Blogia
vgomez

NOTICIAS DAS CIENCIAS

INVERSIÓN DA POLARIDADE DO SOL

INVERSIÓN DA POLARIDADE DO SOL

Imaxe do Sol capatada en 2010 / NASA

Nos próximos tres a catro meses o campo magnético do Sol, no que se bañan a Terra e todos os planetas do Sistema Solar, completará un invertimento de polaridade, un proceso que acontece cada once anos.

O investimento de polaridade (no que o norte pasará ao sur e viceversa) acontece na culminación de cada ciclo solar, cando magnetismo interno do Sol se reorganiza. Durante esa fase, que os físicos denominan Máximo Solar, as erupcións de enerxía poden incrementar os raios cósmicos e ultravioletas que chegan á Terra, e isto pode interferir as comunicacións por raio e afectar á temperatura do planeta.

A influencia magnética solar, coñecida como heliosfera, esténdese a miles de millóns de quilómetros máis alá de Plutón, e aínda a captan as sondas Voyager, lanzadas en 1977 e que agora roldan o albor do espazo interestelar.

FONTE: Xornal ABC/Ciencia

DESCUBERTAS TRES ESTRELAS CUN HULA-HOOP

DESCUBERTAS TRES ESTRELAS CUN HULA-HOOP

Recreación do sistema estelar descuberto /  NASA

Os astrónomos que usan o telescopio espacial Spitzer  da NASA descubriron un sistema estelar novo que "pestanexa" cada 93 días. Chamado 16 A YLW, o sistema está formado por tres estrelas en desenvolvemento, dúas das cales están rodeadas por un disco do material sobrante no proceso de formación estelar.

Os discos parecen non estar aliñado coas súas estrelas (que están no interior do sistema), probablemente debido á presenza gravitacional da terceira estrela que orbita na periferia.

Os movementos dos corpos interiores, que xiran un arredor do outro, provocan que o disco se mova como un hula-hoop. Os científicos sinalaron que este disco será o que acabe formando planetas e outros corpos celestes que, habitualmente, compoñen un sistema solar.

O telescopio "Spitzer" observou a luz infravermella de YLW 16 A, emitida polo gas quente e o po no disco. Trátase do último exemplo coñecido de sistema parpadeante e o segundo que se encontra nesa mesma rexión de formación estelar, coñecida como ’Rho Ophiuchus’. O achado suxire que estes sistemas poderían ser máis comúns do que se pensaba, segundo indicaron os expertos.

Os sistemas parpadeantes de estrelas con discos combados ofrecen aos científicos un xeito de estudar como se forman os planetas nestes ambientes.

Os planetas poden orbitar unha ou ambas as dúas das estrelas do sistema binario. O famoso planeta ficticio ’Tatooine’ da saga ’Star Wars’ xira ao redor de dúas estrelas, de aí os seus dobres atardeceres. Estes mundos denomínanse planetas circumbinarios

Así, grazas a este descubrimento, publicado en "Astronomy & Astrophysics  ", os astrónomos poden rexistrar como a luz é absorbida polos discos de formación planetaria durante as fases brillantes e débiles dos sistemas estelares parpadeantes e, á súa vez, revela información acerca dos materiais que compoñen o disco.

FONTE: Xornal El Mundo/Ciencia

O GRAN OCÉANO DE MARTE: NOVAS EVIDENCIAS

O GRAN OCÉANO DE MARTE: NOVAS EVIDENCIAS

Á esquerda, a área Aeolis Dorsa (Marte); á dereita, o delta Selenga (Rusia) / Xornal abc.es

Os investigadores encontraron en Marte indicios dun antigo delta dun río que podería ter vertido as súas augas a un grande océano. De ter existido, tería cuberto gran parte do norte do planeta.

"Os científicos teñen a hipótese dende hai tempo de que as terras baixas do norte de Marte son en realidade o fondo do mar desecado, pero ninguén encontrou a arma fumegante", explica Mike Lamb, profesor de Xeoloxía no Instituto de Tecnoloxía de California (Caltech), institución que xunto á NASA impulsou a investigación.

Os resultados non proban a existencia dun antigo océano, pero achegan información que avalaría esta hipótese. É o que sostén Romano DiBiase, autor principal do estudo publicado no    
Journal of Geophysical Research. A maior parte do hemisferio norte de Marte é plana e cunha elevación menor que o hemisferio sur, algo similar ao que sucede nas concas oceánicas da Terra. A costa do océano tería sido a fronteira entre as terras baixas e as terras altas.

Os investigadores usaron novas imaxes en alta resolución da Mars Reconnaissance Orbiter (MRO)  para analizar unha zona de 100 quilómetros cadrados que se atopa na posible antiga costa. Imaxes previas demostraran que esta rexión, parte dunha área máis grande chamada Aeolis Dorsa, está chea de canles invertidas que marcan os lugares de antigos leitos de ríos. Estas canles fórmanse cando os materiais pesados como a grava e os seixos se depositan ao fondo. Cando o río se seca, o material máis fino erosiónase e deixa ao descuberto o material máis groso.

Vistos dende arriba, as canles invertidas parecen un abano, configuración que suxire tres posibles orixes: as canles poderían ter sido un sistema de drenaxe dos ríos e regueiros que se xuntaban nun río máis grande; a auga podería ter fluído noutra dirección ata crear un abano aluvial; ou as canles son en realidade parte dun delta.

Para valorar o escenario máis probable, os investigadores recorreron a imaxes de satélite tomadas pola cámara HiRISE da MRO. O equipo foi capaz de determinar as pendentes das canles cando a auga seguía correndo a través deles. As medicións revelaron que a auga se estendía cara a fóra, é dicir, que as canles eran parte dun delta.

FONTE: Xornal abc/Ciencia

O DINOSAURO NARIGÓN DE CARA CORNUDA

O DINOSAURO NARIGÓN DE CARA CORNUDA

Nasutoceratops” / Imaxe: phenomena.nationalgeographic.com  

Medía cinco metros de longo, tiña un nariz inmenso e lucía unha espectacular cornamenta. Así era o impoñente “Nasutoceratops titusi” (que significa “narigón de cara cornuda”), o novo dinosauro da familia dos triceratops que se atopou no deserto de Utah.

O dinosauro foi descuberto en 2006, pero necesitáronse varios anos para estudar o fósil con detemento. A partir desta detallada análise, recén publicado na revista Proceedings of the Royal Society B  , estimouse que os restos datan de hai uns 76 millóns de anos aproximadamente, o que indica que viviu na Terra durante o período Cretáceo.

O especimen hervíboro de 2,5 toneladas atopouse nunha zona que formaba parte dun continente chamado Laramidia no territorio que hoxe é Norteamérica, unha zona que se converteu nunha auténtica mina para encontrar fósiles de dinosauro nos últimos anos.

O “Nasutoceratops” non se encontrou só, senón que tamén se acharon restos doutros tipos de dinosauros con cornos e carnívoros, o que indica que convivían todos xuntos nun mesmo ecosistema.

O achado sorprendeu os seus descubridores, que nunca viran un especimen con istes trazos. O impresionante cranio do novo dinosauro expoñerase de xeito permanente no Museo de Historia Natural de Utah.

FONTE: Xornal El Mundo/Ciencia

DESCUBERTOS OS MAIORES VIRUS DO MUNDO

DESCUBERTOS OS MAIORES VIRUS DO MUNDO

Un pandoravirus. / Chantal Abergel / Jean-Michel Claverie (Science)

Os virus empezan a forzar a definición de microorganismos. Dous exemplares detectados, un en Chile e outro en Australia, bateron os récords de tamaño: chegan a un micron (milésima de milímetro), o que permite que se vexan cun microscopio óptico. Denomináronos Pandoravirus dulcis (o de Australia) e salinus (o de Chile) polos lugares en que se atoparon (un lago de auga doce e un leito mariño). Publicouno "Science" .

O tamaño, superior ao de bacterias e células eucarióticas, non é o único que os distingue. Tamén o seu material xenético é inusualmente grande: 2,5 e 1,9 megabases, fronte a menos dunha megabase dos maiores exemplares descubertos ata agora.

O tamaño é tan inusual que, á parte das consecuencias que pode ter, servíu para despistar os científicos hai 13 anos. Os pandoravirus son ovalados, e tan grandes que cando se descubriron pensouse que eran un tipo de bacteria.

FONTE: Xornal El País/Ciencia 

GALICIA, A ZONA DE ESPAÑA MÁIS EXPOTA AO GAS RADON

GALICIA, A ZONA DE ESPAÑA MÁIS EXPOTA AO GAS RADON

Nas zonas rosas, o 10% dos edificios teñen concentracións de radon superiores a 300 Bq/m3. As grises están pendentes de clasificación.

Investigadores da UNED e do Consello de Seguridade Nuclear (CSN) deseñaron o primeiro mapa que delimita as rexións con máis risco de exposición ao gas radon na península. Os niveis altos deste gas radiactivo natural implican un maior risco de padecer cancro de pulmón. Os métodos estatísticos empregados sinalan que as zonas con máis perigo atópanse na parte occidental, especialmente en Galicia.

O gas
radon supón a maior fonte de radiactividade natural. A Organización Mundial da Saúde clasifica a exposición a este gas como a segunda causa máis importante de cancro de pulmón en determinados países. Fórmase pola desintegración do radio e do uranio do chan, sobe ata a superficie e penetra nas vivendas. Como non ule, se pode detectar salvo mediante unha medición.

En España non se realizara un estudo en todo o territorio, como explica Alfonso García-Pérez, investigador do departamento de Estatística, Investigación Operativa e Cálculo Numérico da UNED, un dos autores da investigación.

O método estatístico serve para avaliar as zonas de risco ao radon. O CSN recomenda que nos domicilios non existan concentracións medias anuais de 300 Bq/m3 (becquerelios por metro cúbico de aire), valor que aparecerá na futura Directiva Europea sobre Protección Radiolóxica, aínda que a recomendación actual é de 400 Bq/m3. En Estados Unidos, non obstante, o límite está en 148 Bq/m3.

O estudo, publicado na
revista "Journal of Radiological Protection"   , mostra que en case toda Galicia, o oeste de Asturias, a parte máis occidental de Castela e León, Extremadura e zonas noroccidentais de Andalucía, unha porcentaxe significativa dos edificios presenta niveis superiores a 300 Bq/m3. Marta García-Talavera, técnica do CSN, é a autora principal do traballo.

As concentracións máis elevadas do gas danse nos sotos e nas plantas baixas e redúcense á metade a partir da segunda planta. Á parte das zonas mencionadas, a serra da Comunidade de Madrid e algúns enclaves de Cataluña e de Pireneos tamén son áreas con niveis superiores de radon. Estes terreos presentan unha alta concentración de elementos radiactivos da cadea do uranio e unha maior xeración de radon.

O proceso estatístico empregado foi o test de hipótese a partir de medicións reais do gas en vivendas, procedentes dunha base de datos con 11.000 medicións. Ademais, utilizouse o mapa de radiación gamma natural de España, elaborado polo CSN, e os mapas relativos a rochas e minerais do Instituto Xeolóxico e Mineiro de España.

García-Pérez sostén que a investigación pode servir de base para o desenvolvemento de regulación e normativa nova. Entre as posibilidades para minimizar as concentracións de radon sinala que "as vivendas han de construírse con material que ille o terreo e os alicerces". Outras medidas máis "caseiras" para paliar os efectos deste tipo de radiactividade consisten en ventilar as casas con frecuencia e evitar a interacción deste gas cos efectos do tabaco.

FONTE: El Blog: Ciencia y tecnología / José Manuel Nieves

O OUTRO PLANETA AZUL

O OUTRO PLANETA AZUL

Recreación artística do exoplaneta HD 189733b / NASA / ESA

A 63 anos luz de distancia, este exoplaneta, chamado HD 189733b, é un dos máis próximos á Terra, o que facilitou que por primeira vez os astrónomos lograron observar a cor dun mundo achado fóra do Sistema Solar, co telescopio espacial Hubble da NASA e a ESA.

Visto de preto é de cor azul cobalto, parecida ao da Terra. Pero isto non se debe a grandes océanos, senón ao neboento gas que constitúe a súa atmosfera. Esta fora estudada con anterioridade, contendo grandes cantidades de óxidos de carbono, metano e auga.

Ademais destas e outras substancias, conta cunha mestura de partículas entre as que se atopa o silicato, que é o que dispersa esta luz azul.

Para poder ver a súa cor real, houbo que illar a propia luz do planeta da luz da estrela que se reflicte neste, para o que se utilizou o Espectrógrafo de Imaxes do Hubble (ITS).

En principio non se contempla que este planeta poida albergar algunha forma de vida, xa que a temperatura da súa superficie é abrasadora. Estímase que alcanza máis de 1.000 ºC.

FONTE: Xornal El Mundo/Ciencia

O SISTEMA SOLAR TEN COLA COMO AS DOS COMETAS

O SISTEMA SOLAR TEN COLA COMO AS DOS COMETAS

Así se vería dende fóra a cola do Sistema Solar, segundo os novos datos do satélite IBEX / NASA/Goddard Space Flight Center 

O satélite científico IBEX (NASA Interstellar Boundary Explorer), que estuda a interacción do noso Sistema Solar co espazo exterior, acaba de revelar unha nova e sorprendente estrutura no noso sistema planetario. Trátase dunha inesperada e xigantesca cola que, como a dun cometa, esténdese ao longo de decenas de miles de millóns de quilómetros no espazo interestelar, máis alá dos dominios do Sol.

O achado publícase esta semana en  The Astrophisycal Journal. Ata agora tratábase só dunha teoría. De feito, dende hai anos os investigadores especulaban sobre a posible existencia dunha grande cola, parecida á dos cometas, que abranguería todo o Sistema Solar e se estendería máis alá da heliosfera a través do espazo. As primeiras imaxes do IBEX, en 2009, xa amosaban unha especie de "fita" feito de átomos moi enerxéticos que rodeaba, pola parte exterior, todo o noso sistema planetario. Foron necesarios longos anos de investigación para que a estrutura á que pertencía esa "fita" enerxética cobrase forma e revelase a presenza dunha "helio cola". Para iso, durante os anos 2010 e 2011 os refinados instrumentos do IBEX apuntaron xusto na dirección contraria a do seu primeiro achado. E encontraron outra parte da grande estrutura que estaban a intentar revelar.

O equipo de investigadores, en sucesivos cambios de orientación dos instrumentos, foron revelando unha serie de "lóbulos", ou ulteriores rexións da misteriosa e ata agora descoñecida estrutura. Coma se se tratase das pezas dun enorme crebacabezas, os científicos sumaron agora os resultados de todas esas observacións parciais e decatáronse de que, en conxunto, forman unha auténtica e descomunal cola xusto detrás do Sistema Solar.

FONTE: Xornal abc/ciencia