Blogia
vgomez

NOTICIAS DAS CIENCIAS

A CIENCIA TIRA POR TERRA A FIN DO MUNDO NO 21-12-2012

 

O noso mundo non acabará por agora, tal como se pronosticaba, segundo o calendario Maia. A NASA, no vídeo superior, por boca do astrónomo Don Yeomans, tira por terra, todas e cada unha das afirmacións desa fin apocalíptica: O impacto dun suposto palaneta xigante, as tormentas solares, as alineacións planetarias e as variacións do eixe e do campo magnético terrestre.

A ciencia, unha vez máis, pon a cada un no seu sitio, explicando a verdade. Realmente o pronostico Maia é algo similar a un fin de ciclo, como o día 31 de de decembro de cada ano, cando remata un ano e comeza o seguinte.

Tranquilos, non se acaba o mundo. Eso si, a ciencia lémbranos que cada día, nós, si estamos acabando co noso planeta!

A FIN DE EBB E FLOW

A FIN DE EBB E FLOW

Traxectoria final dos robots xemelgos da misión Grail ata chochar contra unha montaña da Lúa. / NASA/JPL-Caltech/GSFC/ASU

Ebb e Flow son as dúas naves xemelgas da misión espacial GRAIL . Estiveron a dar voltas á Lúa durante un ano, en formación unha tras outra, para facer o mapa gravitatorio dese corpo celeste, pero xa remataron, e os especialistas da NASA planearon a súa destrución controlada no chan lunar. Chocarán contra unha montaña, preto do polo Norte, hoxe luns. Primeiro impactará Ebb, ás 21.28 (hora peninsular) e despois Flow, 20 segundos máis tarde. Cada un destes artefactos ten o tamaño dunha lavadora e 200 quilos de masa; estrelaranse a 1,7 quilómetros por segundo.

As GRAIL  traballaron en órbita a unha altura de 55 quilómetros sobre a superficie da Lúa durante a maior parte da misión, pero o 30 de agosto pasado descenderon ata 23 quilómetros. Agora, antes do seu final destrutivo, teñen que facer un último experimento, esta vez de enxeñaría. Recibirán a orde de manter acendidos os seus motores ata que consuman todo o combustible, o que permitirá aos expertos coñecer con precisión canto queda nos seus depósitos, un dato importante para calcular o consumo en futuras misións e operalas máis eficazmente.

FONTE: Xornal El País/Ciencia


OS SETE EXOPLANETAS POTENCIALMENTE HABITABLES DA VÍA LÁCTEA

 

Un total de sete planetas na Vía Láctea, aínda que fóra do Sistema Solar, poderían albergar vida, segundo o Catálogo de Exoplanetas Habitables (HEC)  deste ano, realizado pola Universidade de Puerto Rico en Arecibo: Gliese 581g , Gliese 581 d, HD 85512 bKepler-22b, Gliese 667Cc, Gliese 163 c e HD 40307 g.

Os investigadores sinalan que todos estes exoplanetas son superterras porque son bastante máis grandes que o noso planeta, pero, aínda así, considéranse potencialmente habitables.

Eso si,  os científicos aínda non atoparon un anólogo á Terra verdadeira.


TUTATIS ACHÉGASE Á TERRA

TUTATIS ACHÉGASE Á TERRA

Imaxe de Tutatis / JPL

Tutatis (Toutatis), un asteroide moi ben coñecido polos astrónomos, achegarase á Terra mañá, mércores 12 de decembro. A impresionante rocha, do tamaño dunha montaña e duns 5 km de diámetro (en comparación, o asteoide que destruíu aos dinosauros medía 10 km), non supón ningún perigo, xa que na súa máxima aproximación, que sucederá minutos antes das oito da mañá, situarase a 6,9 millóns de quilómetros do noso planeta (18 distancias lunares), unha distancia que pode deixarnos tranquilos.

Non é a primeira vez que pasa a saudarnos. En realidade, faino cada catro anos por estas datas e noutras visitas aproximóusenos moito máis. Por exemplo, en 2004 tivémolo a tan só 1,55 millóns de quilómetros, cando mesmo puido verse con pequenos telescopios, algo tan extraordinario que non se repetirá ata 2652.

4179 Tutatis, nome do deus galo da guerra e os pobos, foi descuberto por Christian Pollas en Caussols (Francia) en xaneiro de 1989. Pola súa proximidade, foi cualificado como un «obxecto próximo á Terra»
(NEO, Near Earth Object), cunha traxectoria orbital «excéntrica», que o leva ata o cinto de asteroides, entre as órbitas de Marte e xúpiter, no seu máximo afastamento do Sol e preto da órbita terrestre durante o seu perihelio, cando está máis preto do Astro rei.

Desta vez non é a findo mundo!

FONTE: Xornal abc/Ciencia

GALAXIA "FEIXÓN VERDE"

GALAXIA "FEIXÓN VERDE"

A galaxia "feixón verde" J2240, na constelación de Acuario / CFHT/ESO/M. Schirmer

Unha rara galaxia que brilla intensamente en cor verde toda ela, iluminada pola luz residual do ámbito do burato negro que ten no seu centro, sorprendeu aos científicos. É un novo tipo galáctico que bautizaron de feixón verde (non confundir coas de chícharo verde, que xa se coñecían) e que dá pistas sobre o que sucede cando o burato negro se relaxa. A galaxia en cuestión (denominada J2240) está a uns 3.700 millóns de anos luz na constelación de Acuario. Os científicos, á vista desta gran rareza no universo, buscaron outros exemplares similares entre case mil millóns de galaxias rexistradas na base de datos SDSS (Rastreo Dixital do Ceo Sloan) e deron con outras 16 do mesmo tipo. E son tan pouco correntes, que os investigadores calcularon que cabe esperar a existencia dunha soa nun cubo de 1.300 millóns de anos luz de lado no universo, sinalan os expertos do Observatorio Gemini.

Os científicos bautizaron como feixóns verdes estas galaxias para distinguilas das de chícharo, que se coñecen dende 2007 e que son pequenas galaxias cun intenso proceso de formación estelar nelas, moi diferentes das agora descubertas.

As análises de J2240 desvelou a estes científicos outra rareza: O burato negro no seu centro parece moito menos activo do que cabería esperar dado o gran tamaño e o brillo da zona que ilumina. A conclusión á que chegaron é que, en realidade, o brillo verde que observan debe ser un eco, a radiación remanente, de cando o burato negro era moito máis activo. Co tempo, o brillo irase perdendo,
pero ofrece unha oportunidade extraordinaria aos científicos para estudar o proceso no que se van apagando estes obxectos tan activos, o como, o cando e o por que.

FONTE: Xornal El Pais/Ciencia

AUGA E MATERIAIS ORGÁNICOS EN MERCURIO

AUGA E MATERIAIS ORGÁNICOS EN MERCURIO

Mosaico de imaxes que amosa o polo norte de Mercurio e os seus cráteres / NASA

A cápsula de exploración planetaria Messenger da NASA ten enviado á Terra novas evidencias da presenza de auga xeada e materiais orgánicos nalgunhas rexións de Mercurio, segundo informa a axencia espacial estadounidense. Os investigadores calculan que o xeo, localizado na rexión permanentemente ás escuras do polo norte, ten un espesor de polo menos 45 centímetros e posiblemente alcance ata 20 metros. Os científicos consideran probable que o polo sur do planeta tamén conteña xeo, aínda que non hai datos que o confirmen.

Tres estudos independentes realizados con varios dos instrumentos da misión Messenger coinciden en confirmar a presenza de auga no planeta. O primeiro mediu un exceso de hidróxeno no polo norte do planeta; o segundo centrouse na reflectancia (a capacidade de reflectir luz) dos depósitos polares de Mercurio nunha lonxitude de onda próxima ao infravermello, e un terceiro ofreceu un modelo das temperaturas superficiais do planeta.

Malia a súa proximidade ao Sol, en Mercurio existen rexións enteiras (nas zonas polares) que non reciben nunca a luz do Sol debido á escasa inclinación do seu eixe de rotación. Dende fai xa varias décadas os investigadores consideran a idea de que podería haber xeo de auga alí, pero ata agora tratábase só dunha teoría.

A idea recibiu un grande impulso en 1991, cando o telescopio de Arecibo, en Puerto Rico, detectou unhas estrañas e brillantes manchas de radar nos polos de Mercurio. Manchas que reflectían a luz da mesma forma en que o faría o xeo. A maior parte desas manchas, ademais, procedían precisamente dunha rexión que fora fotografada dúas décadas antes, nos anos 70, pola sonda Mariner 10.

Agora a Messenger, que chegou ás proximidades de Mercurio en 2008 e entrou na súa órbita en marzo de 2011, puido verificar sen ningunha dúbida que aquelas manchas brillantes detectadas hai 20 anos coinciden coas zonas que nunca reciben a luz solar.

Os datos confirman non só que hai xeo, senón que o hai en xeito abundante. De feito, é o maior dos constituíntes dos depósitos do polo norte de Mercurio e, ademais de no interior dos cráteres, existe tamén moi preto da superficie e xusto baixo unha capa dun estraño "material escuro" que aparece en case todos os depósitos minerais e que permite que o xeo se manteña estable.

FONTE. Xornal El Pais/Ciencia

SUPERTORMENTA EN SATURNO

SUPERTORMENTA EN SATURNO

Tormenta captada pola sonda "Cassini" I Imaxe: nasa.gov

A sonda sonda Cassini da NASA volveu captar unha imaxe espectacular dos fenómenos climáticos extremos que acontecen en Saturno. Nesta ocasión bríndanos unha instantánea dunha supertormenta producida no polo norte do planeta dos aneis.

A imaxe ben podería parecerse a calquera dos furacáns que suceden na Terra. Non obstante, estes fenómenos resultan minúsculos en comparación con esta supertormenta espacial, capturada o pasado día 27, a unha distancia duns 361.000 quilómetros.

A imaxe é insólita, xa que ata o momento o polo norte de Saturno era unha rexión con moitas dificultades para ser observada. O principal motivo residía no longo inverno de 15 anos no planeta, que privou de luz a esta rexión ata hai tres anos.

FONTE: Xornal El Mundo/Ciencia

MAKEMAKE, ESE PLANETA ANANO DESCOÑECIDO

MAKEMAKE, ESE PLANETA ANANO DESCOÑECIDO

Makemake / Imaxe:arstechnica.com

Foi descuberto en 2005 aínda que ata agora os astrónomos non puideran determinar as súas características con precisión. Trátase de  Makemake , un dos cinco planetas ananos recoñecidos pola Unión Astronómica Internacional (xunto a Ceres, Plutón, Haumea e Eris). Un mundo xélido, sen lúas, cunha atmosfera diferente á de Plutón e un tamaño que equivale a dous terzos deste. A descrición deste obxecto do Sistema Solar publicouse na semana pasada na revista "Nature". 

Un equipo de científicos, liderados polo astrónomo español
José Luis Ortiz Moreno, logrou determinar con precisión o seu tamaño, a forma e o albedo (é dicir, a fracción de luz reflectida) grazas á utilización dunha rede de 16 telescopios, entre os que se encontraban tres do Observatorio Europeo Austral (ESO) de Chile.

Makemake está lonxe da Terra. "Na actualidade atópase a unhas 53 Unidades Astronómicas de distancia, ou sexa, a unhas 53 veces a distancia da Terra ao Sol, o cal é moito".

Un dos aspectos máis destacados deste estudo é o que descubriron sobre a súa atmosfera: "Makemake non ten unha atmosfera global como a de Plutón neste momento, pero estamos case convencidos de que cando se achega máis ao Sol na súa órbita (que é moi elíptica), pode ser capaz de xerar unha atmosfera global do estilo da de Plutón, posto que ao estar máis preto do Sol a súa temperatura é máis alta e os xeos que cobren a súa superficie a esa temperatura liberan moito gas, que pensamos daría lugar a unha atmosfera global. Na actualidade Makemake encóntrase case no punto máis afastado da súa órbita arredor do Sol e pensamos que a súa atmosfera está practicamente colapsada ou condensada na superficie. Estes xeos frescos recén depositados fan que a súa superficie sexa tan tan reflectiva (reflicte o 77% da luz solar que lle incide, segundo puidemos determinar no noso traballo) ".

FONTE: Xornal abc/Ciencia