Blogia
vgomez

CURIOSIDADES

IMAXES INÉDITAS DA TERRA DENDE O ESPAZO (III)

IMAXES INÉDITAS DA TERRA DENDE O ESPAZO (III)

 

Unha nova imaxe do aquivo fotofráfico da NASA do satélite Terra que, desde o seu lanzamento hai máis de 10 anos, non parou de capturar a superficie terrestre. En concreto é a imaxe dunha  lingua do glaciar Erebus

Cando un glaciar de val se despraza moi rápido sucede isto. O glaciar Erebus da Antártida (que descende do Monte Erebus, o volcán máis austral da Terra) forma unha impresionante lingua de xeo de case 12 quilómetros.

FONTE: Revista Muy Interesante

ERROS CIENTÍFICOS QUE SE REPITEN UNHA E OUTRA VEZ NO CINEMA

 

A Física ten unha serie de batallas perdidas co cinema. Pese que toda película cun orzamento decente adoitan contar nos nosos días con asesores especializados, hai erros relacionados coa ciencia que parecen quedarse na pantalla para non irse xamais. Naves alieníxenas derrapando no espazo, tipos musculados aos que non se lle move nin un pelo co retroceso da súa metralladora, coches submarinos imposibles ou as estrañas propiedades de lava. De todo iso e máis trata un artigo publicado no xornal público.es e realizado por Jaime Noguera, e que reproducirei ao longo de varios días. Maxia do cinema, erros asumibles ou fallos garrafais?

Imos co primeiro: O son propágase polo baleiro

"No espazo ninguén pode oír os teus berros", anunciaba a película  Alien en 1979. Pois parece que o único que non se podía oír eran os berros, nada máis. Excepto en honrosas ocasións como 2001 ou en Gravity, no universo da gran pantalla pasan da transmisión natural das vibracións mecánicas e escóitase de todo: explosións, motores de destrutores imperiais, naves derrapando e ata a voz de mestres Jedi falecidos.

Un exempo, o vídeo superior, un corte da película Star Wars. Episodio IV.

FONTE: Xornal Público.es/strambotic

IMAXES INÉDITAS DA TERRA DENDE O ESPAZO (II)

IMAXES INÉDITAS DA TERRA DENDE O ESPAZO (II)


Unha nova imaxe do aquivo fotofráfico da NASA do satélite Terra que, desde o seu lanzamento hai máis de 10 anos, non parou de capturar a superficie terrestre. En concreto é a imaxe do Lago Uvs.

Este lago salino é o maior de Mongolia. Ocupa unha área de 3.350 quilómetros e a súa conca está separada do resto da depresión dos Grandes Lagos polo Khan Khökhii, montaña da provincia de Uvs.

FONTE: Revista Muy Interesante

ATOPADO O INSECTO MÁIS LARGO DO MUNDO

ATOPADO O INSECTO MÁIS LARGO DO MUNDO

O insecto pau máis largo d0 mundo / Xinhua

Un insecto pau atopado na rexión autónoma Guangxi, ao sur de China, foi clasificado como o insecto máis longo do mundo. As autoridades chinesas afirmaron o pasado xoves que o exemplar, de 62,4 centímetros, superou o récord de lonxitude de todos os rexistrados ata a data.

Unha investigadora do Museo do Insecto do Oeste de China (IMWC), atopou o insecto pau nunha estrada de montaña durante unha inspección nun campo de Guangxi hai dous anos. Este exemplar é o insecto máis longo dos descubertos ata agora, entre os que se clasificaron máis de 807.625. O récord anterior pertence a outro insecto pau de 56,7 centímetros atopado en Malaisia en 2008, que se atopa actualmente no Museo de Historia Natural de Londres.

A investigadora levaba esperando este momento desde 1998, cando os habitantes desa zona aseguraron ver un "bicho enorme" de medio metro roldando polo campo. "Estaba a coleccionar insectos nunha montaña de 1.200 metros de altitude na cidade de Liuzhou, Guangxi, a noite do 16 de agosto de 2014, cando unha sombra parecida á rama dunha árbore apareceu á distancia", dixo a investigadora. "Cando me acheguei, impactoume ver que as súas patas eran tan longas como o seu corpo".

O insecto, alcumado Phyganistria chinensis Zhao (a última parte do seu nome na honra da investigadora Zhao Li que o atopu), foi transportado ata o IMWC, onde puxo seis ovos. Tras eclosionar, o corpo máis pequeno dos recentemente nados medía polo menos 26 centímetros, case o dobre que os conservados no museo londiniense. As autoridades chinesas sinalan que a tese sobre este caso publicarase proximamente.

FONTE: Xornal El País/Ciencia

IMAXES INÉDITAS DA TERRA DENDE O ESPAZO

IMAXES INÉDITAS DA TERRA DENDE O ESPAZO

 

A verdade é que vendo esta imaxe parece un cadro pintado ao óleo dun bo artista, pero non. Relamente trátase dunha fotografía.

A NASA liberou o arquivo fotográfico do satélite Terra que, desde o seu lanzamento hai máis de 10 anos, non parou de capturar a superficie terrestre. En concreto é a imaxe da Cordilleira do Atlas (Marrocos).

Con 2.400 km de longo, esta cordilleira percorre o noroeste de África ata Marrocos. Atlas separa as costas do mar Mediterráneo e do océano Atlántico do deserto do Sahara, o motivo polo que este é tan árido e seco.

En próximos días... maís fotografía deste tipo!

FONTE: Revista Muy Interesante

VIAXE VIRTUAL A UNHA MESETA DE MARTE EN 360º

 

O robot Curiosity da NASA acaba de percorrer un tramo do terreo máis escarpado e difícil de transitar que atopou durante os 44 meses que durou ata agora a súa misión en Marte. Para que poidades ter unha idea de como é esta rexión do planeta vermello, a axencia espacial difundiu un vídeo panorámico e interactivo coas imaxes obtidas polo robot.

O robot ascendeu á Meseta Naukluft, na parte baixa do Monte Sharp, a principios de marzo, despois de pasar varias semanas investigando as dunas de area. O leito de roca arenisca da meseta foi tallado por millóns de anos de erosión eólica. O camiño de aproximadamente 400 metros cara ao oeste está a levar ao rover a superficies máis lisas que conducen a capas xeolóxicas de interese científico máis arriba.

A imaxe panorámica foi captada pola cámara de mastro (Mastcam) a bordo de Curiosity o pasado 4 de abril. A escena preséntase cun axuste de cor que mostra as rocas e a area como aparecerían baixo as condicións de luz diúrna da Terra.

FONTE: Xornal ElMundo/Ciencia

CANIBALISMO NO UNIVERSO

CANIBALISMO NO UNIVERSO

Devorador de estrelas / Imaxe: IAC

O canibalismo tamén existe no universo. Non só hai galaxias que se comen a outras (e como exemplo está a nosa, que leva millóns de anos dixerindo a unha máis pequena xusto no lado oposto de onde nos atopamos), senón tamén as estrelas.

Iso pásalle á pobre estrela que acompaña a un burato negro que viaxa a gran velocidade pola galaxia, a 145 km/s respecto de nós. O obxecto chámase XTE J1118+480 e foi descuberto polo satélite de raios X Rossi en marzo de 2000. Atópase xusto encima o noso (respecto ao plano galáctico) e moi preto, a tan só 6.000 anos-luz.

É posible que este burato negro fose "expulsado" fai 7.000 millóns de anos dun dos moitos cúmulos globulares estelares que forman un halo esférico ao redor da nosa galaxia e que se supón que apareceron durante as primeiras épocas de formación da Vía Láctea. Cunha masa dunhas sete veces a do Sol, antes de comezar a súa viaxe o taimado buraco negro "secuestrou" a unha das estrelas do cúmulo.

E coma se tratásese dun snack para o longo camiño, foi coméndolla aos poucos. Pero esa bolsa de patacas fritas estelar está próxima a terminarse: á pobre estrela só quedan as capas internas pois o resto xa o devorou o seu raptor.

Agora os astrónomos pregúntanse onde hai máis destes "caníbales", que estiman en centenares de miles.

FONTE: Revista Muy Interesante/Ciencia

ESTA NOITE MINILÚA

ESTA NOITE MINILÚA

Superlúa e minilúa do ano 2012 / Imaxe.focus.it

A superlúa é un dos fenómenos astronómicos máis populares. Cando se anuncia unha, moita xente anímase a contemplar o ceo para gozar da beleza dunha Lúa máis grande do normal. Algo tan fermoso ocorre porque a órbita do noso satélite natural ao redor da Terra non é un círculo perfecto, senón unha elipse. Así que cando a Lúa atópase na súa perigeo, é dicir, no punto da súa órbita máis próximo ao noso planeta, vese máis grande.

Pero, como é lóxico, tamén sucede o contrario. Hoxe, venres, 22 de abril, poderemos contemplar a lúa chea máis diminuta do ano, a minilúa. O motivo? Que se atopa no seu apoxeo, o punto da súa órbita máis afastado de nós. En concreto, situarase 50.000 km máis lonxe da Terra do que o estará a lúa chea máis próxima do ano, a superlúa do 14 de novembro.

Cada ano ten unha lúa chea máis afastada e máis próxima. A minilúa prodúcese un mes e 18 días máis tarde cada ano, o que significa que no 2017 poderase contemplar o 9 de xuño. E en 2018, o 27 de xullo. O apoxeo da Lúa varía de 404.000 a 406.700 km de distancia.

Esperemos que as condición climatolóxicas axuden!

FONTE: Xornal abc/ciencia