Blogia

vgomez

CANTO SABES DA HISTORIA DA HUMANIDADE? III

Continúo coa serie adicada a historia da humanidade, na que determinados feitos, sucesos, acontecementos, guerras e demais cambiaron a situación xeopolítica, así como relacións entre distintos países e situacións actuais.

A contestación correcta á pregunta de onte é Fidel Castro. Coa axuda do Che Guevara, Fidel Alejandro Castro Ruz (1926-2016), liderou a revolución armada en contra do entón presidente cubano Fulgencio Batista. O movemento de Castro coñécese como "O movemento do 26 de xullo".

E imos coa pregunta de hoxe!

3. Que continente foi devastado pola peste negra no século XIV?

- América do norte

- Sudamérica

- Europa

- África

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal play.howstuffworks.com/quiz e propia   Imaxe: es.wikipedia.org e muyinteresante.okdiario.com

TAL DÍA COMO HOXE: 26 DE XULLO...

1139 Alfonso I de Portugal é aclamado rei de Portugal e proclama a independencia do Reino de León.

1882 En Bayreuth (Alemaña) estréase a ópera Parsifal (de Richard Wagner).

1908 O piloto alemán Köppen, ao volante dun coche Protos, chega a París como vencedor da carreira automobilística Ao redor do mundo, disputada durante cinco meses.

1924 Apróbase un decreto polo que se concede a explotación do teléfono en toda España á Compañía Telefónica Nacional.

1932 Elly Beinhorn chega a Berlín tras concluír o seu voo ao redor do mundo.

1958 Estados Unidos lanza ao espazo o satélite Explorer VI.

1971 Despega o Apolo 15 con destino á Lúa.

1991 Sae á venda no Xapón o primeiro videoxogo de sonic (Sonic the Hedgehog) para a Mega Drive.

2005 A NASA lanza o Discovery, o primeiro transbordador espacial que viaxa ao espazo tras o accidente do Columbia en febreiro de 2003.

FONTE: hoyenlahistoria.com    Imaxes: es.wikipedia.org

SOLUCIÓN SOPA DE LETRAS CC

Animais do rural galego!

25 DE XULLO. DÍA DE GALICIA

O Día Nacional de Galicia, coñecido tamén como Día da Patria Galega, Día Nacional da Galiza, Día da Galiza, Día de Galicia ou Día da Patria, é a festa oficial do país galego, e celébrase, hoxe, día 25 de xullo, día da festividade do apóstolo Santiago o Maior.

As orixes desta celebración remóntanse a novembro de 1919, cando se celebrou en Santiago de Compostela a II Asemblea Nazonalista das Irmandades da Fala, que acordan celebrar o Día Nacional de Galicia o 25 de xullo do ano seguinte, impoñéndose ás teses defendidas por Antón Villar Ponte para celebralo o 17 de decembro, considerado daquela o aniversario da decapitación do mariscal Pardo de Cela en Mondoñedo.

Bo día grande para tod@s!

TAL DÍA COMO HOXE: 25 DE XULLO...

306 Constantino I é proclamado emperador romano polas súas tropas.

1492 En Roma falece o papa Inocencio VIII tras un intento errado de transfusión de sangue vía oral usando o sangue de tres nenos de dez anos de idade; isto provocou a morte dos nenos por choque hemorráxico. É o primeiro caso coñecido de transfusión de sangue.

1554 Na catedral de Winchester, a raíña inglesa María Tudor casa co futuro rei Felipe II de España.

1581 En Lisboa (Portugal) entra solemnemente Felipe II de España e é coroado rei de Portugal.

1909 O pioneiro francés da aviación Louis Blériot, a bordo do biplano Blériot XI, logra cruzar a Canle da Mancha en pouco máis de media hora.

1977 Institúese o Día da Patria Galega.

1978 Nun hospital de Inglaterra nace o primeiro neno probeta, Louise Brown.

1992 No estadio olímpico de Barcelona inaugúranse os XXV Xogos Olímpicos.

FONTE: hoyenlahistoria.com     Imaxes: es.wikipedia.org, upg.gal e biografiasyvidas.com

SOPA DE LETRAS CC

VACAS          CABALOS          BURROS

MULAS          PAVOS              GALIÑAS

OVELLAS       CABRAS            OVELLAS

PORCOS        GATOS              CANS          

CANTO SABES DA HISTORIA DA HUMANIDADE? II

Continúo coa serie, que onte comezamos, adicada a historia da humanidade, na que determinados feitos, sucesos, acontecementos, guerras e demais cambiaron a situación xeopolítica, así como relacións entre distintos países e situacións actuais.

A contestación correcta á pregunta de onte é A Unión Soviética. Defínese como a rivalidade entre Estados Unidos e a Unión Soviética e os seus respectivos aliados. A rivalidade cristalizou poucos anos despois da derrota da Alemaña nazi en 1945. Pronto se transformou nunha inimizade en toda regra que se estendeu aos ámbitos ideolóxico, económico, científico, militar e outros, nos que as dúas superpotencias intentaron superarse mutuamente. Durou case 50 anos e terminou oficialmente coa disolución da URSS en 1991. 

E imos coa pregunta de hoxe!

2. Quen foi o ditador que provocou e liderou a revolución cubana?

- Rafael Trujillo

- Che Guevara

- Fidel Castro

- Augusto Pinochet

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal play.howstuffworks.com/quiz e propia   Imaxe: historia.nationalgeographic.com.es e laizquierdadiario.cr

TAL DÍA COMO HOXE: 24 DE XULLO...

1895 O psicanalista austriaco Sigmund Freud leva a cabo a primeira interpretación "completa" dun dos seus soños: o "soño da inxección a Irma".

1911 No Perú, o explorador estadounidense Hiram Bingham redescubre Machu Picchu.

1917 Mata Hari comparece ante un tribunal militar e recibe unha condena á morte por espionaxe.

1956 Ernst Brandl e Hans Margreiter obtén a patente da penicilina oral.

1969 Neil Armstrong, Edwin E. Aldrin e Michael Collins regresan á Terra no Apolo 11, tras realizar a primeira viaxe lunar da historia.

1974 No Escándalo Watergate, a Corte Suprema dos Estados Unidos ordena ao presidente Richard Nixon entregar as cintas con gravacións das súas conversacións que mantiña na súa poder e negábase a entregar ao investigador do caso.

2013 En Angrois, un barrio das aforas de Santiago de Compostela, España, un accidente do tren Alvia que viaxaba con 218 pasaxeiros descarrila á altura da curva chamada A Grandeira deixando 78 mortos e 131 feridos.

FONTE: hoyenlahistoria.com    Imaxes: es.wikipedia.org, onthisday.com e abc.es