Blogia

vgomez

DAMOS DEMASIADA IMPORTANCIA ÁS NOTAS DOS NOSOS FILLOS?

 

Licenciada en Psicoloxía e Ciencias da Educación, Sonia Díez é fundadora de varios centros educativos e autora do libro “Educacción”. A súa obra é unha chamada urxente para mellorar a educación. Díez pide un cambio para mellorar o sistema educativo unindo a familias, mestres e institucións para traballar xuntos e lograr unha educación que responda as esixencias e aos importantes cambios sociais que están a vivir as novas xeracións de estudantes: “O mundo está a pedir a berros que exista un cambio de paradigma educativo, empecemos a vivir na incerteza asumindo que en algo nos equivocaremos, pero que merece a pena tentalo”.

Damos demasiada importancia ás notas dos nosos fillos? Sonia Díez reclama unha avaliación que vaia moito máis alá dunha simple cualificación: “Cando dicimos quen somos non mostramos un ‘currículo mortis’ que di todo o que fixemos, senón que presentamos un ‘currículo vitae’ que di cal é o noso potencial, que somos capaces de facer”.

COÑECES ESTA ÁRBORE? XIII

A contestación correcta á pregunta do día anterior da serie: COÑECES ESTA ÁRBORE? é Salgueiro. Son especies pertencentes ao xénero Salix, son plantas con flor da familia das salicáceas. O xénero componse dunhas 400 especies de árbores e arbustos caducifolios que se distribúen polas zonas frías e temperadas do Hemisferio norte, principalmente en lameiros, brañas, ribeiras e terras húmidas en xeral.

13. Identifica:

- Tetraclinis

- Salgueiro irto

- Tamargueira

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal de Emilio Sánchez Hidalgo/verne/elpais.com, wikipedia e imaxes de Arbolapp

SABES DE QUE CIENTIFICO/A ESTOU A FALAR? IV

SABES DE QUE CIENTIFICO/A ESTOU A FALAR? IV

Julius Robert Oppenheimer / Imaxe: estructurasistemica.wordpress.com

A solución á proposta do día anterior é Julius Robert Oppenheimer (Nova York-EE UU, 1904 - Princeton-Nova Jersey-EE UU, 1967). Oppenheimer, foi un físico teórico estadounidense de orixe xudía e profesor de física na Universidade de  California en  Berkeley. Coñecido coloquialmente como "o pai da bomba atómica" foi o director científico do proxecto Manhattan desenvolto en segredo en Alamogordo, Novo México; o proxecto que fixo realidade as primeiras bombas nucleares da historia.

E imos coa proposta de hoxe!

 

4. Trátase dun médico francés e descubriu o VIH, virus que causa a SIDA. Foi...

- Luc Montagnier

- Jonas Salk

- Wilhelm Röntgen

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: nationalgeographic.com.es e muyinteresante.es

SOLUCIÓN CRUCIGRAMA XIX

SOLUCIÓN CRUCIGRAMA XIX

 

VERTICAIS: 1. Frauta 3. Trompeta 4. Bombardino 6. Fagot 9. Harmónica

HORIZONTAIS: 2. Clarinete 5. Saxofón 7. Tuba 8. Óboe 10. Trompa 11. Trombón 12. Acordeón

Todos, instrumentos de vento!

O CEO DO MES: OUTUBRO 2019

Dracónidas / Imaxe: spaceandearthsciencearticles.blogspot.com

5 de outubro: Cuarto Crecente

13 de outubro: Lúa Chea

21 de outubro: Cuarto Minguante

27 de outubro: Cambio de hora. Comeza o horario de inverno.

28 de outubro: Lúa Nova

Chuvia de meteoros: Dracónidas: do 6 ao 10 de outubro, con máximo o día 8 (Proxenitor: cometa 21P/Giacobini-Zinner. Radiante: constelación Draco) . Oriónidas: do 2 de oubro ao 7 de novembro, con máximo día 18 (Proxenitor: cometa 1P/Halley. Radiante: Constelación de Orión).

CRUCIGRAMA XIX

CRUCIGRAMA XIX

 

VERTICAIS: 1. Instrumento musical de vento formado por un tubo oco con varios buratos 3. Instrumento de vento que consiste nun tubo metálico, polo xeral dobrado dúas veces sobre si mesmo, que se vai facendo máis groso pouco a pouco ata rematar nunha boca parecida a un embude e que está dotado de tres válvulas que se premen para conseguir diferentes notas 4. Instrumento de vento, de metal e tubo curvado, moi semellante á tuba 6. Instrumento músico de vento, formado por un longo tubo de madeira con chaves e furados, que se toca por unha embocadura que vai no cabo dun pequeno tubo curvado, con dobre palleta de cana 9. Instrumento musical de vento, consistente nunha especie de caixiña provista dunhas lingüetas vibrantes, que soa ao facelo escorregar sobre os labios, soprando ou aspirando a través da serie de orificios que ten nunha das caras.

HORIZONTAIS: 2. Instrumento músico de vento, con palleta sinxela na embocadura, e dunha soa cana de diámetro similar en toda a súa lonxitude e acabada en campá 5. Instrumento musical de vento formado por un tubo de metal en forma de cono, curvado coma un u 7. Instrumento de vento provisto de pistóns, que consta dun tubo cónico curvado en varias voltas e unha embocadura, e que emite as notas máis baixas, equivalentes ás do contrabaixo 8. Instrumento músico de vento formado por un tubo de madeira dividido en tres partes, con seis furados, dez chaves e dobre palleta, que emite un son semellante ao do clarinete 10. Instrumento de vento formado por un tubo metálico enroscado en espiral, que se vai facendo máis groso pouco a pouco ata rematar nunha forma parecida a un embude 11. Instrumento de vento semellante á trompeta pero de maior tamaño 12. Instrumento musical de vento formado por un fol, que se estende e contrae, e dúas caixas, unha a cada extremo do fol, cunha serie de teclas correspondentes aos sons que emiten.

SABES DE QUE CIENTIFICO/A ESTOU A FALAR? III

SABES DE QUE CIENTIFICO/A ESTOU A FALAR? III

 

A solución á proposta do día anterior é Marie Curie (Varsovia-Polonia, 1867 - Passy-Francia, 1934). Morreu por unha anemia aplásica causada pola exposición á radiación de tubos de ensaio con radio que gardaba nos petos no traballo​ e na construción das unidades móbiles de raios X da Primeira Guerra Mundial. Polos seus estudos sobre a radioactividade, Marie Curie gañou o Premio Nobel de Física en 1903, compartido co seu marido Pierre Curie e con Henri Becquerel. Tamén se converteu na primeira muller en ser profesora da Sorbona; e en 1911 recibiu o Premio Nobel de Química, esta vez de maneira individual.

E imos coa proposta de hoxe!

3. Coñecido coloquialmente como o "pai da bomba atómica". É...

- Julius Robert Oppenheimer

- Robert Prosinečki

- Dwight David Eisenhower

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: nationalgeographic.com.es e muyinteresante.es

COÑECES ESTA ÁRBORE? XII

A contestación correcta á pregunta do día anterior da serie: COÑECES ESTA ÁRBORE? é Sobreira (Quercus suber). Tamén coñecida como corticeira, é unha árbore da familia das cupulíferas, de folla perenne co bordo espiñento (entre 2,5 e 10 cm. de longo e entre 1,2 e 6,5 cm. de ancho), tronco curto e madeira dura, á que se lle tira a casca, chamada cortiza, que se emprega para diversos usos industriais.

12. Identifica:

- Salgueiro

- Sarga

- Bonetero

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal de Emilio Sánchez Hidalgo/verne/elpais.com, wikipedia e imaxes de Arbolapp