Blogia
vgomez

CURIOSIDADES

SABES DE QUE CIENTÍFICO/A ESTOU A FALAR? VIII

SABES DE QUE CIENTÍFICO/A ESTOU A FALAR? VIII

Aristóteles / Imaxe: biografiasyvidas.com

A solución á proposta do día anterior é Aristóteles (384 a.C.-322 a.C.). Filósofo grego, un dos maiores pensadores de todos os tempos. As súas reflexións filosóficas (por un lado orixinais e por outro reformuladoras da tradición grega) acabaron por configurar un modo de pensar que se estendería por séculos. Prestou inigualábeis contribucións para o pensamento humano, destacando en ética, política, física, metafísica, lóxica, psicoloxía, poesía, retórica, zooloxía, bioloxía, historia natural e outras áreas de coñecemento. É considerado por moitos o filósofo que máis influíu no pensamento occidental.

E imos coa proposta de hoxe!

8. Quen formulou o principio de incertidumbre, concepto que revolucionou a física cuántica?

- Werner Karl Heisenberg

- Michael Faraday

- Pierre Simon Laplace

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: nationalgeographic.com.es e muyinteresante.es

SABES DE QUE CIENTÍFICO/A ESTOU A FALAR? VII

SABES DE QUE CIENTÍFICO/A ESTOU A FALAR? VII

Caroline Herschell / Imaxe: heroinas.net

A solución á proposta do día anterior é Caroline Herschell  (Hannover-Alemaña, 1750 - Hannover, 1848). Descubriu oito cometas, dos cales seis levan o seu nome, entre os que destaca o cometa periódico 35 P/Herschel-Rigollet atopado o 21 de decembro de 1788. Entre outras cousas, recibiu unha medalla de ouro da Royal Astronomical Society. A pesar dos seus achados, adoita ser o seu irmán William o máis citado en materia astronómica

E imos coa proposta de hoxe!

 

7. Quen é considerado o primeiro gran científico da historia?

- Pitágoras

- Aristóteles

- Anaximandro

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: nationalgeographic.com.es e muyinteresante.es

SABES DE QUE CIENTÍFICO/A ESTOU A FALAR? VI

SABES DE QUE CIENTÍFICO/A ESTOU A FALAR? VI

Albert Eisntein / Imaxe: semana.com

A solución á proposta do día anterior é Albert Einstein (Ulm-Alemaña, 1879 - Princeton-Estados Unidos, 1955). Recibiu a proposta de converterse no segundo presidente da historia de Israel tras a morte, en 1952, de Jaim  Weizmann, pero rexeitou esta proposición dicindo: "Estou profundamente conmovido polo ofrecemento do Estado de Israel e á vez apenado e avergoñado por non poder aceptalo. Durante toda a miña vida tratei con cuestións obxectivas, polo que carezo da aptitude natural e da experiencia para tratar como cómpre coa xente e para desempeñar funcións oficiais. Son o máis  aflixido por estas circunstancias, porque a miña relación co pobo xudeu converteuse no meu vínculo humano máis forte, dende que tomei plena conciencia da nosa precaria situación entre as nacións do mundo".

E imos coa proposta de hoxe!

6. Quen foi a primeira muller en descubrir un cometa (descubriu oito)?

- Caroline Herschel

- Nettie Stevens

- Jocelyn Bell Burnell

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: nationalgeographic.com.es e muyinteresante.es

SABES DE QUE CIENTÍFICO/A ESTOU A FALAR? V

SABES DE QUE CIENTÍFICO/A ESTOU A FALAR? V

Luc Montagnier / Imaxe: biografiasyvidas.com

A solución á proposta do día anterior é Luc Monganier (Chabris, Indre-Francia, 1932)  Virólogo francés que recibiu en 2008, xunto coa súa antiga colaboradora do Instituto Pasteur Françoise Barré-Sinoussi, o premio Nobel de Medicina por descubrir o virus de inmunodeficiencia humana (VIH) responsable da sida (síndrome de inmunodeficiencia adquirida).

E imos coa proposta de hoxe!

5. Un científico del siglo XX pudo haberse convertido en presidente. Se trataba de...  

- Alexander Fleming

- Albert Einstein

- Max Planck

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: nationalgeographic.com.es e muyinteresante.es

SABES DE QUE CIENTIFICO/A ESTOU A FALAR? IV

SABES DE QUE CIENTIFICO/A ESTOU A FALAR? IV

Julius Robert Oppenheimer / Imaxe: estructurasistemica.wordpress.com

A solución á proposta do día anterior é Julius Robert Oppenheimer (Nova York-EE UU, 1904 - Princeton-Nova Jersey-EE UU, 1967). Oppenheimer, foi un físico teórico estadounidense de orixe xudía e profesor de física na Universidade de  California en  Berkeley. Coñecido coloquialmente como "o pai da bomba atómica" foi o director científico do proxecto Manhattan desenvolto en segredo en Alamogordo, Novo México; o proxecto que fixo realidade as primeiras bombas nucleares da historia.

E imos coa proposta de hoxe!

 

4. Trátase dun médico francés e descubriu o VIH, virus que causa a SIDA. Foi...

- Luc Montagnier

- Jonas Salk

- Wilhelm Röntgen

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: nationalgeographic.com.es e muyinteresante.es

SABES DE QUE CIENTIFICO/A ESTOU A FALAR? III

SABES DE QUE CIENTIFICO/A ESTOU A FALAR? III

 

A solución á proposta do día anterior é Marie Curie (Varsovia-Polonia, 1867 - Passy-Francia, 1934). Morreu por unha anemia aplásica causada pola exposición á radiación de tubos de ensaio con radio que gardaba nos petos no traballo​ e na construción das unidades móbiles de raios X da Primeira Guerra Mundial. Polos seus estudos sobre a radioactividade, Marie Curie gañou o Premio Nobel de Física en 1903, compartido co seu marido Pierre Curie e con Henri Becquerel. Tamén se converteu na primeira muller en ser profesora da Sorbona; e en 1911 recibiu o Premio Nobel de Química, esta vez de maneira individual.

E imos coa proposta de hoxe!

3. Coñecido coloquialmente como o "pai da bomba atómica". É...

- Julius Robert Oppenheimer

- Robert Prosinečki

- Dwight David Eisenhower

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: nationalgeographic.com.es e muyinteresante.es

SABES DE QUE CIENTIFICO/A ESTOU A FALAR? II

SABES DE QUE CIENTIFICO/A ESTOU A FALAR? II

 

A solución á proposta do día anterior é Albert Einstein ( Ulm-Alemaña, 1879 - Princeton-EE.UU, 1955). O 10 de novembro de 1922 Einstein decatouse da noticia mediante un telegrama pero é que ademais tratábase do Nobel de Física de 1921, que quedara en reserva, pois non se entregou a ninguén ese ano. Foille concedido polas súas achegas á Física Teórica, en especial polo seu descubrimento da lei do efecto fotoeléctrico. Albert Einstein non asistiu á cerimonia de entrega do premio ao atoparse de viaxe en Xapón e deixou á Academia plantada como resposta á turbidez da historia. Einstein pronunciou o seu discurso de aceptación do premio en xullo de 1923. Non falou do efecto fotoeléctrico, senón da relatividade.

E imos coa proposta de hoxe!


 

2. Trátase dunha muller e as súas investigacións provocáronlle unha enfermidade que acabou causándolle a morte. Foi...

- Jane Godall

- Marie Curie

- María Acha-Kutscher

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: nationalgeographic.com.es e muyinteresante.es

SABES DE QUE CIENTIFICO/A ESTOU A FALAR?

SABES DE QUE CIENTIFICO/A ESTOU A FALAR?

 

No nome da ciencia, moitos homes e mulleres cambiaron a historia da humanidade. Esta serie que hoxe comezo trata diso, dos seus protagonostas: dos científicos/as. Saberías recoñecer a cada un deles? Sabes por que foron tan importantes? Vexamos se es capaz de recoñecelos a todos.

Comezamos!


 

1. Este científico decatouse de que gañara un Premio Nobel mediante un telegrama e levou unha gran sorpresa. Foi...

- Ivan Petrovich Pavlov

- Erwin Schrödinger

- Albert Einstein

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: nationalgeographic.com.es e muyinteresante.es