Blogia

vgomez

O PARTO HUMANO

 

Continúo coa recuperación de partes dos programas de Órbita Laika, programa divulgativo da ciencia presentado por Eduardo Saénz de Cabezón emitido na cadea española TVE2, polo seu interese.

Neste caso O parto humano polo biólogo Ricardo Moure. Como funciona o corpo humano durante o embarazo e por que é un proceso tan complexo? Ricardo dá resposta a estas preguntas abordando conceptos como as contraccións de Braxton Hicks ou o “borrado do colo do útero”.

A complexidade do parto humano débese a dúas presións evolutivas opostas: por unha banda, unha pelvis estreita vén mellor para camiñar ergueito; polo outro, unha cabeza grande permite un aumento do tamaño encefálico. Isto coñécese como “dilema obstrético”, e permite tamén comprender por que os bebes humanos son crías altriciais, é dicir, por que nacen cun baixo nivel de madurez conductual e morfolóxica e un ritmo lento de crecemento. Na súa reportaxe semanal, o biólogo viaxa á facultade de Ciencias da Actividade Física e do Deporte da Universidade Politécnica de Madrid a descubrir cales son os límites do corpo humano.


#DígochoEu: Non digas *sentadilla

 

No TikTok do #DígochoEu preguntáronnos como se di *sentadilla en galego. Pois Esther trae a resposta e de paso fai un pouco de exercicio!

OS 10 ANIMAIS MÁIS INTELIXENTES DO MUNDO (VIII)

Contúo coa listaxe dos 10 animais máis intelixentes do mundo, tendo en conta que a intelixencia non é exclusiva do ser humano. O reino animal está integrado por ao redor dun millón de especies diferentes e algunhas delas teñen habilidades cognitivas asombrosas. E non só instintivas, tamén racionais. Memoria, sentimentos, emocións, resolución de problemas de pensamento, entendemento ou razoamento, consecución de obxectivos, adaptación á contorna, capacidade de comprensión, calidades comunicativas… Algúns animais teñen mesmo conciencia de si mesmos.

 8. Can



O grao de intelixencia depende da raza (existen 343). Border collie, caniche, pastor alemán, golden retriever, dóberman pinscher e labrador son as razas máis intelixentes. Os cans son capaces de adquirir novos coñecementos e de aprender todo tipo de sinais e directrices rapidamente. Cóntanse entre os poucos animais capaces de interpretar o estado de ánimo dos seres humanos. Aplican a lóxica, senten empatía e teñen unha gran memoria. Son capaces de adaptarse a novos escenarios e de buscar solucións a problemas. Son moi sensibles e senten emocións complexas: dor, alegría, medo, tristeza, ansiedade, depresión… Teñen gran intelixencia instintiva, adaptativa e de traballo e obediencia.

Mañá seguiremos!

FONTE: Ramón Díaz/farodevigo.es

COMO SE MIDE A ALTURA DAS MONTAÑAS?

O xeógrafo galés George Everest (1790-1866) / bbvaopenmind.com/ciencia

Como se medía a altura das montañas ao principio? Hai un par de séculos, utilizábase a variación da presión atmosférica. Por exemplo, en 1802 Alexander von Humboldt mediu a altura do volcán Chimborazo, que está no Ecuador. Para facelo utilizou un barómetro. Subiu ata o cume e simplemente usando as leis de Torricelli, como a presión diminúe coa altitude non de maneira totalmente lineal pero case, puido calcular a altura aínda que só aproximadamente. O problema con este método é que as condicións meteorolóxicas locais tamén fan que varíe a presión polo que é impreciso.

Máis tarde houbo toda unha corrente á que pertencía George Everest, o topógrafo británico que deu nome á montaña do Himalaya nos anos cincuenta do século XIX, na que se empezou coa triangulación. Isto como funciona? Se vostede está nun punto ao pé da montaña e coñece perfectamente a distancia que o separa dela, cun aparello que mide con moita exactitude os ángulos e que se chama teodolito podes coñecer o ángulo formado pola liña que une o cumio da montaña co punto no que estás e a horizontal. Así, coñecendo un lado do triángulo (a distancia horizontal á montaña ou cateto adxacente) e a tanxente do ángulo, por trigonometría, podes calcular a altura da montaña (o cateto oposto). Pero este método tamén tiña problemas porque a máis distancia do pé da montaña, máis imprecisión na altura calculada. Para obter medidas máis fiables, o que facían era unha serie de pequenos triángulos rectos intermedios para obter a altura total.

Pero tamén neste caso pode haber controversia porque, onde pomos o 0? E é que a altura mídese con respecto a un referente. Antigamente xa se sabía que o nivel do mar, que podía ser un excelente 0, oscilaba. O que se facía era unha media entre os niveis máximos e mínimos das mareas. Actualmente, sabemos algunhas cousas máis. A primeira é que a Terra non é perfectamente esférica. É un elipsoide que está achatado nos polos e é máis ancho no ecuador simplemente pola rotación. E iso inflúe nas medidas das montañas. Se ti mides o Everest con respecto ao centro da Terra, está máis baixo que o Chimborazo porque o Everest non está no ecuador, mentres que o Chimborazo si o está, así que con respecto ao centro da Terra, está máis “alto” que o Everest nuns 1.800 metros.

Tamén sabemos agora que os niveis do mar varían da orde duns 100 metros debido á diferenza de atracción gravitatoria xerada pola distribución heteroxénea das masas no interior do planeta. Este efecto tense que engadir á atracción da Lúa responsable das mareas… Entón, onde pomos o 0 para medir as montañas? No que se chama o xeoide. Imaxinamos que debaixo do Everest, ou calquera outra montaña, segue a auga dos océanos. A altura deste suposto océano adoptaría o que se chama unha equipotencial de gravidade. É dicir que a gravidade sería a mesma ao longo de toda esa superficie. Isto calcúlase con gravimetría. Tomando a gravidade en diferentes puntos pódese dicir a que altura teórica estaría o nivel do mar imaxinario, o xeoide: esa é a superficie de referencia para calcular a altura dun cumio.

Pero este paso evítase co GPS, que é o método que usamos ao día de hoxe para medir a altura das montañas. Neste caso tamén se mide mediante triangulación pero a diferenza é que contamos cun referente externo. Os satélites do GPS fan como unha especie de rede de referencia. Con respecto a esa rede de referencia mídense distintos puntos con precisións que son impresionantes, da orde de milímetros a distancias de centenares de quilómetros.

FONTE: Ana Crespo-Blanc/elpais.com/ciencia

ENCRUCILLADO XI

A solución a o último xeroglífico: PASODOBRE (P + AS + O DOBRE)

E imos coa proposta de hoxe! Tamén sinxelo!

O próximo día a solución e un novo xeroglífico!

FONTE: Adaptación propia, cocolisto.com e epasatiempos.es

OS 10 ANIMAIS MÁIS INTELIXENTES DO MUNDO (VII)

Contúo coa listaxe dos 10 animais máis intelixentes do mundo, tendo en conta que a intelixencia non é exclusiva do ser humano. O reino animal está integrado por ao redor dun millón de especies diferentes e algunhas delas teñen habilidades cognitivas asombrosas. E non só instintivas, tamén racionais. Memoria, sentimentos, emocións, resolución de problemas de pensamento, entendemento ou razoamento, consecución de obxectivos, adaptación á contorna, capacidade de comprensión, calidades comunicativas… Algúns animais teñen mesmo conciencia de si mesmos.

7. Cabalo



É un animal moi intelixente, cun sistema emocional moi parecido ao do ser humano. Os cabalos son seres moi sensibles e emocionais, ademais de nobres e fieis. Poden crear vínculos moi intensos con humanos. Son mesmo capaces de comprender emocións nas persoas: ‘len’ as expresións de enfado e alegría. En definitiva, decátanse do estado de ánimo dos seres humanos que os rodean. Entenden palabras e teñen gran capacidade de aprendizaxe. A súa intelixencia varía segundo a raza (existen máis de 300) e depende en gran medida das súas condicións de vida: os que viven encerrados presentan un pobre desenvolvemento intelectual. Son moi curiosos, e capaces de lembrar sucesos, lugares e a persoas.

Mañá seguiremos!

FONTE: Ramón Díaz/farodevigo.es

SOLUCIÓN ENCRUCILLADO XCII

SOLUCIÓN ENCRUCILLADO XCII

 

VERTICAIS: 1. Cuadrántidas 3. Adival 7. Buxo 9. Pube.

HORIZONTAIS: 2. Xiba 4. Landro 5. Rúa 6. Asmara 8. Teixugo 10. Soutomaior.

Máis cultura xeral!

ENCRUCILLADO XCII

ENCRUCILLADO XCII

 

VERTICAIS: 1. Nome da chuvia de meteoros de actividade alta, cuxo período de actividade esténdese entre o 1 e o 5 de xaneiro e que ten como corpo proxenitor o asteroide 2003 EH1 3. Corda longa e grosa que se usa para suxeitar a carga do carro ou dun remolque 7. Arbusto da familia das buxáceas, de follas perennes, pequenas e brillantes, e de madeira moi dura que se emprega para facer culleres, cuncas, gaitas etc., e que ten por nome científico Buxus sempervirens 9. Parte inferior do ventre que forma un triángulo entre as dúas coxas e se cobre de pelo na puberdade.

HORIZONTAIS: 2. Molusco da clase dos cefalópodos, de corpo ovado e groso, cunha cuncha calcaria interna e unha bolsa de tinta coa que escurece a auga en situacións de perigo e que ten por nome científico Sepia officinalis 4. Río galego, pertencente á vertente cantábrica, que nace na serra do Xistral e que despois dun percorrido de 42 km desemboca na ría de Viveiro 5. Illa galega da provincia da Coruña, situada case no centro da Ría de Arousa, a 4 km ao sueste do porto de Ribeira 6. Capital do país africano de Eritrea 8. Mamífero carniceiro da familia dos mustélidos de pelo longo e espeso, agrisado no lombo, negro nas patas e no ventre, e abrancazado con dúas listas negras que van desde o fociño ata detrás das orellas, que vive en tobos profundos e ten costumes nocturnos e de nome científico Meles meles 10. Concello da provincia de Pontevedra, localizado entre a serra do Suído e a ría de Vigo, atravesado polo río Oitavén, famoso polo castelo que leva o seu nome.