Blogia
vgomez

NOTICIAS DAS CIENCIAS

DINOSAURO CON ÁS

DINOSAURO CON ÁS
Ilustración do nuevo dinosauro con aspecto de ave Eosinopteryx / U. Southampton 

 

Investigadores da Universidade de Southampton descubriron no nordés de China un novo dinosauro con aspecto de ave do período Xurásico que desafía as teorías sobre a orixe do voo amplamente aceptadas pola comunidade científica. Este ser emplumado, de 30 cm de lonxitude, é anterior aos dinosauros similares dos cales se creu durante moito tempo evolucionaran os paxaros.

Durante moitos anos, foi aceptado entre os paleontólogos que as aves evolucionaron a partir dun grupo de dinosauros terópodos do Cretácico Inferior, hai arredor duns 120 ou 130 millóns de anos. Recentes descubrimentos de dinosauros emplumados do período Xurásico tardío reforzaron esta teoría.

 Non obstante, o novo «dinosauro-ave» Eosinopteryx descrito na revista Nature Communications  da semana pasada proporciona unha evidencia adicional neste sentido. «Este descubrimento bota dúbidas sobre a teoría de que o famoso fósil de  Archaeopteryx , ou "primeiro paxaro" como se denomina ás veces, foi fundamental na evolución das aves modernas»

 O dinosauro, de curioso aspecto, tamén tiña os dedos axeitados para camiñar polo chan e un menor número de plumas na cola e as patas, o que tería facilitado que botase a correr.

FONTE: Xornal abc/Ciencia

A NEBULOSA DO MANATI

A NEBULOSA DO MANATI
A Nebulosa do Manatí, unha copia perfecta do animal boca arriba / NASA/Tracy Colson

En ocasións aparecen criaturas que flotan no ceo. Unha nova imaxe do remanente dunha supernova de 20.000 anos de antigüidade conseguida co  Very Large Array (VLA) de Novo México (EUA)Very Large Array (VLA) de Novo México (EUA), un dos observatorios radioastronómicos máis importantes do mundo, proporciona non só unha magnífica pareidolia, senón máis pistas sobre a historia desta nube xigante que se asemella a vaca mariña: o manatí de Florida. W50 é unha dos restos de supernova máis xigantescos nunca vistas polo VLA. Con case 700 anos luz de diámetro cobre dous graos no ceo, que é o lapso de catro lúas cheas.

A enorme nube W50 formouse cando unha estrela xigante, situada a 18.000 anos luz de distancia na constelación da Aguia, explotou como unha supernova hai 20.000 anos, enviando os seus gases cara ao exterior nunha burbulla en expansión.

A reliquia que queda, moi probablemente un burato negro, aliméntase do gas dunha estrela compañeira moi próxima. Este sistema coñécese como o microcuásar SS433 e, co tempo, os seus chorros abríronse camiño a través dos gases en expansión da burbulla W50.

Cando a imaxe de W50 do xigante VLA chegou á oficina do director do Observatorio Radioastronómico Nacional de EUA (NRAO), a asistenta executiva do director, Heidi Winter, viu a semellanza da imaxe cun manatí, os mamíferos mariños en perigo de extinción coñecidos como "vacas mariñas" que se congregan nas augas cálidas no sueste de Estados Unidos.

Os manatís de Florida miden uns 10 metros de longo, pesan uns 500 quilogramos e pasan ata oito horas ao día pastando nas plantas mariñas, polo que ocupan o resto do día descansando, moitas veces sobre as costas coas súas aletas cruzadas sobre o seu ventre, unha estampa que se asemella á forma de W50. Ademais, os perigosos encontros destes mamíferos con hélices dos barcos lesionan moitos destes animais, facéndolles profundas cicatrices, de aparencia similar aos arcos realizados polos chorros de grande alcance no remanente da W50.

Grazas á suxestión de Winter, o National Radio Astronomy Observatory adoptou un novo alcume para W50: a Nebulosa do Manatí.

FONTE: Xornal abc/Ciencia

UN ANTIGO RÍO EN MARTE

UN ANTIGO RÍO EN MARTE

Vista topográfica de Marte / ESA/DLR/FU Berlin (G. Neukum)


O val de Reull Vallis, no planeta Marte, pénsase que tivo auga tempo atrás. A sonda Mars Express da Axencia Espacial Europea (ESA) capturou coa súa cámara de alta resolución unhas impactantes fotografías da parte superior da rexión. Nelas obsérvase claramente a estrutura dun río, flanqueado por numerosos afluentes que atravesan o val, que se prolonga durante case 1.500 quilómetros. Estímase que podería ter chegado a ter case 7 km de ancho e unha profundidade de 300 metros.

Nas imaxes obsérvanse abruptas e escarpadas estribacións, o que se pensa que son consecuencia do fluxo glacial ao longo da canle durante o período Amazónico.

Os cráteres de arredor do antigo río formáronse moito despois do efecto da auga, se ben é certo que os expertos da axencia afirman que poden ser límites creados por ela antes de que se evaporase. Así mesmo pénsase que nalgúns deles hai actualmente gran cantidade de xeo.

A morfoloxía desta rexión encontra diversas similitudes coas rexións da Terra que sufriron procesos de glaciación. Os procesos que tempo atrás sufríu a superficie do planeta vermello non son moi diferentes aos que sofre nos nosos tempos o planeta Terra.

FONTE: Xornal El Mundo/Ciencia

O CINTO DE ASTEROIDES DE VEGA

O CINTO DE ASTEROIDES DE VEGA

Ilustración dun cinto de asteroides en torno á estrela Vega / NASA

A estrela Vega, a segunda máis brillante no ceo do hemisferio Norte, ten un grande cinto de asteroides ao seu arredor, similar ao cinto de Kuiper en torno á Terra, máis alá de Neptuno.

O descubrimento, publicado na revista Astrophysical Journal, fixérono uns astrónomos da Universidade de Arizona (EEUU) con dous potentes telescopios espaciais de infravermellos (o Spitzer da NASA e o Herschel de la Agencia Europea del Espacio, ESA), deducindo que a arquitectura do sistema desa estrela é similar ao do Sistema Solar, mesmo con varios planetas, aínda que aínda non descubriron ningún alí. Tamén outro astro,Fomalhaut, ten un cinto de materia.

O Sol ten dúas bandas no seu ámbito: o cinto de asteroides situado, entre Marte e Júpiter, e o cinto de Kuiper, por fóra do planeta máis afastado. Son bandas de po e material remanente da formación do Sistema Solar, e orixe de asteroides e cometas. A banda interna está aí debido ao equilibro gravitatorio entre os planetas internos terrestres e os xigantes gasosos, mentres que a segunda está condicionada polos grandes planetas.

Vega e Formalhaut tamén teñen dúas bandas, unha interna máis quente e outra externa máis fría. Non se aprecian en luz visible polo brillo do astro, pero distínguense en infravermello. As dúas bandas de Vega e de Fomalhaut acumulan moita máis materia que os cintos de asteroides e de Kuiper no Sistema Solar debido, basicamente, a dúas razóns: por un lado, formaríanse a partir de nubes de gas e po máis masivas que a que deu orixe ao Sol; por outro, ao tratarse de estrelas novas tiveron menos tempo para "limpar o patio de casa", como din os científicos, porque os planetas varren a zona comprendida entre as bandas de entullos.

Vega e Fomalhaut son bastante parecidos, con masa aproximadamente o dobre da solar e ambas as dúas situadas a uns 25 anos luz de distancia da Terra. Son estrelas moi quentes que emiten sobre todo en luz azul e moito máis novas que o Sol, xa que a primeira ten uns 600 millóns de anos e a segunda, uns 400 millóns, mentres que o noso astro se orixinou hai uns 4.500 millóns de anos.

O cinto de Kuiper está a unha distancia da nosa estrela de entre 30 e 50 unidades astronómicas (UA, a distancia media entre a Terra e o Sol, é dicir, case 150 millóns de quilómetros) e é moito máis masivo que o de asteroides.

FONTE: Xornal El País/Ciencia

THALATTOARCHON SAUROPHAGIS

THALATTOARCHON SAUROPHAGIS

Thalattoarchon saurophagis / National Geographic

Un equipo internacional de científicos descubríu no que agora é o deserto de Nevada (EEUU) o fósil dun antigo depredador mariño de 8,6 metros de longo que debía de sementar o terror nos mares do Triásico, hai 244 millóns de anos. Dotado dun enorme cranio e mandíbulas armadas con grandes dentes de bordos cortantes, era capaz de atacar e devorar sen problemas presas do seu mesmo xigantesco tamaño.

Segundo os científicos, o Thalattoarchon saurophagis (soberano do mar, comedor de lagartos), como foi bautizado, representa o primeiro gran depredador nas cadeas alimentarias mariñas que se alimenta de animais cun tamaño similar ao propio. A investigación aparece publicada na revista Proceedings da Academia Nacional de Ciencias de EUA e foi financiada pola National Geographic Society.

O Thalattoarchon é un representante temperán dos ictiosaurios, un grupo de réptiles mariños que viviron ao mesmo tempo que os dinosauros e que vagaron polos océanos durante 160 millóns de anos.

O Thalattoarchon era comparable aos orcos modernos.

FONTE: Xornal abc/Ciencia

ACHEGOUSE SEN PERIGO APOPHIS

ACHEGOUSE SEN PERIGO APOPHIS

Órbita do Apophis / NASA

O asteroide Apophis (nomeado así por un antigo demo da mitoloxía exipcia, Apep, símbolo das forzas maléficas e das tebras) está considerado como o máis perigoso para a Terra. Esta rocha, cun diámetro de case tres campos de fútbol (270 metros), achegouse, na madrugada de hoxe xoves, a 37,6 distancias lunares do centro do noso planeta (14,4 millóns de quilómetros), o suficientemente lonxe como para que nesta ocasión non implicase ningunha ameaza.

O achegamento será maior en 2029 e existen certas posibilidades de que impacte contra nós no ano 2036 (unha entre 250.000, segundo os cálculos da NASA, aínda que estes se axustarán a medida que se coñeza mellor a súa órbita).

Daquela xa veremos, por agora tranquilidade!

NEBULOSA NGS 5169: ASÍ REMATARÁ O NOSO SOL DENTRO DE 5.000 MILLÓNS DE ANOS

NEBULOSA NGS 5169: ASÍ REMATARÁ O NOSO SOL DENTRO DE 5.000 MILLÓNS DE ANOS

A nebulosa planetaria NGC 5189 fotografada polo telescopio "Hubble" / INASA/ESA/(STScI/AURA)

O veterano telescopio espacial Hubble segue ofrecendo as súas doses de espectáculo celeste. Agora fotografou unha nebulosa planetaria que parece un lazo cósmico de cores brillantes e finos encaixes de gas. A nebulosa elixida é NGC 5189, o estadio final dunha estrela como o Sol que, ao ter consumido o combustible que a facía brillar, lanza ao espazo gran parte das súas capas externas e brillan ao quentarse. O noso Sol rematará así dentro duns 5.000 millóns de anos.

Na imaxe do Hubble, grazas á súa gran resolución, distínguense as estruturas que forma a radiación emitida polo astro nas nubes de gas, cuns nódulos densos que permiten facerse unha idea do tamaño da nebulosa: cada un destes nódulos teñen un tamaño similar ao do noso Sistema Solar. O astro, no centro, é unha densa anana branca que terá o tamaño da Terra e que non é máis que un punto de luz na fotografía. Pero é precisamente a rotación do astro o que xera a forma desta nebulosa, como unha S ao revés ou un gran lazo.

FONTE: Xornal El País/Ciencia

OS 10 DESCUBRIMENTOS CIENTÍFICOS DE 2012

OS 10 DESCUBRIMENTOS CIENTÍFICOS DE 2012

Imaxes dos 10 descubrimentos ientíficos do 2012 / Science

A prestixiosa revista Science publica no seu último número a lista dos 10 grandes descubrimentos científicos durante o ano 2012. Estes son:

1. Aparece, por fin, o bosón de Higgs
O 4 xullo, os físicos de CMS e ATLAS, os dous maiores experimentos do Grande Colisionador de Hadrones (LHC), situado no CERN, preto de Xenebra, en Suíza, confirmaban emocionados a existencia dunha partícula que coincidía coa descrición teórica do bosón de Higgs. O achado «bendicía» os coñecementos actuais sobre o mundo subatómico e, por fin, permitía explicar como o resto de partículas elementais obtén a súa masa. Os científicos asumen que existe un campo enerxético que permea todo o Universo, o campo de Higgs, por onde as partículas se moven como os peixes o fan na auga. Canto maior é a partícula, máis resistencia encontra ao moverse. Así, colisionar cos famosos bosones, que lles confiren a materia. En definitiva, o Higgs é o que fai que os obxectos teñan masa, dende o máis diminuto seixo dun río ata a estrela máis colosal, incluídos, por suposto, nós mesmos. Sen el, o Universo sería moi diferente ao que coñecemos.

2. O xenoma do denisovano, secuenciado
O investigador Svante Pääbo, director do Instituto Max Planck de Antropoloxía Evolutiva en Leizpig (Alemaña), logrou secuenciar o xenoma do homínido de Denisova, unha misteriosa especie atopada en 2010 en Siberia e emparentada cos neandertais, a partir dun fragmento dun dedo maimiño infantil e dúas pezas dentais. A análise permitíu comparar os denisovanos co home moderno e revelou que o óso pertencía a unha nena de ollos marróns, cabelo castaño e pel morena que vivíu hai entre 74.000 e 82.000 anos.


3. Obteñen óvulos de células nai 
Científicos xaponeses da Universidade de Kioto conseguiron fabricar no laboratorio óvulos fértiles, con capacidade para ser fecundados, a partir de células nai de rato. Os óvulos deron lugar a unha ampla descendencia de ratiños sans. A investigación pode dar lugar a novos tratamentos para combater a imfertilidade feminina, especialmente no caso das mulleres que esgotaron os seus óvulos fértiles, por idade ou por un tratamento médico agresivo.


4. A complexa aterraxe do Curiosity
O rover Curiosity, o máis avanzado creado xamais pola NASA, aterrou en Marte o pasado agosto tras realizar unha serie de manobras que nunca antes foran probadas. O descenso era tan perigoso que mesmo foi denominado os «sete minutos de terror». Demasiado pesado para unha aterraxe convencional, o Curiosity foi descolgado cun complexo sistema de grúas e correas creado polo equipo do Laboratorio de Propulsión a Chorro en Pasadena (California). O éxito da aterraxe abre a porta a unha nova misión en Marte para recoller mostras do terreo e traelas de volta á Terra.


5. Raios X contra a enfermidade do sono
Un equipo internacional de científicos utilizou un innovador láser de raios X no Laboratorio do Acelerador Nacional SLAC (California, EE.UU) para revelar a estrutura dunha encima clave que permite ao parasito Trypanosoma brucei causar a enfermidade do sono en África. O descubrimento pode abrir unha nova vía de tratamento contra a infección, que transmite a mosca Tse-Tse a unhas 70.000 persoas cada ano, e revela o potencial deste tipo de láser, mil millóns de veces máis brillante que a fontes sincrotrónicas tradicionais, para descifrar proteínas.


6. Enxeñaría xenética máis precisa
Científicos da Universidade de Minnesota (EUA) desenvolveron unha nova tecnoloxía de edición do xenoma denominada TALENs, máis barata e rápida, que permite aos científicos modificar xeneticamente peixes cebra, sapos, gando e outros animais. Os investigadores poden alterar ou inactivar xenes específicos con máis habilidade, o que tamén lles permitirá aprender máis sobre as enfermidades humanas.


7. Exóticos fermiones dan a cara
A existencia de fermiones de Majorana, partículas que actúan como a súa propia antimateria e se aniquilan a si mesmas, foi debatida durante máis de sete décadas. Este ano, físicos e químicos holandeses obtiveron a primeira evidencia sólida de que a devandita materia exótica existe, na forma de quasi-partículas. Os científicos cren que estas misteriosas partículas poden ser utilizadas na computación cuántica para fabricar equipos máis eficientes.


8. O ADN quédase sen lixo
O proxecto Encode (Enciclopedia de elementos de ADN), a investigación de maior envergadura na actualidade no campo da xenómica, conseguíu internarse na parte escura do xenoma, que supón o 98,5% de todo o ADN humano. 30 estudos distintos publicados simultáneamente en catro revista de alto impacto desvelaron que o que se consideraba ADN lixo non é en absoluto un refugallo, senón que xoga un papel clave na regulación dos xenes. O descubrimento abre a porta a descifrar por que pacientes coa mesma enfermidade evolucionan de forma distinta e podería dar importantes pistas sobre patoloxías como a esclerose múltiple, a enfermidade de Crohn ou afeccións cardíacas.


9. O poder da mente
O mesmo equipo da Universidade Johns Hopkins (Baltimore, Maryland, EUA) que con anterioridade demostrou como rexistros neurais do cerebro poderían ser utilizados para mover un cursor nunha pantalla, posibilitou en 2012 que persoas con parálise puidesen mover un brazo mecánico coas súas mentes e levar a cabo movementos complexos. A tecnoloxía aínda é experimental (e extraordinariamente cara), pero os científicos teñen a esperanza de que se poidan mellorar estas próteses para axudar a pacientes con apoplexías ou lesións vertebrais.


10. A clave dos neutrinos
Centos de investigadores que traballan no Experimento Neutrino do Reactor de Daya Bay en China demostraron como estas elusivas e fantasmagóricas partículas que xera, por exemplo, o Sol, e atravesan todo o que se encontran se transforman dun «sabor» ou tipo a outro conforme viaxan á velocidade da luz. Os resultados suxiren que os neutrinos poderían axudar no futuro a explicar por que o Universo contén tanta materia e tan pouca antimateria.

Un ano cientificamente produtivo!