Blogia
vgomez

NOTICIAS DAS CIENCIAS

O CARNICEIRO DE CAROLINA: CAROLINENSIS CARNUFEZ

O CARNICEIRO DE CAROLINA: CAROLINENSIS CARNUFEZ

Reconstrucción do Carnufex Carolinensis / JORGE GONZALES. OPEN ACCES

Paleontólogos estadounidenses descubriron un antecesor dos crocodilos que probablemente foi un dos principais depredadores de América do Norte antes da chegada dos dinosauros ao continente. Alcumado o «Carniceiro de Carolina», o Carolinensis Carnufex era un crocodilomorfo de case tres metros de longo que vivía na terra, camiñaba sobre as súas patas traseiras e probablemente cazaba habitantes máis pequenos, como réptiles blindados e primeiros familiares dos mamíferos, dos ecosistemas da actual Carolina del Norte hai 231 millóns de anos.

Paleontólogos da Universidade Estatal de Carolina del Norte e o Museo de Ciencias Naturais do mesmo estado recuperaron partes do cranio, a columna vertebral e unha extremidade anterior do «Carniceiro» na Formación Pekin, no condado de Chatham, Carolina del Norte. Como o cranio estaba conservado en anacos, era difícil visualizar como fora en vida. Para obter unha visión máis completa da cabeza do Carnufex, os investigadores escanearon os ósos individuais coa última tecnoloxía de imaxe, un escáner de superficie de alta resolución, para crear un modelo tridimensional, utilizando os cranios máis completos de familiares próximos para encher as pezas que faltaban.

A Formación Pekin contén sedimentos depositados hai 231 millóns de anos no inicio do Triásico Tardío, cando o que hoxe é Carolina del Norte era unha rexión ecuatorial húmida e cálida que se empezaba a separar do supercontinente Pangea.

O achado foi publiacdo na “Scientific Reports”.

FONTE: Xornal abc/ciencia

UN PASO MÁIS NA PROCURA DA CLONACIÓN DUN MAMUT

UN PASO MÁIS NA PROCURA DA CLONACIÓN DUN MAMUT

O ADN do mamut laúdo encontrouse intacto en exemplares conxelados en Siberia

O destacado xenetista George Church da Universidade de Harvard fíxose moi popular hai un par de anos despois de que unha revista alemá anunciase que buscaba unha muller para convertela en nai dun bebé neandertal, proxecto que o científico desmentiu ter posto en marcha, considerándoo só unha posibilidade teórica. Polémicas á marxe, o traballo que agora Church ten entre as súas mans é se podería conducir a unha clonación, pero non á da outra especie humana intelixente, senón á do mamut. O equipo de Harvard inseriu 14 xenes do animal extinguido hai miles de anos no ADN dun elefante vivo.

George Church explicou que o seu obxectivo non é a clonación do mamut laúdo, senón reconstruír o seu xenoma mediante o estudo do ADN a partir de exemplares preservados no Ártico, para logo replicalo e inserir a copia no xenoma dun elefante asiático, que é o equivalente moderno máis próximo. O resultado: células de elefantes vivos levan ADN de mamut. Ningún pequeno mamut vai nacer desta enxeñaría de laboratorio, pero si significa un paso máis nese camiño.

A técnica que empregaron os investigadores chámase CRISPR e permite a reprodución de copias exactas dos xenes. O anuncio é bastante preliminar, xa que a investigación aínda non apareceu publicada en ningunha revista científica. Church recoñece que teñen que facer máis traballo antes de dar a coñecer os seus resultados nun medio revisado por pares.

Traer á vida a un mamut, ou a unha quimera xenética o máis similar posible, é o sono dalgúns equipos de investigación, especialmente rusos e coreanos, despois de conseguir extraer ADN viable do tecido dun mamut conxelado nos xeos perpetuos de Siberia. A idea encontrou novo vigor cando sangre e tecidos musculares perfectamente ben conservados fosen achados entre os restos doutro mamut laúdo enterrado baixo o xeo na pequena illa Liajovski, na costa do nordés de Rusia.

Pero, sería de verdade un mamut o que obteriamos da clonación? Algúns cren que non. O propio Church explicouno 2013, no IV Congreso de Mentes Brillantes. Segundo contaba entón "o que poderiamos chegar a xerar é un elefante laúdo ao que lle gusta o frío, pero non é un mamut, segue sendo un elefante". En canto aos beneficios de «resucitar» seres extinguidos, o científico argumentaba: "Non vexo cal é o beneficio social de traer á vida un dinosauro, pero traer un mamut si ten un beneficio para o ecosistema. A tundra ten tres veces máis carbono atrapado no xeo que todos os bosques do mundo. Levar animais a ese área evitaría que ese dióxido fose expulsado á atmosfera pola súa acción no ecosistema".

 FONTE: Xornal Abc/ciencia

ATOPAN NITRÓXENO EN MARTE

ATOPAN NITRÓXENO EN MARTE

O vehículo robótico "Curiosity" explora Marte desde agosto de 2012 /  Imaxe:mexico.cnn.com

O nitróxeno é un dos ingredientes que se considera imprescindible para que exista vida como a coñecemos na Terra. E este elemento está presente en Marte. Encontrouno o en tres mostras distintas do subsolo do cráter Gale que tomou durante a súa expedición polo Planeta Vermello, segundo asegura un equipo internacional de investigadores nun estudo publicado esta semana na revista Proceedings of the National Academy of Sciences (PNAS).

O vehículo da NASA, que explora Marte dende agosto de 2012, detectou a presenza de nitróxeno fixado en sedimentos do Planeta Vermello a través da perforación de rochas e da análise realizada co instrumento SAMS (Sample Analysis at Mars). O estudo suxire que nalgún momento da historia de Marte debeu existir un ciclo de nitróxeno.

Este descubrimento supón un novo indicio que axudará a avaliar a habitabilidade de Marte, aínda que a súa presenza, matizan os científicos, non demostra que hai vida ou a houbera: "Dende logo este achado non é proba de que haxa vida no subsolo de Marte. Tampouco éo de que a haxa habido no pasado, pero abre un horizonte moi interesante", aclaran os investigadores.

FONTE: Xornal El Miundo/Ciencia

DESCUBERTA A ORIXE DO "ANIMAL MÁIS ESTRANO" SEGUNDO DARWIN

DESCUBERTA A ORIXE DO "ANIMAL MÁIS ESTRANO" SEGUNDO DARWIN

Reconstrucción do “Macrauchenia” descuberto por Charles Darwin / Peter Schouten

En 1833, Charles Darwin era un xeólogo veinteañero a bordo do Beagle que ignoraba canto ía cambiar a súa vida. Un día, en Uruguai, comprou por uns peniques un cranio fósil ao que os nenos coseran a pedradas. Era unha rareza e, polo seu tamaño, ben podía ter tido o talle dun elefante africano. Despois encontrou un dente que encaixaba á perfección na caveira. Para a súa sorpresa, os incisivos parecían dunha rata xigante. Darwin describiuno como "un dos animais máis estraños xamais descubertos" e seguiu adiante. Meses despois, en Arxentina, achou o fósil doutro mamífero enorme que tiña colo de camelo e unha trompa que recordaba ao elefante.

O que non puido facer foi identificar a orixe daqueles enormes mamíferos extintos de América. Estaban emparentados cos elefantes africanos ou coas chamas e os roedores americanos? Dende entón moitos outros expertos intentaron, sen éxito, responder a esta pregunta estudando a estraña morfoloxía dos ósos. "Ninguén tiña nin idea do lugar que ocupan estes animais na radiación dos mamíferos", detalla a Materia Ian Barnes, investigador do Museo de Historia Natural de Londres. Agora, grazas á axuda dalgúns dos maiores expertos do mundo en rescatar material biolóxico de fósiles, Barnes conseguiu resolver o enigma.

Barnes e o resto do seu equipo conseguiron illar proteínas de coláxeno de restos de ambos os dous animais, coñecidos como Toxodon e Macrauchenia. É unha técnica que xa se usou con ósos de dinosauro e á que se recorre cando non se pode extraer ADN debido á deterioración polo clima ou o tempo. En ambos os dous casos a análise do coláxeno permite fragmentar esta proteína nas súas pezas básicas, os aminoácidos, comparalas coas doutros animais (un cabalo extinto e hipopótamos e tapires actuais), e dilucidar a orixe evolutiva dunha especie.

Os animais descubertos por Darwin pertenceron a un grupo de ungulados primitivos, irmáns dos ungulados actuais como o rinoceronte, o cabalo ou o tapir, segundo o traballo publicado na semana pasada na revista Nature por Barnes e o resto dun equipo internacional de científicos. Ningunha das dúas especies estaba emparentada cos afroterios, animais xenuínos de África como o elefante ou o porco formigueiro.

O descubrimento non é só importante por recuperar proteínas de fósiles que teñen máis de 12.000 anos e polas posibilidades que esta técnica abre no futuro, senón por un significado que Darwin soubo intuír a perfección. En lugares diferentes e momentos diferentes, a vida desenvolve e mestura adaptacións similares, como o longo colo de camelo dos Macrauchenia ou os redondeados corpos dos manatís, outros afroterios que a simple vista poderían confundirse con focas ou morsas, pero cuxo parente terrestre máis próximo é o elefante.

Tras descubrir o Toxodon, Darwin escribiu asombrado: "De que forma tan marabillosa están diferentes ordes [de animais] hoxe ben separados mesturados en diferentes puntos na estrutura do Toxodon! ". Segundo o seu biógrafo Peter Bowler, o visto nestes fósiles foi xusto o que necesitaba para acuñar unha das ideas claves da súa teoría: a evolución non é unha escaleira que progresa de menos a máis, senón unha árbore que se ramifica constantemente.

FONTE: Xornal El País/Ciencia

UN XIGANTESCO CRÁTER DE 200 KM NA LÚA

UN XIGANTESCO CRÁTER DE 200 KM NA LÚA

O cráter Earhart na Lúa, ata agora descoñecido

Un equipo de investigadores da Universidade de Purdue (Indiana, EUA) descubriu un xigantesco cráter duns 200 quilómetros de diámetro na cara da Lúa que se enfronta á Terra. O novo cráter, un dos máis grandes do noso satélite natural e o primeiro semellante achado en polo menos un século, foi bautizado como Earhart en honor da famosa aviadora estadounidense Amelia Earhart, que desapareceu durante un voo arredor do mundo en 1937.

O achado, segundo explicaron os seus autores na Conferencia de Ciencia Lunar e Planetaria (LCSP), que se celebra estes días en Texas (EUA), produciuse durante a análise dos resultados da misión Gravity Recovery and Interior Laboratory (Grail) da NASA, destinada no seu día a elaborar un mapa de gravidade do noso satélite.

Aínda que parte do cráter é visible na superficie da Lúa, a maior parte está enterrada e só pode ser vista a través de sinais de gravidade detectados polas naves xemelgas Grail, hoxe en día estreladas contra a superficie lunar.

FONTE: Xornal abc/ciencia

HAI MÁIS AUGA EN GANÍMEDES QUE NA TERRA

HAI MÁIS AUGA EN GANÍMEDES QUE NA TERRA

Recreación artística da lúa Ganímedes, coas auroras detectadas, orbitando Xúpiter, ao fondo / NASA

Ganímedes é a maior lúa de Xúpiter e tamén do Sistema Solar; e segundo suxiren as observacións realizadas co telescopio espacial Hubble, alberga un grande océano subterráneo que contén máis auga líquida que a que hai na Terra. A conclusión foi presentada na semana pasada durante unha rolda de prensa da NASA na que participaron os principais científicos que levaron a cabo esta investigación, publicada no Journal of Geophysical Research: Space Physics.

Segundo os seus cálculos, esta gran masa de auga salgada tería uns 100 quilómetros de profundidade (aproximadamente dez veces máis que os océanos máis profundos da Terra) e atoparíase baixo unha codia de 150 quilómetros de espesor, composta na súa maior parte por xeo.

Descuberta por Galileo no ano 1610, a lúa xigante Ganímedes ten un tamaño comparable ao planeta Mercurio e conta cun campo magnético propio (é o único satélite do Sistema Solar que o ten) e unha fráxil atmosfera, moi distinta á da Terra, na cal o telescopio Hubble xa encontrara indicios de osíxeno.

O telescopio Hubble utilizou para observar en Ganímedes as auroras, un fenómeno vinculado ao campo magnético do satélite. Debido a que os telescopios non poden ver o que hai no interior dos planetas, os satélites ou calquera obxecto celeste, rastrexar o campo magnético a través das auroras permítelles de forma indirecta descubrir o que hai dentro. Ademais de ter un campo magnético propio, ao orbitar moi preto de Xúpiter, Ganímedes tamén se ve influída polo campo magnético dese planeta xigante.

FONTE: Xornal El Mundo/Ciencia

SEMPRE ESTIVO AÍ

SEMPRE ESTIVO AÍ

Ilustración do exoplaneta Gliese 581d / Queen Mary U.

Chámase Gliese 581 d e orbita arredor da estrela Gliese 581, unha anana vermella situada a 20 anos luz da Terra, xunto a outros cinco mundos, algúns deles tamén moi interesantes. O planeta extrasolar foi descuberto en 2009 por investigadores da Universidade Queen Mary de Londres e de Hertfordshire, os cales presentárono como a primeira superterra achada en zona habitable, é dicir, un mundo dun tamaño algo superior ao noso que se encontra á distancia axeitada da súa estrela como para conter auga líquida na súa superficie, unha condición indispensable para a existencia de vida tal e como a coñecemos.

O candidato a planeta foi descuberto usando un espectrómetro que mide a «oscilación», pequenos cambios na lonxitude de onda da luz emitida por unha estrela, causados cando un planeta orbita ao seu arredor. Non obstante, un informe publicado o pasado ano na revista Science desestimou a existencia deste planeta, considerando que o que vían os astrónomos non era máis que “actividade estelar disfrazada de planeta”. Ao seu xuízo, o suposto mundo era en realidade ruído nos datos causado por manchas estelares.

Os “pais” do “d” non teñen achantado, insisten en que o seu planeta existe e aseguran que as conclusións dos seus colegas foron provocadas por unha análise inadecuadas dos datos.Utilizando un modelo máis preciso nos datos existentes, os investigadores están convencidos de que o sinal de GJ 581d é real, a pesar da variabilidade estelar.

A estrela Gliese 581 é unha fonte de achados para os cazadores de planetas, pero tamén unha fonte de polémica. En 2010, astrónomos das Universidades de California e Santa Cruz e do Instituto Carnegie de Washington anunciaron o descubrimento do primeiro planeta «realmente habitable» fóra do noso Sistema Solar, o planeta «gr», outro dos seis mundos coñecidos do sistema. Como aconteceu co seu irmán «d», o «gr» tamén foi posto en dúbida apenas unhas semanas despois de ser anunciado oficalmente, pero, tamén da mesma forma, o equipo descubridor volveu para achegar novos datos que parecían confirmar a súa existencia. Sen dúbida.

Gliese non deixará de dar sorpresas!

FONTE: Xornal abc/ciencia

FOTOGRAFÍA DA LUZ COMO PARTÍCULA E ONDA Á VEZ

FOTOGRAFÍA DA LUZ COMO PARTÍCULA E ONDA Á VEZ

Científicos observan ao mesmo tempo a luz como partícula e como onda / EPFL

A luz compórtase como unha partícula e como unha onda. Dende a época de Einstein, os científicos estiveron a tratar de observar directamente estes dous aspectos da luz ao mesmo tempo. Agora, investigadores da Escola Politécnica Federal de Lausanne (EPFL), en Suíza, conseguiron captar a primeira instantánea deste comportamento dual.

A mecánica cuántica dinos que a luz pode comportarse ao mesmo tempo como unha partícula ou unha onda. Non obstante, nunca houbo un experimento capaz de capturar ambas as dúas naturezas da luz ao mesmo tempo; o máis preto que chegamos é ver a luz como onda ou partícula, pero sempre en momentos diferentes. Tomando un enfoque experimental radicalmente diferente, os científicos do EPFL agora foron capaces de tomar a primeira instantánea da luz en que se comporta tanto como onda e como unha partícula. O fito publícase en Nature Geosciences.

Cando a luz ultravioleta golpea unha superficie de metal, causa unha emisión de electróns. Albert Einstein explicou este efecto "fotoeléctrico" propoñendo que a luz - se cre que só unha onda - é tamén unha corrente de partículas. A pesar de que unha gran variedade de experimentos observaron con éxito tanto os comportamentos de partículas como de ondas da luz, nunca puideran observar as dúas cousas ao mesmo tempo.

FONTE: Xornal abc/ciencia