Blogia
vgomez

CURIOSIDADES

SABES DE QUE CIENTÍFICO/A ESTOU A FALAR? XV

SABES DE QUE CIENTÍFICO/A ESTOU A FALAR? XV

 

A solución á proposta do día anterior é Alexander Fleming (1811-1955). Foi un científico británico famoso por descubrir a encima antimicrobiana chamada lisozima. Tamén foi o primeiro en observar os efectos antibióticos da penicilina, obtida a partir do fungo Penicillium notatum.

E imos coa proposta de hoxe!

15. Os seus libros foron incluídos no "Index librorum prohibitorum": libros prohibidos pola Igrexa católica e clasificados como perniciosos para a fe...

- Simon Marius

- Johan  Kepler

- Nicolás  Copérnico

Mañá a solución e remate da serie!

FONTE: nationalgeographic.com.es e muyinteresante.es

SABES DE QUE CIENTÍFICO/A ESTOU A FALAR? XIV

SABES DE QUE CIENTÍFICO/A ESTOU A FALAR? XIV

 

A solución á proposta do día anterior é Gregor Mendel  (1822-1884). Foi un monxe agostiño católico e naturalista quen formulou as hoxe coñecidas como Leis de Mendel, nas cales se atopa a orixe da Teoría da Herdanza Xenética. 

E imos coa proposta de hoxe!

14. O seu descubrimento é un dos que máis vidas salvou na historia da humanidade...

- Alexander Fleming

- Carlos Juan  Finlay

- Robert  Koch

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: nationalgeographic.com.es e muyinteresante.es


SABES DE QUE CIENTÍFICO/A ESTOU A FALAR? XIII

SABES DE QUE CIENTÍFICO/A ESTOU A FALAR? XIII

A solución á proposta do día anterior é Hipatia de Alexandría. Falecida por asasinato, a súa morte ecoou como unha badalada fúnebre no ocaso de Alexandría, o antigo centro da ciencia, a cultura e a arte helenísticos. Natural de Exipto,  Hipatia foi unha filósofa e mestra grega que destacou nos campos das matemáticas e a astronomía. Filla e discípula do astrónomo Teón, Hipatia é a primeira muller matemática da que se ten coñecemento razoablemente seguro e detallado. Escribiu sobre xeometría, álxebra e astronomía e entre outras cousas mellorou o deseño dos primitivos  astrolabios.

E imos coa proposta de hoxe!

13. Sesenvolveu algúns dos seus experimentos máis famosos sobre xenética con chícharos...

- Gregor Mendel

- Sir Gregor Clegane

- Carlos Linneo

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: nationalgeographic.com.es e muyinteresante.es

SABES DE QUE CIENTÍFICO/A ESTOU A FALAR? XII

SABES DE QUE CIENTÍFICO/A ESTOU A FALAR? XII

A solución á proposta do día anterior é Thomas Alva Edison (1847-1931). É considerado o inventor máis importante de Estados Unidos. Alcumado "O mago de  Menlo  Park», foi o autor de inventos como o fonógrafo, a cámara de cinema ou unha duradeira lámpada incandescente. Con todo, máis importantes que as súas patentes foi a revolución que provocou a nivel social. Grazas el hoxe podemos gozar de cousas tan cotiás como a luz eléctrica e a subministración pública de electricidade: Edison desenvolveu un sistema de xeración e distribución de enerxía eléctrica ás casas, negocios e fábricas, o cal supuxo un avance crucial para o mundo industrializado moderno.

E imos coa proposta de hoxe!

12. Iluminou a Grecia Clásica coa súa ciencia...

- Hipatia de Alexandría

- Cirene de Isos

- Hipólita de Atenas

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: nationalgeographic.com.es e muyinteresante.es

SABES DE QUE CIENTÍFICO/A ESTOU A FALAR? XI

SABES DE QUE CIENTÍFICO/A ESTOU A FALAR? XI

Niels Bohr / Imaxe: liderazgoymercadeo.co

A solución á proposta do día anterior é Niels Bohr (1885-196). Foi un físico dinamarqués que ideou o modelo atómico precursor do actual e fixo outras contribucións fundamentais para o coñecemento da estrutura atómica e a mecánica cuántica. Era un gran fan das películas do oeste. Adoitaba ir ver estas películas acompañado por un par de estudantes, cos que debatía sobre as súas tramas.

E imos coa proposta de hoxe!

11. A este científico debes agradecerlle que hoxe poidas cargar o teu teléfono móbil...

- Thomas Alva Edison

- Benjamin Franklin

- Guillermo Marconi

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: nationalgeographic.com.es e muyinteresante.es

SATURNO SUPERA A XÚPITER EN LÚAS

Sarturno / Imaxe: meteorologiaenred.com

Ata o pasado luns, Xúpiter era o planeta do Sistema Solar con máis lúas coñecidas (79). Saturno arrebatoulle o primeiro posto pois, tal e como acaba de anunciar a Unión Astronómica Internacional, descubríronse 20 novos satélites, polo que ten polo menos 81.

Os novos mundos descubertos teñen un diámetro duns 5 quilómetros. Segundo precisou o Minor Planet Center, 17 desas lúas móvense nunha órbita oposta á rotación do planeta ao redor do seu eixo, mentres que as outras tres rotan na mesma dirección que Saturno.

Das 20 novas lúas, as dúas máis próximas ao planeta tardan dous anos en orbitalo mentres que as máis afastadas necesitan tres anos para dar unha volta completa ao redor del.

O descubrimento destas 20 lúas fíxose co telescopio Subaru situado no volcán Mauna Kea de Hawaii.

Saturno alberga dous das as lúas máis interesantes do Sistema Solar: Titán e  Encélado. A primeira é a máis grande das deste planeta e ten atmosfera mentres  Encélado é un mundo xeado de 500 quilómetros de diámetro, a décima parte de Titán. Xunto con Europa, unha lúa de Xúpiter, estes tres satélites son os mundos nos que os científicos teñen máis esperanzas de atopar algún tipo de vida.

FONTE: Teresa Guerrero/elmundo.es/ciencia

SABES DE QUE CIENTÍFICO/A ESTOU A FALAR? X

SABES DE QUE CIENTÍFICO/A ESTOU A FALAR? X

A solución á proposta do día anterior é Tycho Brahe (1546-1601). Astrónomo dinamarqués. Contraeu unha infección na vexiga tras aguantar as ganas de ouriñar durante toda cea que durou moitas horas,  Brahe negouse a usar o baño, a pesar de que desesperadamente tiña a necesidade de ouriñar. Segundo contan, Brahe pensou que isto sería considerado groseiro cara ao anfitrión.

E imos coa proposta de hoxe!

10. A que científico do  S. XX encantábanlle as películas do oeste?

- Guglielmo Marconi

- Niels  Bohr

- Sigmund  Freud

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: nationalgeographic.com.es e muyinteresante.es

SABES DE QUE CIENTÍFICO/A ESTOU A FALAR? IX

SABES DE QUE CIENTÍFICO/A ESTOU A FALAR? IX

A solución á proposta do día anterior é Werner Karl Heisenberg (1901-1976). Físico e filósofo alemán. Formulou o principio de incerteza, unha contribución fundamental ao desenvolvemento da teoría cuántica. Este principio afirma que é imposible medir simultaneamente de forma precisa a posición e o momento lineal dunha partícula. Foi galardoado co Premio Nobel de Física en 1932. 

E imos coa proposta de hoxe!

9. Protocolo ao extremo. Este científico murreu por non querer levantarse da mesa para ir ao baño...

- Paul Erdos

- Tycho Brahe

- Robert Hooke

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: nationalgeographic.com.es e muyinteresante.es