Blogia
vgomez

ZONA VERDE

GAÑADOR DO PREMIO AO FOTOGRAFO DA VIDA SALVAXE 2015

GAÑADOR DO PREMIO AO FOTOGRAFO DA VIDA SALVAXE 2015

Fotogarfía gañadora do Premio a Fotógrafo da Vida Salvaxe 2015 /Imaxe: Xornal El Mundo/Ciencia

"Historia de dous raposos" é a imaxe gañadora da edición 2015 do concurso Wildlife Photographer of the Year convocado polo Museo de Historia Natural de Londres.

O canadense Don Gutoski, un médico de urxencias, captouna no Parque Nacional de Wapusk (Manitoba, Canadá).

Parabéns!

AS MELLORES FOTOGRAFÍAS DE NATUREZA DO ANO (V)

AS MELLORES FOTOGRAFÍAS DE NATUREZA DO ANO (V)

Fotografía de Floris van Breugel / Imaxe: Xornal El País/Ciencia

Esta é a última entrega das fotos finalistas, que persoalmente máis me gustaron, do Premio a Fotógrafo da Vida Salvaxe (Wildlife Photographer of the Year) que desenvolve e produce o Museo de Historia Natural de Londres, e que se dará a coñecer mañá, 13 de outubro.

Un atrapamoscas coliblanco descansa nunha árbore do Parque Nacional Os Glaciares (Arxentina) nesta impresionante imaxe obtida polo fotógrafo estadounidense Floris van Breugel.

TEMPORADA DE COGOMELOS

TEMPORADA DE COGOMELOS

Cogomelos recollidos o 9/10/2015 / Imaxe: Víctor

Onte á tarde fixen unha saida ao monte, na compaña da miña dona, coa fin de recoller cogomelos. Apañei varios níscalos ou robellóns (Lacatarius deliciosus), e uns poucos cantarelos (Cantharellus cibarius).

Anímovos a que disfrutedes na natureza, e que fagades o mesmo coa vosa familia, pero hai que ter moito coidado á hora de recollelos sobre todo cando sexamos principiantes.

Uns consellos:  Nunca collades exemplares de cogomelos sen estar seguros que é unha especie comestible. Facédeo na compaña dalgún experto. En caso de dúbida non consumir. E sempre con cesta e navalla para cortar. Nunca arrincar.

Se queredes investigar tedes unha guía para facelo premedo AQUÍ.

Por desgraza hai persoas que esquilman os montes e campos destes froitos da natureza, sen ningún reparo. Penso que aquí tamén hai que aplicar o principio de sostibilidade, é dicir utilizar estes recursos pero dun xeito racional, para garantir que as xeracións vindeiras e nós mesmos, no futuro, poidamos seguir disfrutando deles.

Para ampliar un chisco maís isto, anímote a que vexas a seguinte infografía, obtida de revista Consumer. Para facelo só tes que premer AQUÍ.

Gozade do monte, pero con respecto. Espero que sexa un bo ano para os amantes dos cogomelos!

DISCURSOS AMBIENTAIS IMPACTANTES (IV)

 

Pepe Mujica (José Alberto Mujica Cordano) foi presidente de Uruguai entre 2010 e 2015. Coñecido por falar de forma directa contra as desigualdades e loitar polos dereitos humanos, pronunciaba este discurso en Río+20, a Conferencia de Nacións Unidas sobre o Desenvolvemento Sustentable, que tivo lugar en Río de Janeiro (Brasil) en 2012.

Non ten desperdicio!

AS MELLORES FOTOGRAFÍAS DE NATUREZA DO ANO (IV)

AS MELLORES FOTOGRAFÍAS DE NATUREZA DO ANO (IV)

Fotografía de Zsolt Kudich / Imaxe: Xornal El país

Esta é a terceira entrega dos finalistas do  Premio a Fotógrafo da Vida Salvaxe (Wildlife Photographer of the Year) que desenvolve e produce o Museo de Historia Natural de Londres, e que se dará a coñecer o próximo 13 de outubro.

O seu autor é Zsolt Kudich. Máis dun milleiro de garzas brancas congregáronse no bosque húngaro de Gemenc tras unha enchente do río Danubio. O fotógrafo acampou durante cinco días na zona para lograr esta espectacular imaxe das aves.

DISCURSOS AMBIENTAIS IMPACTANTES (III)

 

A activista kenyana Wangari Maathai liderou un movemento para plantar máis dun millón de árbores e deter así a desertización do África central. En 2004 foi a primeira muller africana que recibía o Premio Nobel da Paz. No vídeo superior subliña a importancia dos xestos individuais pola natureza, fundamentais aínda que parezan insignificantes.

FONTE: Revista Consumer

AS MELLORES FOTOGRAFÍAS DE NATUREZA DO ANO (III)

AS MELLORES FOTOGRAFÍAS DE NATUREZA DO ANO (III)

Fotografía de Andrey Gudkov / Imaxe: Xornal El Pais

Esta é a terceira entrega dos finalistas do  Premio a Fotógrafo da Vida Salvaxe (Wildlife Photographer of the Year) que desenvolve e produce o Museo de Historia Natural de Londres, e que se dará a coñecer o próximo 13 de outubro.

Na imaxe, o fotógrafo ruso Andrey Gudkov foi testemuña dunha espectacular pelexa de dous machos de dragón de Komodo na illa indonesia de Rinca.

DISCURSOS AMBIENTAIS IMPACTANTES (II)

 

Segunda entrega deses emocionantes discursos pronunciados por grandes personaxes do medio ambiente, presidentes e líderes relixiosos, activistas e expertos mundiais, sobre a importancia de coidar o noso planeta e loitar contra os seus maiores perigos, como o cambio climático ou a sobreexplotación dos recursos.

Hoxe tócalle á nena Severn Suzuki no Cumio da Terra de 1992.

Un dos momentos máis emocionantes do Cumio da Terra de Nacións Unidas, en 1992, foi o discurso de Severn Suzuki. Esta nena canadense de 14 anos chegou ao corazón dos asistentes polo seu chamamento para que se comprometesen a evitar a destrución do planeta non como políticos ou empresarios, senón como pais e fillos, por un futuro para as xeracións presentes e vindeiras.

Emotivo!

FONTE: Revista Consumer