o que condiciona a súa visión reveladora da existencia: “Tes que realizar un verdadeiro exercicio de desprendemento e desapego, tes que deixalo todo: a túa casa, o traballo, a familia, os amigos, os teus bens materiais. Tamén os medos dunha cultura que valora máis o benestar, o confort, a seguridade, a estabilidade, por encima doutros valores como son emprender, arriscarse, a paixón de estar vivo”.

CANTO SABES SOBRE GALICIA IV

Continúo coa serie Canto sabes sobre Galicia, que pretende facer un percorrido sobre cousas que tod@s deberiamos de coñecer sobre a nosa Comunidade Autónoma. A resposta a pregunta do día anterior é Rosalía de Castro. A publicación de Cantares Gallegos por Rosalía de Castro (1837-1885) foi o 17 de maio de 1863 en Vigo, na imprenta Juan Campañel, marcando esta a referencia para a celebración do Día das Letras Galegas. Nos seus poemas desenvólvense temas que reflicten a sociedade rural en que Rosalía viviu.

E imos coa pregunta de hoxe!

4. Cal é o punto máis alto de Galicia?

- O Xubial

- Pena Negra

- Pena Trevinca

- Cabeza de Manzaneda

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal blog.galiciamola.es, portalgalicia.com e gal.wikipedia.org

AS FOTOGRAFÍAS AÉREAS MÁIS IMPRESIONANTES DO PLANETA

Yellowstone National Park, USA. Photo / Earth View ©2020 CNES / Airbus, Maxar Technologies

Se queres dar un paseo gratis por todo o globo desde a comodidade do teu fogar, agora podes facelo grazas a Google Earth, que acaba de engadir 1.000 localizacións novas, o que suma á súa colección un total de 2.500 paisaxes de todo o mundo. As novas incorporacións á galería non quedan atrás e confirman que que existe moito máis neste planeta que os seres que vivimos nel.

Trátase da actualización máis grande de Google Earth View Collection, e nela podemos ver rexións volcánicas, paisaxes mariñas abatidas e algunhas escenas que parecen sacadas doutro mundo. Son recunchos espectaculares do noso planeta.

Para ver todas as imaxes dispoñibles prema AQUÍ.

FONTE: Sarah Romero/muyinteresante.es

CANTO SABES SOBRE GALICIA III

Continúo coa serie Canto sabes sobre Galicia, que pretende facer un percorrido sobre cousas que tod@s deberiamos de coñecer sobre a nosa Comunidade Autónoma. A resposta a pregunta do día anterior é Hai 6 parques Naturais. Concretamente son: Baixa Limia-Serra dos Xurés (Ourense), Complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán (A Coruña), Monte Aloia (Pontevedra), Serra da Enciña da Lastra (Ourense), O Invernadoiro (Ourense) e as Fragas do Eume (A Coruña). Por certo, tamén temos un único Parque Nacional: Parque Nacional das Illas Atlánticas.

E imos coa pregunta de hoxe!

3. Quen escribíu "Cantares Gallegos"?

- Emilia Pardo Bazán

- Manuel Murguía

- Rosalía de Castro

- Castelao

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal blog.galiciamola.es, portalgalicia.com e gal.wikipedia.org

LOGRAN XERAR ELECTRICIDADE DA "NADA"

Imaxe gráfica dunha película delgada de nanocables de proteínas que xeran electricidade a partir da humidade atmosférica/ Imaxe: fantasymundo.com

Científicos da Universidade de Massachusetts Amherst (EE.UU.) desenvolveron un dispositivo que utiliza unha proteína natural para xerar electricidade a partir da humidade do aire. A nova tecnoloxía, din os seus creadores na revista Nature, podería ser utilizada para o desenvolvemento de dispositivos portátiles electrónicos como monitores de saúde, reloxos intelixentes e mesmo teléfonos móbiles que non se teñan que cargar periodicamente. Ao tempo, podería ter implicacións significativas na loita contra o cambio climático e o futuro das enerxías renovables.

Os investigadores chaman ao dispositivo «xerador de aire» ou «xerador alimentado por aire» (Air-xen). Emprega  nanocables de proteínas condutores de electricidade producidos polo microbio xeobacter. Air-xen conecta eléctrodos aos  nanocables de proteínas de tal maneira que se xera corrente eléctrica a partir do vapor de auga presente de forma natural na atmosfera.

A nova tecnoloxía desenvolvida é non contaminante, renovable e de baixo custo. Pode xerar enerxía mesmo en áreas con humidade extremadamente baixa, como o deserto do Sahara. Ten vantaxes significativas sobre outras formas de enerxía renovable, como a solar e a eólica, porque a diferenza destoutras fontes de enerxía renovable, o  Air-xen non require luz solar ou vento, e mesmo funciona en interiores.

Os investigadores explican que o dispositivo Air-xen só require unha película delgada de nanocables de proteínas de menos de 10 micras de espesor. A parte inferior da película descansa sobre un eléctrodo, mentres que un eléctrodo máis pequeno que cobre só unha parte da película de nanocables atópase na parte superior. A película absorbe o vapor de auga da atmosfera. Unha combinación da condutividade eléctrica e a química da superficie dos nanocables de proteínas, xunto cos poros finos entre os nanocables dentro da película, establece as condicións que xeran unha corrente eléctrica entre os dous eléctrodos.

Os investigadores din que a xeración actual de dispositivos Air-xen pode alimentar pequenos dispositivos electrónicos e esperan levar a invención a escala comercial pronto. Os próximos pasos que planean inclúen o desenvolvemento dun pequeno «parche» Air-xen que pode alimentar dispositivos portátiles electrónicos como monitores de saúde e de estado físico e reloxos intelixentes, o que eliminaría o requisito de baterías tradicionais. Tamén esperan poder aplicalos aos teléfonos móbiles para eliminar a carga periódica.

FONTE: abc.es/ciencia

CANTO SABES SOBRE GALICIA II

Continúo coa serie Canto sabes sobre Galicia, que pretende facer un percorrido sobre cousas que tod@s deberiamos de coñecer sobre a nosa Comunidade Autónoma. A resposta a pregunta do día anterior é Santiago, Betanzos, Mondoñedo, Tui, Lugo, Ourense e A Coruña. As tres últimas de igual nomee que as actuais, aínda que non cos mesmos límites. Destas sete, Mondoñedo atópase actualmente dentro da provincia de Lugo;  Tui dentro da provincia de Pontevedra; Santiago, a actual capital de Galicia, e a da cidade de Betanzos (que se identificaba independente e politicamente como un enclave diferenciado do resto) forman parte da actual provincia da Coruña.Tras a nova división territorial de España en 1833 as provincias galegas modificaron o seu número e límites, quedando conformada Galicia nas catro actuais: A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra.

E Imos coa pregunta de hoxe!

2. Cantos Parques naturales hai en Galicia?

- Hai 5 Parques Naturales e 1 Nacional

- Hai 9 Parques Nacionais

- Hai 6 Parques Naturais

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal blog.galiciamola.es, portalgalicia.com e gal.wikipedia.org