Blogia
vgomez

OPINIÓN E COMENTARIO

PARA EDUCAR BEN A UN NEN@ FAI FALTA UNHA BOA TRIBO



Non permitas que ninguén che quite as ganas de ser o mestre estupendo que levas dentro. Non esquezas ao servizo de quen e para que estás. Debes lembrar que es unha persoa  importantísima na sociedade, porque os mestres somos “facilitadores de humanización” e ninguén nos pode quitar iso. Ensinamos a ser críticos, a pensar, a xestionarse ben, contaxiamos valores e ganas de vivir aos alumnos: esa é a  grandísima labor do profesorado”.

A mestra e pedagoga Nélida Zaitegi, hoxe presidenta do Consello Escolar de Euskadi, leva máis de catro décadas investigando e desenvolvendo programas de innovación educativa, baseados na convivencia positiva e a resolución de conflitos. Conflitos que se pode transformar en aprendizaxes despois dunha reflexión consciente e pausada.

Algunhas das claves do seu pensamento pedagóxico inclúen a educación en valores, a  coeducación e a participación do alumnado. Como aprende un neno para convivir? Convivindo. Coma se a escola fose unha sociedade a pequena escala, onde o profesorado axuda a desenvolver a intelixencia interpersoal e intrapersonal. “Entre o mono de Darwin e o home ou a muller autorrealizados de Maslow, que temos no medio? Un profesor. Nós debemos axudar a que os mozos sigan subindo chanzos na humanización para conseguir unha sociedade mellor”, conclúe Zaitegi.


HUMOR "REAL"

A viñeta diaria de El Roto (Andrés Rábago García, Madrid-1947), no xornal El País, toca hoxe "de refilón" algo "real" nas Monarquías, incluída a nosa. Actitudes e feitos levan a cuestionar aos Reis, en primiero lugar, e a institución como dano colateral.

A bos entendedores, poucas palabras!

CLORAQUINA

Chloroquine 3D estructure e medicamento Cloroquina fosfato / Imaxe: wikipedia.org e unimarksa.com

Científicos de todo o mundo mergulláronse nunha frenética carreira para achar a vacina contra o novo coronavirus  SARS-CoV-2.

Cada vez son máis os países que se suman á procura de novos tratamentos ou que están a realizar ensaios para determinar se algún dos medicamentos existentes pode ter novas aplicacións no tratamento do virus e poder frear a pandemia.

A OMS informou que, entre os medicamentos que se están investigando ante unha posible nova aplicación en termos de tratamento contra o coronavirus, atópase a cloroquina.

Pero que é a cloroquina?

A  cloroquina é un fármaco do grupo das 4-aminoquinolinas que se utiliza no tratamento ou prevención da malaria, así como no de determinadas enfermidades  autoinmunitarias, como a artrite reumatoide ou o lupus eritematoso sistémico.

A súa historia remóntase a Perú, os indíxenas extraían a cortiza das árbores Cinchona e usaban o extracto (Cinchona officinalis) para combater os calafríos e a febre no século  XVII. En 1633 introduciuse esta medicina  herbal en Europa, onde se lle deu o mesmo uso e tamén se empezou a utilizar contra a malaria. Pero foi o médico e homeópata alemán, Samuel Hahnemann quen realizou o seu famoso experimento con Quina, tomando desta catro dracmas dúas veces ao día, o que lle produciu paroxismos semellantes de frío e febre​. Concluíu que non podía seguirse dicindo que a Quina cura os  paroxismos de frío e febre, porque é unha droga  astringente ou amarga. A verdadeira dedución resalta enerxicamente: a Quina cura os paroxismos de calafrío e febre porque os produce. É dicir, que nunha persoa sa a Quina produce os mesmos síntomas que curaba no enfermo.

Hans Andersag e o seu equipo descubriron en 1934 a cloroquina nos laboratorios Bayer de Elberfeld, dándolle o nome de Resochin. Considerada nun principio demasiado tóxica para uso humano, a molécula foi ignorada durante unha década. Con todo, durante a Segunda Guerra Mundial, o goberno dos Estados Unidos patrocinou unha serie de ensaios clínicos que demostraron máis aló de toda dubida o valor terapéutico do fármaco. En 1947 autorizouse o seu uso médico no tratamento  profiláctico da malaria.

Na actualidade, a cloroquina figura na Lista de Medicamentos Esenciais da OMS. Adoita atoparse en forma de fosfato de cloroquina. O nome comercial máis coñecido é Aralen.

Pero a paranoia actual fixo que todo o mundo queira iste medicamento, pero coidado, tamén ten moitos efectos secundarios. Algúns científicos alertaron percisamente destes posibles efectos secundarios, especialmente en persoas de idade avanzada (un dos principais grupos de risco) ou da súa perigosa combinación con outros antibióticos.

Soumya Swaminathan, científica principal da OMS, indica que atopáronse algúns “indicios de que podería ser útil, pero non hai estudos claros e rigorosos que se realizaron para probar ou refutar que a cloroquina é efectiva”.

Responsabilidade tamén nesto, e deixar traballar á ciencia!

FONTE: consalud.es e wilipedia.org

RECOMENDACIÓNS PARA AFRONTAR O CONFINAMENTO

 

Cando os nenos de hoxe medren, lembrarán o tempo que viviron encerrados xunto aos seus familiares próximos, durante a primeira pandemia do século XXI. O tipo de recordos que teñan desta época dependerá de como o afronten as familias. O psicólogo José Antonio Luengo achega unha serie de recursos para superar día a día, batalla a batalla, o confinamento, a incerteza e o medo ante o coronavirus.

 Como superar a ansiedade e os medos ante a enfermidade? Busquemos informacións positivas, cambiemos de actividade e iniciemos unha conversación. Busquemos cousas que nos transporten a outros momentos nos que o estado de ánimo foi fantástico. Así é como loitamos contra a ansiedade, con pensamentos que confrontan claramente ese medo a esa sensación de inseguridade e incerteza”, sinala o experto. Propón que afrontemos o confinamento desde tres ámbitos: os pensamentos, as emocións e as accións que levamos a cabo para coidar a saúde mental tanto propia como dos nosos seres queridos e amigos.

José Antonio Luengo é psicólogo, profesor, experto en acoso escolar e autor de ‘O Xardín dos abrazos’. Na actualidade forma parte da Xunta de Goberno do Colexio Oficial da Psicoloxía de Madrid, que puxo en marcha unha rede de psicólogos voluntarios que ofrecen asistencia virtual e apoio psicolóxico ás familias que perderon a un ser querido por COVID-19 e non puideron despedirse nin procesar o duelo.

Servizo de axuda ás familias afectadas por COVID-19: ayudaduelocopm@cop.es


QUERER SABER O PORQUÉ DE TODO



Abrir a porta a un mundo tan misterioso como descoñecido. Un mundo que asusta a moitos, “pero que tamén fascina pola súa estrañeza”. Así fala Sonia Fernández-Vidal daquilo que máis lle apaixona: a física cuántica. Desde nena tivo moi claro que quería ser científica “porque quería saber o porqué de todo”. Para ela, a ciencia e o mundo cuántico demóstrannos que a fronteira entre o imaxinario e o real é moito máis etérea do que pensamos: "Os científicos deron resposta a moitas das grandes preguntas e soños que a humanidade tivo desde a noite dos tempos", explica.

Sonia Fernández-Vidal é tamén unha profesora perspicaz e imaxinativa, que insiste en que animemos aos moz@s para converterse en grandes exploradores: “Se levamos aos nosos estudantes máis aló, e ensinámoslles cal é o resultado de penetrarse nas grandes cuestións científicas, descubriremos con eles algo tan poético como que non somos máis que po de estrelas”.

Doutora en Óptica e Información Cuántica e Física pola Universidade Autónoma de Barcelona, Sonia Fernández-Vidal é tamén coñecida polo seu gran labor de divulgación científica con obras como ’A porta dos tres ferrollos’, ’O Universo nas túas mans’ ou ’Almorzo con partículas’. Traballou e colaborou nalgúns dos centros científicos máis prestixiosos do mundo, como o CERN, o ‘Laboratorio Nacional dos Álamos’ (LANL) ou o Instituto de Ciencias Fotónicas (ICFO). Méritos que lle levaron a ser seleccionada pola revista Forbes como unha das 100 persoas máis creativas do mundo.

UN CONFINAMENTO PRODUTIVO

No verán de 1665, a Universidade de Cambridge tivo que botar o peche pola ameaza mortal da peste. Un mozo recentemente licenciado alí, que se pagou a carreira limpando os ouriñais doutros estudantes máis podentes, tivo que saír pitando dese epicentro do coñecemento mundial e volverse ao seu pobo, Woolsthorpe, no condado de Lincolnshire, onde se tirou confinado case dous anos. O tipo chamábase Isaac Newton, e a súa tempada de illamento é seguramente o maior agasallo que fixo unha pandemia á historia do coñecemento.

Foi alí cando ocorreu a soada epifanía da mazá. Case todo o mundo considéraa unha fábula, pero quizá non o sexa. O propio Newton citou a anécdota varias veces en anos posteriores, e ademais non ten nada de absurda. Supón que estás a pensar na Lúa, mesmo véndoa no ceo do atardecer de  Woolsthorpe, e de súpeto cae unha mazá ao chan. É case inevitable preguntarche por que cae a mazá e non a Lúa.

A solución que achou o mozo confinado é que a Lúa tamén caía, que virar sobre a Terra era unha forma de caer, e que a mazá e a Lúa podíanse explicar pola mesma abstracción matemática, a forza da gravidade. Xunto á invención do cálculo (derivadas, integrais), non é esaxerado dicir que o confinamento no pobo do mozo Isaac fundou a ciencia moderna e cambiou o mundo de maneira total. Oxalá algunha moza lectora teña ese mesmo espírito  inquisitivo e esa creatividade sublime.

Mesmo sen chegar a tanto, todos podemos ser un pequeno Newton por uns meses, aparcar o  avispero das redes na cuneta que merece e poñernos a pensar cun pouco de profundidade, aínda que sexa a primeira vez que o facemos nas nosas vidas. Ninguén vos deu vacacións. Para ocuparse do obvio, que é controlar a pandemia ata uns niveis xestionables cos nosos recursos sanitarios, impoñer medidas de illamento e investigar en fármacos e vacinas, xa temos a algúns dos mellores cerebros do planeta. Deixade de ler chats de cuñados e centrádevos nas cuestións importantes.

Por exemplo, cantos casos de coroavirus pasaron inadvertidos? E cantos deles quedaron inmunizados? Non temos nin idea, e con todo son dous números cruciais para decidir as medidas que hai que tomar, e ata cando hai que tomalas. As probas que estamos a aplicar buscan a presenza de xenes víricos nun frotis de saliva, e non se fan á poboación xeral, senón só aos casos graves. Necesitamos unha proba  serolóxica que detecte anticorpos contra o virus, revelando así o total da poboación que estivo exposto a el. Ocórreseche algo? Pensa, agora tes tempo.

FONTE: Texto traducido do orixinal de Javier Sampedro, publicado hoxe no xoral El País. / Imaxe: Unha muller le nun balcón de Barcelona durante o confinamento polo novo coroavirus/Consuelo Bautista

MEDO A ESPERTAR DESTA PESADELA

Coma case sempre, o xenial debuxante Andrés Rábago García (Madrid, 1947), máis coñecido como El Roto, plasma nas súas vinetas diarias no xornla El País, a realidade que estamos a vivir.

Estou de acordo que a realidade supera, por desgraza, e por moito a esta pesadela que estamos a vivir. E seguro que ao despertar, o desastre terá tal magnitude que non saberemos como afrontalo.

Pero ata entón tratemos de facer o que esté nas nosas mans, cumprindo estritamente as normas dadas e así, igual, aminoramos ese desastre que virá, que seguro que virá.

O peor está por vir!

UN CÓMIC PARA O CONFINAMENTO (III)

Coninúo con outra aportación dos creadores profesionais que liberaron gratis parte do seu traballo para ofrecer ao cidadáns entretemento durante a pandemia.

O Vosque é un webcómic que Sergio Morán e Laurielle Maven levan facendo dende hai anos e compartindo con todos nós, neste caso o capítulo I: "O asasino de  árbores". El  Vosque é un reino pequeno cheo de humanos, fadas, elfos e demasiadas árbores. Un reino protexido por unha deusa que leva anos morta. Un reino gobernado por varios reis. E acaban de asasinar a un: o rei das árbores caeu.

Apetéceche? Pois preme AQUÍ.

Se che gustou e queres ler outros títulos preme AQUÍ.

Grazas!