Blogia

vgomez

BANDEIRAS DO MUNDO LXIV

Esta é a bandeira de Andorra (Principado de Andorra/Principat d’Andorra), un estado sen saída ao mar, situado nos Pireneos entre España e Francia. A súa poboación rolda os 88.000 habitantes, sendo a súa capital Andorra la Vella. O seu idioma oficial é o catalán. A súa soberanía está compartida entre o Presidente da República Francesa e o Bispo de Urgell.

A bandeira está composta por tres franxas verticais de cores azul, amarela e vermella. No centro sitúase o escudo de Andorra. Pode considerarse como unha fusión entre as bandeiras de España (franxas amarela e vermella) e Francia (franxas azul e vermella), países que actúan de protectores do Principado. A franxa azul representa o ceo de Andorra. Este sería testemuña do esforzo e traballo da súa poboación para lograr obter a súa liberdade e independencia. A cor amarela ou dourada representa as riquezas. Tamén os recursos naturais valiosos que se poden conseguir dentro do territorio do principado. A franxa vermella representa o sangue andorrano derramada pola consolidación do seu país. Ademais, fai referencia á participación dos andorranos en conflitos dos seus vecinos.

FONTE:gal.wikipedia.org e lifeder.com

OS TEUS COÑECEMENTOS SOBRE MEDIO AMBIENTE

O medio ambiente é un sistema formado por elementos naturais e artificiais que están interrelacionados e que son modificados pola acción humana. Trátase da contorna que condiciona a forma de vida da sociedade e que inclúe valores naturais, sociais e culturais que existen nun lugar e momento determinado.

Os seres vivos, o chan, a auga, o aire, os obxectos físicos fabricados polo home e os elementos simbólicos (como as tradicións, por exemplo) compoñen o medio ambiente. A conservación deste é imprescindible para a vida sustentable das xeracións actuais e das vindeiras.

Pero como estám os teus coñecementos sobre o tema? Pois imos averigualo!

1. En que data celebramos o Día Mundial do Medio Ambiente?

- 21 de marzo

- 5 de xuño

- 13 de maio

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixina muyinteresante.es e definicion.de

CINE: STAR WARS: O ASCENSO DE SKYWALKER

 

Esta fin de semana chega aos cines a película Star Wars: O ascenso de Skywalker, sendo a  novena e última entrega da saga Star Wars, e peche da nova triloxía iniciada con "O espertar da Forza". Esta é a súa ficha técnica:

Título orixinal:  Star Wars: The Rise of Skywalker 

 Ano: 2019

Duración: 155 minutos

País: Estados Unidos

Xénero: Fantástico. Aventura espacial

Produtora: Lucasfilm, Bad Robot, Walt Disney Pictures

Dirección: J.J. Abrams

Guión: J.J. Abrams, Chris Terrio (Personaxes: George Lucas)

Música: John Williams

Fotografía: Daniel Mindel

Montaxe: Maryann Brandon

Reparto: Daisy Ridley, Adam Driver, John Boyega, Oscar Isaac, Domhnall Gleeson, Kelly Marie Tran, Joonas Suotamo, Ian McDiarmid, Carrie Fisher, Keri Russell, Billie Lourd, Lupita Nyong’o, Naomi Ackie, Richard E. Grant, Billy Dee Williams, Anthony Daniels, Dominic Monaghan, Mark Hamill, Matt Smith

Argumento: Un ano despois dos eventos dos últimos Jedi, os restos da Resistencia enfrontaranse unha vez máis á Primeira Orde, involucrando conflitos do pasado e do presente. Mentres tanto, o antigo conflito entre os Jedi e os Sith chegará ao seu  clímax, o que levará á saga dos Skywalker a un final definitivo.

Entretida!

BANDEIRAS DO MUNDO LXIII

Esta é a bandeira de Vietnam (República Socialista de Vietnam/Cộng hòa Xã hội chủ nghĩa Việt Nam), o país máis oriental da Península de Indochina, no sueste asiático. Conta cunha poboación que rolda os 92 millóns de habitantes, sendo a súa capital Hanoi. O idioma oficial é o vietnamita.

A bandeira contén unha estrela amarela de cinco puntas sobre fondo de cor vermella, símbolo do socialismo. O fondo vermello simboliza a revolución e o sangue. A estrela amarela de cinco puntas representa a unidade dos obreiros, campesiños, intelectuais, novos e soldados na construción do socialismo.

FONTE: gal.wikipedia.org e ecured.cu

SOLUCIÓN CRUCIGRAMA XXVIII

SOLUCIÓN CRUCIGRAMA XXVIII

 

VERTICAIS: 1. Dili 2. Dakar 3. Victoria 5. Bangkok 6. Feetown 9. Castries.

HORIZONTAIS: 4. Apia 7. Kigali 8. Mogadiscio 10. Dusambé.

Capitais do mundo!

CRUCIGRAMA XXVIII

CRUCIGRAMA XXVIII

 

VERTICAIS: 1. Capital dun estado do Sueste asiático, chamado Timor Leste ou Timor Oriental, que comprende a metade oriental da illa de Timor, as illas de Ataúro e Jaco, e o enclave de Ocusi, na costa norte da metade occidental da illa 2. Capital dun país de África Occidental, no que nunha das súas praias remataba un famoso rally, agora trasladado a America do Sur 3. Capital da República das Seychelles, un grupo de 115 illas situadas no océano Índico, ao nordés de Madagascar 5. Capital de Tailandia, un país ubicado ao leste da subrexión do Sueste Asiático 6. Capital dun país de África occidental chamado Serra Leoa 9. Capital dun un pequeño estado insular en América, ubicado no mar Caribe, cahamado Santa Lucía.

HORIZONTAIS: 4. Capital dun país que comprende un grupo de illas pertencente ao arquipélago da Polinesia ao sur do Pacífico, chamado Samoa 7. Capital dun país de África Central, chamado Ruanda 8. Capital dun país africano do Corno de África, chamado Somalia 10. Capital dun país montañoso e sen saída ó mar que se atopa en Asia Central, chamado Taxiquistán.

Mañá a solución!

BANDEIRAS DO MUNDO LXII

Esta é a bandeira de Uruguai (República Oriental del Uruguay), un país de América do Sur, situado na parte oriental do Cono Sur. Conta cunha poboación que rolda os 63 millóns de habitantes, sendo a súa capital Montevideo. O idioma oficial é o español.

A bandeira caracterízase polo Sol e as súas franxas cor branco e azul celeste. A cor branca simboliza a gloria, a alegría, o perdón, a inocencia e o amor. A cor azul emprégase para representar o espazo e o ceo inmaculado. Tamén se refire á meditación, á especulación filosófica que se pon ao servizo da Nación e a patria a través dos pensamentos claros e de profundo amor. A cor dourada do Sol simboliza a nobreza, riqueza, poder, magnanimidade, luz, constancia, fe, sabedoría e pureza.

FONTE: gal.wikipedia.org e significados.com

COMO EDUCAR PARA OS RETOS DO FUTURO



Medios de comunicación pouco fiables, redes sociais, noticias falsas e intelixencia artificial… Para Alex  Beard, o mundo cambiou e o sistema educativo actual non está a dar respostas efectivas a estes cambios: “Os mozos de hoxe teñen que ser capaces de entender como funcionan os algoritmos que dan forma ás súas vidas, e quen os deseña”, afirma.

Adaptar a educación de hoxe aos retos e desafíos das xeracións do mañá. Esa é a gran preocupación, e tamén o obxecto de estudo, deste educador e escritor británico. Todo comezou cunha pregunta: como debería ser a aprendizaxe do século XXI? Co fin de investigalo, deixou a docencia e decidiu colgarse unha mochila ao ombreiro para percorrer o mundo estudando os métodos educativos máis innovadores e punteiros. De todo o aprendido nas súas viaxes, destaca que “deberiamos tomarnos máis en serio a creatividade” e que “atopámonos diante do limiar dunha revolución do ensino”. Respecto a a intelixencia artificial, Beard móstrase optimista: afirma que equivocámonos ao comparar o cerebro humano coa intelixencia artificial, porque “os cerebros humanos son orgánicos e rebeldes”. E engade: “A idea de que as máquinas aprenden mellor que os humanos é moi perigosa e é mentira”.

Alex Beard leva unha década dedicado á investigación educativa. Forma parte de Teach For All, unha rede de organizacións educativas independentes de todo o mundo que traballa para garantir que todos os nenos e nenas poidan desenvolver o seu potencial. Tamén é autor de varios libros, entre os que destacan ‘Natural Born Learners’ (2018) e ‘Outras formas de aprender: que funciona en educación e por que’ (2019).