Blogia

vgomez

SOLUCIÓN CRUCIGRAMA XXXII

SOLUCIÓN CRUCIGRAMA XXXII

 

VERTICAIS: 2. Ortiga 3. Mandioca 5. Estraloque 7. Pasiflora.

HORIZONTAIS: 1. Ricino 4. Ourego 6. Fiúncho 8. Arandeira 9. Sándalo 10. Papoula.

Plantas medicinais!

BANDEIRAS DO MUNDO CXII

Esta é a bandeira de Israel (Estado de Israel/מְדִינַת יִשְרָאֵל دولة إِسرائيل), un país de Oriente Próximo que se atopa na ribeira  sudoriental do mar Mediterráneo, que conta cunha poboación preto dos 9 millóns de habitantes, sendo a súa capital Xerusalén, reivindicada como capital tanto por Israel (actual administrador) coma polo Estado de Palestina. Os idiomas oficiais son o hebreo e o árabe.

A bandeira está composta por dúas raias azuis do mesmo tamaño que non chegan á beira da mesma sobre fondo branco. A Estrela de David, tamén de cor azul, sitúase no centro. O branco simboliza a luz, honestidade, inocencia e a paz. O azul simboliza a confianza, a lealdade, a sabedoría, a intelixencia, a fe, a verdade e o ceo.

FONTE: gal.wikipedia.org

CRUCIGRAMA XXXII

CRUCIGRAMA XXXII

 

VERTICAIS: 2. Planta herbácea da familia das urticáceas, que ao contacto coa pel produce proído e ampolas, pero que ten  a capacidade actuar como vasoconstrictor, o cal é útil nos casos nos que hai que deter hemorraxias e que ao conter moito ferro, tamén se pode utilizar para combater a anemia 3. Arbusto da familia das euforbiáceas, de nome científico  Manihot utilissima, cuxas raíces son moi ricas en amidóns e axudan a aumentar o ritmo metabólico e a perder peso, aínda que é moi importante combinala con alimentos ricos en macronutrientes, xa que este ingrediente non os achega 5. Planta silvestre da familia das escrofulariáceas, con nome científico   Digitalis purpurea, con numerosas flores con forma de alferga, coa corola de cor púrpura ou rosada e interior branco punteado de vermello, rica en  digoxina e  dixitoxina, as cales exercen un efecto diurético e favorecen a circulación sanguínea 7. Planta rubideira da familia das pasifloráceas, de follas alternas lobuladas e flores grandes e moi vistosas; posúe propiedades calmantes, diminúe a tensión arterial e reduce o ritmo cardíaco, sendo útil no tratameinto dos problemas de soño.

HORIZONTAIS: 1. O  Ricinus communis é un arbusto orixinario de África, do que se obtén un aceite purgante moi coñeceu, e consómese de maneira oral a pesar do seu desagradable sabor; iso si, a súa preparación é moi perigosa porque nela empréganse sementes que conteñen un potente veleno 4. Herba olorosa perenne da familia das labiadas, de follas pequenas ovadas e flores brancas ou rosadas en espiga, moi usada como condimento, pero que ten aplicacións tamén medicinais consumido inxerido ou en té: cambras, cefaleas, dores estomacais e molares e problemas respiratorios 6. O Foeniculum vulgare é unha planta de cheiro agradable e gusto doce, moi abundante en Galicia e utilizada como condimento e en medicina polas propiedades diuréticas e por favorecer a expulsión de gases e a dixestión  8. O Vaccinium myrtillus é un arbusto da familia das ericáceas, cun froito que non só é comestible senón que tamén é un potente antioxidante, que ademais é diurético e beneficioso na prevención de problemas urinarios e renais, e como potente antibacteriano, contribúe a tratar infeccións 9. Árbore das anxiospermas, propia das costas da India e de Oceanía, de madeira moi recendente, follas grosas, flores pequenas e froito en forma de cereixa, cuxos aceites esenciais son unha boa axuda para desinfectar feridas, sendo tamén, un diurético eficaz 10. A Papaver rhoeas é unha planta anual, con flores redondas de cor encarnada intensa e froito en cápsula, moi abundante nos campos de cereais e que dende hai milenios foi aproveitada como ingrediente polas súas propiedades narcóticas contra a dor e que serviron como base para desenvolver axentes psicoactivos usados na codeína e a morfina, por exemplo.

BANDEIRAS DO MUNDO CXI

Esta é a bandeira de Guinea (República de Guinea/République de Guinée), ás veces chamada Guinea-Conakri para diferenciala doutros países africanos como o seu veciño Guinea-Bisáu ou Guinea Ecuatorial. É un país de África occidental, que conta cunha poboación que supera os 12 millóns de habitantes, sendo a súa capital Conakri. O idioma oficial é o francés.

A bandeira está composta por tres franxas verticais do mesmo tamaño, de cor vermella (a máis preto do mastro), amarelo (a central) e verde. O vermello foi adoptado en homenaxe dos que morreron na loita contra o colonialismo. É a cor vinculado cos traballadores da industria e do campo, razón pola que tamén se asocia co termo "Traballo" do lema nacional. O amarelo é o símbolo do ouro guineano e o sol africano. O amarelo é a cor que se relaciona co termo "Xustiza" do lema nacional. O verde representa os bosques e a agricultura do país. É a cor que simboliza a última palabra do lema nacional: "Solidariedade".

FONTE: gal.wikipedia.org

CANTO SABES DA TÁBOA PERIÓDICA XVI

Continúo coa serie adicada a recordar aspectos da Táboa Periódica dos Elementos. A contestación á pregunta do día anterior é Non. A letra “J” non aparece na táboa. Por que? A clave atopámola en que os elementos  quimicos son unha abreviación, proveñen dos seus nomes en latín, e a J non existía en latín, por iso é polo que non atopemos elementos químicos con J.

E imos coa pregunta de hoxe!

16. Podemos facer unha división moi básica da táboa periódica clasificando os seus elementos en 3 grupos: metais,  metaloides, e non metais. Sabes cal destes grupos é máis numeroso na táboa periódica?

- Metais

- Metaloides

- Non metais

Mañá a solución e una nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es e nationalgeographic.com.es

SOLUCIÓN Á SOPA DE LETRAS XXXI

SOLUCIÓN Á SOPA DE LETRAS XXXI

 

Cereais!


SOPA DE LETRAS XXXI

SOPA DE LETRAS XXXI

 

AVEA        MILLO        TRIGO       CEBADA

CENTEO    ARROZ       ESPELTA   TEFF   

BULGUR   QUINOA     AMARANTO

Mañá a solución!

DUNAS BOREAIS

 

As auroras polares (chamadas boreales no hemisferio norte, austrais no sur) prodúcense cando partículas con carga eléctrica procedentes do sol (os chamados ventos solares) son canalizadas cara aos polos polo campo magnético que envolve a Terra. Alí interactúan cos gases da atmosfera, incluíndo o osíxeno e o nitróxeno, aumentando a súa enerxía ata que a carga é liberada en forma de partículas  lumínicas.

Unha colaboración entre afeccionados á fotografía e astrofísicos finlandeses permitiu identificar unha nova forma de aurora boreal que debuxa patróns similares ao das dunas de area. O achado, descrito no primeiro número da revista AGU Advances , foi localizado nunha rexión da atmosfera pouco estudada ata o de agora, a mesopausa, que se atopa entre a mesosfera e a ionosfera, no límite co espazo exterior.

 Pero a investigación demostrou que as dunas son o resultado de mareas mesosféricas, un fenómeno raro e pouco estudado. O comportamento destas mareas é similar ao que se dá na desembocadura dalgúns ríos, cando as ondas avanzan en contra a dirección do caudal. Só que neste caso trátase de ondas de partículas luminosas.

Curioso fenómeno!

FONTE: Amado Herrero/elmundo.es/ciencia