Blogia
vgomez

UN PAÍS CHAMADO ESPAÑA

AS 21 MARABILLAS NATURAIS DE ESPAÑA QUE HAI QUE VER UNHA VEZ NA VIDA (XIII)

Continúo coa serie adicada as 21 marabillas naturais que España alberga na súa gran variedade de paisaxes e ecosistemas, algunhas, recomendadas por expertos do Ilustre Colexio Oficial de Xeólogos (ICOG) e outras porque son as máis visitadas e eloxiadas polos que xa pasaron por aí.

Se onte falamos do Deserto de Tabernas, hoxe tócalle o turno a...

13. Parque Natural da Albufeira (Valencia)

O Parque Natural da Albufeira é un espazo natural protexido español situado na provincia de Valencia, a tan só 1o quilómetros da cidade. Foi tamén coñecido polos romanos como Nacarum Stagnum e nalgúns poemas árabes denomínaselle Espello do Sol.

Esta paraxe de 21.120 ha, que foi declarado parque natural o 8 de xullo de 1986, comprende a albufeira, a súa contorna húmida e o cordón litoral ou restinga adxacente a ambos.

Unha marisma única, separada do mar Mediterráneo por unha franxa de terra e que se converte así nun humidal fascinante no que flora e fauna sorprenden ao visitante. Rodeada de arrozais e humidais, ofrece unha contorna tranquila e única para os amantes da natureza.

Continuará...

FONTE: Idea orixinal Cristina Acebal/expansión.com e es.wikipedia.org

AS 21 MARABILLAS NATURAIS DE ESPAÑA QUE HAI QUE VER UNHA VEZ NA VIDA (XII)

Continúo coa serie adicada as 21 marabillas naturais que España alberga na súa gran variedade de paisaxes e ecosistemas, algunhas, recomendadas por expertos do Ilustre Colexio Oficial de Xeólogos (ICOG) e outras porque son as máis visitadas e eloxiadas polos que xa pasaron por aí.

Se onte falamos da Caldeira de Taburiente, hoxe tócalle o turno a...

12. Deserto de Tabernas (Almería)

Coñecido como o único deserto de Europa, o Deserto de Tabernas, ofrece unha paisaxe desértica única que foi escenario de numerosas películas do xénero western durante a década dos 60 e 70.

Situadado ao norte de Almería, nos termos municipais de Tabernas, Gádor, Santa Cruz, Alboloduy e Gérgal, e protexido como Paraxe Natural nunha extensión de 280 km².

É un lugar fascinante para explorar e tomar fotografías. A chaira está composta de cárcavas, ramblas, torrenteiras e noiros propias das paisaxes badlands. Tamén é un dos mellores lugares da zona para o avistamento de aves, xa que está protexida para que estes animais poidan refuxiarse nel. Entre eles pódense ver o birrio real, o solitario ou a gralla, alén dalgúns mamíferos como o raposo, o lirón ou o coello.

Continuará...

FONTE: Idea orixinal Cristina Acebal/expansión.com e es.wikipedia.org

AS 21 MARABILLAS NATURAIS DE ESPAÑA QUE HAI QUE VER UNHA VEZ NA VIDA (XI)

Continúo coa serie adicada as 21 marabillas naturais que España alberga na súa gran variedade de paisaxes e ecosistemas, algunhas, recomendadas por expertos do Ilustre Colexio Oficial de Xeólogos (ICOG) e outras porque son as máis visitadas e eloxiadas polos que xa pasaron por aí.

Se onte falamos das Grutas de San Xosé, hoxe tócalle o turno a...

11. Caldeira de Taburiente (A Palma-Canarias)

O Parque Nacional da Caldeira de Taburiente sitúase no interior da illa da Palma, unha das Reservas da Biosfera das illas Canarias. De orixe volcánica, esta enorme depresión flanqueada por grandes desniveis lembra a forma dun cráter ou caldeira volcánica.

Conta cun circo de cumes de 8 quilómetros de diámetro e desniveis superiores a 1.500 metros. A súa cota máis alta é o Roque dos Muchacos, con 2.426 metros sobre o nivel do mar. Declarado Parque Nacional en 1954, os seus barrancos e alturas acollen unha extraordinaria vexetación, con representantes de endemismos canarios.

Destacan as plantas rupícolas, aferradas á verticalidade das paredes, especies propias dos cumes, as saucedas e o piñeiral canario. Entre a fauna, aves e réptiles contan con subespecies propias da illa.

Continuará...

FONTE: Idea orixinal Cristina Acebal/expansión.com e es.wikipedia.org   Imaxe: es.wikipedia.org

AS 21 MARABILLAS NATURAIS DE ESPAÑA QUE HAI QUE VER UNHA VEZ NA VIDA (X)

Continúo coa serie adicada as 21 marabillas naturais que España alberga na súa gran variedade de paisaxes e ecosistemas, algunhas, recomendadas por expertos do Ilustre Colexio Oficial de Xeólogos (ICOG) e outras porque son as máis visitadas e eloxiadas polos que xa pasaron por aí.

Se onte falamos da Praia de Gulpiyuri, hoxe tócalle o turno a...

10. Grutas de San Xosé (Castelló)

As Grutas de San Xosé están situadas na paraxe natural do mesmo nome, dentro do Parque Natural da Serra de Espadán. Son un sistema de covas naturais situadas no municipio de Vall de Uxó (Castelló).

Trátase dun dos poucos ríos subterráneos navegables de Europa, cunha lonxitude de 2.750 metros, dos cales 800 metros están habilitados para a súa visita turística. Constitúe un magnífico exemplo dunha cova hidrolóxicamente activa, na que tamén se acharon restos de xacementos e pinturas rupestres do Paleolítico.

Destaca o percorrido polas augas cristalinas da canle pasando polo Estanque Azul, a Sala dos Morcegos, a Boca do Forn ou os lagos de Diana e do Diaño, entre outros. Algunhas das súas formacións máis características son a Medusa, a Fervenza da Flor e o Portal de Belén.

Continuará...

FONTE: Idea orixinal Cristina Acebal/expansión.com e es.wikipedia.org

AS 21 MARABILLAS NATURAIS DE ESPAÑA QUE HAI QUE VER UNHA VEZ NA VIDA (IX)

Continúo coa serie adicada as 21 marabillas naturais que España alberga na súa gran variedade de paisaxes e ecosistemas, algunhas, recomendadas por expertos do Ilustre Colexio Oficial de Xeólogos (ICOG) e outras porque son as máis visitadas e eloxiadas polos que xa pasaron por aí.

Se onte falamos do Canón do Río Lobos, hoxe tócalle o turno a...

9. Praia de Gulpiyuri (Asturias)

A praia de Gulpiyuri é unha singular e fermosa praia situada no concello de Llanes, na costa de Asturias. O que a fai extraordinaria é que se atopa en terra firme, a uns 100 metros da liña de costa do mar Cantábrico.

É unha praia interior, rodeada de cantís e rochas, que se forma grazas á filtración da auga do mar a través de covas e gretas subterráneas. Esta filtración crea unha pequena praia de area branca e augas cristalinas, que se renova con cada marea. 

Só se pode acceder camiñando desde a praia de Santo Antolín ou desde a aldea Naves e o seu illamento permitiu a relativamente boa conservación desta pequena e delicada xoia natural.

Foi declarada monumento natural o 26 de decembro de 2001, ademais de formar parte da Paisaxe Protexida da Costa Oriental de Asturias.

Continuará...

FONTE: Idea orixinal Cristina Acebal/expansión.com e es.wikipedia.org

AS 21 MARABILLAS NATURAIS DE ESPAÑA QUE HAI QUE VER UNHA VEZ NA VIDA (VIII)

Continúo coa serie adicada as 21 marabillas naturais que España alberga na súa gran variedade de paisaxes e ecosistemas, algunhas, recomendadas por expertos do Ilustre Colexio Oficial de Xeólogos (ICOG) e outras porque son as máis visitadas e eloxiadas polos que xa pasaron por aí.

Se onte falamos das Médulas, hoxe tócalle o turno a...

8. Canón de Río Lobos (Castela e León)

O Parque Natural do Canón del Río Lobos atópase no oeste da comunidade autónoma de Castela e León. Creado como Parque Natural o 10 de outubro de 1985, abarca unha superficie de máis de 10.000 hectáreas, das cales aproximadamente o 30% corresponden ao sueste da provincia de Burgos e o 70% ao noroeste da provincia de Soria.

Trátase dunha magnífica reserva natural con espectaculares paisaxes kársticos esculpidos ao longo do tempo polas augas do río Lobos. É coñecido sobre todo polos seus roteiros de sendeirismo, pola esotérica ermida templaria de San Bartolomé, e pola súa importante colonia de voitres leonados.

Continuará...

FONTE: Idea orixinal Cristina Acebal/expansión.com e es.wikipedia.org

AS 21 MARABILLAS NATURAIS DE ESPAÑA QUE HAI QUE VER UNHA VEZ NA VIDA (VII)

Continúo coa serie adicada as 21 marabillas naturais que España alberga na súa gran variedade de paisaxes e ecosistemas, algunhas, recomendadas por expertos do Ilustre Colexio Oficial de Xeólogos (ICOG) e outras porque son as máis visitadas e eloxiadas polos que xa pasaron por aí.

Se onte falamos do Parque Nacional de Doñana, hoxe tócalle o turno a...

7. As Medulas (León)

Declarado Patrimonio da Humanidade en 1997 pola UNESCO e Monumento Natural en 2002, estes outeiros avermellados das Medulas que se mesturan coa vexetación son unha das marabillas naturais do Bierzo, en León. Durante o Imperio romano, as Medulas foron unha importante mina de ouro, polo que no terreo se facilitaron accesos para a súa extracción e montouse unha complexa obra de enxeñería para a canalización da auga.  Esta acción, que se desenvolveu durante máis de cen anos, tivo un importante impacto sobre a contorna, que fixo que a terra e a auga modelasen a paisaxe. Hai varios roteiros que percorre a zona e pódese acceder ao miradoiro da Orellán, desde onde se obteñen as mellores vistas do lugar.

Lamentablemente, en agosto de 2025, o lume afectounas, polo que se cabe aínda seía unha forma de solidaridade a súa visita.

Continuará...

FONTE: Idea orixinal Cristina Acebal/expansión.com e es.wikipedia.org

AS 21 MARABILLAS NATURAIS DE ESPAÑA QUE HAI QUE VER UNHA VEZ NA VIDA (VI)

Continúo coa serie adicada as 21 marabillas naturais que España alberga na súa gran variedade de paisaxes e ecosistemas, algunhas, recomendadas por expertos do Ilustre Colexio Oficial de Xeólogos (ICOG) e outras porque son as máis visitadas e eloxiadas polos que xa pasaron por aí.

Se onte falamos do Parque Nacional do Teide, hoxe tócalle o turno a...

6. Parque Nacional de Doñana (Andalucía)

O Parque Nacional de Doñana abarca as provincias de Huelva, Sevilla e Cádiz, é unha das reservas naturais máis importantes de Europa. Foi creado o 16 de outubro de 1969  e conta con 108.086 ha. Foi declarado Patrimonio da Humanidade pola Unesco o 17 de decembro de 1994.

As súas marismas, dunas móbiles e bosques son o hábitat dunha gran diversidade de especies, incluíndo o lince ibérico. A súa xeografía de humidais que son paso e lugar de neno de miles de aves, praias salvaxes, dunas entre piñeirais, densos bosques de ribeira, flamencos, un río, aldeas pintorescas. Parte deste espazo intégrase, como o parque nacional, na gran Reserva da Biosfera de Doñana.

Continuará...

FONTE: Idea orixinal Cristina Acebal/expansión.com e es.wikipedia.org