Blogia

vgomez

AMOR INCONDICIONAL

O amor animal é incondicional, todo o mundo sábeo. A historia de Zozo, un can turco, é unha máis das decenas que se narraron ao longo da vida. E é o animal visita todos os días a tumba do seu propietario, İsmail Öztürk, falecido hai aproximadamente cinco anos de forma inesperada.

Zozo, faga o día que faga, visita a tumba de Oztürk e tómbase sobre ela, nunha imaxe que conmocionou ás redes sociais pola intensidade e tristeza que transmite. O fillo do falecido confirma que cada xornada, o can visita ao seu dono, demostrando que o amor non é só cousa de humanos, máis ben é algo que moitos deberiamos aprender e copiar do reino animal.

FONTE: laregion.es

CRUCIGRAMA XX

CRUCIGRAMA XX

 

VERTICAIS: 1. Instrumento músico de corda cunha caixa de madeira en forma oval, máis estreita no centro e cun orificio por riba do cal pasan as seis cordas que se suxeitan e se tensan no extremo do mastro 2. Instrumento musical de corda con teclado, que funciona mediante unha manivela que fai xirar un disco de madeira impregnado en resina que ao fretar as cordas produce o son 3. Instrumento musical de corda, máis grande ca o violín e que dá notas máis graves 6. Instrumento musical de tres ou catro cordas o máis grande e de son máis grave dos que se tocan con arco e que se pode tocar tamén cos dedos 7. Instrumento musical de corda semellante ao violín pero un pouco máis grande ca este.

HORIZONTAIS: 4. Instrumento musical usado polos antigos, semellante a unha arpa pequena en forma de U 5. Instrumento músico de cordas que vibran e producen o son ao seren punteadas por plectros accionados por un teclado 8. Instrumento musical antigo semellante á lira, pero máis perfeccionado, formado por un número de cordas que oscila entre cinco e once que van suxeitas a unha caixa de madeira rematada en dous brazos 9.  Instrumento músico de corda coa caixa de resonancia en forma de media pera, que se toca punteando as cordas, que poden ser sete, trece ou vinte e unha 10. Instrumento musical de forma triangular, con cordas colocadas de modo vertical, que se tocan cos dedos das dúas mans 11. Instrumento musical de madeira dotado de catro cordas, que se toca fretando estas cun arco e que se coloca entre o ombreiro esquerdo e o queixo 12. Instrumento musical de corda coa caixa de resonancia en forma de media pera, brazo curto e catro pares de cordas que se toca percutindo estas cunha puga.

COÑECES ESTA ÁRBORE? XVI

A contestación correcta á pregunta do día anterior da serie: COÑECES ESTA ÁRBORE? é Plátano da sombra (Platanus acerifolia ou Platanus hispanica) é unha árbore do xénero Platanus. É a variedade máis común de plátano na Europa Occidental, especialmente na Península Ibérica. É unha árbore caducifolia hermafrodita de grande envergadura, cuxa altura pode acadar os 35 ou 40 metros, co tronco xeralmente dereito, alto, cun diámetro que pode chegar aos 3 metros. A casca é delgada, de cor pálida cinsenta esverdeada ou amarelada, despréndese en pequenas placas. Florea na primavera; os froitos son aquenios rodeados de pelos de cor pardenta, acastañada ou amarelada, cuxa maduración ocorre no final do verán. Os froitos permanecen na árbore até a primavera seguinte.

14. Identifica:

 

- Figueira

- Sanguiño

- Moreira

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal de Emilio Sánchez Hidalgo/verne/elpais.com, wikipedia e imaxes de Arbolapp

SABES DE QUE CIENTÍFICO/A ESTOU A FALAR? VII

SABES DE QUE CIENTÍFICO/A ESTOU A FALAR? VII

Caroline Herschell / Imaxe: heroinas.net

A solución á proposta do día anterior é Caroline Herschell  (Hannover-Alemaña, 1750 - Hannover, 1848). Descubriu oito cometas, dos cales seis levan o seu nome, entre os que destaca o cometa periódico 35 P/Herschel-Rigollet atopado o 21 de decembro de 1788. Entre outras cousas, recibiu unha medalla de ouro da Royal Astronomical Society. A pesar dos seus achados, adoita ser o seu irmán William o máis citado en materia astronómica

E imos coa proposta de hoxe!

 

7. Quen é considerado o primeiro gran científico da historia?

- Pitágoras

- Aristóteles

- Anaximandro

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: nationalgeographic.com.es e muyinteresante.es

COÑECES ESTA ÁRBORE? XV

A contestación correcta á pregunta do día anterior da serie: COÑECES ESTA ÁRBORE? é Tileiro. Son as árbores do xénero Tilia, pertencentes á familia das malváceas (anteriormente clasificados na súa propia familia, as tiliáceas), nativos das rexións temperadas do hemisferio norte. Abrangue unha trintena de especies; existindo ademais numerosos híbridos espontáneos e artificiais, un factor que dificulta a elaboración dunha taxonomía precisa para a especie. En Galicia aparecen cultivados en parques e xardíns das principais vilas. Son árbores cun bo volume de crecemento e que acadan os 900 anos de idade, cunha altura entre 20 e 40 m, con fustes rectos de até un metro de diámetro, caducifolio coas follas cordiformes, co bordo serrado, de até 20 cm de largo, de cor verde escura na face superior e verde claro prateado na cara posterior, cun cheiro forte especial. As flores, chamadas tilas, teñen tamén un recendo característico, en forma de acios miúdos amarelos cunha bráctea alongada. Son coñecidas polas súas propiedades medicinais para combater catarreiras, arrefriados, ou outras afeccións. Tamén úsanse coma tranquilizantes ou somníferos preparándose a xeito de cocemento ou infusión chamada tila. Algúns estudos recentes descubriron nas súas flores efectos hepatoprotectores.

15. Identifica:

 

- Castiñeiro

- Plátano da sombra

- Terebinto ou escornacabras

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal de Emilio Sánchez Hidalgo/verne/elpais.com, wikipedia e imaxes de Arbolapp

COÑECES ESTA ÁRBORE? XIV

A contestación correcta á pregunta do día anterior da serie: COÑECES ESTA ÁRBORE? é Tamargueira (Tamarix gallica). Especie da familia das Tamaricáceas. Arbusto ou arboriña caducifolia de 6 a 8 metros de altura, pólas longas e flexíbeis, un chisco pénsiles, que non creban facilmente e coa casca é parda avermellada escura, sendo as pólas máis novas listrosas e lampiñas. As follas son moi miúdas, a xeito de escamas, com forma ovado agudas e com abrazadeiras no baseamento, miden de 1,5 a 4 mm de longo e posúen unha cor verde glauca. As flores son albas ou rosa pálido, agrupadas em espigas grosas e cilíndricas de 3 a 6 cm de longo, que nacen sobre as ramiñas do ano e que aparecen á vez cás follas. Posúen 5 pétalo e 5 estames; brácteas florais triangulares, cápsula ovada. Florece na primavera, entre abril e o verán. O froito é unha cápsula de apertura espontánea com 3 valvas e sementes cun penacho plumaoso.

14. Identifica:

 

- Tileiro

- Olmo

- Sabugueiro

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal de Emilio Sánchez Hidalgo/verne/elpais.com, wikipedia e imaxes de Arbolapp

SABES DE QUE CIENTÍFICO/A ESTOU A FALAR? VI

SABES DE QUE CIENTÍFICO/A ESTOU A FALAR? VI

Albert Eisntein / Imaxe: semana.com

A solución á proposta do día anterior é Albert Einstein (Ulm-Alemaña, 1879 - Princeton-Estados Unidos, 1955). Recibiu a proposta de converterse no segundo presidente da historia de Israel tras a morte, en 1952, de Jaim  Weizmann, pero rexeitou esta proposición dicindo: "Estou profundamente conmovido polo ofrecemento do Estado de Israel e á vez apenado e avergoñado por non poder aceptalo. Durante toda a miña vida tratei con cuestións obxectivas, polo que carezo da aptitude natural e da experiencia para tratar como cómpre coa xente e para desempeñar funcións oficiais. Son o máis  aflixido por estas circunstancias, porque a miña relación co pobo xudeu converteuse no meu vínculo humano máis forte, dende que tomei plena conciencia da nosa precaria situación entre as nacións do mundo".

E imos coa proposta de hoxe!

6. Quen foi a primeira muller en descubrir un cometa (descubriu oito)?

- Caroline Herschel

- Nettie Stevens

- Jocelyn Bell Burnell

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: nationalgeographic.com.es e muyinteresante.es

SABES DE QUE CIENTÍFICO/A ESTOU A FALAR? V

SABES DE QUE CIENTÍFICO/A ESTOU A FALAR? V

Luc Montagnier / Imaxe: biografiasyvidas.com

A solución á proposta do día anterior é Luc Monganier (Chabris, Indre-Francia, 1932)  Virólogo francés que recibiu en 2008, xunto coa súa antiga colaboradora do Instituto Pasteur Françoise Barré-Sinoussi, o premio Nobel de Medicina por descubrir o virus de inmunodeficiencia humana (VIH) responsable da sida (síndrome de inmunodeficiencia adquirida).

E imos coa proposta de hoxe!

5. Un científico del siglo XX pudo haberse convertido en presidente. Se trataba de...  

- Alexander Fleming

- Albert Einstein

- Max Planck

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: nationalgeographic.com.es e muyinteresante.es