Blogia
vgomez

DOCENCIA

CANTO SABES DE CABO VERDE? X

Continúo coa serie adicada a Cabo Verde é un país situado nun arquipélago volcánico fronte á costa noroeste de África. Famoso pola súa cultura criolla portuguesa-africana, a música morna tradicional e as súas numerosas praias fan deste país un lugar fermosísimo

A contestación correcta á pregunta de onte é Ribeiros. Cabo Verde, un arquipélago volcánico con clima árido, non ten ríos permanentes nin lagos importantes debido á escaseza de choivas e frecuentes secas, polo que a súa auga potable provén de desalinizadoras. Con todo, nas illas máis montañosas, como Santo Antão, existen arroios estacionais (ribeiros-as) como a Ribeira dá Torre e a Ribeira dá Paúl, que son vitais para a agricultura, enchéndose coas choivas e creando vales fértiles para cultivos como cana de azucre e plátanos.

E imos coa pregunta de hoxe:

 

10. Cal é o idioma oficial de Cabo Verde?

- Criollo caboverdiano

- Portugués

- Francés

Mañá a solución e una nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org       Imaxes:sodadetour.com/es/ e freepik.es

#DígochoEu: Palabras de Nadal

Estamos no mellor momento para repasar algúns termos propios destas festas 🧑‍🎄

#DígochoEu

CANTO SABES DE CABO VERDE? IX

Continúo coa serie adicada a Cabo Verde é un país situado nun arquipélago volcánico fronte á costa noroeste de África. Famoso pola súa cultura criolla portuguesa-africana, a música morna tradicional e as súas numerosas praias fan deste país un lugar fermosísimo

A contestación correcta á pregunta de onte é Pico do Fogo. Sito na illa do Fogo, é a cima máis elevada do arquipélago de Cabo Verde, cunha altura de 2.839 m, sendo, logo do Pico do Teide a segunda cota en altitude do océano Atlántico. Érguese como un estratovolcán interior no enorme cráter da Chã das Caldeiras (con 8 km de diámetro) e 1.200 m sobre o solo do cráter.

 

E imos coa pregunta de hoxe:

9. Cabo Verde, con clima árido, non ten ríos permanentes. Con todo, nas illas máis montañosas, existen arroios estacionais. Como se chaman?

- Ribeiros

- Riadas

- Roiadas

Mañá a solución e una nova proposta!

FONTE e Imaxes: es.wikipedia.org

CANTO SABES DE CABO VERDE? VIII

Continúo coa serie adicada a Cabo Verde é un país situado nun arquipélago volcánico fronte á costa noroeste de África. Famoso pola súa cultura criolla portuguesa-africana, a música morna tradicional e as súas numerosas praias fan deste país un lugar fermosísimo

A contestación correcta á pregunta de onte é 500.000 habitantes. Exactamente 522.331 (INE 2023).

E imos coa pregunta de hoxe:

8. Cal é o punto máis elevado de Cabo Verde?

- Pico d’Antónia

- Topo de Coroa

- Pico da Cruz

- Pico do Fogo

Mañá a solución e una nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org e datosmundial.com     Imaxes:datosmundial.com e es.wikipedia.org

#DígochoEu: Como é? Lotería ou lotaría?

Pronto chega o Sorteo de Nadal! Como se di correctamente? Lotería ou lotaría? 🤔

#DígochoEu

CANTO SABES DE CABO VERDE? VII

Continúo coa serie adicada a Cabo Verde é un país situado nun arquipélago volcánico fronte á costa noroeste de África. Famoso pola súa cultura criolla portuguesa-africana, a música morna tradicional e as súas numerosas praias fan deste país un lugar fermosísimo

A contestación correcta á pregunta de onte é 4.000 km2. Exactamente 4.033 km2. A modo comparativo, para que te fagas una idea, bastante máis que as illas Azores (2.333 km2) e bastante menos que as illas Baleares (5.040 km2).

 

E imos coa pregunta de hoxe:

7. Cal é, aproximadamente, a poboación de Cabo Verde?

- 400.000 habitantes

- 450.000 habitantes

- 500.000 habitantes

- 550.000 habitantes

Mañá a solución e una nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org e exteriores.gob.es    Imaxes: eldiariosur.com e rfi.fr

CANTO SABES DE CABO VERDE? VI

Continúo coa serie adicada a Cabo Verde é un país situado nun arquipélago volcánico fronte á costa noroeste de África. Famoso pola súa cultura criolla portuguesa-africana, a música morna tradicional e as súas numerosas praias fan deste país un lugar fermosísimo

A contestación correcta á pregunta de onte é Praia. A cidade da Praia é a capital de Cabo Verde. Ten unha poboación de 112.000 habitantes e atópase ao sur da illa de Santiago que forma parte do arquipélago de Sotavento. Tamén é a sede do municipio do mesmo nome. Praia é a maior cidade de Cabo Verde. Ten un porto comercial, onde se exporta café, cana de azucre e froitas.

 

E imos coa pregunta de hoxe:

6. Cal é, aproximadamente, a extensión de Cabo Verde?

- 3.500 km2

- 4.000 km2

- 4.500 km2

Mañá a solución e una nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org              Imaxes: dreamstime.com e iessonferrerdgh1e07.blogspot.com

#DígochoEu: Na neve ❄️☃️

Estamos na neve e disfrutando!

#DígochoEu