Blogia

vgomez

CALENDARIO MUSULMÁN

Calendario musulmán / Imaxe:i2.wp.com

Levamos falados estes días pasados dos calendarios chines e hebreo. Hoxe imos facelo do calendario musulmán.

Estamos hoxe no 2 de Yumada al-Akhir do ano 1441 do calendario musulmán, que arrinca coa Hégira, a migración de Mahoma da Meca a Medina o 16 de xullo do ano 622. Este calendario consta de 12 meses lunares e un ano de 354 ou 355 días.

Non hai meses intercalados cada certa cantidade de anos, como ocorre cos calendarios chinés e hebreo, polo que os meses e as estacións non manteñen relación. O noveno mes, Ramadán, é un mes de xaxún que este ano comezará o 5 de maio.

O calendario musulmán é oficial en países como Arabia Saudita e Iemen. Outros, como Exipto, Siria e Marrocos, usan tanto este como o  gregoriano.

Mañá outro calendario!

FONTE: J. Rubio /E. Sánchez/verne.elpais.com

BANDEIRAS DO MUNDO C

Esta é a bandeira de Liechtenstein (Pincipado de Liechtenstein/Fürstentum Liechtenstein), un minúsculo principado, sen saída ao mar,  do centro dá Europa, encravado nos Alpes, entre a Austria e a  Suíza. Conta cunha poboación que rolda os 38.000 habitantes, sendo a súa capital Vaduz. O idioma oficial é o alemán.

A bandeira consta de dúas bandas horizontais de igual tamaño, sendo a superior azul e a inferior vermella, cunha coroa de duque dourada no lado do mastro da banda de arriba. As cores é probable que deriven das da familia real do Principado no século XVIII. Dise que a franxa azul simboliza o ceo, a raia vermella representa o resplandor dos incendios durante as reunións nocturnas, e o ouro destácase pola unidade física e mental da nación, o estado, e a casa real.

FONTE: gal.wikipedia.org e banderas-mundo.e

CALENDARIO HEBREO

Calendario hebreo / Imaxe: radiosefarad.com

Falabamos onte do calendario chines, con motivo do ano novo que comezaba o 4718 ou ano da rata. Pero no mundo hai outros calendarios. Hoxe imos falar do calendario hebreo.

Segundo este calendario, estamos no 29 de tevet do ano 5780 (ao 26 de xaneiro no calendario gregoriano). O calendario arrinca o ano 3760 antes de Cristo cando, segundo a tradición, Deus creou o mundo.

Tamén segue meses lunares, polo que, como no caso chinés, hai que intercalar periodicamente un decimoterceiro mes de 30 días, que se engade cada dous ou tres anos (7 veces cada 19 anos; o próximo será no noso 2024). Tanto este calendario como o gregoriano son oficiais en Israel, pero o hebreo úsase cada vez menos.

O ano novo xudeu, Rosh Hashaná, celébrase o 1 de tishrei, que conmemora a creación do home. Este ano será o 18 de setembro (adoita caer en setembro ou outubro). Os dous días de celebracións dan paso aos dez días de arrepentimento, que á súa vez culminan con Yom Kipur, que se celebrará o 27 de setembro.

Mañá un novo calendario!

FONTE: J. Rubio /E. Sánchez/verne.elpais.com

CANTO SABES DA TÁBOA PERIÓDICA IV

Continúo coa serie adicada a recordar aspectos da Táboa Periódica dos Elementos. A contestación á pregunta do día anterior é Si. Trátase do einsteinio (Es), cuxo número atómico é 99 e foi descuberto en 1952 como subproducto da primeira explosión da bomba de hidróxeno.  

E imos coa pregunta de hoxe!

4. A que elemento químico corresponde o símbolo Dy?

- Disprosio

- Dubnio

- Darmstadio

- Deyterio

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es

XII PREMIOS FRONTEIRAS DO COÑECEMENTO 2019. CATEGORÍA CAMBIO CLIMÁTICO

XII PREMIOS FRONTEIRAS DO COÑECEMENTO 2019. CATEGORÍA CAMBIO CLIMÁTICO

 

O Premio Fundación BBVA Fronteiras do Coñecemento na categoría de Cambio Climático foi concedido na súa duodécima edición ao estadounidense Kerry Emanuel, “polas súas contribucións fundamentais á comprensión da física dos furacáns, e como se ve afectada polo cambio climático”, sinala a acta do xurado. As evidencias actuais sobre estes fenómenos climáticos extremos confirman a predición de Emanuel, feita a finais dos anos oitenta, de que agora hai furacáns máis intensos polo aumento de temperatura global.

Kerry Emanuel (Cincinnati, Ohio, EE UU, 1955), graduouse en Ciencias da Terra e do Planeta en 1976 no Instituto Tecnolóxico de Massachusetts e doutorouse en Meteoroloxía nesta mesma universidade en 1978. Ao acabar o doutoramento incorporouse ao Departamento de Ciencias Atmosféricas da Universidade de California en Los Ángeles, do que formou parte durante tres anos, salvo unha breve paréntese que dedicou a filmar tornados en  Oklahoma e Texas. En 1981 regresou ao Instituto Tecnolóxico de Massachusetts, no que desenvolveu a súa carreira investigadora e docente durante o últimas catro décadas. Desde 1987 é titular da Cátedra Cecil & Ida Green de Ciencia Atmosférica no Departamento de Ciencias da Terra, Atmosféricas e Planetarias (EAPS). Entre 1989 e 1997 dirixiu o Centro de Meteoroloxía e Oceanografía Física do EAPS e entre 2009 e 2012 o Programa en Atmosferas, Océanos e Clima dese mesmo departamento. En 2010 creou xunto a Daniel H. Rothman o Centro Lorenz, un think tank do MIT que impulsa enfoques creativos para comprender como funciona o clima e do que o propio Emanuel é  codirector.

Parabéns!

FONTE: premiosfronterasdelconocimiento.es

BANDEIRAS DO MUNDO XCIX

Esta é a bandeira das Illas Marshall (República das Illas Marshall/Republic of the Marshall Islands/Aolepān Aorōkin M̧ajeļ), un país insular ubicao no océano Pacífico, na rexión da Micronesia. Conta cunha poboación que rolda os 53.000 habitantes, sendo a súa capital Majuro. O idiomas oficiais son o inglés e o marshalés.

Na bandeira aparecen representadas simbolicamente as illas que conforman o país dentro do océano. A franxa ascendente colocada en diagonal representa o ecuador, a estrela branca situada na parte superior da bandeira simboliza este arquipélago situado no Hemisferio Norte. As cores laranxa e branca representan, respectivamente, a coraxe e a paz e tamén as dúas cadeas de illas do arquipélago das Illas Marshall: Ratak Chain e Ralik Chain. A estrela branca posúe vinte e catro puntas, unha por cada distrito electoral do país.

FONTE: gal.wikipedia.org

NOVO ANO CHINO: 4718

Ano 4718, ano da rata na China / Imaxe: vanidades.com

Millóns de chineses celebran hoxe, 25 de xaneiro, o Ano Novo Lunar, adicado ao seu primeiro símbolo do horóscopo, a rata. Segundo a tradición, as persoas nadas nun ano deste símbolo son intelixentes e astutas.

Arrinca así o ano 4718, segundo o seu calendario. En China úsase habitualmente o calendario gregoriano (o que utilizamos en España), adoptado en 1912, pero o tradicional segue marcando celebracións e festas. Especialmente as de Ano Novo, durante as que moitos viaxan miles de quilómetros para reunirse coas súas familias, aínda que iste ano complicado polo coroavirus Wuhan.

No calendario chinés, o ano divídese en meses que seguen os ciclos lunares e duran 29 días e medio. O ano deste calendario ten 354 días, e o ano novo pode variar entre finais de xaneiro e principios de febreiro (o ano pasado foi o 5 de febreiro, por exemplo). Para compensar este diferenza de 11 días co ano astronómico e que cadren meses e estacións, hai que engadir un mes adicional cada dous ou tres anos. Como os nosos anos bisiestos, pero cun mes enteiro. É o que ocorrerá iste mesmo ano, cando haberá dous meses cuartos (coma se tivésemos abril 1 e abril 2).

O ano 1 deste calendario, equivalente ao 2698 antes de Cristo, coincide co inicio do reinado de Huangdi, ou o Emperador Amarelo, un personaxe  mitológico cuxo reinado tradicionalmente considérase o introductor de avances como o arco e frecha, a escritura, e os carros e barcos de madeira.

Ademais do calendario chinés hai no mundo outros calendarios, que iremos vendo nos próximos días.

Féliz ano 4718!

FONTE: J. Rubio /E. Sánchez/verne.elpais.com

XII PREMIOS FRONTEIRAS DO COÑECEMENTO 2019. CATEGORÍA BIOLOXÍA E BIOMEDICINA

 Os investigadores estadounidenses David Sabatini e Michael Hall / FBBVA

A principal marabilla que deu a chilena Illa de Pascua non foron as súas moáis, esas xigantescas estatuas monolíticas ergueitas no medio do océano Pacífico, senón unha molécula: a rapamicina, illada das bacterias do seu chan en 1972. A rapamicina (bautizada así polo nome nativo da illa, Rapa Nui) é un presunto santo graal: alonga a vida de ratos, moscas e vermes, e prevén enfermidades asociadas ao envellecemento, como o cancro, en roedores, cans, monos e mesmo humanos. Hoxe, os dous descubridores do mecanismo da rapamicina, os estadounidenses Michael Hall e David Sabatini, foron galardoados co Premio Fronteiras do Coñecemento da Fundación BBVA, na categoría de bioloxía e biomedicina.

Michael Hall (San Xoán de Porto Rico, EE UU, 1953), doutorouse no Departamento de Microbioloxía e Xenética Molecular da Universidade de Harvard en 1981. Tras realizar investigación  posdoctoral no Instituto Pasteur de París e na Universidade de California en San Francisco, en 1987 incorporouse ao Biozentrum da Universidade de Basilea, institución onde exerce como catedrático de Bioquímica desde 1992 e da que foi vicedirector en dúas ocasións. Descubriu a proteína chamada Diana de Rapamicina en 1991, investigando con células de fermento.

David Sabatini (Nova York, EE UU, 1968) licenciouse en Bioloxía pola Universidade Brown e licenciouse e doutorou en Medicina pola Universidade Johns Hopkins en 1997. Ese mesmo ano incorporouse ao Instituto Whitehead, unha división do Instituto Tecnolóxico de Massachusetts (MIT) centrada na investigación básica en biomedicina. En 2002 converteuse en membro do Whitehead e integrouse tamén no MIT, onde hoxe é catedrático de Bioloxía. El detectouna en mamíferos en 1994, cando aínda era un estudante moi novo.

A proteína, coñecida como mTOR (mammalian Target of Rapamycin), funciona como un interruptor que se acende cando hai nutrientes e permite o crecemento das células. Ata o 60% dos tumores malignos ten a súa orixe na activación anómala deste interruptor. Esta proteína controla unha multitude de reaccións en fervenza, en función dos nutrientes dispoñibles. A rapamicina pode bloquear este proceso, enganando ás células, que actúan coma se non houbese alimento. Este efecto é a gran esperanza para alongar a vida humana. Xa en 1935, o equipo do bioquímico estadounidense Clive McCay descubriu que os seus ratos vivían un 50% máis se comían menos, dando lugar á chamada dieta da restrición calórica. Potencialmente, a  rapamicina podería equivaler a comer menos e vivir máis.

Parabéns!

FONTE: premiosfronterasdelconocimiento.es e elapsi.es/ciencia