Blogia

vgomez

O TELESCOPIO JAMES WEBB AMOSA NOVAS IMAXES DAS AURORAS DE XÚPITER

Imaxe composta de Webb NIRCam de Xúpiter a partir de tres filtros: F360M (vermello), F212N (amarelo-verde) e F150W2 (azul), e aliñamento debido á rotación do planeta / NASA, ESA, CSA, Equipo ERS de Xúpiter; procesamento das imaxes por Judy Schmidt.

Atronadoras tormentas, fortes ventos e brillantes auroras. Esa podería ser unha descrición axustada de Xúpiter, o planeta máis grande do Sistema solar. Agora, o telescopio James Webb, o observatorio espacial máis potente e caro da historia, revela novas imaxes do xigantesco astro. Nas recentes fotografías móstranse con detallada claridade as súas auroras, os seus aneis e, incluso, a Gran Mancha Vermella, a tormenta máis famosa de Xúpiter. As observacións que ofrece o James Webb sobre o planeta servirán para afondar no coñecemento da súa vida interna.

Segundo explican dende a NASA, impulsora do telescopio xunto á Axencia Espacial Europea (ESA) e a Axencia Espacial Canadense, as últimas imaxes que capturou o Webb de Xúpiter proveñen de NIRCam, un dos aparellos do telescopio que consta dunha cámara de infravermellos. Para procesar correctamente os datos, os astrónomos contaron coa colaboración da científica Judy Schmidt, que foi capaz de traducir a información do Webb a imaxes.

Máis polo miúdo, nesta vista de Xúpiter, creada a partir de varias imaxes capturadas polo telescopio, as auroras esténdense a grandes alturas sobre os polos norte e sur do planeta. Brillan nun filtro que se asigna ás cores máis vermellas, que tamén resalta a luz reflectida polas nubes máis baixas e as néboas superiores. Un filtro diferente, destinado a amarelos e verdes, mostra brumas que xeran remuíños arredor dos polos norte e sur. O terceiro filtro, para os azuis, sinala a luz que se reflicte dende unha nube principal máis profunda. Por último, a Gran Mancha Vermella aparece en cor branca porque, ao igual que outras nubes, reflicte moita luz solar.

FONTE: gciencia.com

POR QUE NON SENTIMOS QUE A TERRA XIRE?

Todos sabemos que a Terra móvese ao redor do Sol describindo unha órbita elíptica de 930 millóns de quilómetros, a unha velocidade media de 107.280 km/h; tarda uns 365 días en percorrer esa distancia. Da mesma forma, o noso planeta vira sobre o seu eixo de oeste a leste (igual que todos os demais planetas do sistema solar, salvo Urano e Venus) a 1.675 km/h. Pero, por que non apreciamos a rotación?

A pesar da súa rotación, que é bastante rápida como vemos, non sentimos ningunha aceleración ou desaceleración. Ningún de nós nota que a superficie da Terra móvese e mesmo que esta velocidade cambia dependendo da latitude e que decae conforme nos achegamos aos polos terrestres. Por iso, distintas partes do noso planeta experimentan diferentes velocidades de rotación segundo a súa localización xeográfica na superficie da Terra. As rexións ecuatoriais teñen a velocidade de rotación máis alta (razón pola que lanzan a maioría dos foguetes e satélites desde alí). Aquí é onde entra en acción o efecto Coriolis. Debido a que a Terra vira en relación cunha localización fixa (é dicir, ao redor do seu eixo), os puntos ao longo da súa superficie en diferentes latitudes experimentarán unha lixeira forza que causa unha rotación adicional.

Cando a Terra vira ao redor do Sol, ou cando o sistema solar xira ao redor da galaxia, ou cando a nosa galaxia móvese en relación coas outras galaxias no noso Grupo Local, ou cando o Grupo Local móvese en relación co resto do universo, non hai efecto no noso corpos que sexamos capaces de sentir.

Non notamos nada porque estas velocidades son constantes. As velocidade de xiro e velocidade orbital da Terra mantéñense iguais, polo que non sentimos ningunha aceleración ou desaceleración. Só notamos este movemento se a nosa velocidade cambia, por exemplo mentres conducimos. Se o coche móvese a unha velocidade constante sobre unha superficie lisa, non apreciaremos practicamente o movemento. Mentres viaxas, en avión ou coche, non sentes que che estás movendo. Con todo, se pegamos un acelerón ou, pola contra, damos unha freada de golpe, si sentiremos o movemento.

Así, o motivo polo que non notas que a Terra vira é porque tanto ti como todo o demais que hai no planeta, incluídos os océanos e a atmosfera da Terra, están a virar xunto coa Terra á mesma velocidade constante. Se a Terra deixase de virar de súpeto, si que o sentiriamos (de feito, sería a mesma sensación que a explicación que demos coa freada do coche). A clave está en que a velocidade constante fai que pareza que a Terra non se move en absoluto.

Afortunadamente, o noso planeta non se retardará ou acelerará repentinamente como para que o notemos, o que significa que nunca teremos esa sensación que nos indica que nos estamos movendo.

O asunto do xiro terrestre tivo bastante tempo confundidos aos nosos antepasados. O feito de observar que as estrelas, o Sol e a Lúa parecían moverse sobre a Terra pero que ningún notaba que a Terra movésese, interpretaron que a Terra estaba estacionaria e que eran os ceos os que se movían sobre nós. Salvo o científico grego Aristarco (que propuxo un modelo heliocéntrico), a maioría dos pensadores estaban convencidos do xeocentrismo. Non foi ata o século XVI que o modelo heliocéntrico de Nicolás Copérnico abriuse paso e finalmente convenceu ao mundo enteiro de que a Terra viraba sobre o seu eixo á vez que tamén se movía en órbita ao redor do Sol.

FONTE: Sarah Romero/muyinteresante.es/ciencia       Imaxe: travellingacrosstime.com

CANTO SABES SOBRE AS RELIXIÓNS DO MUNDO? X

Continúo coa serie adicada ás relixións do mundo, na que poderás averiguar canto sabes delas e tamén aumentar os teus coñecementos sobre o tema.

A contestación correcta á pregunta de onte era Lino.  Coñecido tamén como Lino de Volterra, chamado logo San Lino, nado en Volterra (na Toscana) e finado en Roma no ano 79, foi o segundo papa. Foi o primeiro sucesor de Pedro como bispo de Roma entre os anos 67-79. Daquela, o título de Papa aínda non fora creado. O seu sucesor sería Anacleto.

E imos coa pregunta de hoxe!

10. Unha persoa ATEA é…

- A que non cre en nada

- Non cre na relixión

- Non cre na existencia de Deus

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: es.wikipedia.org   Imaxe: es.wikipedia.org

#DígochoEu: Non digas *anclado

 

Os barcos non están *anclados en galego porque *ancla é incorrecto!

#DígochoEu

CANTO SABES SOBRE AS RELIXIÓNS DO MUNDO? IX

Continúo coa serie adicada ás relixións do mundo, na que poderás averiguar canto sabes delas e tamén aumentar os teus coñecementos sobre o tema.

A contestación correcta á pregunta de onte era Somerxen ao bautizado na auga da pía bautismal. Durante os bautizos ortodoxos, somerxen aos bebés tres veces nunha pía bautismal chea de auga bendita, unha no nome do Pai, outra do Fillo e a última, no nome do Espírito Santo, mentres que na católica romana a auga derrámase sobre a cabeza do bautizado. Outras diferenzas son: na Comunión, os ortodoxos evocan ao Espírito Santo e ao comulgar reciben pan e viño, mentres que os católicos romanos utilizan pan non amasado (hostia) e normalmente non reciben o viño. Na Igrexa Ortodoxa non existe a Primeira Comunión. Respecto a os clérigos, no catolicismo imponse o celibato a todos os graos da xerarquía, mentres que os curas ortodoxos si poden casar, se o desexan, a condición de que non desexen chegar aos últimos chanzos da xerarquía. Os curas casados non poden chegar a ser bispos. Os sacerdotes católicos poden dicir varias misas o mesmo día e sobre o mesmo altar. Os ortodoxos non. A maneira de santiguarse é distinta. No credo oriental santiguanse de dereita a esquerda. Na liturxia, os ortodoxos utilizan a lingua arjaísusa coa que se traduciron os Evanxeos.

E imos coa pregunta de hoxe!

9. Na igrexa católica, o primeiro Papa foi San Pedro, o apóstolo máis importante de Xesús, a quen se lle deu a responsabilidade de dirixir a Igrexa. Pero cal foi o segundo?

- Clemente

- Anacleto

- Lino

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: es.wikipedia.org  e elperiodicomediterraneo.com         Imaxe: es.wikipedia.org e ecured.cu

#DígochoEu: Como se di pingüín *barbijo?

 

Como se chama a especie de pingüíns *barbijos en galego? Esther Estévez acláranolo!

 #DígochoEu

OS HUMANOS SOMOS EXPLORADORES DESDE AS NOSAS ORIXES



"Por que buscar vida noutros planetas? Porque están aí. Os humanos somos exploradores desde as nosas orixes: se algo define ao cerebro humano é a capacidade de facerse preguntas e explorar. Explorar en procura de novos territorios de caza ou novas paisaxes, ou cando se inventan os barcos, cruzar o mar para ver que hai alén, ou a principios do século XX, coa aviación, ir máis aló do que poderiamos ir con calquera outro medio. Desde os anos 50, a exploración espacial é o mesmo océano que cruzabamos cos barcos e agora tentamos cruzar coas nosas naves. A exploración espacial é a punta de lanza da capacidade dos humanos, do interese dos humanos, por explorar. E a pregunta máis fascinante que nos podemos facer cando imos a outro lugar é se nesoutro lugar pode xurdir vida".

Con esta formulación, a medio camiño entre a ciencia e a ciencia ficción, o científico e escritor Carlos Briones resume o por que da exploración espacial e da súa propia investigación. Desenvolve a súa carreira como Bioquímico e Biólogo Molecular, doutor en Ciencias e coordinador do Grupo de Evolución Molecular, Mundo RNA e Biosensores no Centro de Astrobioloxía (CSIC-INTA), onde continúa buscando respostas á orixe e evolución temperá da vida, a xenética de virus RNA, a evolución in vitro de ácidos nucleicos e o desenvolvemento de biosensores. Nos seus libros ’Orixes. O universo, a vida, os humanos’ e ’Estamos sós?’ achega ao público xeral os últimos descubrimentos sobre astrobiología e cosmología.

CANTO SABES SOBRE AS RELIXIÓNS DO MUNDO? VIII

Continúo coa serie adicada ás relixións do mundo, na que poderás averiguar canto sabes delas e tamén aumentar os teus coñecementos sobre o tema.

A contestación correcta á pregunta de onte era Sikhismo. Tamén coñecido tradicionalmente como gurmat ou dharma sikh, é unha relixión do estado indio fundada por Gurú Nanak (1469-1540), que se desenvolveu no contexto do conflito entre as doutrinas do hinduísmo e do islam durante os séculos XVI e XVII na rexión de Punyab do Imperio mogol. O seu principal texto sacro é o Sri Gurú Granth Sahib Ji. As crenzas fundamentais inclúen a meditación espiritual constante sobre o nome de Deus (chamado Ek Onkar), ser guiado polo gurú en lugar de renderse ao capricho, vivir a vida dun cabeza de familia en lugar do monasticismo, a acción sincera ao dharam (rectitude, deber moral), a igualdade de todos os seres humanos e crer na graza de Deus. Aos seguidores do sikhismo chámanse sikhs. É a sexta relixión do mundo por número de crentes.​   

E imos coa pregunta de hoxe!

8. Aquí tes a cruz ortodoxa e unha igrexa ortodoxa. A igrexa ortoxoxa unha igrexa cristiá, que se considera a si mesma como a igrexa unha, santa, católica e apostólica fundada por Xesús Cristo. Son moitas as diferenzas coa igrexa católica apostólica romana. Unha delas é refrente ao bautismo. Na igrexa ortodoxa..

- Derraman auga sobre a cabeza do bautizado

- Somerxen ao bautizado na auga da pía bautismal

- Non empregan auga para bautizar.

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: es.wikipedia.org e elperiodicomediterraneo.com    Imaxes: es.wikipedia.org