Blogia
vgomez

NOTICIAS DAS CIENCIAS

A ENIGMÁTICA QUENLLA ELEFANTE

A ENIGMÁTICA QUENLLA ELEFANTE

O investigador Byrappa Venkatesh sostén unha quenlla elefante (Callorhinchus milii) en Tasmania (Australia) / B. V.

É unha das quenllas máis raras do planeta. A natureza dotouno dunha especie de trompa que lle permite escarvar no fondo mariño para cazar crustáceos e que lle valeu a Callorhinchus milii o alcume de quenlla elefante.

Agora, un equipo internacional de investigadores secuenciado o seu xenoma, unha información coa que pretenden coñecer mellor este particular animal que vive en augas mornas de Nova Zelandia e do sur de Australia, en profundidades de entre 200 e 500 metros. E é que, máis alá do seu estraño aspecto, os científicos queren investigar como evolucionou o sistema inmune desta lonxeva especie e descubrir por que en lugar de ter ósos, o esqueleto das quenllas é cartilaxinoso.

Os detalles desta investigación, na que se comparou o xenoma da quenlla elefante co dos humanos e os doutras especies de vertebrados xa secuenciados, publícanse esta semana na
revista Nature .

As quenllas son uns animais particularmente interesantes dende o punto de vista evolutivo, pois encóntranse entre os vertebrados con mandíbulas articuladas máis antigos que aínda non se extinguiron.

Os vertebrados con mandíbulas coñécense globalmente como gnatostomados e divídense en dous grandes grupos: os que teñen esqueletos óseos e os que posúen un esqueleto de cartilaxes.

FONTE: Xornal El Mundo/Ciencia


ATOPAN AS GALAXIAS "NAI" DA MAIOR PARTE DE TODAS AS ESTRELAS

ATOPAN AS GALAXIAS "NAI" DA MAIOR PARTE DE TODAS AS ESTRELAS

Imaxe das galaxias primitivas capturada polo telescopio Hubble / NASA

Un grupo de astrónomos da Universidade de California conseguiu localizar, utilizando o telescopio espacial Hubble , a poboación galáctica orixinal, a que fixo posible que o ceo se poboase de estrelas nos primeiros tempos de existencia do Universo en que vivimos.

O grupo galáctico recén localizado é o máis numeroso xamais visto no Universo remoto. E os seus membros son as galaxias máis pequenas e escuras das que se tiña noticia ata agora. Para capturar o seu debil luz, os astrónomos tiveron que realizar larguiísimas exposicións cos instrumentos do Hubble no rango da luz ultravioleta.

O estudo resultante, presentado hai uns días na 223 reunión da Sociedade Astronómica Americana, celebrada en Washington, publicarasse próximamente no The Astrophysical Journal.

Trátase de 58 novas e diminutas galaxias, nacidas hai máis de 10.000 millóns de anos, durante o apoxeo do nacemento de novas estrelas. As novas galaxias son cen veces máis numerosas que as súas "primas" máis masivas, pero tamén cen veces menos luminosas que calquera outra galaxia detectada ata agora nas profundidades do espazo do Universo primitivo.

En condicións normais, estas galaxias terían sido demasiado débiles como para ser detectadas polo Hubble. Pero os astrónomos lograron facer que o telescopio espacial traballase "en equipo" xunto a un "zoom" espacial natural, unha lente producida pola gravidade de Abell 1689, un enorme cúmulo galáctico non demasiado afastado de nós.

O cúmulo é tan masivo que é capaz de magnificar a luz que recibe das galaxias máis afastadas que ten detrás grazas a un fenómeno coñecido como "lente gravitacional", no que a curvatura mesma do espazo actúa como un xigantesco espello de feira, que deforma a luz, facéndoa máis brillante.

Moi diferentes ás que hai a noso arredor, estas galaxias primitivas non forman maxestosas espirais nin poderían catalogarse dentro das demais familias galácticas coñecidas. A análise do Hubble mostra que son pequenas, de apenas uns centos de anos luz de diámetro (a nosa Vía Láctea, por exemplo, mide 50.000 anos luz de punta a punta), e que teñen formas irregulares.

Nelas están as respostas a moitas das preguntas que hoxe se fan os astrónomos, e que permitirán saber por que as cousas son tal e como as vemos.

FONTE: Xornal abc/ciencia

DORMAALOCYON LATOURI: UN ANTEPASADO DOS LEÓNS, TIGRES E OSOS EUROPEOS

DORMAALOCYON LATOURI: UN ANTEPASADO DOS LEÓNS, TIGRES E OSOS EUROPEOS

Recreación artística do Dormaalcyon latouri / Charlène Letenneur (MNHN)/Pascale Golinvaux (RBINS).

Un novo fósil descuberto en Bélxica botou luz sobre a orixe dalgúns dos mamíferos modernos máis coñecidos. Os cans e os gatos, así como os osos, as focas e as denociñas, todos carnívoros, cuxos primitivos antecesores datan de hai 55 millóns de anos (o comezo do período de tempo chamado o Eoceno). Un novo estudo, publicado na revista Journal of Vertebrate Paleontology, describe un deses primeiros antepasados.

A especie, bautizada como Dormaalocyon latouri, fora encontrada previamente na localidade belga de Dormaal. Novos exemplares descubertos investigadores do Real Instituto Belga de Ciencias Naturais, permitiron caracterizar mellor o animal.

Os novos exemplares inclúen máis de 250 dentes e ósos do nocello. A aparición de tantos dentes, mesmo algúns de leite, é toda unha sorte, xa que desta forma pode describirse a fila enteira da dentadura do animal. O feito de que teñan un aspecto tan primitivo e a súa época tan temperá implican que o Dormaalocyon está preto da orixe dos carnívoros, e que esta orixe puido ser Europa.

Os ósos dos nocellos, pola súa banda, suxiren que esta especie era arbórea, que vivía e movíase de árbore en árbore. Posiblemente habitaba unha zona cálida, húmida e boscosa, pouco despois dun evento chamado o Máximo Térmico do Paleoceno-Eoceno, un período extremadamente cálido que afectou á evolución de moitos grupos de mamíferos, incluíndo estes antigos carnívoros. Os investigadores consideran  que o feito de que o Dormaalocyon fose arbóreo e que os carnívoros se dirixisen a América do Norte en torno a este momento, suxire a existencia dun cinto de bosques de folla perenne continuo en altas latitudes durante esa época.

Aínda que preto da orixe dos carnívoros, os fósiles suxiren que mesmo houbo especies máis primitivas no grupo nun período de tempo anterior, o Paleoceno.

Máis fósiles deberán atoparse para responder á pregunta sobre a orixe destes animais!

FONTE: Xornal abc/ciencia

NO ANO 2100 A TEMPERATURA AUMENTARA 4° C

NO ANO 2100 A TEMPERATURA AUMENTARA 4° C

Nubes e chuvia / Imaxe:teinteresa.es

As temperaturas medias globais aumentarán polo menos 4° C para o ano 2100 e, potencialmente, máis de 8° C para 2200 se as emisións de dióxido de carbono non se reducen, segundo unha nova investigación publicada na revista Nature. Os científicos acharon que o climático global é máis sensible ao dióxido de carbono do que se sinala na maioría das estimacións previas.

Esta nova investigación tamén parece resolver un dos grandes temas descoñecidos da sensibilidade climática, o papel da formación de nubes e se isto vai ter un efecto positivo ou negativo sobre o quentamento global. A clave para esta estimación pódese encontrar nas observacións no mundo real de todo o papel do vapor de auga na formación de nubes.

Anteriormente, as estimacións da sensibilidade da temperatura global a unha duplicación do dióxido de carbono oscilaron entre 1,5° C e 5° C. Esta nova investigación fala de que as temperaturas medias globais aumentarán entre un 3° C a 5° C, cunha duplicación do dióxido de carbono, explica  o Centro de Excelencia para o Clima da Universidade de Nova Gales do Sur.

As observacións mostran que cando o vapor de auga é absorbido pola atmosfera a través da evaporación, as correntes ascendentes poden elevarse a 15 kilometros para formar nubes que producen chuvias intensas ou elévanse a poucos quilómetros antes de regresar á superficie sen formar nubes de chuvia.

FONTE: Xornal El Mundo/Ciencia

OS 10 NOMES QUE CAMBIARON A CIENCIA EN 2013

OS 10 NOMES QUE CAMBIARON A CIENCIA EN 2013

Figuras elixidas pola revista Nature polo seu impacto na investigación científica / Xornal:ABC

Todos os anos por estas datas faixe un repaso do ano que estamos a piques de rematar. Estas son as 10 figuras elixidas pola revista Nature  polo seu impacto na investigación científica no ano 2013:

1. Kathryn Clancy, antropóloga da Universidade de Illinois en Urbana-Champaign (EE.UU.): investigación sobre o acoso sexual.

2. Deborah Persaud, viróloga da Universidade Johns Hopkins en Baltimore, Maryland (EE.UU.): cura dun bebé nacido co VIH.

3. Feng Zhang, científico dol Instituto Tecnolóxico de Massachusetts en Cambridge (EE.UU.): desenvolveu un sistema denominado CRISPR para editar xenomas de forma máis barata, fácil e precisa.

4. Henry Snaith, físico da Universidad de Oxford (Reino Unido):creou células solares máis baratas.

 5. Hualan Chen, xefa do Laboratorio de Referencia da Gripe Aviar en Harbin (China): Puxo freo ao virus H7N9.

6. Michel Mayor, astrónomo do Departamento de Astronomía da Universidade de Xenebra (Suíza):descubríu o planeta máis parecido á Terra: Kepler-78b.

7. Naderev Saño, xefe da delegación de Filipinas na última Conferencia sobre o Cambio Climático da ONU celebrada en Polonia: folga de fame polo cambio climático.

8. Shoukhrat Mitalipov, biólogo reprodutivo da Oregon Health & Science University: clonou embrións humanos.

9. Tania Simoncelli, a primeira conselleira científica da Unión Americana de Liberdades Civís: derrotou a patente de xenes.

10. Viktor Grokhovsky, investigador da Universidade Federal dos Urals en Ekaterimburgo (Rusia): atopou o meteorito de Chelyabinsk.

Sen ciencia o mundo non sería o mesmo!

GEYSERS NA LÚA EUROPA

GEYSERS NA LÚA EUROPA

Recreación artística dun chorro de vapor de auga na superficie xeada de Europa, co Sol ao fondo / K. RETHERFORD, SOUTHWEST RESEARCH INSTITUTE

Chámase Europa e é a máis pequena das catro principais lúas do planeta Xúpiter. Un mundo misterioso e xeado que conta cun océano subterráneo que intriga aos científicos e do que, segundo detectaron agora, parecen emerxer enormes chorros de vapor de auga. Así o asegura un equipo de investigadores tras analizar as imaxes obtidas polo telescopio espacial Hubble en novembro e decembro de 2012 e comparalas con outras máis antigas captadas en 1999.

Segundo detallan na súa investigación, publicada esta semana na revista Science, se se confirma que se trata de geysers significaría que a auga do océano subterráneo deste satélite pode saír doadamente á súa superficie, polo menos nalgunhas ocasións. E é que só puideron detectar estes chorros de vapor de auga durante un período de sete horas.

O estudo detalla que os chorros de vapor de auga miden nada menos 200 quilómetros de altura. Foron observados soamente no Polo Sur deste corpo celeste xeado durante un breve período, sete horas, coincidindo co momento no que está a orbitar a maior distancia de Xúpiter. Segundo cren, os chorros esvaécense cando a lúa pasa moi preto do seu planeta.

O achado, podería ser decisivo á hora de planificar futuras misións de exploración para determinar se Europa, que conta cunha tenue atmosfera, é potencialmente habitable.

FONTE: Xornal El Mundo/Ciencia

 

ROCHAS DESPRENDIDAS DA TERRA PODERÍAN TER LEVADO A VIDA A LÚAS DE XÚPITER E SATURNO

ROCHAS DESPRENDIDAS DA TERRA PODERÍAN TER LEVADO A VIDA A  LÚAS DE XÚPITER E SATURNO

A idea de que a vida se pode propagar a través do espazo é coñecida como panspermia / NASA/JPL/UNIVERSIDADE DE ARIZONA

Rochas desprendidas da Terra poderían ter levado a vida ás lúas de Xúpiter e Saturno, segundo un estudo, publicado en “Astrobiology” , levado a cabo por un equipo internacional de científicos. Esta investigación pretende alertar os expertos de que, se teñan vida nesas lúas, deberán considerar a posibilidade de que se trate de vida procedente doutros planetas e non fontes orixinadas no propio mundo.

A idea de que a vida se pode propagar a través do espazo é coñecida como panspermia. Unha clase da panspermia é a litopanspermia, aquela que determina que a vida pode viaxar nas rochas que se desprenden de superficie dos mundos. Se estes meteoritos portan suficientes organismos, estes poderían sementar vida noutro planeta ou nunha lúa.

Aínda que podería parecer desatinada, algúns estudos realizados apuntan a que a litopanspermia é posible. Por exemplo, máis de 100 meteoritos procedentes de Marte foron descubertos na Terra. Son rochas que se despegaron do planeta vermello e que acabaron estrelándose no seu planeta veciño.

Para levar a cabo esta investigación, os científicos realizaron simulacións por ordenador. Esta práctica mostrou que hai materia que despegou da Terra por impactos cósmicos e que puido escapar á atracción da gravidade do planeta, aterrando na Lúa. Tamén se determinou que miles de millóns de anos de po da Terra puideron acumular na superficie lunar unhas 22 toneladas de material terrestre en 100 quilómetros cadrados.

Unha vez obtidos estes resultados, os científicos estenderon a investigación ás lúas de Xúpiter e ás lúas de Saturno, algunhas das cales se barallan como posibles portadores de vida, pola presenza de xeo nelas.

Durante o traballo, realizouse a simulación de máis de 100.000 fragmentos individuais desprendidos da Terra e Marte. A maioría destes meteoritos estreláronse de novo no seu planeta de orixe, outros foron tragados polo sol, mentres que outra parte acabou golpeando planetas cara ao interior do Sistema Solar (Venus e Mercurio). Non obstante, tamén houbo unha pequena fracción de meteoritos golpeou planetas cara aos planetas máis afastados á estrela.

Os investigadores calculan que, no transcurso dos 3.500 millóns anos que se coñece que a Terra tivo vida, “producíronse” uns 200 millóns de meteoroides suficientemente grandes como para levar a vida ata o espazo. Tamén estimaron que, 800 millóns deste tipo de rochas foron expulsadas de Marte durante o mesmo período. Esta diferenza de cifras débese á menor gravidade que posúe o planeta vermello con respecto á Terra.

De todos eles, calculouse que 83.000 meteoritos da Terra e 32.000 de Marte poderían ter golpeado Júpiter despois de viaxar 10 millóns de anos, ou menos.

Ademais, aproximadamente 14.000 rochas da Terra debería ter golpeado Saturno, ao igual que unhas 20.000 de Marte.

Dado que as lúas deses mundos xigantes están relativamente preto dos seus planetas, moitos dos impactos poderían "salpicar" aos satélites, segundo apuntaron os investigadores. Ademais, calcularon que as lúas de Saturno Titán e Encélado, e lúas de Xúpiter Io, Europa, Ganímedes e Calisto, sufriron entre un e 10 impactos, tanto da Terra e de Marte.

"Estes achados suxiren a posibilidade de transferencia da vida dende o interior do sistema solar ás lúas exteriores, aínda que é moi pouco frecuente, na actualidade non se pode descartar", sinalan os investigadores.

FONTE: Xornal El Mundo/Ciencia

OS CHINOS CHEGARON Á LÚA

OS CHINOS CHEGARON Á LÚA

Ilustración da sonda lunar china Chang E3 / Instituto de Enxeñaría Espacial de Pekín

China fixo realidade un sono albergado durante décadas: chegar á Lúa. O país asiático entrou no selecto club das potencias que alcanzaron o satélite terrestre e depositaron, de forma controlada, na súa superficie un vehículo de exploración, ao ter levado a cabo con éxito o descenso suave da sonda non tripulada Chang E3. Ata agora, só lográrano Estados Unidos e a antiga Unión Soviética.

Chang E3 foi lanzada o pasado 2 de decembro á 1.30 da mañá (18.30 en España) cun foguete Longa Marcha 3 B (o máis potente que ten China) dende o Centro de Lanzamento de Satélites de Xinchang, na provincia central Sichuan. Entrou en órbita lunar o 6 de decembro.

O contacto da sonda co chan lunar, en Sinus Iridum, produciuse ás 21.12 hora local (14.12 na España peninsular) de onte, no medio do orgullo de moitos cidadáns e do Goberno, que considera o programa espacial, de xestión militar, unha proba da capacidade tecnolóxica, o poderío económico e o alcance global de China, e, polo tanto, do éxito de Partido Comunista Chinés no desenvolvemento do país.

A Chang E3 levaba un vehículo rodante, chamado Yutu (Coello de xade), un robot que recorda aos rover que a NASA utiliza no chan de Marte e que xa se separou da sonda para empezar a rodar sobre o chan lunar.

O lugar de descenso da Chang E3 na Lúa, Sinus Iridium (Baía dos arcos iris), é unha chaira de orixe basáltica. Por ela desprázase xa Yutu, que pode viaxar a 200 metros por hora, subir pendentes de 30 graos e ten un rango de desprazamento de ao redor de 10 quilómetros. Está deseñado para funcionar tres meses en chan lunar e pode soportar as baixas temperaturas nocturnas grazas a un calefactor de radioisótopos. Este robot ten seis rodas e pesa uns 120 quilos. Leva cámaras de navegación e de visión para evitar obstáculos (unha panorámica e outra de ultravioleta para ver a Terra), un radar que sondará o subsolo lunar e un espectrómetro. Se todo vai segundo o previsto, o vehículo realizará inspeccións xeolóxicas e buscará recursos naturais. O módulo de descenso realizará estudos dende a súa posición fixa.

Os nomes da sonda de exploración e do vehículo robotizado proceden dun mito chinés sobre a deusa Chang’e e a súa mascota, Yutu, un coello branco que vive con ela na Lúa.

Este é o primeiro paso para enviar unha nave tripulada. Despois farase célebre a frase ”Hai un chino na Lúa!”, desprazando a xa famosa “Hai un galego na Lúa!”

FONTE: Xornal El País/Ciencia