Blogia
vgomez

ZONA VERDE

CANDO A TERRA ERA UNHA BOLA DE NEVE

A nai de todas as glaciacións / Universidade de Barcelona/lavoz.es

Hoxe estase producindo un quecemento global. Un serio problema que non supón ningunha ameaza para a Terra senón para os seres vivos. O mundo superará facilmente calquera cambio climático, tal e como fixo no pasado. Desde que se formou hai 4.500 millóns de anos atravesou períodos moito máis hostís que o actual. Houbo incluso unha época na que se converteu nunha bóla de neve, unha teoría que acaba de ser apoia por unha recente investigación baseada en novas evidencias achadas en rochas sedimentarias.

Durante unha glaciación prodúcese un notable descenso da temperatura media. A capa de xeo esténdese e acada moitas rexións, mesmo de latitudes medias. Hai 600 millóns de anos tivo lugar a nai de todas as glaciacións. Os casquetes polares foron avanzando desde o norte e o sur ata alcanzar o Ecuador. Crese que a temperatura na chamada etapa Crioxénica descendeu ata os vinte graos baixo cero.

As causas dese drástico cambio climático, como o de hoxe, foron unha serie de variacións na atmosfera. Por entón había unha concentración máis elevada de dióxido de carbono e metano, pero empezaron a descender os niveis destes gases de efecto invernadoiro e o clima comezou a arrefriarse de forma intensa.

A acumulación do xeo produciu á súa vez un efecto de retroalimentación polo albedo, xa que a neve rebota toda a radiación solar. Desta forma o branco non tardaría en cubrir o planeta enteiro prexudicando gravemente aos seres vivos. Naqueles anos eran todos mariños e unicelulares. Cando o océano comezou a conxelarse tiveron moitas dificultades para sobrevivir. A inmensa maioría dos organismos extinguíronse pero a vida atopou un refuxio nas profundidades, nas fumarolas ou chemineas hidrotermais. Aquí afloran os materiais terrestres desde o interior do planeta. Son unha especie de volcáns mariños que achegan gases, minerais e sobre todo altas temperaturas. O sorprendente é que co tempo, foron aparecendo unha serie de organismos novos e pluricelularais. É dicir, a vida non só resistira senón que evolucionou.

Os científicos que estudaron este evento climático do pasado aseguran que a Terra saíu adiante grazas á actividade volcánica, que inxectou dióxido de carbono na atmosfera e desta forma volveu poñerse en marcha o efecto invernadoiro que produciu un quecemento que contrarrestou o arrefriado global. Os diminutos seres vivos que sobreviviron e naceron durante a bóla de neve son os devanceiros máis afastados. A vida que hai na Terra, incluída a especie humana, é filla do xeo.

FONTE: Xavier Fonseca/lavoz.es

A MÁIS INSECTOS, MELLORES COLLEITAS

As paisaxes que alternan cultivos con áreas  seminaturais favorecen a biodiversidade e as colleitas / Matthias  Tschumi

Durante cinco anos, na facenda Hillesden (centro de Inglaterra) realizaron un experimento. Dividiron a terra, unhas 900 hectáreas, en tres tipos de parcelas. Nunhas fixeron o de sempre, cultivar trigo, colza e fabas co uso de fertilizantes, e pesticidas convencionais. Nas outras, deixaron sen sementar os bordos dos campos, entre o 3% e a 8% da área, e foron reducindo os agroquímicos. Ao sexto ano, os investigadores botaron contas e comprobaron que os rendementos entre as leiras eran equiparables. Nas últimas, a recuperación da biodiversidade estaba a aumentar a colleita. E non é un efecto secundario: un amplo estudo mostra agora que se se deixa espazo á natureza, a agricultura rende máis.

Un centenar de científicos revisou unha ampla colección de estudos sobre 29 dos cultivos máis relevantes para a alimentación humana. Centráronse nos traballos que achegaban datos sobre a variedade (entendida como número de especies) e abundancia de insectos polinizadores e fauna beneficiosa, os bichos bos que se comen aos malos, ás pragas. Tamén tiveron en conta o rendemento rexistrados nas distintas colleitas. En total, recompilaron información de 1.475 áreas de cultivo de todo o planeta desde 1989 ata o de agora.

O traballo, publicado en Science Advances, confirma que canto máis intensiva é unha agricultura, máis reduce a vida existente á súa ao redor. "A intensificación da agricultura, a creación de  monocultivos e a perda de vexetación natural teñen un impacto negativo tanto na abundancia como na riqueza de especies destes insectos beneficiosos", di o autor principal do traballo. Entre os impactos concretos estarían a desaparición de zonas de posta e refuxio, a falta dunha oferta de flores variada ou a exposición aos pesticidas.

Pola contra, as paisaxes onde os cultivos mestúranse con outros diferentes, con  arboledas e áreas sen labrar mostran unha maior abundancia de  polinizadores e ata un 40% máis de variedade de fauna beneficiosa ou inimigos naturais.

O traballo vai máis aló e atopa unha relación positiva entre abundancia de polinizadores e inimigos naturais das pragas co rendemento dos cultivos. Polo tipo de traballo, un metaanálisis dun centenar de estudos, os autores non dan cifras concretas da mellora, se atopas unha clara correlación entre ambos os parámetros.  O autor do estudo, con todo, si pode dar máis exemplos como o da facenda Hillesden.

Un deles é o dun estudo publicado a semana pasada sobre o cultivo de  colza oleaxinosa en 300 leiras do oeste de Francia. Os seus resultados mostran que os rendementos e a marxe bruta da colza eran maiores (entre un 15% e un 40%) nos terreos con maior abundancia de polinizadores. "Pódense obter maiores colleitas aumentando os  agroquímicos ou a abundancia das abellas, pero os rendementos económicos dos cultivos só melloran coas últimas, porque os pesticidas non aumentan os rendementos sen que os seus custos reduzan as marxes brutas", razoa  o autor do estudo.

Se, como mantén este traballo, o impacto positivo de polinizadores e insectos beneficiosos é un fenómeno global, isto podería explicar unha tendencia que está a desconcertar a moitos científicos. Segundo varios estudos, dende hai unhas poucas décadas os rendementos agrarios por unidade de produción esancáronse e mesmo reducíronse a pesar de que a intensificación da agricultura non se detivo. A clave podería estar na perda destes aliados naturais. Así que, como conclúe o estudo, "a biodiversidade ao redor dos campos é básica para asegurar e manter unha produción de comida estable e abundante".

FONTE: Miguel A. Criado/Ciencia/elpaís.com

A NATUREZA XA NON PODE MANTER AOS HUMANOS

   

Máis dun terzo dos cultivos humanos necesitan dos insectos e aves para a súa  polinización / NATURAL CAPITAL PROJECT

En 30 anos, máis da metade da poboación mundial sufrirá as consecuencias dunha natureza malferida. Un amplo estudo modelou o que os distintos ecosistemas e procesos biolóxicos ofrecen hoxe aos humanos e o que poderán darlles en 2050. Por diversas causas, a maioría antropoxénicas, procesos naturais como a  polinización dos cultivos ou a renovación da auga reducirán a súa achega ao benestar humano. A peor parte levaranlla rexións que hoxe teñen un maior capital natural, como África e boa parte de Asia.

Os autores da investigación determinaron a contribución natural dos diversos ecosistemas a tres procesos craves para os humanos: a  polinización por parte de insectos e aves, a rexeneración da auga mediante a retirada do exceso de nitróxeno procedente da gandería e a agricultura ou a protección que diversas barreiras naturais dan na liña de costa. "A natureza ofrece moito máis aos humanos, nun anterior traballo expomos 18 grandes familias de contribucións naturais, pero non hai datos de todas elas e para todo o planeta", di o coautor do estudo, para explicar a elección destas tres contribucións.

Solaparon aqueles datos cos da poboación actual e a prevista en 2050 a escala local. O modelo incluíu tamén os distintos factores que máis están a deteriorar a natureza, como os cambios no uso da terra en forma de deforestación e avance da agricultura, a acelerada urbanización ou o cambio climático. Por último, aplicaron o seu modelo a tres posibles escenarios: un no que as sociedades seguirán baseadas no uso dos combustibles fósiles como agora, outro emerxente que denominaron de rivalidade rexional e un terceiro protagonizado pola sustentabilidade.

O traballo, publicado en Science, conclúe que, no peor dos escenarios, ata 4.450 millóns de persoas poderían ter problemas coa calidade da auga pola incapacidade dos distintos ecosistemas de rexenerala. Ademais, case 5.000 millóns de humanos terán que soportar unha significativa diminución nos rendementos dos seus cultivos por unha deficiente  polinización.

Os peores resultados non se dan no escenario onde o petróleo (e as emisións de CO2) son a base do sistema, senón no novo de rivalidade rexional. Neste panorama de nacionalización da globalización, o aumento da poboación intensificará a presión sobre os recursos que a natureza pode ofrecer en moitas rexións do planeta.

Só unha aposta por unha traxectoria sustentable podería reducir o número de persoas afectadas pola deterioración dos ecosistemas entre tres e dez veces. Con todo, sexa cal for o escenario que se dea dentro de 30 anos, uns 500 millóns de habitantes das zonas costeiras terán un maior risco de erosión do litoral ou de inundacións.

O traballo, que se plasmou nunha potente ferramenta visual do Proxecto Capital Natural, permite saber quen serán os que mais perdan. Ata 2.500 millóns de persoas do leste e sur de Asia e outros 1.100 en África sufrirán unha redución na calidade da súa auga. Os riscos costeiros concentraranse no sur e o norte de Asia. Mentres, os maiores problemas coa  polinización natural teranos de novo no sueste asiático e África, pero tamén en Europa e América Latina. En ambas as rexións as persoas afectadas poderían achegarse aos 900 millóns.

Aínda que a tecnoloxía veu suplindo un número crecente de servizos que antes prestaba a natureza, esta vez podería non ser a resposta.

Máis realista parece conservar a biodiversidade alí onde máis ofrece. E, como di a científica do Proxecto Capital Natural e coautora do estudo "contamos coa información que necesitamos para evitar os peores escenarios que proxectan os nosos modelos e avanzar cara a un futuro xusto e sustentable".

FONTE: Miguel Ángel Craiado/elpais.com/ciencia

HUMOR REAL: ALGO VAI MAL!

Viñeta de hoxe, no xorla El País, do xenial El Roto (Andrés Rábago García, Madrid-1947).

A bos entendedores, poucas pañabras!

COÑECES ESTA ÁRBORE? XVIII

A contestación correcta á pregunta do día anterior da serie: COÑECES ESTA ÁRBORE? é Pinsapo ou abeto español (Abies pinsapo). É unha especie de abeto, pertencente á familia Pinaceae e de distribución restrinxida ás serras mediterráneas do sur da península ibérica e máis do Rif. Árbore de até 30 m, de porte elegante que, nalgúns exemplares vellos se torna tortos ou dividido en varias pólas. Caracterízase por unha casca magra, cinsenta clara, con fendas escuras de pouca fondura. Follas grosas, de sección subcuadrangular, de cor verde escura e con bandas estomáticas brancas apreciábeis en ambas as dúas faces. Tenden a se dispor de xeito helicoidal sobre as franzas. Conos masculinos na periferia da copa, de cor vermella púrpura, excepcionalmente amarelos. Piñas grandes, ergueitas, situadas na parte superior da copa. A piña madura é lisa (a escama tectriz incluída fica oculta no estróbilo polas escamas seminíferas) a diferenza da piña do abeto branco no que as escamas tectrices sobresaen como un pequeno filamento entre as escamas seminíferas. Cando madurecen desfanse para ceibaren os piñóns, deixando caer no chan unhas pezas con dúas escamas pegadas (tectriz, e seminífera).

18. Identifica:

 

- Espiño

- Cerquiño ou rebolo

- Carrasco

Mañá a solución e remate da serie!

FONTE: Idea orixinal de Emilio Sánchez Hidalgo/verne/elpais.com, wikipedia e imaxes de Arbolapp

PANEL SOLAR PARA AS NOITES

Un xerador termoeléctrico, en gris claro, colócase baixo unha placa de aluminio negro. Capta a calor por baixo e libérao a través da placa /  Aaswath  Raman/cell.com/joule

Os paneis solares aproveitan unha fonte de enerxía ilimitada que non contamina, pero as nubes e a noite fan que a subministración de enerxía non sexa continuo. Agora, un grupo de investigadores presentou un prototipo na revista Joule que podería contribuír a solucionar ese problema: trátase dun barato  disposivo que aproveita a calor que o chan radia pola noite para xerar electricidade. Polo momento, demostraron que é capaz de facer brillar un LED.

"Este dispositivo pode xerar electricidade de noite, cando as células solares non funcionan", dixo Aaswath  Raman, primeiro autor do estudo. "Ademais da iluminación, cremos que esta podería ser unha aproximación para xerar enerxía en lugares remotos, e en calquera lugar onde faga falta obter electricidade durante a noite".

O dispositivo xera electricidade a partir de variacións de temperatura. En concreto, aprovéitase do arrefriado radiativo, polo cal unha superficie exposta ao ceo transfire a súa calor á atmosfera durante a noite, a través de radiación térmica. Este fenómeno fai que dita superficie exposta chegue a arrefriarse máis que o aire de ao redor, o que explica a formación de xeada, e que desde agora pode empregarse para xerar electricidade.

O dispositivo está composto por unha  carcasa de poliestireno recuberto de plástico (PET ou tereftalato de polietileno) aluminizado, que actúa como illante térmico. O conxunto protéxese cunha cuberta de plástico transparente á radiación infravermella e colócase sobre unha mesa a un metro do nivel do chan.

Na parte inferior, conta cun radiador de aluminio que capta a calor do aire circundante e que libera ao ceo nocturno a través dunha placa de aluminio pintado de negro. Ao conectarlle un módulo  termoeléctrico, os investigadores conseguen iluminar un LED, chegando a un rendemento de 25  miliwatios por metro cadrado.

Segundo os autores do estudo, o dispositivo pode ser aumentado de tamaño con facilidade para o seu uso práctico e mesmo ser fabricado a partir de tecnoloxía barata xa existente (off the shelf). Aínda que de momento pódese producir pouca electricidade, consideran que se pode aumentar 20 veces a súa potencia modificándoo e usándoo nun clima máis cálido e seco.

"Cremos que esta é unha tecnoloxía complementaria á solar", dixo  Raman. "Mentres que o seu rendemento sempre será substancialmente menor, pode funcionar durante horas cando as células solares non poden".

FONTE: abc.es/ciencia

UN DISCURSO QUE PON A CADA UN NO SEU SITIO

 

A activista sueca de 16 anos Greta Thunberg roubou os titulares aos 91 xefes de Estado e de Goberno que acudiron esta semana a Nova York aos cumes da ONU sobre Cambio Climático e Sanidade Universal e á Asemblea Xeral de Nacións Unidas. Fíxoo cun discurso de apenas dous minutos no Cume sobre o Cambio Climático no que recorreu a unha retórica moi dura contra os líderes dos Gobernos e da sociedade civil, incluíndo ás empresas, que estaban presentes.

Sóbrache razón, pero nin caso che fan!

AUMENTO DA TEMPERATURA MEDIA EN ESPAÑA

Evolución das temperaturas en España de 1901 a 2018 / Imaxe: showyourstripes.info

Cada liña representa a temperatura media dun ano entre 1901 e 2018 en España. As liñas azuis son os anos nos que a temperatura media foi menor que a media do período 1901-2018. As vermellas, nos que a temperatura media dese ano foi maior. Canto máis intenso é a cor, maior variación respecto a a temperatura media. As cores máis intensas indican unha variación de 1,2 graos respecto a a temperatura media.

A imaxe foi creada coa web Show your stripes (Mostra as túas barras), un proxecto do científico Ed Hawkins, profesor de Ciencias Climáticas na Universidade de  Reading, Reino Unido.

Premendo AQUÍ podes consultar a evolución da temperatura media en calquera parte do mundo desde finais do século  XIX ou principios do  XX. O vermello que representa o aumento de temperaturas predomina nos últimos anos de cada imaxe.

Por que será? A bos entendedores poucas palabras!

FONTE: Emilio Sánchez Hidalgo/Verne/elapaís.com