Blogia

vgomez

Tamén azucre: o asteroide Bennu ten todos os ingredientes para a vida

Imaxe de Bennu tomada por OSIRIS-REx / es.wikipedia.org

Os asteroides tipo carbonáceo fascinan á ciencia desde hai décadas, porque non son só pedras. Conservan materia primitiva do Sistema Solar e rexistran a súa «meteoroloxía» acuosa. A misión OSIRIS-REx, da NASA, despegou en 2016, visitou Bennu en 2018 e trouxo á casa en 2023 máis de cen gramos de rochas e po. As análises previas xa sinalaban auga atrapada en minerais e abundante carbono, e mesmo compostos como o aminoácido triptófano, un dos ingredientes básicos da vida. Faltaba unha peza para o cóctel prebiótico completo: azucres. Agora aparecen en laboratorio e péchase o círculo.

As novas medidas, difundidas por equipos internacionais, revelan glicosa, un dos combustibles básicos da vida tal e como a coñecemos. A presenza de azucres nun obxecto tan antigo implica que a química orgánica complexa xa existía no Sistema Solar exterior, en ambientes fríos onde o xeo e o po actúan como reactores químicos. O achado encaixa co mapa mineral de Bennu, rico en sales e carbonatos que delatan auga salgada no seu corpo proxenitor, é dicir, o planeta ou asteroide de onde saíu. Ese «caldo» puido facilitar reaccións entre moléculas sinxelas e formar bloques cada vez máis grandes.

Xunto aos azucres aparecen aminoácidos, as pezas das proteínas. As análises informan de mesturas racémicas, con aminoácidos zurdos e destros a partes iguais. Na Terra a vida elixiu case exclusivamente a versión zurda, un misterio aberto que estas mostras axudan a desvelar. Tamén asoman as cinco nucleobases, os ladrillos do ADN e ARN, e compostos nitroxenados como amoníaco, que sinalan contornas frías onde o nitróxeno puido incorporarse a moléculas cada vez máis complexas. En suma, Bennu empaqueta case todo o necesario para a bioquímica terrestre, aínda que en si mesmo non teña vida.

Os resultados apóianse en varias técnicas. A espectrometría de masas e a cromatografía separan e pesan moléculas orgánicas con precisión. A microscopía e a difracción determinan a presenza de minerais como halita e calcita, e as pegadas de auga líquida antiga.

A misión OSIRIS-REx recolleu máis de 120 gramos de roca e po de Bennu / NASA/Erika Blumenfeld e Joseph Aebersold

A clave, con todo, é a mostraxe limpa. A misión OSIRIS-REx recolleu o material sen que tocase a atmosfera ou o chan terrestres e selouno para a súa viaxe de volta, o que minimiza a contaminación que afecta a moitos meteoritos. Por iso, cando no laboratorio aparece glicosa ou ribosa, a interpretación gaña forza: o azucre non provén da Terra, senón que é azucre espacial.

O descubrimento de azucres súmase a unha imaxe cada vez máis coherente da orixe da vida no Sistema Solar. As reaccións sobre grans de po xeados, activadas por radiación solar e chispazos químicos, poderían producir alcois, aldehídos e azucres simples.

Logo, durante o quecemento en auga salobre dentro do corpo orixinal de Bennu, esas moléculas circularían, chocarían e se ensamblarían con aminoácidos e nucleobases. Se asteroides así impactaron a Terra primitiva, puideron entregar un cargamento mixto de enerxía química, bloques de información e catalizadores minerais listos para reaccionar en charcas, poros rochosos ou costas volcánicas.

Significa isto que a vida comezou no espazo? Non exactamente. Significa que o espazo puido ser o provedor por xunto dos ingredientes. A cociña, coa súa receita caseira e o seu fogón, seguiu estando na Terra. Bennu, pola súa banda, confírmase como un provedor daquela despensa.

FONTE: quo.eldiario.es/ciencia

CANTO SABES DE CABO VERDE? IX

Continúo coa serie adicada a Cabo Verde é un país situado nun arquipélago volcánico fronte á costa noroeste de África. Famoso pola súa cultura criolla portuguesa-africana, a música morna tradicional e as súas numerosas praias fan deste país un lugar fermosísimo

A contestación correcta á pregunta de onte é Pico do Fogo. Sito na illa do Fogo, é a cima máis elevada do arquipélago de Cabo Verde, cunha altura de 2.839 m, sendo, logo do Pico do Teide a segunda cota en altitude do océano Atlántico. Érguese como un estratovolcán interior no enorme cráter da Chã das Caldeiras (con 8 km de diámetro) e 1.200 m sobre o solo do cráter.

 

E imos coa pregunta de hoxe:

9. Cabo Verde, con clima árido, non ten ríos permanentes. Con todo, nas illas máis montañosas, existen arroios estacionais. Como se chaman?

- Ribeiros

- Riadas

- Roiadas

Mañá a solución e una nova proposta!

FONTE e Imaxes: es.wikipedia.org

“Ser feliz é vivir co corazón esperto

Escritora e divulgadora. Así se describe Elsa Punset, directora de contidos do Laboratorio de Aprendizaxe Social e Emocional (LASE), licenciada en Filosofía e Letras, Máster en Humanidades pola Universidade de Oxford, Xornalismo pola Universidade Autónoma de Madrid e Educación Secundaria pola Universidade Camilo José Cela. É unha das principais referencias de fala hispana no ámbito da aplicación da intelixencia emocional como ferramenta para o cambio positivo.

Elsa Punset suma máis dun millón de lectores como autora de libros de éxito como ‘Unha mochila para o Universo’, ‘O libro das pequenas revolucións’ ou o máis recente, ‘Felices’. É autora tamén dos contos ilustrados de “Os Atrevidos”, dirixidos ao público infantil para axudarlles a comprender e xestionar de forma entretida, as súas emocións básicas. 

Neste fragmento inspirador, Elsa Punset reflexiona sobre unha das confusións máis estendidas do noso tempo: crer que a felicidade depende do pracer inmediato. Explica que o noso cerebro responde con rapidez a estímulos que nos xeran un subidón momentáneo —a dopamina dun “gústame”, a distracción constante, a necesidade de máis e máis estímulo—, pero advirte que, cando convertemos esa procura na nosa única fonte de benestar, terminamos sentíndonos máis baleiros, cansos e desconectados do mundo.

CANTO SABES DE CABO VERDE? VIII

Continúo coa serie adicada a Cabo Verde é un país situado nun arquipélago volcánico fronte á costa noroeste de África. Famoso pola súa cultura criolla portuguesa-africana, a música morna tradicional e as súas numerosas praias fan deste país un lugar fermosísimo

A contestación correcta á pregunta de onte é 500.000 habitantes. Exactamente 522.331 (INE 2023).

E imos coa pregunta de hoxe:

8. Cal é o punto máis elevado de Cabo Verde?

- Pico d’Antónia

- Topo de Coroa

- Pico da Cruz

- Pico do Fogo

Mañá a solución e una nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org e datosmundial.com     Imaxes:datosmundial.com e es.wikipedia.org

#DígochoEu: Como é? Lotería ou lotaría?

Pronto chega o Sorteo de Nadal! Como se di correctamente? Lotería ou lotaría? 🤔

#DígochoEu

CANTO SABES DE CABO VERDE? VII

Continúo coa serie adicada a Cabo Verde é un país situado nun arquipélago volcánico fronte á costa noroeste de África. Famoso pola súa cultura criolla portuguesa-africana, a música morna tradicional e as súas numerosas praias fan deste país un lugar fermosísimo

A contestación correcta á pregunta de onte é 4.000 km2. Exactamente 4.033 km2. A modo comparativo, para que te fagas una idea, bastante máis que as illas Azores (2.333 km2) e bastante menos que as illas Baleares (5.040 km2).

 

E imos coa pregunta de hoxe:

7. Cal é, aproximadamente, a poboación de Cabo Verde?

- 400.000 habitantes

- 450.000 habitantes

- 500.000 habitantes

- 550.000 habitantes

Mañá a solución e una nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org e exteriores.gob.es    Imaxes: eldiariosur.com e rfi.fr

SOLUCIÓN SOPA DE LETRAS CLXXXIV

Algúns Premios Nobel de Medicina!

BORDET  (Jules Bordet-1919)  

LANDSTEINER (Karl Landsteiner-1930)

FLEMING (Alexander Fleming-1945)         

THEILER (Max Theiler-1951)         

OCHOA (Severo Ochoa-1959)           

WALD (George Wald-1967)           

EULER (Ulf von Euler-1970)           

YALOW (Rosalyn Yalow-1977)

DAUSSET (Jean Dausset-1980)

ALTER (Harvey James Alter-2020)           

KARIKÓ (Katalin Karikó-1923)         

SAKAGUCHI (Shimon Sakaguchi-2025)

A ORIXE DAS PALABRAS: FODER A MARRÁ

É común dicir a expresión ‘foder a marrá’ ou algunha das súas variantes (como ‘fodesuse a marrá’, ‘foderse a marrá’…) para facer referencia a algo que se amola/estraga. Por poñer un exemplo, estar nun lugar tranquilo e plácidamente e de súpeto chegar alguén de forma escandalosa e molestando: ‘Co tranquilos que estabamos e chega este a fodernos a marrá’.

Pero antes de explicar a orixe da expresión é conveniente coñecer o significado dos dous termos que a compoñen. Por unha banda o vocábulo ‘foder’, palabra amplamente coñecida que ademais de ser un vulgarismo para referirse ao acto sexual tamén se utiliza como sinónimo de amolar, danar, amolar, estragar, descompoñer, desfacer ou vulnerar.

Por outra banda, a ‘marrá’ á que alude a expresión, ao contrario do que algunhas persoas poidan pensar, non se refire á femia do marrán (porco) senón ao eixo da roda da nora tendo en conta que esa nora non é a que nos atopamos nunha feira ou parque de atraccións, senón o dispositivo composto de dúas rodas engranadas coa que, mediante recipientes, subíase a auga dos pozos).

O renxer desa engrenaxe ao virar lembraba en certa maneira ao gruñido do animal, por iso é polo que se utilizase ese termo, debido a que antigamente era moi común asignar a algo o nome cuxa onomatopea evocaba algunha cousa (por exemplo ‘follar’ provén de ‘fol’ debido a que o arfo do acto sexual lembraba ao resoplar dun fol utilizado para avivar o lume).

Por tanto, a orixe de ‘foder a marrá’ provén da acción de sabotear a nora a través de atrancarla con algún pau ou barra de ferro e mesmo botando area. Dese modo impedíase o xiro da mesma sendo un prexuízo para o propietario do pozo. Cabe destacar que algunhas fontes tamén apuntan á nora dos muíños e á disputa que había entre os campesiños que ían moer o trigo pola quenda en que lles tocaba: o que primeiro moía antes tiña a súa fariña e podía vendela, así que, nalgunhas ocasións, os outros agricultores trataban de sabotearlo fodendo/estragando a marrá

FONTE: Aldred López/20minutos.es