Blogia
vgomez

CURIOSIDADES

PLANTAS CURIOSAS IX

 Kigelia africana / Imaxe: dkespanol.com

Continuo con esta serie adicada as plantas con flores, froitos ou sementes moi curiosas, como mostra de que a natureza non deixa de sorprendernos coas súas manifestacións a gran e pequena escala.

7.
Kigelia africana, maís coécida como ábore das salchicas ou árbore salchicón. É unha especie de árbore pertencente á familia das bignoniáceas. Orixinaria do
Senegal, pero atópase tamén enTanzania, Mozambique, nos humidais no oeste de Quenia e ao norte de Sudáfrica.

É unha árbore de tamaño medio (10 a 15 m), con amplas e grandes follas pinnadas con 8 a 10 folíolos ovalados de 30 cm de lonxitude. Estas follas son perennes ou  caducifolias, dependendo do clima onde medre. As súas grandes flores (que se abren ábren pola noite) acampanadas con 5 pétalos emiten un cheiro nauseabundo e produce froitos secos. O cheiro atrae aos morcegos que a polinizan. Dan lugar a grandes acios de froita marróns colgantes. A miúdo, considérase que o contido das súas fibras non é comestible para os seres humanos, pero a nivel local cómense cocidos.

Mañá outra!

PLANTAS CURIOSAS VIII

Strelitzia reginae / Imaxe: waterwisebotanicals.com

Continuo con esta serie adicada as plantas con flores, froitos ou sementes moi curiosas, como mostra de que a natureza non deixa de sorprendernos coas súas manifestacións a gran e pequena escala.

7. Strelitzia reginae , máis coñecida como ave do paraíso.
É unha especie de planta anxiosperma (monocotiledónea) da familia das estrelitziáceas. Planta herbácea (de porte arbustivo cunha altura media de 1,5 m e un diámetro de 1,8 m), con follas, con longos pecíolos, alternas, pinnatinervadas e dísticas. As flores son hermafroditas, asimétricas, polinizadas por aves, e preséntanse reunidas en grupos cinciniformes protexidos primariamente por grandes brácteas, varias delas laterais e con frecuencia longamente pedunculada.

É orixinaria de Suráfrica e amplamente cultivada en xardíns en rexións tropicais e subtropicais pola beleza das súas flores.

Mañá outra!

PLANTAS CURIOSAS VII

Callistemon citrinus / Imaxe:es.wikipedia.org

Continuo con esta serie adicada as plantas con flores, froitos ou sementes moi curiosas, como mostra de que a natureza non deixa de sorprendernos coas súas manifestacións a gran e pequena escala.

7. Callistemon citrinus (estames fermosos), máis coñecida como limpiatubos ou árbore do cepillo, pola forma da súa florescencia. É un arbusto perennifolio  da familia Myrtaceae da que pode acadar de 2 a 10 m de alto. Orixinario de Australia e Nova Gales do Sur.

As súas follas son lineais, lanceoladas, alternas e  coriáceas de cor verde agrisada de 3 a 7 cm de longo e 5 a 8 mm de ancho. Na primavera e verán aparecen unhas densas espigas de 6 a 10 cm de lonxitude por 4 a 7 cm de diámetro. Os estames son de cor vermella, vermello-purpura ou lila coas anteras de cor escura.

Mañá outra!

PLANTAS CURIOSAS VI

Solanum ovigerum / Imaxe: taringa.net

Continuo con esta serie adicada as plantas con flores, froitos ou sementes moi curiosas, como mostra de que a natureza non deixa de sorprendernos coas súas manifestacións a gran e pequena escala.

6. Solanum ovigerum, máis coñecida como planta poñedora. Pertence a un xénero de plantas herbáceas, arbustivas ou  trepadoras, da familia Solanaceae. É unha variedade das moitas que existen de berenxena e unha das máis extraordinarias e orixinais. Por iso, é unha planta apreciada para cultivar nos xardíns.

O froito é branco e do tamaño do ovo dunha galiña cando non está maduro. A medida que medra aumenta o seu tamaño e a súa cor vai cambiando a amarelo. Aínda que nos últimos anos creáronse variedades máis grandes e ananas que conservan a súa cor branca inmaculada.

Todo aquel que a ve sorpréndese sen excepción cando observa ovos nacendo do vexetal.

Mañá outra!

PLANTAS CURIOSAS V

Antirrhinum majus / Imaxe: taringa.net

Continuo con esta serie adicada as plantas con flores, froitos ou sementes moi curiosas, como mostra de que a natureza non deixa de sorprendernos coas súas manifestacións a gran e pequena escala.

5. Antirrhinum majus, máis coñecida como a herba becerra, herba do can ou boca de dragón. É unha especie de planta da familia das plantaxináceas de talo ergueito, con follas simples, opostas na base do talo e alternas máis arriba e flores en acios de distintas cores, de forma característica, nativa do Mediterráneo, dende Marrocos, Portugal e sur de Francia, ata o leste de Turquía e Siria.

Como curiosidade ao marchitarse as  vainas da flor parecen caveiras.

Mañá outra!

PLANTAS CURIOSAS IV

Psychotria elata / Imaxe: floresyplantas.net

Continuo con esta serie adicada as plantas con flores, froitos ou sementes moi curiosas, como mostra de que a natureza non deixa de sorprendernos coas súas manifestacións a gran e pequena escala.

3. Psychotria elata, máis coñecida como flor do bico ou beizos de muller debido á forma das súas brácteas, que conforman nun momento do proceso de floración, a forma duns sensuais beizos pintados de carmín. Trátase dunha planta arbustiva, da orde das Gentianales e da familia das Rubiaceae, orixinaria do Putumayo colombiano que crece no sotobosque tropical en Centroamérica e América do Sur, polo que a podemos  encontar ao pé das árbores dos bosques tropicais e a beiras de mananciais e arroios en Costa Rica, Panamá, Colombia e Ecuador. As súas follas son grandes, de cor verde intensa, con veas secundarias elevadas no feixe e planas no envés, que poden chegar a medir uns 25 centímetros de longo e entre 6 e 8 de anchura.orde das  Gentianales da familia das  Rubiaceae

A rechamante forma destes beizos, que moitos pensan erroneamente que se trata da súa flor, son un par de brácteas grandes de cor vermella intensa que protexen ás súas flores pequenas e brancas, polo que son follas modificadas que acompañan ás flores, protéxenas e ás veces, como neste caso, cambian de cor para atraer polinizadores como colibríes e bolboretas.

Mañá outra!

PLANTAS CURIOSAS III

PLANTAS CURIOSAS III

Drácula simia / Imaxe: supercurioso.com

Continuo con esta serie adicada as plantas con flores, froitos ou sementes moi curiosas, como mostra de que a natureza non deixa de sorprendernos coas súas manifestacións a gran e pequena escala.

3. Drácula simia, máis coñecida como orquídea cara de mono.

Estas orquídeas proveñen do sueste do Ecuador e dos bosques peruanos, onde florecen durante todo o ano en elevacións de 2.000 metros de altura. Descuberta en 1978 polo botánico Luer. O seu nome científico provén de Drácula polos dous espolóns longos dos sépalos, que lembran os cabeiros do vampiro máis famoso, e simia , pola  carita do mono que aparece no seu interior.

Cada flor é diferente, non todas teñen a mesma imaxe e conta con mais de 120 especies, que ofrecen unha gran variedade de cores e tamaños: desde as máis diminutas que precisan dunha lupa para observalas ata as de 20 cm. de anchura.

Mañá outra!

 

PLANTAS CURIOSAS II

PLANTAS CURIOSAS II

Orchis italica / Imaxe: quedeflores.com

Continuo con esta serie adicada as plantas con flores, froitos ou sementes moi curiosas, como mostra de que a natureza non deixa de sorprendernos coas súas manifestacións a gran e pequena escala.

2. Orchis italica coñecida comunmente como a flor do home espido pola peculiar aparencia do seu labelo.

É unha orquídea que se atopa en prados e terreos á luz solar directa ou media sombra, arredor do Mediterráneo, por Oriente Medio, e o norte de África. As follas son oblongas cunha lonxitude de 5 cm, medran dende os tubérculos subterráneos que teñen un tamaño máximo de 6 cm e son elipsoides. A inflorescencia que é erecta en espiga, sae da roseta basal de 5 a 10 follas oblongo lanceoladas que ás veces están moteadas de puntos púrpura marronáceos. O tallo está cuberto por unha bráctea cor verde até 2/3 da súa lonxitude.

Presenta unha densa floración con flores pequenas en forma cónica. Os tres sépalos son iguais en tamaño estando soldados polos lados quedando os ápices soltos, estes extremos soltos dos dous laterais cúrvanse cara arriba e o central arquéase cara abaixo. Forman unha especie de gorra que cobre a columna. Os sépalos presentan unha cor púrpura con liñas converxentes de ton máis intenso. O labelo sobresae debaixo do casco 3/4 partes, é de cor rosa esbrancuxada e está profusamente moteado con puntos de rosa máis intensa. O labelo presenta tres lóbulos, o central, máis ancho, ten dúas identacións profundas (no centro sobresae un floco moito máis fino que os flocos que quedan a ambos lados), e dous lóbulos máis pequenos e delgados un a cada lado que están lixeiramente arqueados cara afora e cara arriba. Ten ademais dous pétalos moi reducidos no interior que non se observan a simple vista. Florece desde marzo até xuño. A cor pode variar desde a esbrancuxada a diferentes tons de rosa e púrpura.

Mañá outra!