Blogia
vgomez

NOTICIAS DAS CIENCIAS

MAÑÁ CHEGA A CERES A SONDA DAWN

MAÑÁ CHEGA A CERES A SONDA DAWN

Imaxes do planeta anano Ceres tomadas pola nave “Dawn”, o pasado 19 de febreiro, dende unha distancia duns 46.000 quilómetros / NASA/JPL-Caltech/UCLA/MPS/DLR/IDA

A sonda espacial Dawn, da NASA, prepara a súa chegada ao planeta anano Ceres, un corpo de 950 quilómetros de diámetro (fronte aos 12.742 quilómetros da Terra) que pertencente ao cinto de asteroides que hai entre Marte e Xúpiter.

Será mañá, venres, segundo o plan previsto, cando a sonda automática se poña en órbita deste obxecto do Sistema Solar, para estudalo de preto durante un ano.

A Dawn, que partiu da Terra en setembro de 2007, explorou durante 14 meses (dende xullo de 2011 ata setembro de 2012) o grande asteroide Vesta, de 525 quilómetros de diámetro, antes de encamiñarse cara a Ceres. Será a primeira nave que terá estado en órbita de dous corpos do Sistema Solar. Ámbolos dous obxectos celestes son ben diferentes. Mentres Vesta é un corpo rochoso e moi seco, estímase que o 25% da masa de Ceres é auga.

O plan para a Dawn, que non esta deseñada para descender á superficie destes obxectos celestes, é que realice observacións e toma de datos arredor de Ceres, en órbita a diferentes alturas, coa máxima aproximación (375 quilómetros de altura sobre a superficie), prevista para o próximo novembro.

Dentro de aproximadamente un ano, rematará a misión Dawn e a nave quedarase, inactiva, como satélite de Ceres nunha órbita moi estable.

FONTE: Xornal El País/Ciencia

UNHA ENORME NUBE DE HIDRÓXENO DIRÍXESE CARA Á VÍA LÁCTEA

UNHA ENORME NUBE DE HIDRÓXENO DIRÍXESE CARA Á VÍA LÁCTEA

Nube de Smith / NRAO/AUI/NSF

Unha enorme nube de hidróxeno diríxese a toda velocidade cara á Vía Láctea e o impacto será inevitable, informa "ScienceNews", citando os últimos datos recolleitos polo telescopio Green Bank da Fundación Nacional de Ciencia de EE.UU. O obxecto, que polas súas características parécese a un cometa, chámase Nube de Smith e avanza a unha velocidade de 828.000 quilómetros por hora.

A nube contén suficiente hidróxeno para formar un millón de estrelas iguais que o Sol. Os astrónomos calculan que golpeará o disco da Vía Láctea nuns 30 millóns de anos e producirá un tremendo estoupido de formación de estrelas. Moitas delas terán unha gran masa e deixarán de existir rápidamente, explotando como supernovas.

Os resultados da observación deste obxecto reforzan a idea de que o espazo entre as galaxias non é baleiro. Segundo o astrónomo Jay Lockman, está cheo de "raras nubes que parecen ter a súa propia vida".

FONTE: rt.com

UNHA NOVA PLANTA "SIRDAVIDIA SOLANNONA"

UNHA NOVA PLANTA "SIRDAVIDIA SOLANNONA"

a. Unha flor e flor abríu brotes (Couvreur 596) b. Flor con pétalos recurvados en antesis (Couvreur 596) c. Flor estaminadas (Couvreur 597) d. Flor con todos os pétalos e parte dos estambres eliminado, mostrando o aspecto plateado do carpelo e o longo estigma (Couvreur 596) e. Cauliflorous flor e capullo da flor (Couvreur 596) f. Froita nova, cauliflorous (Couvreur 596). Localización  / Imaxe:novataxa.blogspot.com.es

Un novo xénero e especie de plantas con flores da familia da chirimoya, Annonaceae, foi descuberto nas selvas de Gabón por botánicos franceses e locais.

O xénero foi denominado Sirdavidia, na honra do naturalista Sir David Attenborough.

A nova especie Sirdavidia solannona,  recolleuse preto dunha estrada nunha das rexións botánicamente máis coñecidos de Gabón: Parque Nacional de Montes de Cristal, e caracterízase polas follas acuminadas, longos pétalos vermellos completamente reflexos, 16-19 brillantes estames amarelos libremente dispostos formando un cono, e un só carpelo coroado por un estigma visible. O estudo aparece publivaddo no JOURNAL PHYTOKEYS.

O seu modo de polinización é moi curioso e especial, porque as abellas usan as vibración das súas ás para liberar o polen dos estames e colleitalo: sonificación.

FONTE: Cienciaplus.com

DOUS MAMÍFEROS DE HAI 160 MILLÓNS DE ANOS: O AGILODOCODON E O DOCOFOSSOR

O Agilodocodon, un antigo mamífero arborícola, e o Docofossor, similar a unha toupa dourada africana/ APRIL I. NEANDER, THE UNIVERSITY OF CHICAGO

Cando observamos a gran familia de mamíferos modernos, na que nos incluímos como especie, non pode deixar de sorprendernos a gran diversidade dos membros que a forman. Dende a musaraña etrusca, de tan só dous gramos, ata a balea azul, de case 200 toneladas, o zoolóxico é amplísimo en tamaños, formas e hábitos de vida. Aínda que se cre que non sempre houbo tanta variedade, o achado duns fósiles recentemente descubertos en China suxire que os mamíferos tamén tiveron as súas oportunidades hai máis de 160 millóns de anos, durante o reinado dos dinosauros do Mesozoico.

Os científicos da Universidade de Chicago e o Museo de Historia Natural de Beijing acharon os restos de dúas especies primitivas, ambas as dúas diminutas, do tamaño dunha musaraña, pero moi distintas entre si. O Agilodocodon scansorius é unha delas, o mamífero arborícola máis antigo que se coñece, con poutas para escalar e dentes adaptados para conseguir o zume das árbores. A segunda é o Docofossor brachydactylus, á súa vez o mamífero subterráneo máis antigo, similar á toupa dourada de África e con patas con forma de pa.

O Agilodocodon, que viviu hai uns 165 millóns de anos, tiña poutas curvas e duras, e as proporcións das extremidades típicas dos mamíferos que viven nas árbores ou arbustos. Estaba adaptado para alimentarse do zume das árbores, cos dentes dianteiros de pa para roer a codia. Esta adaptación é similar aos dentes dalgúns monos modernos do Novo Mundo, e é a evidencia máis antiga coñecida dese tipo de alimentación nos en mamaliaformes (mamíferos primitivos). O Agilodocodon tamén posuía uns cóbados flexibles e ben desenvolvidos, e articulacións no boneco e o nocello que lle permitían unha mobilidade moito maior, todas características dos mamíferos afeitos a trepar.

O Docofossor, que viviu hai uns 160 millóns de anos, tiña unha estrutura e un corpo con proporcións moi similares á toupa dourada de África. Tiña os dedos de pa para cavar, e molares superiores curtos e anchos típicos dos mamíferos que se alimentan baixo terra. Reducira os segmentos óseos nos seus dedos, o que leva a un díxito máis curto pero ancho. As toupas douradas africanas posúen case a mesma adaptación, que proporciona unha vantaxe evolutiva para a escavación. Esta característica débese á fusión dos ósos das articulacións durante o desenvolvemento, un proceso influenciado polos xenes BMP e GDF-5. Debido ás moitas similitudes anatómicas, os investigadores formulan a hipótese de que este mecanismo xenético puido xogar un papel comparable ao principio da evolución dos mamíferos.

Para os científicos, estes animais e outros como o Castorocauda, un nadador comedor de peixes descrito en 2006 polos mesmos investigadores, suxiren que os mamíferos ancestrais souberon adaptarse ao seu ámbito e encontrar o seu oco a pesar da competencia dos dinosauros.

FONTE: Xornal abc/ciencia

UN NÚCLEO DENTRO DO NÚCLEO DA TERRA

UN NÚCLEO DENTRO DO NÚCLEO DA TERRA

A ilustración amosa que o núcleo interno da Terra ten, á súa vez, outro núcelo no seu interior/ Lachina Publishing Services

Un grupo de xeólogos das universidades de Illinois, en Estados Unidos, e de Nanjing, en China, acaba de anunciar en Nature Geosciences o descubrimento dun segundo núcleo terrestre. Ou, máis exactamente, un núcleo dentro do núcleo do noso planeta.

O sorprendente achado foi posible grazas a unha nova tecnoloxía de interpretación e lectura de ondas sísmicas, que permitiu aos investigadores afondar ata o centro mesmo da Terra.

Para levar a cabo o seu traballo, os investigadores usaron as ondas sísmicas dos terremotos e "escanearon" o que sucede baixo a superficie, dun modo similar a como fan os médicos que usan ultrasóns para ver o que sucede dentro dos seus pacientes.

Os investigadores utilizaron unha tecnoloxía que obtén datos non do choque inicial dun terremoto, senón das ondas que resoan nas súas secuelas. Un terremoto é algo parecido a un martelo golpeando unha campá: e da mesma forma en que un oínte escoita claramente o ton que resoa tras golpear a campá, os sensores sísmicos dos científicos recollen un sinal coherente na "coda" do terremoto.
O resultado é que ese sinal, reforzado pola tecnoloxía, "resulta tan clara e forte como a do campanazo principal", explican. “A idea básica deste método leva roldando a noso arredor dende hai tempo, e o mesmo principio xa se utilizou para estudos levados a cabo preto da superficie. Pero o que nós buscamos é o camiño cara ao centro da Terra".

Mirar a través do núcleo terrestre revelou unha sorpresa no centro do planeta, aínda que non do tipo da que imaxinou Julio Verne. O núcleo interno, en efecto, do que se pensaba que era unha sólida bóla de ferro, resultou ter unhas propiedades estruturais moito máis complexas do que cría. Os investigadores, en efecto, encontraron un "núcleo dentro do núcleo" que está perfectamente definido e que ten preto da metade do diámetro que o núcleo completo. Ademais, o equipo de investigadores decatáronse de que os cristais de ferro da "capa externa" do núcelo estaban aliñados direccionalmente, de norte a sur, mentres que os do núcleo dentro do núcleo apuntan na súa maioría de leste a oeste.

Pero non só a aliñación magnética dos cristais de ferro é diferente en ambas as dúas partes do núcleo, senón que se comportan, ademais, de forma moi distinta, o cal significa que o "núcleo dentro do núcleo" podería estar feito dun tipo de material diferente.

FONTE: Xornal abc/ciencia

UN ROEDOR DE MIL QUILOS: JOSEPHOARTIGASIA MONESI

UN ROEDOR DE MIL QUILOS: JOSEPHOARTIGASIA MONESI

Recreación do "Josephoartigasia monesi" / Universidade inglesa de York/EFE/AP

Un roedor de 1.000 quilos, do tamaño dun búfalo, cuns incisivos descomunais, dunha forza de 1.400 Newtons, similar á dun tigre, emparentado coas cobaias modernas, viviu en América do Sur e extinguiuse hai aproximadamente 3 millóns de anos, é o Josephoartigasia monesi.

 O seu fósil foi descuberto por primeira vez en 2008, pero unha investigación máis recente levada a cabo polo centro de Anatomía e Ciencias Humanas da Universidade de York no Reino Unido, descubriu por medio de simulacións dixitais que os incisivos deste enorme roedor poderían mesmo ter soportado tres veces máis forza do estimado nun principio.

Os sorprendentes resultados descubertos acerca da descomunal forza da peza dianteira da dentadura, publicados na revista Journal of Anatomy, fixeron pensar que debeu utilizar os seus incisivos para outras actividades ademais de comer, pois a forza destes dentes é tres veces maior do que o roedor necesitaría para accionar os seus músculos de mastigación, crendo os investigadores que tamén os usaban para loitar e defenderse como o fai un elefante cos seus cairos.

FONTE: Xornal El Mundo/Ciencia

EMBRIÓN DE TRES PAIS XENÉTICOS

EMBRIÓN DE TRES PAIS XENÉTICOS

Esquema do procedemento / Imaxe: sociedad.elpais.com

Os deputados británicos decidiron onte dar luz verde a unha polémica técnica que utiliza o ADN de tres persoas na reprodución asistida, a fin de evitar a transmisión de enfermidades xenéticas incurables

O procedemento, que foi desenvolvido por investigadores de Newcastle (no nordés de Inglaterra), utiliza unha versión modificada da fertilización in vitro para reunir material xenético dos dous pais máis o dunha terceira persoaA técnica está pensada para casos como as enfermidades mitocondriales, que son resultado do fracaso no funcionamento das mitocondrias.

As mitocondrias son partes constitutivas das células do organismo, cuxa función é a de xerar a enerxía necesaria para manter a vida e correcta función dos órganos. Estes problemas, que pasan de nai a fillo, poden producir danos cerebrais, perda de masa muscular, fallo cardíaco e cegueira.

Os bebés que nazan grazas a esta técnica terían un 0,1 % do ADN dunha segunda «nai» e o cambio xenético establecido no procedemento sería permanente xa que pasaría aos seus descendentes.

A Autoridade de Embriología e Fertilización Humana aprobará a licenza para que se empece a aplicar a técnica, co que o primeiro bebé que naza con material xenético de tres persoas será o ano próximo

FONTE: Xornal La Voz de Galicia/Ciencia

GLÓBULO COMETARIO CG4

GLÓBULO COMETARIO CG4

Imaxe do glóbulo cometario CG4 obtida co VLT (Very Large Telescope) / ESO

Como a boca aberta dunha xigantesca criatura celeste, o glóbulo cometario CG4 brilla nunha nova imaxe do VLT (Very Large Telescope) da ESO (Observatorio Europeo Austral).

Aínda que na fotografía parece grande e brillante, en realidade trátase dunha nebulosa débil, o cal dificulta a súa localización por parte dos astrónomos afeccionados. A natureza exacta de CG4 segue sendo un misterio.

O obxecto, tamén coñecido como a "man de Deus", atópase a uns 1.300 anos luz da Terra, na constelación de Puppis. A súa parte visible, que corresponde a cabeza do glóbulo, ten un diámetro de 1,5 anos luz, e a súa cola, que non se aprecia, ten oito anos luz de longo. Trátase dunha nube pequena para estándares astronómicos, algo característico dos glóbulos cometarios.Grazas á iluminación pola luz das estrelas próximas, pódese observar que a parte superior está formada por unha espesa nube de gas e po.

A forma diferente que teñen os glóbulos cometarios segue sendo un tema de debate entre os astrónomos. Uns defenden que estes puideron ser originalmente nebulosas esféricas cuxa formación foi interrompida, adquirindo a súa nova e inusual forma debido aos efectos da explosión dunha supernova próxima. Outros, que os glóbulos cometarios adquiren esa forma debido aos ventos estelares e á radiación ionizante proveniente das quentes estrelas masivas de tipo OB (asociación estrela espectrais O e temprerás B).

Para saber máis, os astrónomos necesitan pescudar a masa, densidad, temperatura e velocidades do material que se atopa nos glóbulos a través da medición das liñas espectrales moleculares.

Esta imaxe forma parte do programa Xoias cósmicas da ESO, unha iniciativa de divulgación que produce imaxes de obxectos interesantes, enigmáticos ou visualmente atractivos utilizando telescopios da ESO.

FONTE: Xornal El País/Ciencia