Blogia
vgomez

CURIOSIDADES

COGOMELOS RAROS QUE SE ATOPAN EN GALICIA VI

Continúo coa serie adicada aos cogomelos moi particulares ou raros que podemos atopar en Galicia, que coa chegada ao outono as condicións meteorolóxicas son idóneas para a proliferación destes fungos, polo que é a estación do ano na que máis especies agroman.

6. ESTRELAS DE TERRA

As estrelas de terra (Geastrum e Astraeus) son un tipo de “peidos de lobo” ou gasteromicetos no que as esporas se producen no interior dun saco, e son liberadas en cantidades inxentes ao aire para a súa dispersión. A súa peculiaridade reside en que o “saco” (peridio) no que se producen as esporas se divide en dúas partes: un endoperidio esférico que contén as esporas, de forma redonda; e un exoperidio duro e coriáceo que se separa do endoperidio e se expande formando a característica “estrela” que lles dá nome.

Continuará…

FONTE: Nadia Iglesias/gciencia.gal/medioambiental   

COGOMELOS RAROS QUE SE ATOPAN EN GALICIA V

Continúo coa serie adicada aos cogomelos moi particulares ou raros que podemos atopar en Galicia, que coa chegada ao outono as condicións meteorolóxicas son idóneas para a proliferación destes fungos, polo que é a estación do ano na que máis especies agroman.

5. NIÑAIS

Con todo, non todos os cogomelos con referencias a animais ou ao corpo humano son terroríficos. Tanto a orella de Xudas, da que onte falamos, como os niñais, nome común da especie Cyathus striatus, teñen unha apariencia agradable. Esta especie de cogomelos ten forma de copa ou niño, con peridiolos que semellan os “ovos”, e con forma de disco no que se atopan as súas esporas. Debaixo hai unha estrutura con forma de resorte que reacciona á humidade, o que provoca que os peridiolos sexan disparados a grande velocidade para a dispersión das esporas. A pesar de ser moi común en bosques de frondosas, pode pasar desapercibida baixo a follaxe, servíndolle de camuflaxe, xa que son de moi pequeno tamaño.

Continuará…

FONTE: Nadia Iglesias/gciencia.gal/medioambiental      Imaxe: Wikimedia Commons

COGOMELOS RAROS QUE SE ATOPAN EN GALICIA IV

Continúo coa serie adicada aos cogomelos moi particulares ou raros que podemos atopar en Galicia, que coa chegada ao outono as condicións meteorolóxicas son idóneas para a proliferación destes fungos, polo que é a estación do ano na que máis especies agroman.

4. ORELLAS DE XUDAS

Outro particular exemplar de fungo é a orella de Xudas, Auricularia auricula-judae. Este cogomelo ten forma de orella e está presente nas catro provincias galegas. É un cogomelo saprotrófico que descompón madeiras, principalmente de planifolias (sabugueiro, freixo, ameneiro, carballo, etc.). 

Para quen empregue as excursións ao monte para coller cogomelos, trátase dun cogomelo xelatinoso de cor marrón, comestible (para quen lle guste a textura) e moi apreciado na cociña oriental.

Continuará…

FONTE: Nadia Iglesias/gciencia.gal/medioambiental      Imaxe: Wikimedia Commons

COGOMELOS RAROS QUE SE ATOPAN EN GALICIA III

Continúo coa serie adicada aos cogomelos moi particulares ou raros que podemos atopar en Galicia, que coa chegada ao outono as condicións meteorolóxicas son idóneas para a proliferación destes fungos, polo que é a estación do ano na que máis especies agroman.

3. ANTUCA DE SANGUE

Mycena haematopus é o nome desta especie de cogomelo saprotrófico que é relativamente habitual en carballeiras e soutos antigos. Medra sobre tocóns ou en grandes ramas caídas. A peculiaridade deste cogomelo é que, ao cortalo, segrega un látex de consistencia e cor similar ao sangue.

Continuará…

FONTE: Nadia Iglesias/gciencia.gal/medioambiental      Imaxe: Wikimedia Commons

COGOMELOS RAROS QUE SE ATOPAN EN GALICIA II

Continúo coa serie, que onte comezamos, adicada aos cogomelos moi particulares ou raros que podemos atopar en Galicia, que coa chegada ao outono as condicións meteorolóxicas son idóneas para a proliferación destes fungos, polo que é a estación do ano na que máis especies agroman.

2. DEDOS DE HOME MORTO

Xylaria polymorpha é un fungo que simula os dedos dun cadáver. Aliméntase da madeira en descomposición ata adquirir a forma duns dedos que emerxen de debaixo da terra. Ver esta especie non é moi bo presaxio, xa que está a indicar que ese monte ou esa árbore na que se atopa está a morrer.

Os fungos do xénero Xylaria son bastante habituais en zonas de monte con árbores vellas. Ademais trátase dun xénero moi diverso que conta con máis de 500 especies. Segundo explica Mauro Rivas, investigador da Universidade de Vigo (UVigo), é complexo de identificar e ten diversos usos como, por exemplo, en ebanistería, onde se usa para crear de xeito natural patróns reticulados de cor negra na madeira; ou, por outra banda, para mellorar a calidade do son dalgúns instrumentos de corda.

Continuará…

FONTE: Nadia Iglesias/gciencia.gal/medioambiental      Imaxe: Wikimedia Commons

COGOMELOS RAROS QUE SE ATOPAN EN GALICIA

Coa chegada ao outono, muda por completo todas as paisaxes. Ademais, trae unhas condicións meteorolóxicas idóneas para a proliferación destes fungos, polo que é a estación do ano na que máis especies agroman. Pero hai uns  cogomelos moi particulares ou raros que podemos atopar en Galicia.

Vexamos algún!

1. DEDOS DO DEMO OU COGOMELO POLBO

Imaxina estar a camiñar polo monte e, de súpeto, atopar uns tentáculos de polbo pestilentes que parecen agromar da terra. Seguramente estás ante un exemplar de Dedos do demo ou cogomelo polbo, dous dos nomes comúns da Clathrus archeri. Nas súas primeiras etapas, estes fungos teñen unha estrutura ovoide, que nun primeiro momento está case enterrada no solo e logo comeza a abrirse pouco a pouco dando lugar a varios tentáculos, ao xeito dos dun polbo ou con aparencia de estrela de mar.

Ademais, aínda que é certo que o seu aspecto é sorprendente, tamén o é o seu particular cheiro. Este fungo desprende un intenso ulido que se asemella ao da carne ou marisco ao podrecer, o que é unha das claves da súa propagación. Aínda que esta especie é moi particular, nos últimos anos está a ser máis común atopala polos montes de Galicia e, en parte, é por esa pestilencia que atrae a numerosos insectos que se converten nos principais aliados para espallar as esporas.

Nos últimos anos, de feito, estase a denominar como “invasora” pola súa rápida expansión en certas áreas localizadas de Galicia. Non obstante, non hai aínda probas de que este cogomelo sexa invasor; “para que así fora, tería que estar modificando de xeito negativo as zonas nas que aparece. Polo momento, non semella que estea a desprazar outras especies, e a súa aparición en Galicia parece que está relegada a zonas alteradas polos humanos”, confirma Mauro Rivas, investigador da Universidade de Vigo (UVigo).

Continuará…

FONTE: Nadia Iglesias/gciencia.gal/medioambiental

PEMENTOS DE PADRÓN: UNS PICAN E OUTROS NON

O primeiro que debemos saber é que os pementos que pican fano porque conteñen unhas substancias chamadas capsicinoides. Este curioso nome ten a súa orixe no que se asignou ao seu xénero botánico, Capsicum, segundo algúns derivado do grego κάωμα (morder ou picar, por razóns obvias), e segundo outros do latín capso (caixa ou cápsula, polo froito). Sexa como for, esta planta ten a súa orixe en América, de onde chegou a Europa traída por Colón.

Hoxe a especie cultivada máis frecuente é Capsicum annuum L., pero unhas variedades de pemento conteñen capsicinoides, pican, e outras non.

Que unha variedade poida picar ou que non pique en absoluto depende fundamentalmente de que sexa capaz de sintetizar eses capsicinoides. Para iso, a planta formará dúas substancias precursoras (a vanillilamina e o ácido 8-metil-6-nonenoico) a partir dos aminoácidos fenilalanina e valina, respectivamente.

A continuación, unha encima chamada capsicina sintasa combina eses dous precursores para formar a capsicina. Esta pode logo transformarse noutros capsicinoides con estruturas variadas, pero todos eles caracterízanse porque pican.

Ollo! Pícannos aos mamíferos, pero non a outros animais como, por exemplo, os paxaros. Os mamíferos (e non as aves) temos unha proteína chamada TRPV1 que nos serve para percibir diferentes estímulos, como a temperatura alta.

Pero TRPV1 tamén se activa polos capsicinoides, de aí a sensación de calor que sente tras comer un pemento picante.

Nos pementos, a síntese de capsicinoides está regulada a diferentes niveis. Un primeiro requisito é xenético: a variedade de pemento en cuestión debe presentar o alelo funcional do xene Pun1, que fai que a planta dispoña da capsicina sintasa.

É o caso da variedade Padrón, pero tamén de moitas outras como os Xalapeños ou os Habaneiros. Se teñen Pun1, poden picar. Pero logo existe unha regulación máis fina do roteiro de síntese en resposta a diferentes factores.

O primeiro factor que regula o contido en capsicina é o desenvolvemento. A idade, tanto da planta enteira como do froito, vai afectar ao proído.

Conforme o froito medra, a síntese de capsicina aumenta paulatinamente ata que se volve vermello (maduro) e alcanza o seu máximo grao de proído. Así, un froito máis grande adoita ser máis picante que un pequeno, debido a que xeralmente ten máis idade e máis capsicina.

Con todo, esta regra non é infalible. Na planta sempre hai algún froito que crece pouco e queda pequeno aínda que estea maduro.

Igualmente, a idade da planta inflúe no proído. A medida que a planta envellece, o contido de capsicina dos seus froitos é cada vez maior. Este é o motivo polo que os pementos de Padrón pican máis a final de tempada, entre finais de agosto e outubro.

Por último, se a planta se estresa por algún motivo, aumenta a síntese de capsicina nos seus froitos.

Isto observouse en experimentos nos que se aplicaron a plántalas tratamentos nos que se alteraba algún factor ambiental.

Así, o exceso ou déficit de auga (rega), o exceso ou déficit de nutrientes (fertilización), as condicións de salinidade, a infección por patógenos (enfermidades) etc., provocan que os pementos piquen máis.

Hai estudos que relacionan esta resposta ao estrés coas posibles funcións dos capsicinoides para a planta. Por exemplo, as súas propiedades antimicrobianas poderían ser útiles fronte aos patóxenos que atacan ao pemento.

Na práctica, cando imos comer un prato de pementos de Padrón é difícil saber con total seguridade se un concreto vai picar ou non.

Se non pica ningún, poida que sexan dunha liña híbrida ou seleccionada expresamente para que non pique, e probablemente non teñan o alelo funcional de Pun1. Se son auténticos, seguro que algún picará.

Pero esa é a graza, gozar dunha auténtica ’ruleta galega’, e que uns piquen e outros non.

FONTE: José Díaz Varela/abc.es/ciencia           Imaxe: elhuertodelabuelo.es

OS INSECTOS COAS PICADURAS MÁIS DOLOROSAS DO MUNDO III (FIN)

Remato coa serie adicada aos insectos coas picaduras máis dolorosas do mundo.

BBVA-OpenMind-Yanes-Las picaduras mas dolorosas_5 Las picaduras de la hormiga cosechadora de California se ha convertido en una de las más dolorosas, teniendo en cuenta la intensidad, la duración y los daños posteriores. Crédito: Clarence Holmes Wildlife / Alamy Stock Photo
As picaduras da formiga colleitadora de California converteuse nunha das máis dolorosas, tendo en conta a intensidade, a duración e os danos posteriores / Clarence Holmes Wildlife/Alamy Stock Photo
Formiga cosechadora de California (Pogonomyrmex californicus)

Tamén seguindo o exemplo de Schmidt, na serie de televisión australiana Kings of Pain o biólogo Adam Thorn e o coidador de animais Rob Caveman Alleva expóñense voluntariamente ás picaduras e mordeduras de diferentes animais para clasificar a súa dor nunha escala de 30 puntos sumando valores de 1 a 10 en tres categorías: intensidade, duración e danos posteriores; como regra de medida, asígnase á picadura da abella un 1 en cada categoría, cunha puntuación total de 3.

Nas dúas tempadas emitidas ata o de agora, a maior puntuación para unha picadura obtena a formiga colleitadora de California, cun total de 25,25, que inclúe un 9,25 en intensidade da dor e un 8,25 en duración. Este insecto do suroeste de Estados Unidos e México é un parente próximo da formiga colleitadora de Maricopa, cuxo veleno é o máis tóxico atopado nun insecto. Como comparación, na serie puntúase á formiga bala só cun 17,25.

BBVA-OpenMind-Yanes-Las picaduras mas dolorosas_6 La picadura de la depredora Psyttala horrida es la única de un insecto que en el programa Kings of Pain alcanza un 10 en intensidad del dolor. Crédito: Hectonichus - CC BY-SA 4.0
A picadura da depredora Psyttala horrida é a única dun insecto que no programa Kings of Pain alcanza un 10 en intensidade da dor / Hectonichus – CC BY-SA 4.0

Chincha asasina espiñenta xigante (Psyttala horrida)

Cando un insecto recibe o nome de chincha asasina espiñenta xigante, xa se intúe que é unha criatura da que convén afastarse. Pertence ao grupo das chinchas asasinas, hemípteros da familia dos redúvidos, estendida polo mundo e que comprende especies predadoras ou chupadoras de sangue como a vinchuca suramericana. A depredadora Psyttala horrida, a maior das chinchas asasinas cuns 5 centímetros de lonxitude, vive no oeste do África tropical, e a súa picadura é a única dun insecto que no programa Kings of Pain alcanza un 10 en intensidade da dor. A diferenza dos himenópteros, os hemípteros non posúen un aguillón no abdome, senón que cravan unha probóscide ríxida que utilizan para inxectar o veleno ás súas presas.

Fin!

FONTE: Javier Yanes / bbvaopenmind.com/ciencia