Blogia
vgomez

OUTRAS COUSAS

REMATÁN OS XOGOS OLÍMPICOS DE INVERNO 2018

REMATÁN OS XOGOS OLÍMPICOS DE INVERNO 2018

Javier Fernández e Regino Hernández / Imaxe: Xornal El País

 
Os Xogos Olímpicos de Inverno chegaron á súa fin co mellor balance da historia para a delegación española. Ás medallas de bronce de Javier Fernández en patinaxe artística e Regino Hernández en snowboardcross súmase o sétimo posto de Queralt Castellet en Halfpipe.

No medalleiro final, Noruega foi o país con máis medallas (39), seguido de Alemaña (31) e Canada (29).

Os próximos Xogos Olímpicos de Inverno, na súa edición XXIV, serán entre o 4 e o 20 de febreiro de 2022 na cidade de Pekín, China.

GPS EUROPEO: GALILEO

 

En literatura chámase sinécdoque a unha figura retórica que consiste en referirse a un todo nomeando unha das súas partes (“tocamos a dez euros por cabeza”). E moi raro será se esta figura non se utiliza, do modo en que se fai no titular desta noticia, para referirse a curto prazo ao sistema de navegación por satélite que a Axencia Espacial Europea ten previsto completar no ano 2020. Ao fin e ao cabo, desde a expansión dos smartphones, a utilización do GPS fíxose tan popular que nos conectamos co espazo exterior para orientarnos en mapas, saber os quilómetros percorridos nun adestramento, atopar posibles parellas sentimentais ao redor ou mesmo cazar pokemons. E será difícil convencernos de que chamemos ás cousas doutra forma.

En realidade, aínda que para nós sexa o máis popular, o GPS (Global Positioning System) non é o único sistema de posicionamento a través de satélites que existe. A antiga Unión Soviética tamén desenvolveu outro, GLONASS, actualmente controlado pola Federación Rusa, e China ten previsto completar o seu, BEIDOU, en datas similares a GALILEO. Como moitos outros avances, a orixe destas tecnoloxías atópase na industria militar: o GPS foi desenvolvido e instalado polo Departamento de Defensa de Estados Unidos antes de que se estendesen os seus usos civís. Tal é a importancia estratéxica e económica de posuír satélites propios que permitan desenvolver un sistema de posicionamento fiable, que Paul Wolfowitz, subsecretario de defensa de EEUU, escribiu unha carta aos ministros da Unión Europea cando se comezou a xestar Galileo tratando de disuadilos do proxecto. O argumento utilizado era que os satélites europeos interferirían nas necesidades da OTAN nunha época de retos de seguridade globais e compartidos.

Afortunadamente as presións non fixeron efecto e hoxe a ESA está moi preto de poñer en funcionamento o proxecto. Unha vez completado o sistema, contará con 24 satélites operativos e unha infraestrutura de terra para prover servizos de posicionamento, navegación e determinación da hora. Os dous primeiros satélites foron lanzados o 21 de outubro de 2011 e a intención da ESA é completar a constelación o próximo ano. Galileo está baixo control civil e está financiado pola Unión Europea. O español José Ángel Ávila, enxeñeiro de Sinal e Seguridade dentro do programa da ESA, cre que a aposta europea representará un importante avance na economía do continente: “Galileo vai abrir un abanico de mercados que ata este momento non existiran”. E, mirando ao futuro, arríscase a vaticinar a utilidade dos satélites en futuras misións espaciais: “Estamos condenados a movernos. A Terra é a nosa berce pero imos saír de aquí. A navegación por satélite e a navegación en xeral ten aínda moitos terreos por desenvolver e descubrir”.

FONTE: José L. Álvarez Cedena/Xornal El País

"PAZ", UN ESPÍA ESPAÑOL NO ESPAZO

Paz, el primer satélite espía español, ya está en órbita

Representación artística do satélite Paz sobrevoando a Península Ibérica / Airbus

Tras sufrir toda unha coleción de contratempos e atrasos, o satélite español Paz de observación da Terra finalmente foi lanzado e posto en órbita con éxito onte dende a base militar de Vandenberg (California, EE. UU.). De momento haberá que esperar para comprobar o seu bo funcionamento, pero se é así supoñería un fito para España: entraría no selecto club dos países con capacidade de observación da Terra. En Europa, só Alemaña e Italia gozan deste privilexio.

O satélite dotará en pouco tempo ao Ministerio de Defensa español de funcións de seguridade non dispoñibles ata agora, como evitar o descarrilamento dun tren ao poder detectar o desprazamento milimétrico das vías ou loitar contra o narcotráfico.
Paz, que será capaz tamén de predicir comportamentos atmosféricos anormais, leva incorporado o AIS, un sistema de localización de tráfico marítimo mediante o cal, fusionando os seus datos cos do SAR, poderá controlar calquera movemento sospeitoso de barcos. Entre os posibles usos de Paz destacan, por exemplo, as aplicacións de intelixencia, cartografía, control fronteirizo, avaliación de catástrofes naturais, urbanismo e planificación do territorio, observación do medio ambiente e outros propósitos científicos. Paz poderá xerar ata 100 imaxes diarias de alta resolución que, grazas á tecnoloxía radar, poderán ser captadas en calquera momento do día sen depender da luz do Sol ou das condicións atmosféricas.

O satélite pesa uns 1.400 quilogramos e mide 5 metros de altura por 2,4 metros de diámetro. Está configurado para poder dar 15 voltas diarias á Terra a unha altura de 514 quilómetros.

FONTE: Xornal El Mundo/Ciencia

COMEZA O ANO CHINO 4716: "CAN DA TERRA"

Horóscopo Chino

 O can 狗, animal diste ano chino / Imaxe: confuciomag.com

Hoxe, venres, 16 de febreiro, empeza a celebración do Ano Novo Chinés 2018, o 4716 para eles, unha das tradicións máis emblemáticas do país asiático, que representa a chegada da primavera, o fin dunha etapa e o inicio doutra. Será, ademais, o Ano do Can de Terra (o que nos deixa estivo dedicado ao Galo Vermello de Lume).

Baseado no calendario lunisolar​ tradicionalmente utilizado en China, as celebracións comezan o primeiro día do primeiro mes lunar e rematan o día quince, cando se celebra o Festival dos farois. Durante este período, prodúcese a maior migración humana do planeta, o "movemento de primavera", con millóns de persoas viaxando aos seus lugares de orixe para celebrar as festas coas súas familias,

Na antiga China, para enumerar os anos aplicábase o uso dos títulos dos emperadores e do sistema celeste ganzhi, así no ano 2937 a. C. elaborouse o primeiro calendario lunar chinés, segundo o cal cada signo consta de 60 anos (tempo do reinado do Emperador Amarelo), distribuídos en cinco ciclos de doce anos cada un. Foi a partir da dinastía Han do Leste (25-220), cando os chineses comezan a usar os doce signos de animais en orde: Rata, Boi, Tigre, Coello, Dragón, Serpe, Cabalo, Cabra, Mono, Galo, Can e Porco. Segundo os antigos filósofos chineses, os cinco elementos fundamentais do Universo que se combinan cos doce animais e inflúen na súa personalidade son: o metal, a madeira, a auga, o lume e a terra. Cada elemento reina dous anos, un baixo o signo do Yang e outro baixo o signo do Yin, establecéndose así un equilibrio perfecto. 

Na cultura chinesa existe a tradición de outorgar un signo do zodíaco aos recentemente nados. O signo que se lle adxudica a cada persoa depende do ano no cal naceu e as características do animal outorgado determinarán o carácter, os sucesos ou, mesmo, a sorte desa persoa durante o ano do seu signo.

Iste ano o animal é o can, e o seu horóscopo di que o can é un ser dedicado ao traballo, honesto, confiable, dilixente, cun gran sentido da xustiza e a lealdade. Cativa a todos coa súa personalidade excitante, o seu bo humor e a súa gran capacidade para escoitar os problemas dos demais e dar bos consellos. No amor son fieis e leais, aínda que moi celoso cando a súa parella non está na casa. Os nervios son o seu maior problema de saúde.

FONTE: abc.es e confuciomag.com

XOGOS OLÍMPICOS DE INVERNO 2018

XOGOS OLÍMPICOS DE INVERNO 2018

 

Os Xogos Olímpicos de Pyeongchang 2018, oficialmente coñecidos como XXIII Xogos Olímpicos de Inverno, é un evento multideportivo internacional que leva a cabo na cidade de Pyeongchang, Corea do Sur entre o 9 e o 25 de febreiro de 2018.

Esta competición conta con máis dun cento de eventos divididos entre as 15 disciplinas deportivas que participan: biatlón, bobsleigh, combinada nórdica, curling, hockey sobre xeo, luge, skeleton, snowboard, esquí alpino, esquí de fondo, esquí acrobático, salto de esquí, patinaxe de velocidade, patinaxe de velocidade en pista curta e patinaxe artística.

12 deportistas españois competirán nestes xogos olímpicos de inverno:

En Esquí alpino: Juan del Campo (eslalon e Eslalon xigante) e Quim Salarich (Eslalon)

En Esquí de fondo: Imanol Rojo (skiahtlon, sprint libre, 15 km libre e 50 clásico) e Marti Vigo (sprint libre, 15 km libre)

En Snowboard: Queralt Castellet (halfpipe), L. Eguibar, R. Hernández e L.Herrero (cross)

En Skeleton: Ander Mirambell

En Patinaxe artístico: Javier Fernández, Felipe Montoya, Sara Hurtado e Kirill Khaliavin (danza)

A delegación española só conseguíu na súa historia dúas medallas, en 1972 e 1992.

Para ter toda a información sobre istes eventos preme AQUÍ.

Que teñades moita sorte!

O ASTEROIDE 2002 AJ129 CHEGA O 4 DE FEBREIRO

 

O asteroide 2002 AJ129 achegarase á Terra o próximo 4 de febreiro e pasará a unha distancia equivalente a dez veces a separación media entre a Lúa e o noso planeta, uns 4,2 millóns de quilómetros, segundo a NASA. O obxecto ten unhas dimensións de entre 0,5 e 1,2 quilómetros e, como mide máis de 140 metros e pasará a menos de 7,84 millóns de quilómetros da Terra, é considerado como un "Asteroide Potencialmente Perigoso" (PHA).

Con todo 2002 AJ129 supón un risco nulo para o planeta. Tal como informa space.com, 2002 AJ129 é un asteroide de tamaño medio que foi descuberto en 2002 polo sistema de seguimento de obxectos próximos á Terra do "Maui Space Surveillance Site", situado na illa de Haleakala, Hawai (EE. UU.)

O obxecto caracterízase pola súa elevada velocidade, superior á velocidade media dos asteroides, que no momento da máxima aproximación á Terra situarase ao redor dos 34 quilómetros por segundo. O motivo de que sexa tan rápido é que este asteroide pasa moi preto do Sol, a só 18 millóns de quilómetros.

FONTE: Xornal abc/ciencia

ANIMAIS ROBOTS

 

Para a maioría de nenos que medraron na España dos setenta, a primeira imaxe que a súa retina garda dun crocodilo é a de Johnny Weissmuller, o eterno Tarzán, virando abrazado á besta ata asestarlle unha puñalada mortal. No branco e negro daquelas películas que amenizaban os sábados pola tarde, apreciábase a duras penas a grandeza deste réptil, venerado en distintas culturas da antigüidade, vestixio vivo dos grandes saurios e posuidor da mordedura máis potente do reino animal.

Rodadas nos anos trinta convertéronse en clásicos do cinema de aventuras polas súas emocionantes escenas de acción con animais (moi logradas para a época), nas que se incluíron algúns enxeños mecánicos como os crocodilos, certamente conseguidos. Aqueles bonecos animados parécense moi pouco aos crocodilos robóticos utilizados pola BBC na súa serie documental Spy in the Wild  , un proxecto emitido o pasado ano na televisión pública británica e cuxa principal achega era precisamente a utilización de robots para captar imaxes desde unha proximidade nunca antes conseguida.

E é que os documentais de natureza foron sempre un terreo propicio para probar innovacións tecnolóxicas que permitisen achegarse á vida dos animais lla forma menos intrusiva posible. Porque, por máis que as fazañas de Félix Rodríguez de la Fuente fixésennos namorarnos da Natureza, ou as excentricidades de Frank da Xungla ofrecesen algúns intres entretidos, o certo é que calquera presenza humana, por coidadosa que sexa, altera as actividades habituais das especies que se queren retratar.

Nese intento de mostrar a fauna do noso Planeta con valores didácticos, a BBC xogou un papel principal producindo grandes series documentais como os dirixidos e presentados por David Attenborough, especialista en chegar á lugares recónditos e un dos imprescindibles divulgadores do século XX. Da filmación de Living Planet (1984) cóntanse, entre outras anécdotas, que uno dos cámaras tivo que achegarse ata 25 metros dun oso polar para coller un primeiro plano. Máis de 30 anos despois unha temeridade semellante non foi necesaria grazas ás cámaras instaladas nos ollos dos “espías” utilizados en Spy in the Wild, deseñados e fabricados por algunhas das empresas e centros de investigación máis avanzados do mundo.

Un destes laboratorios é Biorobotics, pertencente á Escola Politécnica Federal de Lausana, en Suíza, especializado en estudar e reproducir a mobilidade de diferentes animais para construír robots que poidan imitala. Deste laboratorio saíron dous robots que foron utilizados en Spy in the Wild, concretamente un crocodilo e un lagarto capaces de imitar con gran fidelidade os movementos destes grandes réptiles para desprazarse no seu hábitat natural.

Grazas a iso, e ás cámaras instaladas nos seus ollos, os espectadores da BBC puideron observar como nunca antes a vida dos crocodilos en Uganda. O campo de investigación de Biorobotics é a intersección entre a robótica, a neurociencia computacional, os sistemas dinámicos non lineais e a aprendizaxe automática. Aínda que a súa colaboración coa BBC permitiulles alcanzar unha notoriedade pública da que non adoitan gozar os centros científicos, os obxectivos de Biorobotics están postos en conseguir máquinas cada vez máis similares aos animais reais que poderían servir, por exemplo, para localiza e rescatar vítimas en desastres naturais.

FONTE: José L. Álvarez Cedena/Xornal El País

COMUNICARSE COA MIRADA

Unha das máis dolorosas limitacións que sofren quen padece enfermidades neuromusculares é que, a medida que se vai perdendo a capacidade de movemento, desaparece tamén con ela a posibilidade de comunicarse con quen lles rodea. Por exemplo, os pacientes de ELA (a máis coñecida deste tipo de enfermidades por padecela o físico británico Stephen Hawking) non ven afectados en ningún momento da súa enfermidade os seus órganos sensoriais nin as súas facultades intelectuais e, con todo, poden chegar a sentirse illados do mundo. Porque, aínda podendo recibir e interpretar todos os estímulos, ata hai pouco estaban moi limitados na súa capacidade para dar respostas e facerse comprender. En especial no referente á linguaxe oral, o máis habitual.

As novas tecnoloxías están a servir de gran axuda a moitas destas persoas. Dabondo é coñecida a voz metálica e sintetizada de Stephen Hawking. Escoitouse en conferencias, entrevistas e mesmo anuncios publicitarios. A súa imaxe pública é inseparable do seu sofisticado sistema de comunicación, que incorpora un computador e un monitor á súa cadeira de rodas. Pero mesmo un sistema tan avanzado ten a desvantaxe de resultar demasiado aparatoso polo seu tamaño.

Por iso cando Ivo Vieira (1976), enxeñeiro portugués, recibiu a noticia de que o seu pai fora diagnosticado con ELA, dispúxose a tentar axudarlle cos coñecementos tecnolóxicos que acumulara durante os seus 16 anos de experiencia no sector aeroespacial. “Despois do impacto da noticia, declarou Vieira nunha entrevista, quixen transforma este trrágico suceso en algo que tivese sentido, en algo bo. Por iso comprometinme coa idea de cambiar as vidas de miles de persoas en todo o mundo. Temos o coñecemento. Temos a experiencia. E temos a motivación para facelo”. Ese compromiso tomou forma con EyeSpeak, unhas lentes deseñadas expecíficamente para persoas con dificultades de comunicación por problemas motores.

O sistema consiste nunhas lentes de realidade aumentada que proxectan un teclado virtual no campo de visión de quen as utiliza, mentres unha microcámara enfocada á pupila do usuario identifica a tecla que está a mirar. Cando remata de escribir a palabra ou a frase que desexa, pulsa a tecla “Falar” e un pequeno altofalante reproduce o que escribiu.

Vieira cre que a súa idea ofrece grandes vantaxes respecto dos sistemas actuais: en primeiro lugar, non necesita estar conectado a un computador, polo que é máis portable; e en segundo se o usuario cambia de posición non requere unha nova calibración. Dito en poucas palabras, trátase dun sistema autenticamente móbil. Vieira cre que dispositivos como o seu achegan avances que farán que cambie radicalmente a forma que temos de comunicarnos dentro de moi pouco e vaticina: “os smartphones que utilizamos agora mesmo desaparecerán dentro cinco ou dez anos”.

FONTE: José L. Álvarez Cedena/Xornal El País/Ciencia