Blogia

vgomez

#DígochoEu: #ApuntamentoLusófono56

 

O #Apuntamento Lusófono recibe hoxe a María Campos, a actriz que lle dá vida a mítica señora de Palmírez, a raíña do castrapo. Con ela aprendemos que hai algunhas palabras galegas que tamén están admitidas no castelán. Gustaríache saber cales? Ademais, Rodrigo e Esther cantan en galego a canción de Dartacán e os tres Moscãoteiros (Moscanteiros, Moscadelos?) en homenaxe ao seu creador, recentemente falecido. E por último, xogamos ás palabras raras. Sabes o que é unha "armadilha" en portugués? Saberá Rodrigo o que é unha "arroutada" en galego?

#DígochoEu

CANTO SABES SOBRE AMÉRICA?

América é o segundo continente máis grande da Terra, despois de Asia. Cunha superficie de máis de 43.316.000 km², é a segunda masa de terra máis grande do globo, cubrindo o 8 % da superficie total do planeta e o 28,4 % da terra emerxida, e ademais concentrando preto do 12,5 % da poboación humana. Debido ao seu gran tamaño e as súas características xeográficas, nalgunhas culturas, América divídese tradicionalmente en América do Norte, América Central, e América do Sur.

Sobre América imos falar a partir de hoxe e propónoche poñer a proba os teus coñecementos sobre iste continente. Anímaste?

Pois alá imos!

1. Cantos países hai en América?

- 25

- 35

- 60

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org          Imaxe: es.wikipedia.org e once.es

SOLUCIÓN ENCRUCILLADO CXIV

VERTICAIS: 1. Varga 3. Brigantino 5. Bidueiro 6. Babeco.

HORIZONTAIS: 2. Riad 4. Tabarca 7. Xuliana 8. Bibei 9. Melindroso 10. Teleno.

Máis cultura xeral!

HORARIO DE INVERNO: CAMBIO DE HORA 2022

O outono avanza e achegámonos a un novo cambio de hora que aínda que se coñece como horario invernal adáptase antes de chegar á última estación do ano. Este 2022 ten lugar hoxe, na madrugada do 30 de outubro, último domingo do mes, cando os reloxos atrásanse (moitos automaticamente) e a noite terá unha hora máis para durmir, de forma que ás 3 da madrugada atrásanse os reloxos unha hora para que volvan marcar as 2.

Así dará comezo o horario de inverno, que se prolongará ata a última fin de semana de marzo para adecuar as horas de luz á vida cotiá. Este cambio non supón un aumento nas horas de luz de España, que conta con ao redor de 10 horas no inverno e 14 no verán, pero si modifica a hora oficial na que se contabiliza o amencer e o anoitecer, dando unha sensación de que os días son máis curtos.

Este ano, se cabe, espérase que contribúa máis a un aforro de enerxía ante as continuas subidas do prezo da luz ao quedar optimizadas as horas de luz e permitir que os aparellos eléctricos e electrodomésticos poidan usarse. En todo os expertos matizan que é diferente en cada latitude, de forma que amence e anochede a horas moi distintas no leste da península que no oeste, cunha diferenza de ata unha hora en cada extremo.

É o que hai!

FONTE: diariovasco.com       Imaxe: diariodecadiz.es

ENCRUCILLADO CXIV

VERTICAIS: 1. Armazón de paus que se utilizaba para pescar no río 3. Persoa natural ou habitante de Betanzos (A Coruña) 5. Árbore da familia das betuláceas de mediana altura, follas pequenas co bordo dentado e rematadas en pico, cortiza branca ou prateada e copa irregular, que se atopa na beira dos ríos e nas zonas húmidas das rexións de clima frío ou temperado e de nome científico Betula pubescens 6. Persoa que ten ou manifesta no seu comportamento pouca ou ningunha intelixencia.

HORIZONTAIS: 2. Capital e maior cidad de Arabia Saudita 4. Illa do mar Mediterráneo que se atopa a uns vinte quilómetros da cidade de Alacant, a uns 8 km do porto de Santa Pola e a pouco máis de 4.300 metros do cabo de Santa Pola (2,35 millas náuticas), sendo a máis grande da Comunidade Valenciana e a única habitada 7. Peixe da familia dos lófidos semellante ao peixe sapo, do que se diferencia especialmente pola membrana ventral branca e de nome científico Lophius piscatorius 8. Principal afluente do río Sil pola esquerda, no que desemboca, despois de percorrer 97 km polas provincias de Zamora, Ourense e Lugo 9. Que actúa e fala cunha finura e delicadeza esaxerada 10. Montaña do suroeste da provincia de León, que acada os 2.188 m de altitude sobre o nivel do mar, sendo a cima máis elevada da cadea montañosa denominada Montes de León.

FÓSILES VIVENTES III (FIN)

Remato coa serie fósiles viventes, especies que evolucionaron moi pouco desde que apareceron na Terra, e iso é un signo de que o seu proceso de evolución foi un éxito e permitiulles sobrevivir durante tanto tempo.

Se onte falamos do Piñeiro Wollemi e do Tuatara,  hoxe farémolo…

4. Xinkgo

O xinkgo (Ginkgo biloba L.) é a única representante na actualidade das Ginkgophyta, unha división das plantas da que o resto de especies só se coñecen por mostras fosilizadas. Malia a súa semellanza aparente coas plantas espermatófitas ou fanerógamas, o xinkgo pertence coma as coníferas ao grupo das ximnospermas (Gymnospermae), ou plantas de semente espida.

Os xinkgos son orixinarios do leste de Asia, onde se cultiva pola súa semente ou para fornecer material de construción. Foron traídos a Europa por mariñeiros neerlandeses. Fóra do seu hábitat natural adoitan cultivarse con fins decorativas. Ademais valóranse moito coma árbores urbanas, xa que aguantan moi ben a contaminación.

5. Nautilus

 

Mautilus é un xénero de moluscos cefalópodos dos que sobreviven hoxe tres especies. Reciben o nome común de nautilus, nome que comparten coas especies do xénero Allonautilus, da que se diferencian significativamente.

Fin!

FONTE: quo.eldiario.es/ciencia e es.wikipedia.org    Imaxes: es.wikipedia.org

#DígochoEu: Como se di 'Respectar os demais' ou 'respectar aos demais'?

 

Como é? ’Respectar os demais’ ou ’respectar aos demais’? Leva ou non leva preposición? Esther Estévez acláranolo!

#DígochoEu

ATOPAN UN DINOSAURO, PARECIDO A UNHA AVESTRUZ, DE 800 QUILOS, UN DOS MÁIS GRANDES DO SEU TIPO

Os ornitomimosaurios era un grupo de dinosauros parecidos fisicamente (só fisicamente) ás avestruces: posuían cabezas pequenas en comparación ao resto do corpo, pescozos e extremidades longas e tres falanxes nos membros dianteiros. Ademais, tiveron moito éxito: estendéronse hai entre 130 e 66 millóns de anos nos territorios que hoxe son Asia, América do Norte e España. De feito, os restos atopados aquí, concretamente en Cuenca, aínda seguen revelando sorpresas. Agora, uns restos de dous especímenes achados en América do Norte engaden unha peza máis do quebracabezas destes dinosauros, coñecidos tamén como os lagartos imitadores de aves. Os resultados acaban de publicarse na revista PLOS ONE.

O estudo, encabezado por Chinzorig Tsogtbaatar, do Museo de Ciencias Naturais de Carolina do Norte, estudaron os novos fósiles, datándoos nuns 85 millóns de anos, un período pouco coñecido da evolución dos dinosauros de América do Norte. Ao comparar as proporcións destes fósiles e os patróns de crecemento dos ósos, os autores determinaron que os fósiles probablemente representan dúas especies diferentes de ornitomimosaurios, unha relativamente pequena e outra moi grande. Tan grande como que o espécime probablemente pesaba máis de 800 quilos, a pesar de que aínda estaba en período de crecemento cando morreu. Isto convérteo nunha das especies máis grandes coñecidas no seu tipo.

Estes fósiles dan unha valiosa información sobre os ecosistemas de dinosauros do Cretácico superior do leste de América do Norte, unha zona e un período aínda con moitos interrogantes.


Seccións transversais paleohistolóxicas de elementos seleccionados de (A) individuos de corpo grande e (B) de corpo mediano dos ornitomimosaurios Eutaw, e (C) tamaño corporal relativo dos ornitomimosaurios Eutaw dentro de taxóns de ornitomimosaurios coñecidos ao longo dun tempo xeolóxico / Tsogtbaatar e outros

Doutra banda, tamén lanzan luz sobre a evolución dos ornitomimosaurios: os tamaños corporais xigantes e as múltiples especies que viven unha á beira da outra son tendencias recorrentes para estes dinosauros en América do Norte e Asia. É de esperar que un estudo adicional aclare as razóns detrás do éxito destas estratexias de vida.

Os autores agregan: "A coexistencia de taxones de ornitomimosaurios de corpo mediano e grande durante o Santoniano do Cretácico superior de América do Norte non só proporciona información crave sobre a diversidade e distribución dos ornitomimosaurios norteamericanos da masa terrestre dos Apalaches, senón que tamén suxire evidencia máis ampla de múltiples especies de dinosauros ornitomimosaurios que cohabitan nos ecosistemas do Cretácico tardío de Laurasia".

FONTE: abc.es/ciencia